Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 9

Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25

Caixas de información editar

Ola. Son novo por aqui, estaba intentando ampliar artigos sobre escritores galegos e atopeime co problema da non existencia dun modelo de caixa que inclúa foto, datos persoais... Quería saber se existe o modelo ou cal é o xeito de crealo. Moitas grazas pola axuda. --Sawlom (fálame) 16:57, 19 xaneiro 2009 (UTC)

Necesito un bot editar

Boas, como o meu bot non anda operativo necesitaría que alguén empregase un para trocar as ligazóns a Lacio por Lazio, que acabo de fusionar as páxinas e hai demasiadas ligazóns como para cambialas a man. Graciñas! :) --Banjo tell me 09:23, 21 xaneiro 2009 (UTC)

Problemas no sistema de Wikimedia? (non, no Firefox) editar

Son eu o único que está a ter problemas cos sitios web de Wikimedia? As imaxes non podo velas, logo incluído, sendo as únicas visibles a icona ao lado do nome de usuario e as dúas de abaixo. Alguén máis? --GallaecioE logo? 00:42, 27 febreiro 2009 (UTC)

Eu aturei bastantes problemas ata onte, sobre todo de non poder editar e perder textos. Agora semella que todo esta correcto, e eu estou cansada ! Todo ten arreglo Gallaecio. Boas noitesElviraConversa comigo 00:55, 27 febreiro 2009 (UTC)
Espero que esteas no certo. Gracias por responder, e boas noites :-) --GallaecioE logo? 01:44, 27 febreiro 2009 (UTC)
Solucionado!!! Probei a abri-lo sitio web co Konqueror, e non había problemas, polo que o problema había ser do Firefox. Solucioneino indo (en Linux, en Windows ha ser algo distinto) a Editar > Contido, e onde fai referencia a cargar imaxes automáticamente (que debería estar activado), dádelle a excepcións. Non sei como, pero eu tiña upload.wikimedia.com (ou algo parecido) marcado como excepción. Eliminádelo, e voilà! Non creo que vos vaia pasar a moitos, mesmo a ningún, pero nunca se sabe. (Fonte: Wikipedia en inglés) --GallaecioE logo? 10:14, 27 febreiro 2009 (UTC)

Dominios editar

Como sabedes, ultimamente estou moi involucrado co tema dos dominios de Internet, polo cal, solicítolle a todo usuario que queira o poida que, escriba os novos artigos sobre dominios, xa que, a que e feo ver tantos enlaces en vermello?, e non olvidedes aplicar o Modelo:Dominios desta forma:

 {{dominios
  |nome= |
  |anocreado= |
  |tipo= |
  |estado= |
  |rexistrador= |
  |patrocinador= |
  |usodestinado= |
  |paísorixe= |
  |sitioweb=[http://www. ] |
  }}

Creo que, así, creo que tardaríamos menos en chegar o millón de artigos, non vos parece?. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 22:21, 27 febreiro 2009 (UTC)

Preciso que un bot o faga editar

Como xa dixen antes, quero crear todos os artigos posibles sobre dominios, e nesito alguén máis que colabore, pero, se un bot o pode facer, que se encargue de poñer o modelo:Dominios que xa facilitei antes en todos artigos todavía non creados sobre dominios que están no seguinte modelo:

Espero que algún bot o poida facer. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 11:13, 28 febreiro 2009 (UTC)

Síntoo, iso non o pode facer un bot (témolos para outras cousas, non para crear artigos engadindo caixas), ten que ser a man. Alberte Si, dígame? 12:58, 28 febreiro 2009 (UTC)

Choios para un bot editar

A ver se alguén con bot se anima a categorizar as imaxes da semana nunha categoría máis específica, ou sexa, pasar as páxinas da Categoría:Imaxe da Semana a:

Ademais, tamén sería conveniente pasar as páxinas que están na Categoría:Efemérides Destacadas a:

O que tamén hai que facer é mudar a maiúscula por unha minúscula en páxinas do tipo: Wikipedia:Efemérides destacadas/Xaneiro, Wikipedia:Efemérides destacadas/Febreiro, Wikipedia:Efemérides destacadas/Marzo,... Wikipedia:Efemérides destacadas/Xullo,... Wikipedia:Efemérides destacadas/Novembro, Wikipedia:Efemérides destacadas/Decembro (loxicamente as doce que hai).   Feito!

