Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 23

Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25


Como categorizar fotos subidas a Commons editar

Saúde, dispoñome a subir algunhas fotos a Commons e quería facelo ben de vez. Non teño moi claro cómo hay que categorizar as imaxes correctamente. O idioma das categorías é só ingles? Hai algun sitio onde se poda ver unha lista de categorías? O que teño para subir ten que ver con microscopía, microscopios electrónicos e outros trebellos de laboratorios de ciencias. Grazas por adiantado. --Viascos (conversa) 7 de febreiro de 2018 ás 23:25 (UTC)[responder]

Si Viascos, en Commons as categorías están en inglés, hai anos que se fixeron varias peticións para que sexan multilingua pero non o dan feito. Aquí tes a lista de categorías pero non creo que che axude moito, hai miles. O máis doado é que procures alí imaxes do tema que queres subir, que seguramente xa haberá algunha, e mires en que categorías están. A maiores, tes a categoría Microscopes, aí hai moitas subcategorías que poden serche de utilidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 00:04 (UTC)[responder]

Eliminación de usuaria : nomedeusuaria creada para videotitorial editar

Boas, estiven buscando sen moito exito video titoriais para a creación de contas de cara o wikimaratón do día 20 (todos son en inglés, español ou moi longos), así que creei unha conta de usuaria chamada nomedeusuaria con outro correo que teño e creei o titorial. Por favor, poderíades borrala? Moitas grazas. --Maria zaos (conversa) 14 de febreiro de 2018 ás 21:34 (UTC)[responder]

Maria zaos, as contas non poden borrarse, o que podes facer é entrar nesa conta e poñer o modelo {{Usuario retirado}}. Coméntoche que só se pode ter unha conta de usuario, salvo casos excepcionais como podes ver en Wikipedia:Monicreques.
Por outra banda, podes dicirnos onde está ese videotitorial? Pode ser moi interesante para outros eventos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 10:21 (UTC)[responder]
O titorial colgárono aquí, teño o ficheiro orixinal se fai falla. Saúdos e grazas de novo--Maria zaos (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 12:40 (UTC)![responder]

Troco de nome de páxina editar

Necesito que se troque o nome desta páxina Castro de Pena Grande por Valado prehistórico do Val. Creouse como castro cando non é tal. Saúdos --47.63.107.93 17 de febreiro de 2018 ás 14:04 (UTC)[responder]

  Feito! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de febreiro de 2018 ás 14:58 (UTC)[responder]

@47.63.107.93: Queda pendente modificar as páxinas que ligan con Castro de Pena Grande. Non si? --. HombreDHojalata.conversa 17 de febreiro de 2018 ás 19:56 (UTC)[responder]

Acabo de movelo a Monte da Lagoa, Narón, na única referencia do artigo emprégase esa denominación. Engadinlle ademáis o nome do concello, como está mandado. Sobre as páxinas que ligan, alén desta mesma páxina, unicamente hai unha listaxe de castros. Polo que parece o valado este é neolítico, non castrexo, se cadra hai que retiralo desa lista. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17 de febreiro de 2018 ás 21:57 (UTC)[responder]

Non concordo co cambio de nome Xoacas, o artigo fala dun cercado, ou valado, neolítico, non dun monte. Monte da Lagoa, é o nome do outeiro no que se atopa. Eu deixaríao co nome de Cercado neolítico do Val, segundo se indica na referencia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de febreiro de 2018 ás 01:42 (UTC)[responder]

Non temos outra referencia que ese artigo, ergo haberá que seguir o que o artigo di. Con salvedades.

O único nome que se emprega neste artigo pra referirse a este sitio arqueolóxico é o de monte da Lagoa. Nos parágrafos anteriores fala dos diferentes significados do topónimo Lagoa dentro do propio concello de Narón e fóra. Dá igual, non temos outra forma referenciada. Monte da lagoa é o nome do sitio arqueolóxico, posto que ese é o criterio que se segue pra denominar os lugares arqueolóxicos, que empregan a toponimia ou a microtoponimia existentes.

Por outra banda, estamos falando dun traballo de André Pena Graña, que é un home cando menos polémico. Esas son as salvedades das que falaba antes. Cando leo algo de Pena Granha non podo evitar lembrar a Jiménez del Oso e os seus programas sobre os Ovnis. Acaba un vendo celtas ata na sopa de sobre. Pero vamos, éche o que hai. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18 de febreiro de 2018 ás 22:53 (UTC)[responder]

Debe quedar claro que NON é un castro (como pon a Xunta na súa cartografía) André Pena Granha (que coido foi o que o identificou correctamente) o define como valado prehistórico e dende vai máis de 20 anos se teñen identificado máis en galiza. Do seu estudo sacaranse conclusións e polo tanto definicións. --47.63.107.93 19 de febreiro de 2018 ás 01:11 (UTC)[responder]
En que cartografía da Xunta pon que é un castro? Non a atopo, busquei no Sixpac e nese sitio pon un símbolo que creo que é dun vértice xeodésico co nome "Lagoa" (a secas) e 309, que supoño que é a altitude. Logo no visor de mapas da Xunta, aquí, na mesma posición, e seleccionando as afeccións de patrimonio cultural, no aparece nada, nin siquera o nome de Lagoa.
Nesa mesma cartografía da Xunta (no Mapa Base Vectorial) pon que é un castro --47.63.107.93 20 de febreiro de 2018 ás 00:57 (UTC)[responder]
Eu o que non entendo é como lle imos chamar monte ó artigo dun valado, non me parece correcto. Como dis, Xoacas, os sitios arqueolóxicos levan o nome do lugar, pero tamén entendo que levan no nome a descrición do que son, "castro de", "petróglifo de"..., e neste caso, aínda que non estea explicitamente indicado na referencia, se é un valado ou un cercado neolítico, eu entendo que o artigo terá que levar o nome de "valado neolítico de ..." ou "cercado neolítico de ...". Logo a iso haberá que engadirlle o topónimo, monte da Lagoa ou simplemente Lagoa como aparece no mapa da Xunta..., non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 09:50 (UTC)[responder]
Pois non, é un achádego "arqueolóxio-bibliográfico" ninguén na zona sabía o que era ata que o dixo André Pena Granha. E o calificou de valado prehistórico do val (está nun monte, certo e ten un nome pero todo eso non tiña nada que ver co nome e o uso) --47.63.107.93 20 de febreiro de 2018 ás 00:57 (UTC)[responder]
Ah, xa o atopei onde dicía a ip. Pero non coincide a situación do valado coa do "suposto" castro do mapa base vectorial, se se comparan esas posicións coas do sixpac, atópase que o valado está enriba dun lugar denominado "Lagoa", a 309 m. de altura, e ese "suposto" castro está noutro lugar un chisco máis ó este, nun lugar denominado Pena Grande, a 303 m. de altura... Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 01:55 (UTC)[responder]

En Narón hai un monte, no monte hai un muro, ese lugar chámase Lagoa. Sobre eses tres datos, André Pena Graña, insigne iluminado, constrúe unha hipótese baseada en que, como é ben sabido, os topónimos que conteñen a palabra lagoa fan referencia, non a unha lagoa, senón a outras cousas máis novelescas. Pra ben ser, este artigo habería que borralo, pero resulta que está referenciado, e que a referencia é un artigo asinado por un señor que se considera fonte fiable. A min de fiable tenme pouco, eu digo que se borre. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20 de febreiro de 2018 ás 22:32 (UTC)[responder]

A argumentación é irrebatible! No monte hai unha construción prehistórica identificada como valado... pero como esa identificación a fixo andré pena granha hai que borrar o artigo? Mira, xa postos poderiamos organizar en galipedia unha merenda fin de semana e ir todos ao monte con sachos a desfacer o tal valado prehistórico... total, como hai que borralo da galipedia pois xa o facemos alí mesmo! Así non quedarán nin referencias no terreo... Será eso o que pasou ba biblioteca de Alexandría? --47.63.107.93 21 de febreiro de 2018 ás 00:53 (UTC)[responder]

sobre modelo control de autoridades: está duplicando o identificador ISNI? editar

