Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 12

Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25

[Categoría:Xogadores da Selección de fútbol de España] ou [Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España]? editar

Creei a Categoría:Xogadores da Selección de fútbol de España, e despois pensei que non estaba ben e creei Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España, con selección en minúscula, pero xa non estou certo. Cal pensades que é a correcta?--. HombreDHojalata.conversa 21:47, 13 de xullo de 2010 (UTC)

Maiúsculas non, por favor, só faltaba que lle déramos rango de institución fundamental do Movemento. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:59, 13 de xullo de 2010 (UTC)
Eu tamén digo con minúsculas. --Alberte Si, dígame? 22:10, 13 de xullo de 2010 (UTC)

Categoría:Entroido editar

Ola! Considero oportuna a creación da categoría Entroido porque hai artigos abondo, pero non me vexo capaz. Cumpriría pór Entroido como artigo principal, e a nova categoría quizais debería ir nas categorías nas que está incluído ese artigo. Alguén se anima? Saúdos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:17, 21 de xullo de 2010 (UTC)

  Feito! --Xas (conversa) 21:13, 21 de xullo de 2010 (UTC)
Moi agradecido, Xas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:13, 26 de xullo de 2010 (UTC)

Vocabulario editar

Alguén me pode axudar? Cal é palabra galega para sillar*?

*(en castelán) sillar. m. Cada una de las piedras labradas, por lo común en forma de paralelepípedo rectángulo, que forma parte de una construcción de sillería.

Grazas--. HombreDHojalata.conversa 09:11, 2 de agosto de 2010 (UTC)

  • Perpiaño, que significa tanto a técnica de construción (cast. sillería) como cada unha das pedras máis ou menos paralelepípedas que se utilizan (cast. sillar). Pedro --Lameiro (conversa) 14:22, 2 de agosto de 2010 (UTC)

Categoría Ensaístas en lingua galega editar

Ola, estiven editando o artigo Manuel Ferreiro Fernández e nas categorías quixen engadir a categoría Ensaístas en lingua galega, pero creo que non existe e debín facer algo mal porque cando vou a Escritores en lingua galega non me aparece. Grazas.--Aprofa (Dime algo aquí) 13:52, 4 de agosto de 2010 (UTC)

Pois non temos esa categoría. Na actualidade aparecen categorizados na categoría:Ensaio, pero creo que deberiamos crea-la categoría que dis, dentro de categoría:Escritores en lingua galega. --Alberte Si, dígame? 14:31, 4 de agosto de 2010 (UTC)
Si que aparece, o que pasa que alteraches a posición na que estaba ordenado na categoría ó pórlle til a Fernández na categorización. [ Furagaitas * ] 14:34, 4 de agosto de 2010 (UTC)
Intentei creala porque vin que si existía Dramaturgos en lingua galega dentro de Escritores en lingua galega. Non sei como vai iso das categorías pero non lle vexo moito sentido a que dentro de Escritores en lingua galega haxa unha categoría co nome dun autor, a categoría Castelao, ao carón doutra que aglutina autores por xénero, a categoría Dramaturgos en Lingua Galega. O que eu pretendía é que a de Ensaístas en lingua galega aparecese ao carón da de Dramaturgos en lingua galega.
Por outro lado, no Índice temático de categorías atopei a categoría Dramaturgos. Na páxina da categoría Dramaturgos aparece só como despregable Castelao en Dramaturgos en lingua galega, pero se imos á páxina de Dramaturgos en lingua galega, aí aparecen enlazados 29 autores. Se eu quero chegar a Aristófanes abonda con que vaia a Dramaturgos pero se quero chegar a Rubén Ruibal mediante as categorías debo ir a Dramaturgos e logo a Dramaturgos en lingua galega, iso está ben?
Gustaríame saber para futuras ocasións se as categorías levan acento gráfico ou non.
Tamén me gustaría saber se os usuarios que non sabemos, coma min, debemos ou non poñer categorías.
Moitas grazas pola paciencia.--Aprofa (Dime algo aquí) 16:05, 4 de agosto de 2010 (UTC)