Esta categorización faría máis doada a navegación. Nota para quen faga estes cambios: despois do nome da cateoría que deixe unha barra vertical ("|") e logo un espazo antes dos corchetes de peche para que as páxinas vaian en orde cronolóxica. Ex: [[Categoría:Efemérides destacadas en xaneiro| ]]

  • Costoume un pouco, pero xa pillei o que queres facer :) Encargome eu, faigoo esta noite --Banjo tell me 19:34, 17 marzo 2009 (UTC)
  • Teño un problemiña, non me quere facer o cambio o bot... Vou estar uns dias fora, así que se non o fai ninguén antes ata a semana que ven non o poderei mirar :( --Banjo tell me 00:04, 18 marzo 2009 (UTC)
    • Pois imos ter que agardar por ti, porque eu non sei facelo (ouch!) Alberte Si, dígame? 15:27, 18 marzo 2009 (UTC)

Museos ou non editar

Bos días, colegas. Iago Pillado e mais eu precisabamos saber qué se entende tecnicamente por museo para poder categorizar por xunto ou con matices tanto museos como centros de interpretación que abundan no noso país. Pode ser que a diferenza sexa máis formal que práctica e que non pague a pena crear categorías distintas, ou pode que non. Así que ¿quen sabe se hai algunha definición digamos técnica do que é un museo e o que non o é? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:05, 21 marzo 2009 (UTC)

Non sei se servirá pero para o ICOM (Consello Internacional de Museos) un museo é unha institución permanente, sen ánimo de lucro, ao servizo da sociedade e do seu desenvolvento, aberta ao público que adquire, conserva, investiga, comunica e exhibe, con propósito de estudo, educación e goce, evidencias materiais da humanidade e do seu contorno.--RNC 11:43, 21 marzo 2009 (UTC)
Segundo iso, só quedarían excluídas as coleccións particulares. Aínda así, sei que no Grove inauguraron hai uns anos un titulado "Museo da Salga", que ó pouco tivo que cambia-lo nome polo de "Centro de Interpretación da Pesca e da Salga", se ben nunca souben ben as razóns do cambio. ¿Cres, RCN, que un Centro de interpretación da Natureza cabe dentro da categoría de Museos? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:33, 21 marzo 2009 (UTC)
Para mín o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela en espera de ter os suficientes artigos para abrir unha subcategoría dentro da subcategoría Categoría:Museos por tipo para engadirlle unha categoría máis, esta moi ben na categoría actual dos museo da provincia de Ourense. Agás os centros de interpretación non correspondan o mininimo, eu penso que teñan a amplitude máxima, ainda que certos puntos sexan máis valorados coutros : son "institución permanente, sen ánimo de lucro, ao servizo da sociedade e do seu desenvolvento, aberta ao público que adquire, conserva, investiga, comunica e exhibe, con propósito de estudo, educación e goce, evidencias materiais da humanidade e do seu contorno" ? ElviraConversa comigo 14:59, 21 marzo 2009 (UTC).
Eu concordo coa defición dada por RNC, para mín é a que se recolle en toda publicación fiable. Agora na pratica para categorizar, penso que a categoría máis xeral pode aceptar as entidades que son unha "institución permanente, sen ánimo de lucro, ao servizo da sociedade e do seu desenvolvento, aberta ao público que adquire, conserva, investiga, comunica e exhibe, con propósito de estudo, educación e goce, evidencias materiais da humanidade e do seu contorno" (en negra o minimo de requisitos para ca entrada poida entrar ca categoría museo, suraiado os criterios non automáticamente necesarios. Polo tanto no entraran na categoría as galerias de arte sen fondo parmanete aberto o público, máis entraran na categorías de museos, a casa museo dunha personalidade se reune os criterios en negra.As subcategorías podense facer con criterios de niveis mui distintos : exemplos das outras WP : en:Category:Museums, pt:Categoria:Museus, it:Categoria:Musei, es:Categoría:Museos, fr:Catégorie:Musée etc.ElviraConversa comigo 14:46, 21 marzo 2009 (UTC)
    • Non coñezo o caso particular que expón Lameiro, para unha crítica pódese ver este papel, parece que hai moitos problemas sobre o que é un museo e un centro de interpretación [1] que fundamentalmente depende da lexislación de cada país. Como non podemos coñecer todas as lexislacións, en principio un centro de interpretación non ten necesariamente que ter unha colección permanente, ou en moitos casos é moi reducida pero tamén pode haber centros de interpretación que sexan auténticos museos. Quizais deberiamos fiarnos do nome se leva museo categorizalo en museos e se leva centro de interpretación na categoría centros de interpretación.--RNC 15:08, 21 marzo 2009 (UTC)
No caso dos museos eu non estou a favor de seguir a lexislación como criterio de categorización, estou a favor de seguir os criterios da definición. É decir cun Centro de Interpretación que ten un unha colección permanete, un fondo minimo, poís entrara na categoría por corresponder o criterió "institución permanente (permanecia dun patrimonio básico identificador), de non ter un minimo de fondo permanente que conserva e exhibe, sale da categoría como salen as galerías de arte. ElviraConversa comigo 15:22, 21 marzo 2009 (UTC)
Está claro que as Galerías de Arte non entrarían na categoría Museos, pero o caso dos Centros de Interpretación é máis discutible. Coñezo bastantes e o normal é que haxa elementos permanentes e outros que van cambiando co tempo (o da Limia sería un bo exemplo, ou o do Grove), e non sei se uns son máis que outros. Ademais, valorar isto (se o que mostran é "permanente" ou non) vai ser difícil e discutible (e non referenciable). O criterio de RCN semella máis obxectivo: se eles mesmos se denominan "Centros de Interpretación" ¿por que imos nós a calificar uns como "museos" -por conter material permanente- e outros como "centros"? Pedro --Lameiro (conversa) 18:43, 21 marzo 2009 (UTC)