Ola, non sei se este é o sitio adecuado. Acabo de decatar que o modelo de control de autoridades cando recolle de Wikidata o identificador externo ISNI duplícao no cadriño de control de autoridades, polo que dá erro a ligazón. Comprobei en Wikidata e todo semella normal. Será cousa do modelo? Un saúdo--Maria zaos (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 21:24 (UTC)[responder]

Maria zaos, pon un artigo que lle pase iso para botarlle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 22:46 (UTC)[responder]
@Elisardojm:Kisamor,Suíza,Angela Gheorghiu tiñan que ter 16 díxitos no ISNI e teñen 32. Saúdos --Maria zaos (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 22:57 (UTC)[responder]
@Maria zaos:, xa vin o erro. Revisei por riba o código pero é bastante complexo e non dei atopado o problema. O que si me decatei é que é unha versión do modelo en portugués, e a eles tamén lles funciona mal no mesmo identificador polo que avisei alí para que os que o crearon intenten botarlle un ollo. Mirarei un pouco máis pero espero que eles poidan botarnos unha man. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2018 ás 10:02 (UTC)[responder]
Ó mellor..., Banjo ou HombreDHojalata poden amañar isto, eles son os que máis traballaron neste modelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2018 ás 12:39 (UTC)[responder]
Parece ser que é un erro no código fonte. A wiki PT ten o mesmo erro -> https://pt.wikipedia.org/wiki/Fernando_Pessoa --193.125.196.73 28 de febreiro de 2018 ás 12:26 (UTC)[responder]

Falta todo este código fonte? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 193.125.196.73 (conversacontribucións) 28 de febreiro de 2018 ás 12:41‎

--Returns the ISNI check digit isni must be a string where the 15 first elements are digits
local function getIsniCheckDigit( isni )
	local total = 0
	for i = 1, 15 do
		local digit = isni:byte( i ) - 48 --Get integer value
		total = (total + digit) * 2
	end
	local remainder = total % 11
	local result = (12 - remainder) % 11
	if result == 10 then
		return "X"
	end
	return tostring( result )
end

--Validate ISNI (and ORCID) and retuns it as a 16 characters string or returns false if it's invalid
--See http://support.orcid.org/knowledgebase/articles/116780-structure-of-the-orcid-identifier
local function validateIsni( id )
	id = id:gsub( '[ %-]', '' ):upper()
	if not id:match( '^%d%d%d%d%d%d%d%d%d%d%d%d%d%d%d[%dX]$' ) then
		return false
	end
	if getIsniCheckDigit( id ) ~= string.char( id:byte( 16 ) ) then
		return false
	end
	return id
end

local function isniLink( id )
	id = validateIsni( id )
	if not id then
		return false
	end
	return '[http://isni.org/isni/' .. id .. ' ' .. id:sub( 1, 4 ) .. ' ' .. id:sub( 5, 8 ) .. ' '  .. id:sub( 9, 12 ) .. ' '  .. id:sub( 13, 16 ) .. ']' .. getCatForId( 'ISNI' )
end

Non é que falte, é que o código actual do módulo adaptouse en base ó en:Module:Taxonbar, separándose da implementación inicial que estaba baseada en en:Module:Authority control. O ISNI dálle problemas a ámbolos dous métodos polo seu formato con espazos e pola formatter url que ten definida en wikidata, de aí que para o segundo dos módulos se definise esa función de arranxo específica para o ISNI. Adaptala ó código actual pode dar máis problemas pola súa estrutura máis particular. Se consigo sacar tempo intentarei revisalo con calma a ver como se pode facer, en calquera caso pódese comentar a liña relativa ó ISNI en Módulo:Control de autoridades/conf se se quere omitir o ISNI mentres tanto. Banjo tell me 28 de febreiro de 2018 ás 18:35 (UTC)[responder]

Se non vai pode ser boa idea omitio ata que estea arranxado. --193.144.61.240 28 de febreiro de 2018 ás 19:00 (UTC)[responder]
Solucionado, non sen tempo. Desculpas. Banjo tell me 29 de agosto de 2018 ás 21:34 (UTC)[responder]

lugar sin localizar editar

a ver se alguén pode atopar este lugar -> https://gl.wikipedia.org/wiki/A_Veiga,_O_Val,_Nar%C3%B3n
A Veiga, O Val, Narón onde está no mapa? non o vexo no nomenclator da xunta nin nos mapas da xunta. --77.229.235.57 27 de febreiro de 2018 ás 13:28 (UTC)[responder]

77.229.235.57, tes razón que ese lugar non está no Nomenclátor, hai que revisalo, en principio parece que é un erro... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 15:50 (UTC)[responder]
Tampouco atopo ningún lugar chamado A Veiga no concello de Narón. Estevoaei, cando teñas un momento, podes revisar isto? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 15:54 (UTC)[responder]

continuando co mesmo concello:

Lugares da parroquia de Doso no concello de Narón

As Ánimas | Os Bidueiros | A Braña | O Bustelo | A Cabrita | Os Calvos | O Carballo Furado | A Casanova | As Cerdeiras | O Chao | A Costa | A Gaiba | O Igrexario | Pielas | O Pouso | Santá | O Souto | Os Tortos | O Verdescal | Vista Alegre

Eses son os lugares segundo galipedia (17). No nomenclator da xunta están estes (20):

As Ánimas, Os Bidueiros, A Braña, O Bustelo, A Cabrita, Os Calvos, O Carballo Furado, A Casanova, As Cerdeiras, O Chao, A Costa, A Gaiba, O Igrexario, Pielas, O Pouso, Santá, O Souto, Os Tortos, O Verdescal, Vista Alegre
20 lugares atopados
https://www.xunta.gal/nomenclator?p_p_id=NomenclatorPortlet_WAR_NomenclatorPortlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=2&busquedaGuiada=1&idProv=4&idConc=15054&idParr=1505402 faltan TRES no listado de galipedia --193.125.196.73 1 de marzo de 2018 ás 16:01 (UTC)[responder]

193.125.196.73, se ves que faltan ti mesmo podes engadilos na táboa. --AMPERIO (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 16:13 (UTC)[responder]

Xa veño de subir o resto das imaxes e xeolocalizar os lugares. Pero hai varios en Pedroso que non encaixan:

Lugares da parroquia de Pedroso no concello de Narón

Bazón | Os Bidueiros | O Carballo | O Castro da Ermida | O Castro | O Catasol | As Congostras | A Corredoira | A Costeira | O Cotelo | Faxín | A Gándara | Os Loureiros | Meizoso | O Mosteiro | Mugardos | Os Novás | Painzás | A Pallota | A Pedra | A Pereiruga | Piñeiros | O Pouso Vello | O Pozo | Pradelo | A Revolta | O Río do Couto | Santá | A Vacariza


Hai tres lugares nesa listaxe que dan problemas:

  • Río Vello, onde está este lugar? No mapa da xunta non aparece.
  • O Pouso Vello, non aparece na cartografía da xunta. Hai en Doso un lugar chamado O Pouso, será o mesmo?
  • Santá, este lugar está en Doso, dividido con Pedroso. Debe poñerse nas dúas parroquias? No mapa da xunta está indicado en Doso.