Moitas grazas a ti polo teu traballo. A ver se che podo axudar en algo.
Sobre o da xerarquía de categorías sinto non poder orientarte, pero non estou familiarizado con este aspecto da Galipedia.
"Tamén me gustaría saber se os usuarios que non sabemos, coma min, debemos ou non poñer categorías." Se ti mesmo admites que non sabes o mellor será te non o fagas, pero o ideal sería que mires como fixeron outros ou te informes (como de feito estás a facer) para aprender a facelo.
Os nomes das categorías deben levar acento gráfico sempre que o precisen (p.ex.: Categoría:Lingüística). Na miña mensaxe anterior referíame á inclusión de artigos nunha categoría. O segundo elemento da ligazón que categoriza un artigo (p.ex.: [[Categoría:Escritores en lingua galega|Ferreiro Fernández, Manuel]]) contén a cadea de caracteres pola que se vai ordenar (alfabeticamente) o artigo dentro da categoría; se non se especifica este elemento, o artigo querará ordenado polo seu propio nome (seguindo o mesmo exemplo, para o artigo Manuel Ferreiro Fernández, [[Categoría:Escritores en lingua galega]] é equivalente a [[Categoría:Escritores en lingua galega|Manuel Ferreiro Fernández]]). O inconveniente é que o sistema alfabetiza os caracteres con diacríticos ó final de todo, máis ou menos deste xeito:

A,..., Z, a,..., z, À, Á,..., à, á,...

Teriamos así, por exemplo, unha ordenación oso/zurullo/óso en vez de oso/óso/zurullo.
E chegados a este punto, sinto de novo non che poder axudar, xa que descoñezo os criterios de ordenación. Supoño que o mellor será non acentuar, pero nin sequera sei se se debe listar por apelido ou por nome.
Espero que esta información che valese de algo. A ver se algún dos habituais da Galipedia che pode ampliar a información. [ Furagaitas * ] 00:42, 5 de agosto de 2010 (UTC)

Moitas grazas Furagaitas, agora xa entendo o da acentuación nas categorías.--Aprofa
Respondendo as preguntas deixadas no aire por Furagaitas, o proceder habitual é non acentuar e ordenar coa sintaxe [[Categoría:Exemplo|Apelido Apelido, Nome]]. Aínda así, hai moitas páxinas que non seguen este esquema. --Toliño Fala aquí comigo 10:58, 5 de agosto de 2010 (UTC)
Grazas Toliño. --Aprofa (Dime algo aquí) 10:02, 6 de agosto de 2010 (UTC)

Tradución de ficha editar

Moi boas a todos. Perdoade se a pregunta è estúpida, mais querería saber cómo traducir e incorporar un modelo desde a Wikipedia inglesa. É para o artigo Dúnedain que estou a traducir. Dáme a impresión de ter feito xa esta pregunta, mais non a atopo nos arquivos. Grazas e un saúdo. --Manudosde 13:42, 6 de agosto de 2010 (UTC)

Sipoño que te refires a en:Template:Infobox fictional race. O primeiro sería mudarlle o nome na Galipedia por algo así como Modelo:Razas ficticias ou algo polo estilo. Logo hai que traducir os parámetros seleccionables dentro do modelo:
{{Infobox
| title     = {{{nome|<includeonly>{{PAGENAME}}</includeonly>}}}
| subheader = {{{outros_nomes|}}}
| image     = {{#if:{{{imaxe|}}}|[[Ficheiro:{{{imaxe}}}|frameless|alt={{{imaxe_alt|}}}]]}}
| caption   = {{{rodapé|}}}
| label1    = Fundación
| data1     = {{{fundación|}}}
| label2    = Fundador
| data2     = {{{fundador|}}}
| label3    = Líder
| data3     = {{{líder|}}}
| label4    = Capital
| data4     = {{{capital|}}}
| label5    = Fogar
| data5     = {{{Fogar|}}}
| label6    = Base de operacións
| data6     = {{{base de operacións|}}}
| label7    = [[Lingua]]
| data7     = {{{lingua|}}}
| label8    = [[Currency]] 
| data8     = {{{currency|}}}
| label9    = [[Flagship]]
| data9     = {{{flagship|}}}
| label10   = Himno
| data10    = {{{himno|}}}
| label11   = Relixión
| data11    = {{{relixión|}}}
| below     = {{{notas|}}}
}}