Boas! Estou poñendo o modelo nos países, pero en moitos deles non sei porqué quedame unha chave "}" solta. Revisei varias veces pero non dou atopado o porqué, a ver se alguén lle pode botar un ollo e ver que está fallando ahi... Grazas! --Banjo tell me 13:13, 31 marzo 2009 (UTC)

En non vexo chave algunha no artigo de España, seguro que non é cousa do navegador, que non tes que limpar coockies, historial ou algo? Un saúdo! --GallaecioE logo? 14:18, 31 marzo 2009 (UTC)
O problema está no modelo, só tes que cambiar bandera por bandeira. Un saúdo! --GallaecioE logo? 15:20, 31 marzo 2009 (UTC)
  • A pouco máis e olvídaseme darche as grazas! :) déboche unha! :D correxín nalgúns, pero ao millor me faltou algún... dareille un repaso uns destes días :D grazas de novo. Saúdos! --Banjo tell me 17:09, 1 abril 2009 (UTC)

A Pelengrina, O Burgo, A Coruña editar

Pérez Ballesteros recolleu en 1885 esta cantiga: "Para cantar e beilar,/ as nenas da Pelengrina;/ para beber a perrita,/ as borrachonas de Elviña", e explica que "Pelengrina é unha parroquia do Burgo, próxima á Coruña". ¿Algúen que coñeza aquilo pode localizarme esa "Pelengrina" e ese "Burgo" na actual Coruña? Saudos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:13, 5 abril 2009 (UTC)

O Burgo da Coruña está en Culleredo. É lugar e tamén parroquia. A Pelengrina non teño nin idea. Con ese nome supoño que estaría preto do Burgo 43°18′57″N 8°21′45″O / 43.31583, -8.36250, xa que por alí pasa o Camiño Inglés.--Caronium 12:38, 9 abril 2009 (UTC)

Como se rin os galegos? editar

Teño unha dúbida moi grande. Xa que no galego non esisten as grafías "J", "GE" e "GI", alguén me pode dicir como se rin os galegos?