--193.125.196.73 3 de marzo de 2018 ás 21:23 (UTC)[responder]

Eliminei o lugar de Río Vello porque ese lugar non o atopei no Nomenclátor. Sobre o de Santar, non sei, ou é un erro do Nomenclátor ou do mapa da Xunta. No mapa da Xunta está na parroquia de Doso, e non moi á beira coa fronteira coa parroquia de Pedroso. Do lugar de Pouso Vello tampouco atopo a localización, a ver se alguén pode atopar máis información sobre isto... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 22:12 (UTC)[responder]
Mandeilles un correo a ver se a xunta di algo --47.62.15.120 7 de marzo de 2018 ás 15:17 (UTC)[responder]

Lugares fora de nomenclator da xunta editar

Que se fai cos lugares non incluídos do nomenclator da Xunta das Parroquias civis? Nas parroquias, sobre todo nas rurais, hai más lugares dos que menciona a xunta no seu nomenclator. Estes lugares existen e pódense incluír. Habería que buscar un xeito de mencionalos na páxina da parroquia e referencialos, a mapas ou con imaxes destes lugares. Todos con xeoreferencias. Nos modelos de parroquias habería que incluír un engadido, algo así:

Lugares da parroquia de Castro no concello de Narón

O Agrande | A Borrallada | Borreiros | Calle das Rocas | O Campo das Ratas | A Carballosa | A Chousa | A Costa | Fernande | Gadoi | A Mata | Nelle | A Pena de Embade | Os Sobecos

Lugares da parroquia de Castro no concello de Narón fora de nomenclator da Xunta

Castro Delas | Coto Vart | A Chousa Branca

Ou algunha alternativa similar --47.62.15.120 7 de marzo de 2018 ás 15:17 (UTC)[responder]

Xa, supoño que unha foto do cartel posto polo concello no che vale. Váleche o concello da coruña? Non sei se fuches algunha vez a marineda city... coñeces As Rañas? --193.144.61.240 7 de marzo de 2018 ás 17:33 (UTC)[responder]

Este ven co logotipo do concello da coruña: http://www.coruna.gal/descarga/1453640676293/convenio-asf-castellano.pdf

https://elpais.com/diario/2010/12/22/galicia/1293016698_850215.html

https://www.google.es/search?q=as+ra%C3%B1as+coru%C3%B1as&ie=utf-8&oe=utf-8&client=firefox-b&gfe_rd=cr&dcr=0&ei=UiCgWvLPBYWyX9Wvv7AP

Lugares da parroquia de San Cristovo das Viñas no concello da Coruña

O Birloque | O Bosque | A Cabana | Cances | A Cova | Fontenova | A Grela | Laxes de Orro | Lonzas | O Martinete | A Moura | San Cristovo das Viñas | San Xosé | Someso | A Silva

Pero segundo a xunta non existe --193.144.61.240 7 de marzo de 2018 ás 17:33 (UTC)[responder]

  • Ningunha desas ligazóns é unha referencia válida. Por outra banda, que algo non figure no Nomenclátor da Xunta non significa que non exista. Ten en conta que o territorio é cambiante, entre outros moitos factores. Por iso che digo que o ideal, para poder incluílo aquí con todas as da lei, é que achegues informes de microtoponimia ou algo similar (neste caso que apuntas, parece que a cousa pode ir por aí), e dese modo encher o baleiro que eventualmente poida existir. Noutra orde de cousas, ten presente que os contidos da Wikipedia non son fonte primaria; este non é o lugar para publicar investigacións orixinais. Se en efecto As Rañas é un lugar (oficializado), onde debes acudir é a quen ten competencia para corrixir esa eiva. Unha vez que a Xunta no seu Nomenclátor, o Concello da Coruña no PXOM ou outro organismo competente o recoñeza, daquela aquí non só é que poidamos incluílo, senón que estamos obrigados a facelo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 7 de marzo de 2018 ás 17:48 (UTC)[responder]
Cal é unha referencia válida? Xa sabemos que non está no nomenclator da Xunda, deso mesmo estamos a falar. Incluír o topónimo no pxom do concello? Eso xa o está a facer o concello cando nos seus documentos oficiais se emprega ese topónimo e o propio concello (deputación e a Xunta) o pon en sinais de tráfico e indicadores toponímicos. Por certo, moitos dos topónimos do nomenclator da xunta non teñen unha sinal onde indica a xunta, sobre o terreo.--47.62.15.120 7 de marzo de 2018 ás 19:41 (UTC)[responder]

Veño de atopar un plano no pxom da coruña, da terceira ronda onde se cita As Rañas -> http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACORUNA/documents/26745PL003.jpg --47.62.15.120 7 de marzo de 2018 ás 19:49 (UTC)[responder]

O concello da Coruña publicou en 2016 un estudo para a organización do municipio en distritos no que se incluíu un estudo dos topónimos no que se recollen 231 barrios ou unidades de poboación. Este documento, con licenza CC BY-NC-SA 4.0, pódese consultar aquí. No mapa que acompaña o estudo aparece As Rañas como "barrio de vivendas unifamiliares" xunto con A Zapateira, Monte Mero e Penamoa (que aparecen no Nomenclátor) e Agra do Foxo (que tampouco vén no Nomenclátor).--Jglamela (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 20:35 (UTC)[responder]

  • Moitas grazas, Jglamela. Solucionado entón. Non hai logo nada incorrecto no Nomenclator. Estamos a falar de cousas distintas. O día que cheguemos a ese nivel de detalle, calquera deses barrios de vivendas unifamiliares deberán figurar como tales. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 7 de marzo de 2018 ás 20:40 (UTC)[responder]
"Barrios de vivendas unifamiliares" (sic) é así como chaman ás aldeas da capital? A Zapateira unha aldea? O topónimo As Rañas existe e está referenciado. Pasamos ao seguinte nivel. Como se inclúe en galipedia? --47.62.15.120 7 de marzo de 2018 ás 21:10 (UTC)[responder]
Na clasificación de "Barrios núcleos" aparecen outros que tampouco veñen no Nomenclátor: A Canteira, Catro Ventos, Marzán, Orra, Agursín, Cadaveiras, Caveiro, O Curro, A Gouxa, Leira do Campo e Pedroso. Talvez algún máis que se me escapase.--Jglamela (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 21:17 (UTC)[responder]
Temos un feixe de topónimos (barrios de vivendas unifamiliares (definición urbana)/aldeas (definición rural)) referenciados ao 100% Agora hai que saber como meter eso en galipedia, darlle utilidade. Vai anos parecía impensable ter unha páxina de cada parroquia dos concellos galegos. Hoxe é posible e estase a facer. O próximo será unha páxina para cada lugar de galiza. --47.62.15.120 7 de marzo de 2018 ás 21:40 (UTC)[responder]

Islandsis, islandse ou indlandis??? editar

Sobre caracteres nas entradas con lingua checa editar

Boas, veño de revisar os títulos de Jaroslav Seifert e non achei no apartado WP:TRL nada sobre se teño que poñer algunha caixiña para os símbolos que non son os habituais no noso alfabeto, nin se hai algunha norma de transliteración para checo. Alguén podería indicarme se teño que facer algo máis e como se fai? grazas!!--Maria zaos (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 18:46 (UTC)[responder]

Maria zaos, non teño coñecementos sobre iso, pero consultei os outros escritores e músicos de Checoslovaquia e ningún ten caixa doutro alfabeto. Ó que pode saber algo do tema é Norrin strange. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 22:52 (UTC)[responder]
Maria zaos, Elisardojm. O checo escríbese en caracteres latinos, non aplica WP:TRL. Que no artigo teñamos palabras como Žižkov non é problema algún, déixase así, non se pon nin Zhizhkov nin nada semellante. --Norrin (Fálame) 22 de marzo de 2018 ás 08:17 (UTC)[responder]
Moitas grazas, @Elisardojm: e @Norrin strange:. Non estaba moi segura e de checo pois a verdade é que nin idea. Se topo con máis agora xa sei o que facer.Saúdos--Maria zaos (conversa) 22 de marzo de 2018 ás 08:23 (UTC)[responder]


Problema en xadrez editar

Vladimir Makogonov nunca foi campión do mundo. Mentres que Shakhriyar Mamedyarov e Teimour Radjabov aínda non conseguiron conquistar o título. Véxase páxinas da Wikipedia ca listaxe de campións do mundo de xadrez que corroboran está afirmación, por exemplo, en inglés, español, portugués. Cuatrivialer (conversa

Boas Cuatrivialer, grazas polo teu comentario, movino á sección da taberna axeitada para estes casos. A maiores, para que poidamos revisar o que comentas, debes indicar o artigo no que está o problema para facilitar a súa procura. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de maio de 2018 ás 21:52 (UTC)[responder]

Caso do metílico editar

Habería que botarlle unha ollada ás referencias do artigo de calidade Caso do metílico, ten un marcador de atención polas referencias. Eu estiven botándolle unha ollada, e mudei algunhas das referencias por notas ao pé, pero teño dúbidas nalgúns casos sobre o libro citado. O artigo leva o marcador de atención desde agosto de 2017. --AMPERIO (conversa) 28 de maio de 2018 ás 11:28 (UTC)[responder]