E logo para incluílo sería:

{{Razas ficticias
|nome               = ...
|outros_nomes       = ..., ...
|imaxe              = ...
|imaxe_alt          = 
|rodapé             = 
|fundación          =
etc.}}

Máis ou menos :) Se non che acaba de saír pídeme axuda e entre os dous conseguirémolo. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 14:08, 6 de agosto de 2010 (UTC)

Éme algo complicado explicalo. Hai termos que non se traducen posto que son parámetros que veñen impostos dende o modelo:Infobox: title, subheader, label, data e todas as que ves aí, para que o modelo teña a súa forma. Logo, hai uns parámetros que nomeas ti, que son os que van entre 3 chaves (por exemplo {{{fundación|}}}). Estes parámetros son os que posteriormente vas ter que poñer no artigo como che puxen antes (|fundación = zzz). A verdade é que é un rollo entendelo perfectamente. Eu a forma de saber facelo é pola práctica, e de ir vendo como se fixeron algúns modelos, pero aínda hai algunhas cousas que non teño dominadas completamente. Non sei se cheguei a explicarme suficientemente ben. --Alberte Si, dígame? 16:34, 9 de agosto de 2010 (UTC)

Equipacións de fútbol editar

Ola, teño un par de dúbidas que non sei resolver por min soíño.

  1. Quero aplicar patterns aos pantalóns e medias dun equipo de fútbol (Os da Peroxa para que queden así). Porén, e aínda que aparentemente debería de admitir os comandos recollidos aquí, non o fai. Como podería amañalo?
  2. En moitos equipos sabemos da equipación titular e non da suplente. Como poderíamos retirala para que non parecese que xogan de branco enteiro? Isto xa o atopei.

Moitas grazas. --Xabier Cid Talk, please 18:55, 10 de agosto de 2010 (UTC)

  Feito! Xa se encargou Adorian de arranxalo. --Toliño Fala aquí comigo 14:46, 11 de agosto de 2010 (UTC)

Dúbida sobre nomes editar

Ola! Teño unha pequena dúbida sobre os nomes de pila. Nalgunhas Wikipedias o buscar un nome de pila diríxenos cara un artigo onde se fala sobre ese nome dunha forma concisa para despois face unha pequena enumeración dalgúns dos persoeiros con ese nome. Polo contrario, na Galipedia estiven vendo que non se fai o mesmo, só atopei un caso (nunha pequena busca claro) o de Xoán. ¿Isto é por motivos dalgunha política de Galipedia ou porque ninguén se puxo a iso? Saúdos.--Ric delg, Falemos - 00:21, 12 de agosto de 2010 (UTC)

Hai dúas listas, a Lista de nomes femininos en galego e a Lista de nomes masculinos en galego, que remiten aos artigos que foron creados para cada un dos nomes. Se non estou errado, os que non existen é porque non se fixeron. Se alguén se anima o seu esforzo será benvido. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 08:51, 12 de agosto de 2010 (UTC)

Ah, ok, grazas, irei facendo un pouco de cada vez.--Ric delg (Falemos) 18:31, 12 de agosto de 2010 (UTC)

Na Categoría:Antroponimia temos uns cantos artigos sobre nomes, a maioría comezan por a, polo que semella que algún día intentouse facer unha chea de nomes, pero finalmente non continuou. --Alberte Si, dígame? 01:28, 13 de agosto de 2010 (UTC)

Panorama de Galicia editar

Veredes, quixera facer un artigo deste programa pero non as teño todas comigo, desde a data da primeira emisión ata a lingua non sei onde atopar datos fiables, así a data da primeira emisión sitúase entre o 25 de xullo e o 16 de agosto de 1974 segundo onde se mire, e tamén pasa coa lingua, nuns sitios se indica que foi en galego desde o primeiro mentres outros din que era en castelán con algo de galego. Se algún de vosoutros conta con algunha fonte onde consultar que sexa fiable póñome a facer o artigo, pero non quixera facelo dando datos que despois aparezan como irreais.--Cheluco 10:04, 14 de agosto de 2010 (UTC)