77.209.142.218 09:50, 23 abril 2009 (UTC)Manuel R. Castrro Iglesias

dkompras@gmail.com
no día de San Xurxo, do noveno ano, do segundo milenio.
Se te refires a como se escribe (porque a risa cadaquén a terá ó seu xeito), emprégase o hache: haha, hehe, cando menos é como o fago eu. Alberte Si, dígame? 10:54, 23 abril 2009 (UTC)
Creo que o teño visto en libros de Tintín escrito con gh: gha gha gha. Por certo... estamos no terceiro milenio ;). [ Furagaitas * ] 02:33, 15 xuño 2009 (UTC)

Esquecín que para mover artigos que xa moveron varias veces, ten que facelo un administrador. Perdoar. A ver si un administrador pode amañar eso. Moitas grazas (Tampouco puden facer a pedida no taboleiro dos administradores)ElviraConversa comigo 09:47, 26 abril 2009 (UTC)

Categorizar editar

Non sei onde categorizar artigos como Florentino Pérez, Fernando Martín Álvarez, Luis Gómez-Montejano, Ramón Calderón, Vicente Boluda, Joan Laporta ou Presidente do Barcelona. ¿Algunha idea? Pedro --Lameiro (conversa) 21:53, 13 maio 2009 (UTC)

Categorías inexistentes editar

¿Hai algunha forma de buscar categorías inexistentes, é dicir, artigos categorizados en categorías que aínda non existen e, por tanto, estean en vermello? Pedro --Lameiro (conversa) 23:10, 6 xuño 2009 (UTC)

Modelo de Grupos de Música editar

Agora que comeza o verán quería dedicarme a meter artigos bos de bandas de música, longos e baseando nas wikis francesa, inglesa e castelá. Só quero dirixirme a bandas de música pero si facer artigos da máxima calidade (a miña idea é que a Galipedia será realmente útil cando os artigos sexan de calidade). Por iso teño dúas preguntas:

1. ¿Está autorizado calquer usuario a crear categorías ou é traballo de admins? (Subcategorías coma "Grupos de Metal" actualmente só hai unha (dobre) que sería subcategoría desta chamada "Grupos de Heavy Metal") 2. ¿Podo modifica-lo modelo de grupos de música para engadirlles contido e facelo máis vistoso? Actualmente é bastante pobre... Ademais por gardar homoxeneidade, tiña intención de traduci-lo modelo inglés que é bastante completo. Iso si, levo un tempo mirando isto e non é nada doado co cal a axuda dalgún usuario máis experto sería boa.

Grazas pola axuda e respostar ás miñas dúbidas.--[[Usuario:Exemplo|Wargolth]] ([[Conversa Usuario:Wargolth|fálame]]) 14:51, 19 xuño 2009 (UTC)

Ola Wargolth! Alédome de que teñas pensado mellora-la calidade dos artigos de grupos musicais da Galipedia. Paso a responde-las preguntas que lanzas:
1. Si, calquera usuario está autorizado a crear categorías. Porén, xusto no caso da Música, debatiuse hai algún tempo unha categorización exhaustiva, que podes ver aquí. Bótalle unha ollada para ver que che parece. Se cres que hai algún erro ou tes melloras que facer, podes comentalas na páxina.
2. Si, podes modifica-lo Modelo:Grupo musical, pero has de ter en conta que: deberíanse mante-los nomes dos parámetros que xa hai, para que nos artigos dos grupos nos que xa está implantado non presente erros o modelo, de engadirse novos parámetros habería que engadilos a tódolos artigos que xa teñen o modelo (Especial:Páxinas que ligan con esta/Modelo:Grupo musical), a non ser que se faga de tal xeito que se non méte-la información non apareza o dato no modelo. Xa ves que modidificar modelos tan empregados non é sinxelo, xa que unha variación no nome dun parámatro provoca que nunha chea de páxinas non se amosen os datos correctamente, por iso haiq ue ir con tento. Eu tentarei estar para axudarte no que poida. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:31, 19 xuño 2009 (UTC)

Son un guillado editar

(edito tamén aquí isto por non saber onde poñelo e coa convivión de que non vou ser escoitado)

Chámome Miguel Bugallo e non teño problema por me caracterizar como fago no título, pois é o que supoño que din aqueles que desbloquearon, sen mo comunicar, a aqueles que eu bloqueei, especialmente a aqueles que eu bloqueei de por vida.

Salvando iso, salvando todos eses conflitos na wikipedia, resulta que tiven outro problema no Galizionario que desexo expresar.