Troco no nome da entrada Bak file editar

Traduxen a entrada Bak file da enciclopedia en lingua inglesa, e cando xa estaba publicada dinme conta de que non podo modificar o nome desta, que fica en inglés polo momento. Atendendo ás entradas igualmente categorizadas (Formatos de ficheiro) penso que debería quedar .bak ou BAK

Se alguén me poidera botar unha man en facelo cambio, agradeceríallo. Oliveira (conversa) 29 de maio de 2018 ás 21:30 (UTC)[responder]

Ola Oliveira. Se do que se trata é de modificar o nome dunha páxina, no menú da páxina tes que clicar en "Máis" e despois en "Mover". Xa che sae unha ventá na que podes facer a modificación ti mesmo.--Miguelferig (conversa) 29 de maio de 2018 ás 20:43 (UTC)[responder]
Si, aí esta o botón:
 
--. HombreDHojalata.conversa 29 de maio de 2018 ás 22:30 (UTC)[responder]

Conversa:Ribeseya editar

Hai unha interesante discusión en Conversa:Ribeseya sobre a forma a utilizar. Segundo a toponimia oficial o nome é Ribadesella/Ribeseya, porén, semella que non está claro se habería que empregar esa opción ou optar só por Ribeseya. --AMPERIO (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 19:20 (UTC)[responder]

Como se di en galego? editar

Desgajar*? --. HombreDHojalata.conversa 4 de xuño de 2018 ás 21:33 (UTC)[responder]

Quizais podería ser "descuarteirar"... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2018 ás 22:27 (UTC)[responder]
Creo que non existen unha correspondencia unívoca. Depende do contexto, quizais poida usarse esmiuzar. --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de xuño de 2018 ás 22:30 (UTC)[responder]

Aí vai o contexto. --. HombreDHojalata.conversa 4 de xuño de 2018 ás 22:36 (UTC)[responder]

@HombreDHojalata:: soábame ben 'arredarse'. Fun buscalo no DRAG e vin que precisamente o exemplo vai como anel ao dedo (arredar). Amais, modifiquei ter + infinitivo por infinitivo a secas, pois a primeira forma indica repetición nos feitos, e neste caso refírese a unha separación concreta. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de xuño de 2018 ás 23:00 (UTC)[responder]

A usuaria Lles moveu a páxina da marca deportiva Nike cara Nike, Inc. para deixar Nike como páxina de homónimos e así poder incluír unha ligazón a Nike (mitoloxía). Porén, polo que falamos despois na miña conversa, non se decatou de todas as páxinas que tiñan ligazóns cara a marca deportiva. E aquí xorde a cuestión: deixamos Nike como páxina de homónimos? ou será mellor crear Nike (homónimos) dado o elevado número de páxinas que habería que cambiar? Quizais podería facelo un bot (xa que practicamente todas as ligazóns son sobre a marca).--AMPERIO (conversa) 10 de xuño de 2018 ás 17:22 (UTC)[responder]

Eu son partidario de deixar Nike como páxina de homónimos. Se alguén con bot (@Elisardojm:, @Banjo:, @HombreDHojalata:?) se anima a corrixir as ligazóns, pois fantástico. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de xuño de 2018 ás 18:47 (UTC)[responder]

O meu bot, que traballaba en Python, deixou de funcionar hai tempo. --. HombreDHojalata.conversa 10 de xuño de 2018 ás 19:08 (UTC) Actualizo: Volve funcionar, agora con WP:AWB. --. HombreDHojalata.conversa 14 de xuño de 2018 ás 20:13 (UTC)[responder]

  Feito! Pero esta tarefa podía facela calquera co Javascript Wiki Browser, se alguén quere fedellar nestas cousas que mo comente e con dous detalles xa poderá usalo sen problema, e ademais non precisa instalar nada, só hai que configurar as opcións do usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xuño de 2018 ás 22:37 (UTC)[responder]
Ah, esquecinme de comentar un detalle, ese Javascript Wiki Browser ten unha pega, non permite tratar tódalas páxinas do proxecto dunha vez. É dicir, non lle podemos dicir que revise tódolos artigos da Galipedia para amañar unha cousa, isto non sei se é por seguridade ou por problemas técnicos, vou intentar contactar co autor do script para ver se hai forma de evitalo. Pero aínda así é de moita utilidade porque permite tratar tódalas páxinas que usan un modelo ou tódalas páxinas que ligan con outra, ou tódalas páxinas que están nunha categoría... Para esta tarefa concreta díxenlle que tratara tódalas páxinas que ligaban coa páxina Nike e listo, non houbo problema. Cando hai que tratar tódalas páxinas o que fago é buscar as categorías que teñen máis artigos e dicirlle que trate todos os artigos que están dentro, así pode chegarse de forma doada a tratar máis de 100.000 artigos, que algo é algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 09:15 (UTC)[responder]
Estupendo, moitas grazas. --AMPERIO (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 10:48 (UTC)[responder]
Unha pregunta: o Nike de mitoloxía é Nike ou Niké?--Miguelferig (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 20:51 (UTC)[responder]
Pois a única referencia que atopei é a da Diciopedia ([1]) e é Niké.--HacheDous=0 (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 21:38 (UTC)[responder]

O último grande heroe editar

Cambieille o nome a unha páxina que tiña moitas ligazóns https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Especial%3AP%C3%A1xinas%20que%20ligan%20con%20esta&target=O%20%C3%BAltimo%20gran%20heroe&namespace=, creo que sucede o mesmo que con Nike e que é fácil de automatizar o cambio, mais eu non sei como facelo. Lles (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 09:04 (UTC)[responder]

Lles, comprobaches antes do cambio se o título co que se emitíu en galego era realmente con "gran" ou con "grande"? Habería que verificalo. Ó mellor Breogan2008 pode axudarnos con iso... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 12:26 (UTC)[responder]
O título co que se emitiu orixinalmente o filme é "O último gran heroe".--Breogan2008 (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 12:37 (UTC)[responder]
User:Elisardojm, Breogan2008, non se ocorreu a posibilidade de que se emitise co nome cun erro, segundo pon nesta listaxe, si. Lles (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 12:41 (UTC)[responder]
Sen dúbida, emitiuse cun erro, o cal abre o debate de se debemos corrixir ou non o título. --Breogan2008 (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 12:43 (UTC)[responder]
De momento, desfixen os cambios que fixera. Lles (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 13:12 (UTC)[responder]
Eu penso que non o debemos corrixir, se ese foi o título co que se emitiu hai que mantelo, o que si habería que facer no artigo é engadir unha nota indicando que é incorrecto, por que e cal é o título correcto. Tamén habería que engadir as referencias a ese título. Non hai referencias da TVG? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 13:15 (UTC)[responder]
Onde está o erro? Grande só se utiliza cando o substantivo comeza por vogal. Heroe comeza por consoante, logo o correcto é "gran heroe"--HacheDous=0 (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 13:38 (UTC)[responder]
A norma é moi clara: "En singular, diante dos substantivos que comezan por vogal, úsase a forma plena grande e diante dos substantivos que comezan por consoante úsase a forma reducida gran". Mentres h sexa consoante, por moi muda que sexa, hai que aplicar a norma das consoantes. Nós non podemos adaptar/interpretar as normas, e a non ser que haxa referencias de calidade que indiquen que para estes casos o hache é como unha vogal, nada podemos facer tan só aplicar literalmente o que di a norma --HacheDous=0 (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 13:43 (UTC)[responder]
Erro en Modelo:Resposta a: Nome de usuario non indicado. escribinlle ao seminario de lexicografía da RAG "Na definición de 'gran' como adxectivo explícase que se usa diante dos nomes en singular que comezan por consoante. Debería facerse explícita a excepción de substantivos que comezan por h, pois é unha consoante pero leva a forma 'grande' (unha grande historia)"; e responderon "Tendo en conta que a grafía <h> non ten valor fonético, enténdese que se seguirá a mesma indicación no caso de que unha palabra comece por vogal ou por hache. Esperamos que esta resposta lle axude a resolver a súa dúbida". Un saúdo --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de xuño de 2018 ás 06:49 (UTC)[responder]
Grazas por preguntarlles, pero si que o deberían reflectir no DRAG, procurando en internet aínda che hai foros, blogs nos que a xente pregunta precisamente iso e non hai respostas claras, como se houbese un burato negro xa que non aparece por ningures que hai que considerar h unha grafía sen valor fonético no canto dunha consoante para os efectos de gran/grande e para o que é o mesmo caso san/santo. Aínda que lóxica tena toda que sexa así.--HacheDous=0 (conversa) 28 de xuño de 2018 ás 18:01 (UTC)[responder]