Bibliografía/Referencias: editar

--. HombreDHojalata.conversa 11:55, 14 de agosto de 2010 (UTC)

Panorama de Galicia na Galipedia: [1]--. HombreDHojalata.conversa 11:57, 14 de agosto de 2010 (UTC)
Parte dese material xa o vira, pero non tirei moitas conclusións del, o do tres décadas de televisión en Galicia afirma ao mesmo tempo que comezou o 25 de xullo e o 16 de agosto polo que non se pode utilizar, é posible que o 25 de xullo fose unha emisión illada e desde o 16 de agosto emisión regular pero queda en simple especulación xa que non o especifica. No libro branco do audivisual adiantan a emisión a 1973 o que non pode ser. O que non vira foi o do Boletín das Cortes, iso establece unha data que conta cunha fonte sólida, grazas pola axuda.--Cheluco 12:06, 14 de agosto de 2010 (UTC)

Buscas de palabras sen til editar

Boas, quería facer unha busca de xuizo, sen til, para cambialo por xuízo, tal e como pon na páxina de erros de ortografía, o problema é que ó facer a búsqueda desa palabra sáenme tódalas páxinas con xuizo e con xuízo. ¿Cómo podo facer para que só atope as páxinas que teñan a palabra sin acentuar?. Graciñas e saúdos, --Elisardojm 13:05, 23 de setembro de 2010 (UTC)

Coido que arestora non é posible. Mágoa. --Toliño Fala aquí comigo 13:50, 23 de setembro de 2010 (UTC)
http://www.google.es/search?as_q=xuizo&hl=es&num=100&btnG=Buscar+con+Google&as_epq=&as_oq=&as_eq=xu%C3%ADzo&lr=&cr=&as_ft=i&as_filetype=&as_qdr=all&as_occt=any&as_dt=i&as_sitesearch=gl.wikipedia.org&as_rights=&safe=off --. HombreDHojalata.conversa 18:15, 23 de setembro de 2010 (UTC)
Vaites! Tomo apuntamentos no meu caderno imaxinario sobre esta función do Google de excluír termos de busca. Seica non tiña nin idea de que existise esa posibilidade. --Toliño Fala aquí comigo 19:07, 23 de setembro de 2010 (UTC)
Xusto o que precisaba!, moitas grazas!! :). Saúdos, --Elisardojm 22:17, 23 de setembro de 2010 (UTC)

Cambio nome de categoría editar

Boas, non vexo cómo cambiar de nome unha categoría, ¿iso teñen que facelo os admin?. Quería cambiar Categoría:Imaxes de triatlón por Categoría:Imaxes de tríatlon. Saúdos, --Elisardojm 13:22, 5 de outubro de 2010 (UTC)

  Feito! Hai que crear a categoría nova e borrar a vella. Comproba que quedara todo amañado. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:19, 5 de outubro de 2010 (UTC)

Ah!, vale, quedou todo colocadiño! :). Saúdos, --Elisardojm 21:41, 5 de outubro de 2010 (UTC)

Boas, atopei este artigo remexendo por ahí e quería saber si é convinte que quede eiquí ou habería que poñelo noutro proxecto (¿galifontes?), ou si habería que cambialo un pouco ou qué... Graciñas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 09:33, 11 de outubro de 2010 (UTC)

  • Deille formato, pero á marxa diso non creo que presentase maior problema. No galifontes soamente van textos orixinais. Isto é unha receita gastronómica, igual que pode selo o polbo á feira, a diferenza é que este artigo do escarapote é máis pobre. O tema era aumentalo, quen coñeza e teña interese. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 10:29, 11 de outubro de 2010 (UTC)
Estás propoñendo suprimir o artigo ou só a parte na que se describe a receita? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:39, 11 de outubro de 2010 (UTC)
Evidentemente, todo o artigo. Se suprimes a receita ¿que queda? Pedro --Lameiro (conversa) 12:44, 11 de outubro de 2010 (UTC)