Pescudando na hemeroteca de La Voz de Galicia atopei que o filme foi emitido o 6-3-1996 (páx. 79) e o 30-10-1996 (páx. 87) como O derradeiro grande heroe.--Jglamela (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 17:00 (UTC)[responder]

Pois ten toda a razón Jglamela, nesta procura de 1950 a 2018 pode verse parte da información da hemeroteca da Voz no que se amosa ese título. A maiores, busquei nas mesmas datas polo título O último grande heroe e O último gran heroe e non sae nada.
Entón Breogan2008, se non hai outras referencias máis fiábeis, haberá que mover o artigo para o título O derradeiro grande heroe, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2018 ás 16:35 (UTC)[responder]
Adiante co cambio logo.--Breogan2008 (conversa) 28 de xuño de 2018 ás 18:43 (UTC)[responder]

Conflito entre ligazón morta arquivada e a distribución do seu contido editar

Boas, precisaba unha axudiña co seguinte. Ía resolver unha ligazón morta, que xa fora excluída do Internet Archive e que está arquivada acó.Como vedes semella reproducir contido baixo dereitos de autoría sen autorización. Na Galipedia forma parte da sección ligazóns externas da entrada Eroge. Aínda que as recomendacións son non eliminar as ligazóns mortas, creo que neste caso eliminar estra entrada externa de vez sería o máis recomendable. Que opinades?Maria zaos (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 15:11 (UTC)[responder]

Eu borraríaa.
Para outra ocasión, @Maria zaos:, pregunta directamente na páxina de conversa do artigo.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de xuño de 2018 ás 15:51 (UTC)[responder]
De acordo, grazas. indicareino tamén na conversa. Pareceume que tiña máis a ver coa interpretación das políticas da Galipedia e a redacción das pautas de como tratar as ligazóns mortas, máis que coa simple eliminación de contido, por iso escribin aquí. Sinto o erro, farei como dis de agora en adiante. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 16:04 (UTC)[responder]
Desculpas novamente se non é o sitio. Estou revisando ligazóns mortas e seguindo as pautas de tratamento de ligazóns mortas, que unha ligazón estea morta non é motivo para borrala. O tema é que moitas veces hai unha posible ligazón activa, pero a visión do contido é baixo suscrición. Neste caso que normas se aplican antes, as restricións para ligazóns externas nos artigos ou o tratamento das ligazóns mortas? Ou hai algún modelo/campo que permita indicar "contido baixo suscrición" para estes casos á carón do indicador "ligazóns morta"?Grazas Maria zaos (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 23:36 (UTC)[responder]
Vale, xa atopei como se foi o de contido baixo subscrición, grazas de todos modos. Un saúdo --Maria zaos (conversa) 12 de xullo de 2018 ás 10:07 (UTC)[responder]

Categorías editar

Vin que hai dúas categorías, filmes ambientados en e filmes rodados en. Non sei se é por procurar a precisión (xa que non é o mesmo rodar en que ambientar en) ou por un erro. Lles (conversa) 12 de xullo de 2018 ás 06:11 (UTC)[responder]

@Lles: é por precisar. Un filme pode estar rodado en varios países pero ambientados noutros. Existe tamén, por se queres botarlle un ollo, Categoría:Obras narrativas por lugar de ambientación (e Categoría:Novelas ambientadas en Galicia). Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de xullo de 2018 ás 07:48 (UTC)[responder]

Grazas, Estevo(aei), quería ter a certeza, xa que hai filmes rodados e ambientados en Galicia que só teñen unha das categorías.Lles (conversa) 12 de xullo de 2018 ás 08:21 (UTC)[responder]

Mapa de localización editar

Fixen o artigo Cantís de Loiba e non fun quen de poñer correctamente o mapa de localización. Creo que hai que saber as coordenadas xeográficas (que eu non as sei), pero algo máis debe faltar, porque non sae ben. Non sei se alguén entende disto e pode botar unha man. É que non estou habituado a facer artigos xeográficos. Grazas.--Miguelferig (conversa) 21 de xullo de 2018 ás 19:45 (UTC)[responder]

Xa lle meteu Estevoaei o modelo mapa de coordenadas para que estea xeolocalizado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2018 ás 23:57 (UTC)[responder]
Si, xa lle mandei un agradecemento.--Miguelferig (conversa) 22 de xullo de 2018 ás 00:06 (UTC)[responder]
Anda, non vira o aviso. As coordenadas tomeinas do elemento Wikidata (d:Q20827814); o ideal sería ter un modelo que tomase as coordenadas de forma automática. Apertas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de xullo de 2018 ás 08:10 (UTC)[responder]

Subpáxinas editar

Olá. Pensei en usar unha subpáxina debaixo da miña usuaria para ter unha intro integrada para un wikilibro de herbas.
Algunha observación ou consideración arredor das subpáxinas que deba coñecer ou ter en conta?
Fico obrigado de antemán. Manolofreiria (conversa) 24 de xullo de 2018 ás 18:54 (UTC)[responder]

Manolofreiria, non hai ningunha política específica ó respecto, pero debes ter en conta o indicado en Wikipedia:Páxina de usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xullo de 2018 ás 11:18 (UTC)[responder]
Leido e asumido Elisardojm. Manolofreiria (conversa) 25 de xullo de 2018 ás 23:39 (UTC)[responder]

Diabasa / diabase editar

Ola, pido axuda. Puxen por erro de título a unha páxina diabasa. Agradeceríase que alguén cambiase o nome da páxina de diabasa a diabase, porque este segundo nome é o que está referenciado. Como diabase era unha redirección que xa estaba feita non o podo facer eu. Só había un diabase en toda a Galipedia, todo o demais eran diabasas, pero ese é o termo que non ten referencias, polo que os fun cambiando todos; agora só falta cambiar o nome da páxina. Tamén hai que borrar a redirección diabasaa, que era a que antes se chamaba diabase, pero eu intentei arranxar este asunto eu só e non fun quen e creo que aínda o enredei máis. Grazas.--Miguelferig (conversa) 29 de xullo de 2018 ás 23:52 (UTC)[responder]

  Feito! Banjo tell me 30 de xullo de 2018 ás 00:02 (UTC)[responder]
Grazas, Banjo.--Miguelferig (conversa) 30 de xullo de 2018 ás 14:59 (UTC)[responder]

wikidata editar

Teño un problema coa wikidata da páxina macizo tectónico. Agora está ligada con horst da wikipedia inglesa, pero resulta que despois comprobei que esta é unha páxina de homónimos. Entón quería ligala a horst (geology) da wikipedia inglesa, que é a que realmente corresponde. Intenteino modificar en wikidata pero non souben facelo. Se alguén sabe como se fai, agradeceríalle que le botase unha ollada. Grazas.--Miguelferig (conversa) 2 de agosto de 2018 ás 11:09 (UTC)[responder]

Xa está solucionado!--Miguelferig (conversa) 2 de agosto de 2018 ás 11:14 (UTC)[responder]

Ferramentas de wikidata editar

Estou interesado en saber se hai algunha ferramenta, que sobre as estatísticas de wikidata, estableza a cantidade de artigos que ligan dende a Galipedia a outras linguas. Sería útil saber cantos dos nosos artigos teñen correspondencia coa wikipedia inglesa ou coa portuguesa ou coa castelá ou se hai máis artigos ligados coa wikipedia catalá que coa portuguesa p.ex.--HacheDous=0 (conversa) 2 de agosto de 2018 ás 11:49 (UTC)[responder]

Hai unha (esta) que fai o contrario, procura os artigos que hai nunha wikipedia e non están ligados a outra concreta. Podería servir para obter o dato por eliminación, pero traballa en base a artigos dentro dunha categoría e subcategorías destas. Probei unha busca indicándolle como categoría o índice, pero son demasiados artigos e non da resultado. Limitando a busca a subconxuntos de categorías pode que sirva, pero seguramente dea bastante choio. No ToolForge non atopei ningunha outra que faga o que indicas. Banjo tell me 2 de agosto de 2018 ás 13:26 (UTC)[responder]
Grazas, esa páxina pode ser útil tamén. Unha mágoa, os datos están aí e supoño que para alguén cos coñecementos técnicos non debería ser difícil crear unha ferramenta así, quizais co tempo alguén se anime.--HacheDous=0 (conversa) 2 de agosto de 2018 ás 18:28 (UTC)[responder]
Atopei unha páxina con algúns datos[2] de conectividade das wikipedias, actualizados a día 13. A Galipedia conta con 218.539 ítems en Wikidata (todo tipo de páxinas non só do nome principal) e delas o 28,8% carecen de ligazón con outros proxectos mentres o 49,2% líganse a máis de 10. As nosas páxinas líganse principalmente a enwiki 131.671 eswiki 126.039 e frwiki 116.299. --HacheDous=0 (conversa) 15 de agosto de 2018 ás 09:08 (UTC)[responder]
Curioso que se ligue máis a en.wiki que a es.wiki. Grazas pola información HacheDous=0. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de agosto de 2018 ás 07:59 (UTC)[responder]
Ata certo punto podería ser normal, porque a en:wiki ten máis millóns de páxinas. É difícil que unha páxina de es:wiki non exista tamén en en:wiki, pero eu, por exemplo, teño feito unhas cantas páxinas traducidas de en:wiki, que non estaban feitas en es:wiki.--Miguelferig (conversa) 16 de agosto de 2018 ás 11:10 (UTC)[responder]
Visto así, tamén tes razón Miguelferig :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de agosto de 2018 ás 12:05 (UTC)[responder]

Growth team is looking for your feedback and ideas editar

Hello!

Have you heard about Growth team?

The Growth Team's objective is to work on software changes that help retain new contributors in mid-size Wikimedia projects. We will be starting with Wikipedias, but we hope these changes will benefit every community.

We are contacting your project today, because you may be interested by what we work on.

8 ideas we consider: tell us what you think about them!

We are considering new features to build, that could retain new editors in mid-size Wikipedias. We will be testing new ideas in Czech and Korean Wikipedias, and then we'll talk to more communities (yours!) about adopting the ideas that work well.

We have posted the 8 ideas we are considering. We would really appreciate your thoughts and the thoughts from your community. Please share the ideas, and tell us what do you and your community think of those ideas before September 9.

Share your experiences with newcomers

We want to hear about what is working and what is not working for new contributors in your wiki. We also want to hear any reactions, questions, or opinions on our work. Please post on the team’s talk page, in any language!

Learn more about us

You can visit our team page to find out why our team was formed and how we are thinking about new editors, and our project page for detailed updates on the first project we'll work on.

Get updates on your project page

The Growth team's newsletter will provide updates regularly. You can subscribe to it.

On behalf of the Growth team, Trizek (WMF) (talk) 27 de agosto de 2018 ás 17:41 (UTC)[responder]

Non lle atopo o sentido a que deixen a mensaxe na Galipedia, o proxecto non se dirixe a nós, considéranos unha wikipedia pequena por non ter 300 usuarios activos e por tanto non entramos nese proxecto, ou cando menos non aparecemos na lista que achegan na súa páxina[3]. --HacheDous=0 (conversa) 27 de agosto de 2018 ás 18:01 (UTC)[responder]
Seguindo as páxinas que ligan atopei de casualidade esta que achega estatísticas bastante interesantes sobre a Galipedia. Polo que parece, os números anuais son bastante positivos en tódolos apartados, imos indo no bo camiño :) Nesa páxina aínda hai máis datos pero non profundei neles porque agora non teño tempo, pero quizais poida obterse información interesante para o proxecto. Por exemplo, desta gráfica vemos que a gran maioría das edicións son feitas por persoas rexistradas... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2018 ás 22:04 (UTC)[responder]
HacheDous=0, polo que vin na súa páxina, entendo que queren facer probas con wikis "medianas pero pequenas", e por iso, aínda que non estamos nesa listaxe, contactaron con nós. Mirarei un pouco a súa proposta e se vexo algo interesante, aviso aquí e contacto con eles. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de setembro de 2018 ás 01:08 (UTC)[responder]
Quizais a mensaxe non estaba clara, se a idea era procurar xente doutras wikipedias pensando en ampliar a lista entón si que ten sentido deixar a mensaxe na Galipedia.--HacheDous=0 (conversa) 9 de setembro de 2018 ás 08:04 (UTC)[responder]
Ó final estou demasiado liado como para meterme tamén neste tema, se alguén quere miralo, xenial, se non, aí queda... Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de setembro de 2018 ás 21:43 (UTC)[responder]

Rueiro de Vigo: axuda! editar

O artigo "Airiños do Parque de Castrelos" correspóndese co que no listado "Modelo:Onomástica do rueiro de Vigo" da Wikipedia aparece como "Gaiteiros Airiños", que, oficialmente é "Alamenda dos Gaiteiros Airiños do Parque de Castrelos". Alguén pode revisar e resolver? --Xohanatorres (conversa) 31 de agosto de 2018 ás 14:43 (UTC)[responder]

  Feito!. --. HombreDHojalata.conversa 31 de agosto de 2018 ás 22:22 (UTC)[responder]

Sen autorización para reportar falsos positivos a Internetarchive Bot editar

Ola, estava revisando un falso positivo do Usuario:InternetArchiveBot, pero non me deixa reportalo a pesar de estar coas miñas claves. A mensaxe de erro é a seguinte : "The action you are trying to perform requires the reportfp permission.This permission is obtainable with the following groups: basicuser, user, admin, root, bot"

Por favor, alguén podería reportar este falso positivo na páxina Sinalización celular? A min funciónanme todas ligazóns, incluidas DOI e PMID. Grazas!

—o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversacontribucións)

  Feito! Banjo tell me 16 de setembro de 2018 ás 16:00 (UTC)[responder]
Banjo, poderías explicar como facer iso, ou como obter os permisos necesarios? Para outras veces que se dea o problema... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 18:57 (UTC)[responder]
Coa interface de informe de falsos positivos do propio bot, está ligada na conversa dos artigos nos que fai modificacións. Descoñezo porque lle marcou erro a Maria, calquera usuario básico ten ese permiso e pode utilizar esa interface, de feito ela mesma puido informar doutros anteriormente, polo que probablemente foi algún problema puntual de OAuth. Banjo tell me 16 de setembro de 2018 ás 20:53 (UTC)[responder]
Ah, vale, moitas grazas Banjo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2018 ás 21:37 (UTC)[responder]

Pequenas traducións do éuscaro editar

Boas, estou comezando o proxecto Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos, que é unha adaptación do proxecto de eu.wiki, e como non teño nin idea de éuscaro precisaba axuda con algunhas traducións. Son traducións curtas, só son os títulos dalgúns artigos que non teñen interwikis e que no tradutor automático non saen moi "decentes". Alguén ten coñecementos de éuscaro ou coñece a alguén que me poida axudar? Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 09:08 (UTC)[responder]

Revisión no Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos editar

Atallo:
WP 1000 12 16

Boas a todos, xa están revisadas todas as traducións dos títulos dos artigos, agora faría falta facer unha revisión das listas de artigos para axeitalas máis ó currículo galego. Como eu non son profesor, o que faría falta sería que varios docentes de Galicia revisen as listas de cada materia para atopar erros, cambiar artigos menos relevantes por outros que consideren máis importantes para o currículo galego ou engadir artigos importantes que falten nalgunha sección.