Perdoade a miña intromisión. Sen entrar a valorar o contido do artigo (o que conteña ou o que deba conter), se se trata dun prato de renome, como o é o "caldo (galego)" e tamén o "pastel de cabracho(/escarapote)" non vexo por que non pode ter artigo propio na Galipedia. Xa digo, non entro a valorar o tempo teña que estar na pota... [ Furagaitas * ] 14:03, 11 de outubro de 2010 (UTC)

  • A dificultade, insalvable, é determinar qué pratos son de renome e caracterizan a gastronomía dunha comunidade. Non poden existir, seguro, referencias que establezan unha clasificación de pratos rexionais de renome. Só nos queda recorrer ó sentidiño e ó consenso. Non son gastrónomo pero creo que estaremos todos de acordo en que o caldo galego, a tortilla de pataca, a fabada, a paella, a fideuá, o cocido madrileño, o marmitako, o gazpacho andaluz, e poucos máis, son significativos para todos. ¿Credes de verdade que este pastel de escarapote está a un nivel similar de "renome"? Non teño nada persoal contra el, evidentemente, pero se trata de non abri-la caixa de Pandora e vérmonos na necesidade de discutir prato a prato. Pode levarnos, estou seguro, a un debate longo e estéril. Así o vexo eu, polo menos. Pedro --Lameiro (conversa) 22:23, 11 de outubro de 2010 (UTC)

Estou con Lameiro en que dunha receita non se fai un artigo, pero creo que un prato dá para falar moito. Mira ti se non haberá cousas que dicir do cocido madrileño ou da empanada. Paréceme ben o criterio de suprimir o artigo cando non vaia máis aló da pura receita e o tema non teña moito máis que rascar. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:47, 11 de outubro de 2010 (UTC)

  • Eu estou co que di Xoacas: unha receita non pode dar para un artigo, pero si ser unha sección dun artigo sobre gastronomía. É dicir, sempre que se fale de que produtos debe levar, a orixe, a historia do prato, se achegen referencias e cousas así, a min si me parece enciclopédico, malia non espertar o meu interese. Outra cousa é que mañá alguén trate de facer Croquestas da Serra de Outes. A chave está nas referencias e na extensión do artigo. Este que nos ocupa, eu diría que pode quedar, pero é certo que está no límite. --Atobar (conversa comigo) 23:56, 11 de outubro de 2010 (UTC)
    • Sinto non ser quen de convercervos pero nin sequera aplicando a maior permisividade tería sentido manter este artigo nin outros ós que este abre a porta con máis receitas. Atobar pon a chave nas referencias e na extensión. A extensión non pode ser condición porque non determina se o tema é importante ou non (enciclopédico), depende da capacidade do editor de escribir e escribir. ¿Referencias? Neste caso ningunha: dúas que só confirman que o escarapote se chama cabracho en castelán. O artigo é unha definición (puré coa carne deste peixe). Unhas características que afirman que é un "prato tradicional da cociña asturiana e da cociña vasca" pero que logo resulta que o inventou Arzak (cómpre referencia). Logo a receita (cómpren referencias de que sexa peor se se fai con pescada) e finalmente un véxase tamén que remite a artigos inexistentes. Ningunha interwiki. ¿Cumpre isto os criterios do que debe ser un artigo? Con estes vimbios calquera fai mañá outro sobre as croquetas da Serra de Outes similar a este. Pero bueno, tampouco paga a pena discutir por isto. Pedro --Lameiro (conversa) 12:23, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Si que paga a pena. Eu non vería mal eliminar este artigo, tal e como está. No que non termino de concordar é no criterio xeral, que eu vexo demasiado estreito. Non se me ocorre moito que dicir da caldeirada de peixe, pero eu sería quen de escribir longo sobre a paella, por poñer dous exemplos de pratos tradicionais. E cando digo escribir refírome non só á receita. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:41, 12 de outubro de 2010 (UTC)