Este traballo é unha tarefa pequena porque está dividida por materias, cada profesor só precisa revisar os temas da súa materia, matemáticas, literatura, tecnoloxía, etc, así que non lles ocuparía moito tempo :)

Se coñecedes a algún profesor de Secundaria e de Instituto e podedes animalo a que participe nesta revisión sería estupendo, e cantas máis ollos, mellor :) Aviso especialmente para esta tarefa a Agremon, Xas, Servando2, Aprofa, Procastino, Miguelferig, Usuario:Estevoaei, Vitoriaogando, Ogalego.gal, Xoio, Usuario:Xosé Antonio, Viascos que sei te tedes contactos con xente do profesorado. E desta vez non vale que vos digan que non saben como participar, agora o traballo está centrado por materias e no currículo galego, así que... :)

Ó mesmo tempo que se fai esta revisión xa se pode contactar cos centros, universidades e profesores para que utilicen o proxecto e se animen a traballar nel, esta pode ser unha porta estupenda para facer un Wikipedia:Proxectos pedagóxicos para traballar en clase algúns destes 1000 artigos, xa que son artigos que van a estar dentro do seu currículo e que son de importancia dentro del.

Tamén comento que estamos traballando para aplicar o sistema automático de clasificación da calidade dos artigos ORES, esta ferramenta axudará a cualificar a calidade dos artigos facilitando a súa busca e clasificación. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de outubro de 2018 ás 08:53 (UTC)[responder]

Ola! Onde atopamos esa lista de artigos para revisar ou a páxina do proxecto? Paréceme, a priori, unha iniciativa moi boa, parabéns e grazas :) Procastino (conversa) 7 de outubro de 2018 ás 11:55 (UTC)[responder]
En WP 1000 12 16. . HombreDHojalata.conversa 7 de outubro de 2018 ás 13:36 (UTC)[responder]
Descoñecía este wikiproxecto e paréceme moi interesante. Mirarei que podo facer. Xosé Antonio (fálame sempre) 7 de outubro de 2018 ás 19:17 (UTC)[responder]
Vaia ho! esquecín o máis importante :) Moitas grazas HombreDHojalata :) Este proxecto comezou hai uns meses, pero aínda non estaba listo para presentalo, aínda que xa foi anunciado hai tempo que ía comezarse. A primeira fase foi a adaptación a grosso modo do proxecto de eu.wiki, agora esa fase xa está rematada, e o que hai que facer é o que comentei antes, revisar que os artigos de cada materia sexan os máis axeitados para o currículo galego, e contactar cos centros educativos para animalos a comezar a traballar neles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2018 ás 08:48 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── A dirección curta dende fóra da wiki é: http://www.galipedia.gal/WP_1000_12_16 --. HombreDHojalata.conversa 8 de outubro de 2018 ás 09:00 (UTC)[responder]

Moi boa idea, parabéns, eu ando escaso de tempo para isto--Ogalego.gal (conversa) 8 de outubro de 2018 ás 11:10 (UTC)[responder]

Cadro de citas nunha nota editar

Quería meter un Modelo:Cadro de citas nunha nota. O problema que lle vexo é que o cadro salta para baixo do ficando unha liña en branco, o que non me parece moi estético, sobre todo se está entre outras notas. Por exemplo:

[1]

  1. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Etiam eget ligula eu lectus lobortis condimentum. Aliquam nonummy auctor massa. Pellentesque habitant morbi tristique senectus et netus et malesuada fames ac turpis egestas. Nulla at risus. Quisque purus magna, auctor et, sagittis ac, posuere eu, lectus. Nam mattis, felis ut adipiscing.
    —Lorem ipsum

Porén, poderíao facer con HTML e mesmo facer un novo modelo para estes casos. Algo así:

[1]

  1. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Etiam eget ligula eu lectus lobortis condimentum. Aliquam nonummy auctor massa. Pellentesque habitant morbi tristique senectus et netus et malesuada fames ac turpis egestas. Nulla at risus. Quisque purus magna, auctor et, sagittis ac, posuere eu, lectus. Nam mattis, felis ut adipiscing.
    ―Lorem ipsum

Por iso preguntábame se habería outro xeito mellor de o facer (ou se estou esaxerando co do HTML só por unha liña…). —o anterior comentario sen asinar foi feito por One2 (conversacontribucións)

O {{Cadro de citas}} non é axeitado para o seu uso coas referencias, nin probablemente necesario. Para marcar unha cita textual dentro do texto dunha referencia ou nota chega con indicala entre comiñas "". Banjo tell me 11 de outubro de 2018 ás 20:42 (UTC)[responder]
Pode ser, ainda que o cadro gústame máis. Por exemplo en es:Alfonso_I_de_Aragón#Notas úsano bastante dun xeito semellante. One2 (conversa) 11 de outubro de 2018 ás 21:00 (UTC)[responder]
Na Galipedia non é o uso habitual. P.ex.:Catedral de Santiago de Compostela, Mass Effect 2, Rosalía de Castro Banjo tell me 11 de outubro de 2018 ás 21:07 (UTC)[responder]
Ok, logo. One2 (conversa) 12 de outubro de 2018 ás 12:32 (UTC)[responder]

Cambio de nome dunha páxina editar

Alguén podería axudarme a cambiar de nome unha páxina? Trátase da páxina da timopoietina, que quería cambiala a timopoetina, que actualmente é unha redirección. Os termos relacionados con poyesis son adaptados sen i (poese); ver por exemplo no DRAG Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hematopoese.. Grazas.--Miguelferig (conversa) 14 de outubro de 2018 ás 21:33 (UTC)[responder]

  Feito! Para movementos deste tipo que precisen axuda dun administrador o sitio axeitado para solicitalo é Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios Banjo tell me 14 de outubro de 2018 ás 21:38 (UTC)[responder]
Moi ben, grazas.--Miguelferig (conversa) 15 de outubro de 2018 ás 17:03 (UTC)[responder]

FC Barcelona editar

Boas, estiven revisando un dos artigos propostos para bo e observei que os artigos relacionados co Barça que non levan o til en Fútbol. É por algo en especial? Falo desde o descoñecemento, pero segundo a RAG, Fútbol [1] vai con til. --AMPERIO (conversa) 17 de outubro de 2018 ás 09:48 (UTC)[responder]

Futbol sen til é catalán. Piquito (conversa) 17 de outubro de 2018 ás 10:00 (UTC)[responder]

Referencias

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Fútbol.
Ok, pero WP:TITORG di De non existir un nome de uso estendido en galego, se empregará no título o nome oficial sen traducir, aplicando WP:TRL de ser necesario. Penso, aínda que podo estar trabucado, que o FC Barcelona é suficientemente coñecido en Galicia e o seu nome está bastante estendido en galego, como para que o Futbol leve til neste caso. --AMPERIO (conversa) 17 de outubro de 2018 ás 10:03 (UTC)[responder]
Non é cuestión de que a palabra exista en galego: en galego existen os exónimos Baviera e Múnic, pero o nome do equipo é o FC Bayern München. Se o nome do equipo está amplamente referenciado en galego (cito o WP:TITORG ao que fas referencia, na sección "definicións previas" dentro do apartado "organizacións deportivas") pode traducirse. É este o motivo polo que se traduce o nome do Dépor, porque existen referencias para o nome do equipo en galego --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de outubro de 2018 ás 10:09 (UTC)[responder]
@Estevoaei: Habelas hailas, como as meigas... CRTVG, FutGal, FGBalonman, Praza.gal, Radio Galega, edu.xunta.gal, rccelta.es, Competencia en lingua galega N3, Francisco David Paz Lafuente, UVigo, Observatorio da Lingua Galega... outra cousa é que se dean por válidas. --AMPERIO (conversa) 17 de outubro de 2018 ás 10:20 (UTC)[responder]
[Conflito de edición] Referencias tamén hai para Fútbol Club Barcelona en galego: TVG, Observatorio da lingua, Radio Galega, Deportivo... Quizais habería que revisar o tema. Iso si, isto habería que tratalo na páxina de conversa do artigo, non aquí, penso que debe moverse o fío ó seu sitio. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2018 ás 10:26 (UTC)[responder]
Móvase entón. Conversa:Futbol Club Barcelona#FC Barcelona. --AMPERIO (conversa) 17 de outubro de 2018 ás 10:27 (UTC)[responder]
Pero supoño que tamén dependerá de como sexa o nome oficial o club porque, por exemplo o Atlético de Madrid é Atlético pero o de Bilbao é Athletic.--Miguelferig (conversa) 17 de outubro de 2018 ás 16:13 (UTC)[responder]