  • ¿Como che vou convencer se non les o que escribo? :) (é unha broma). Ó comezo desta discusión din por sentado que algúns pratos rexionais merecen, sobradamente, figurar na Galipedia, e $daba como exemplos o caldo galego, a tortilla de pataca, a fabada, a paella, a fideuá, o cocido madrileño, o marmitako, o gazpacho andaluz. Seguro que se me escapa algún máis cos mesmos méritos. E preguntaba se de verdade vedes este pastel de escarapote ó mesmo nivel de popularidade cós citados. Non sabería poñe-los límites nin facer unha listaxe escluínte (estes si, o resto non), pero insisto en que hai casos claros non que si e casos claros nos que non. Pedro

Rabino, se por algo te sigo é polo ben que te expresas. Tema pechado, logo. Xoacas(ti si que es lindo, ho)

Unha última cousa (espero). Parece, polo que levo lido, que non son o único que coñece o pastel de cabracho. Pedro, ¿ti cres que se nunha reunión de cociñeiros alguén fala dese tal pastel que o resto o coñecerían? Non vexo preciso que sexa coñecido por todo o mundo, bastaría con tratarse dun tecnicismo. E ter referencias, claro, sen as que nin "caldo galego" existiría. 15:05, 12 de outubro de 2010 (UTC)

  • Retoqueino e fornecín referencias coa intención de demostrar que un artigo deste tipo pode quedar sempre que teño un mínimo, como agora si parece ser o caso. Pedro, eu creo que desta vez a quen hai que convencer é a ti. --Atobar (conversa comigo) 15:28, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Boeno..., a conclusión parece que non está clara porque este artigo, precisamente, pode estar no límite do aceptable. Pois si ten que quedar, por min que quede. Saúdos e graciñas polas aclaracións, --Elisardojm (conversa) 23:02, 13 de outubro de 2010 (UTC)

Pois era só para pedir axuda para categorizar mellor esta categoría, por que a verdade estiven fedellando algo nela, arranxando algunhas cousas pero a outras non sei nin como meterlles man, algunhas idea? --Xabier Cancela (fálame 00:40, 13 de outubro de 2010 (UTC)

Escuela Técnica, Escola Tècnica ou Escola Técnica editar

Ola! a ver.. era porque ía crear os artigos das escolas de arquitectura de Madrid e Barcelona e teño unha dúbida se crear os artigos cos nomes oficiais, é dicir, en castelán e en catalán, ou poñelos en galego. Non o teño claro, xa que como son nomes propios dunhas institucións non sei se manter o nome oficial, como é o caso de Consejo Superior de Investigaciones Científicas, por exemplo; pero como son nomes "descriptivos" e na galipedia aparecen casos como Universidade Complutense de Madrid, ou un feito por min como Medalla de Ouro do RIBA (agora non sei se o fixen correctamente) non sei que criterio tomar ...uff non sei... unha axuda graciñas.--Xermán 13:14, 4 de novembro de 2010 (UTC)

No caso das universidades, e unha escola técnica creo que debería seguir o mesmo criterio, os títulos na galipedia están todos traducidos. Para outras institucións e organismos é máis complexo, as organizacións internacionais adoitanse traducir, o resto é máis complexo así temos a Academia de la Llingua Asturiana e a Academia Sueca, creo que nestes casos intervén moito o costume, a Academia Sueca adoitase traducir habitualmente en todas as linguas, quizais por ser universalmente coñecida polos premios Nobel mentres é raro utilizar Academia da Lingua Asturiana en ámbitos formais, aínda que en internet si que se pode atopar doadamente. Non creo que puidera haber un criterio xeral e en todo caso tería numerosas excepcións, The British Council é universalmente coñecido así mentres a Fundación Xapón tradúcese universalmente a todas as linguas ou ás veces emprégase a forma inglesa Japan Foundation, e fóra do Xapón raramente emprega ela mesma a súa forma oficial, Kokusai Kōryū Kikin fóra do ámbito das propias clases de xaponés claro está.--Cheluco 15:00, 4 de novembro de 2010 (UTC)

En España son Escolas Técnicas Superiores os centros nos que se imparte a carreira de Arquitectura Superior ou calquera das Enxeñerías Superiores, Do mesmo xeito, son Escolas Superiores os centros nos que se imparte a carreira de Arquitectura Técnica ou calquera das Enxeñerías Técnicas. Eu vexo aí un substantivo precedido dunha réstea de adxectivos, todos eles con equivalente en galego. Non vexo motivo para manter a forma orixinal. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:50, 4 de novembro de 2010 (UTC)

Manuel Fraga editar

Ola! Na conversa do artigo Manuel Fraga Iribarne Amperio e mais eu estamos a manter unha conversa sobre un problemiña que non sabemos solucionar. Por favor, se alguén pode botar unha man sería de agradecer --Paradanta (Cóntame) 14:41, 12 de decembro de 2010 (UTC)

Penso que xa o amañei. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:49, 13 de decembro de 2010 (UTC)

Foto de Niñodaguia editar

 
A foto en cuestión.

A ver, levo media mañá buscando información sobre a alfarería de Niñodaguia por culpa desa foto que non me cadraba. Resulta que na descrición de commons di que é de Niñodaguia, Baltar pero no ficheiro orixinal de Flickr só pon que é de Niñodaguia(Ourense), e o que pasa é que en Ourense hai dous Niñodaguia, en Baltar e en Niñodaguia, Xunqueira de Espadanedo. Eu polo que puden entender da pouca información que atopei é que a imaxe está incorrectamente descrita e ubicada en Baltar, e que realmente é de Xunqueira de Espadanedo (sobretodo por isto e isto, pero como é o único sitio que atopei que o dixera claramente tampouco me quería agarrar só a unha referencia para cambiar unha cousa coma esta, sobretodo dunha cousa que non coñezo directamente). Como o sitio, e os coñecementos sobre o tema, me quedan un pouco lonxe, prefiro que alguén con máis datos o confirme antes de meter o zoco. Graciñas e saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:33, 13 de decembro de 2010 (UTC)

  • Deixeille unha pregunta ó autod en Flickr. Agora, a esperar se lembra o lugar exacto. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:23, 13 de decembro de 2010 (UTC)
  • O Niñodaguia da alfarería é o de Xunqueira de Espadanedo. Porén, teño as miñas dúbidas sobre a validez da foto: ese cántaro ten dereitos de autor, así que non só temos que contar cos dereitos de autor da fotografía, que tamén son importantes. --Xabier Cid Talk, please 17:28, 13 de decembro de 2010 (UTC)
    • Paréceme excesivo falar neste caso de dereitos de autor do obxecto. Temos mogollón de fotografías de obxectos (vexasecategoría:Imaxes de obxectos de Galicia), de coches, de adornos sen que a propiedade intelectual do obxecto ou do deseño fosen (case) nunca problema. Mesmo de persoas non públicas que, por veces, son recoñecibles. E non quero que con isto se desprenda que teñamos que revisar todas esas imaxes: centrémonos nesta do cacharro. Todos asistimos a feiras e exposicións onde os artesáns fan e expoñen os seus produtos e son obxecto de fotografía, sexa na rúa ou en talleres ou espazos pechados. Todo iso é publicidade e eles encantados. Esta fotografía non pode limitar dereito ningún, nin dá pé á piratería industrial. Salvo o problema xeográfico e non lle vexo ningún outro. E a miña particular envexa de conseguir esa profundidade de campo nunha imaxe captada tan en primeiro plano. Pedro --Lameiro (conversa) 19:13, 13 de decembro de 2010 (UTC)
      • Amaianos acaba de contesta-la pregunta e confirma que é de Xunqueira de Espadanedo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:26, 13 de decembro de 2010 (UTC)
  • Moitas grazas por aclarar este lío dos Niñodaguia :). Respecto dos dereitos de autor do alfareiro..., eu penso que si deixou facer a foto é como si lle cedera os seus dereitos, ou algo polo estilo, vamos, digo eu... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:09, 13 de decembro de 2010 (UTC)

Por se pode contribuir a resolver o tema dos dereitos: a fotografía representa unha "cousa" que é diferente do obxecto producido polo artesán, é dicir, o cántaro está sen terminar de facer. Deixando aparte que a cesión non vai implícita no permiso de facer a foto, o artesán ten dereitos sobre a súa obra rematada. Dicir contrario é ser máis papista que o papa. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:49, 13 de decembro de 2010 (UTC)