Wikidata editar

Fixen a páxina do ácido fítico e non son quen de poñerlle a wikidata. Intentei ligala con en:Phytic acid, que é o que mellor correspondería, pero sae unha mensaxe dicindo que esa páxina xa está utilizada na wikipedia e remite á wikidata de fytic acid, que é unha páxina inexistente na wikipedia inglesa, non está ben escrita e aparentemente non contén ningunha ligazón coa galipedia.--Miguelferig (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 10:21 (UTC)[responder]

  Feito! En wikidata téñeno con "F" pero correspóndese a en:Phytic acid Banjo tell me 26 de outubro de 2018 ás 10:57 (UTC)[responder]
Grazas.--Miguelferig (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 16:55 (UTC)[responder]

Banjo, perdoa que moleste outra vez, pero é que me acaba de pasar exactamente o mesmo coa páxina que empecei terraza fluvial. Quero inscribila en wikidata xunto con en:Fluvial terrace e sae a mesma mensaxe que antes e todo igual que antes.--Miguelferig (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 19:45 (UTC)[responder]

  feito. --. HombreDHojalata.conversa 26 de outubro de 2018 ás 19:52 (UTC)[responder]
@Miguelferig: Pasoume a min antes tamén con algunha categoría. É probable que haxa algún problema coas ligazóns wikidata, pero probablemente tamén sexa algo temporal. Se atopas máis casos proba de alí a uns minutos, e se persiste o problema avisa de novo sen problemas. Banjo tell me 26 de outubro de 2018 ás 20:02 (UTC)[responder]
Xa verei, entón, se me volve pasar. Grazas a ambos.--Miguelferig (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 23:30 (UTC)[responder]

Como activar o cadro de axuda á edición? editar

Bos días a todos. Teño un problema ao tentar editar a fonte de calquera artigo: o cadro coa axuda a edición que aparece na marxe interior do texto, desapareceume. Non atopo o lugar onde reactivalo. Por favor, se alguén sabe como instalar novamente este bloque que facilita a edición, agradézolle que mo explique. Un saúdo á comunidade.--Castelao (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 11:22 (UTC)[responder]

A min me pasou o mesmo. --AMPERIO (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 11:29 (UTC)[responder]
Castelao e AMPERIO, comprobade que tedes actualizado o navegador, a ver se así se amaña... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 11:47 (UTC)[responder]
Elisardojm, o raro é que cando fixen a primeira edición hoxe si que aparecía, e ao recargar a páxina desapareceu. O navegador si que está actualizado, o fai de xeito automático.--AMPERIO (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 11:50 (UTC)[responder]

Grazas Elisardojm, pero agora me lembro que a única diferenza entre onte á noite e hoxe é que instalei unha actualización do Java. Quizais sexa isto, pero non entendo por que afecta a algo tan concreto como isto e non a máis cousas. Eu emprego o Edge, que xa sei que bla, bla, bla... pero é co que mellor me encontro. En fin... xa mirarei como arranxo. Grazas outra vez e saúdos--Castelao (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 11:55 (UTC)[responder]

Pois entón non sei o que pode pasar. A min o que me pasa é que hai un trebello que uso que unhas veces carga e outras non, e para amañalo o que fago é recargar a páxina, e, ás veces, aparece... Tamén pode ser que se cambiáchedes hai pouco os trebellos que tedes nas vosas preferencias, ou que por algunha modificación nos que estades usando, provoque que non vos saia esa caixa de ferramentas. Podedes probar a quitar tódalas ferramentas que tedes nas preferencias na sección "Características en probas" e ver se así aparece.... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 12:01 (UTC)[responder]
Castelao, unha actualización así pode afectar ó funcionamento dos trebellos da wiki. Sobre o do Edge, non fago comentarios, cada un é cada un :D Eu uso Chrome e Firefox. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 12:01 (UTC)[responder]

@Castelao: Revisa a ver se agora xa volves a ver o cadro. Comproba antes que teñas activado "CharInsert" en Especial:Preferencias -> Trebellos. Banjo tell me 6 de novembro de 2018 ás 15:18 (UTC)[responder]

Maxia! Apareceu! XD Moitas grazas polo aviso Banjo ;)--Castelao (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 15:35 (UTC)[responder]
O mesmo. Acabo de probar e apareceu de novo a caixa. Os misterios da Galipedia :) --AMPERIO (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 15:51 (UTC)[responder]

InternetArchiveBot editar

Este bot en Galicia estremeira (Historial) fai o contrario do que ten que facer, eliminando a ligazón que introducín a Internet Archive. Xa o revertín dúas veces. One2 (conversa) 8 de novembro de 2018 ás 12:48 (UTC)[responder]

É probable que o bot non detectase ben o formato dos modelos {{Webarchive}} usados nesas ligazóns, ou que non considerase axeitado os arquivos por entender que as urls orixinais non están "mortas" de todo. Outra usuaria arranxou o formato para usar {{cita web}} e equivalentes nesas ligazóns, con eso xa non debería ter problema o bot. Se por calquera motivo segue con problemas nesa páxina avisa e revisámolo de novo. Banjo tell me 8 de novembro de 2018 ás 14:59 (UTC)[responder]

Lista de Wikipedias: Shan / Novas linguas editar

Remata de comunicarme -jem- que engadiron unha nova wikipedia, en lingua Shan. O bot engadiráa esta noite a Lista de Wikipedias, coa ligazón en inglés. En cada lingua hai que considerar o nome na propia lingua, que non varía dunha a outra wikipedia, o nome na lingua da wikipedia que se está a usar, que si varía, e o artigo co que vai ligado, que si debe variar tamén. Como -jem- está subscrito a unha lista na que aparecen as novas incorporacións de wikipedias, o engadir novas liñas xa o fai el no bot, pero as dúas cousas que son propias do galego hai que comunicalas, pois se non quedan por defecto mal. Coido que sería boa cousa que se encargara alguén que controlara de lingüística, pois implica darlle un nome á nova lingua e crear un artigo (ou enlazar a un artigo). Isto é copia do deixado en Conversa:Lista de Wikipedias, onde coido debe seguir a discusión. Agremon(contacto) 20 de novembro de 2018 ás 11:57 (UTC)[responder]

Poñer referencias ? editar

Ola alguén sabe porque solo podo poñer referencias no Editor visual e nun podo Editar a fonte. Pásame a min unicamente! ou hai máis xente. Grazas --Brathxa (conversa) 22 de novembro de 2018 ás 19:19 (UTC)[responder]

Brathxa, para poñer referencias no modo "Editar a fonte", o básico é: engadir a referencia a carón do texto con algo do xeito: "<ref>Rawls, John. A Theory of Justice. Harvard University Press, 1971, p. 1.</ref>", e logo engadir ó final do artigo a sección notas e poñer debaixo {{Listaref}}. Podes consultar Wikipedia:Citar_as_fontes#Como_crear_as_citas_ao_pé para ter máis información, ou volver a preguntar :) Se tes problema con algún artigo concreto tamén podes indicalo aquí e revisámolo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2018 ás 08:21 (UTC)[responder]

Editor de código editar

A alguén máis lle pasa que agora aparece todo o código con moitas cores? Se pode quitar? --AMPERIO (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 09:24 (UTC)[responder]

Sexto botón da caixa de edición comezando pola esquerda, con forma de rotulador, "Resaltado de sintaxe". Banjo tell me 12 de decembro de 2018 ás 09:36 (UTC)[responder]
Moitas grazas! --AMPERIO (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 09:37 (UTC)[responder]