O Galizionario é un espazo moi especial. O labor no mesmo é diferente ó da Wikipedia, pois doadamente cometes un copyvio. Quero dicir con isto que non podes copiar nin sequera unha secuencia de palabras dun dicionario. Baixo o usuario Raspiñeiro, estiven editando nese proxecto ata que me encontrei coa intransixencia dun -dis que- compañeiro e vinme acusado por ter realizado copyvios sen xustificación ningunha.

Non editei moito. Pouco máis dun cento de palabras novas (non sei). Mais facer só un cento (e mais ó ritmo que eu traballei) é xa algo moi laborioso.

De súpeto recibín a noticia de que dous dos meus artigos eran copyvio

Reparei neles con total sinceridade, procurando ata o máis mínimo. Nun deles díxoseme que era copyvio porque deixara restos (un pouco de texto) do dicionario Cumio, pero, se ben era certo que deixara eses restos, o escrito por min non tiña nada que ver co expresado nese dicionario, expreseino deste xeito:

A fonte de significante foi, para o primeiro significado, a wikipedia galega (pon literalmente a wikipedia galega: ...é a imaxe acústica que, unida ó significado, constitúe o signo lingüístico. Engadín o concepto de "gráfica" da miña propia man, por entender que a definición non estaba completa sen ese termo. Para os outros significados, unicamente mirei o dicionario CUMIO. Este dicionario pon unicamente o seguinte:

''Que significa.''

eu puxen no artigo o seguinte (a semellanza é nula):

2. Dise daquilo que ten importancia e non é obviable.
3. Dise daquilo que representa, equivale ou supón unha outra cousa.

Sobre o outro artigo pouco podo dicir, nin sequera o número de entradas era igual ás do dicionario das que teoricamente eu cometín copyvio:

Coloco a continuación o que pon o dicionario do CUMIO (o único que mirei naquel entón) sobre o artigo Sección:

1.   f.  Cada unha das partes de que se compón un todo.  
2.  Acción e efecto de seccionar.  
3.  Xeom. Figura que resulta da intersección dunha superficie ou sólido con outra superficie.  
4.  Perfil ou figura que se obtería cortando un terreo, corpo, obxecto ou máquina por un plano.  
5.  Cada parte ou grupo distinto no que se divide un conxunto ou un todo continuo.  
6.  Cada grupo mandado por un oficial no que se divide unha compańía ou escuadrón.

Por favor, indicádeme a semellanza co artigo sección (espero que a haxa), o artigo pon:

1. Acto e resultado de dividir, fraccionar ou separar en partes.
2. Cada un dos elementos, considerados por separado, que conforman un todo, ou aqueles en que o todo foi dividido ou fragmentado.
3. (Xeometría) Figura resultante da intersección cunha superficie doutra superficie ou sólido.
4. Imaxe que se percibe cando se corta un corpo ou un terreo.
5. (Exército) Grupo en que se divide un escuadrón.

Tras disto, entramos nunha serie de descalificacións e aproximacións de posturas (estas últimas non tiveron valor ningún pois non apareceu un administrador, cousa por min requirida, no último mes (O Galizionario está abandonado)).

Eu non comprendo o copyvio. Non é que non o comprenda, é que estou convencido de que é incomprensible. Nas discusións que tivemos, Furagaitas expresoume, sen rectificar en ningún momento, que el non sabía moito de copyvios (eu si), que iso non era o seu, que precisaba un administrador...

Pero, a pesar diso, ten "os collóns" (con perdón) de dicirme o seguinte na última mensaxe:

Respecto ás copyvios teño que informarte de que as túas contribucións (en principio) non serán borradas. Non vou dicir que non haxa copyvios (seguro que ata ti, aínda que non o recoñezas abertamente, es consciente de que si as hai)

A ousadía é suma. Atrévese a considerar e afirmar o que eu considero sen dereito ningún e sen, ademais, motivo que sirva para fundamentar o copyvio. Afirmo que nas miñas contribucións non hai absolutamente ningún copyvio.

Eu non comprendo o copyvio. Mais tras o sucedido o único que eu comprendo é que User:Furagaitas non pode recuar, ten que ter a razón, necesita facer carreira no proxecto, ser administrador.

Eu pretendía non darme a recoñecer, agachar a miña identidade tras o acoso que sufrín por Usuario:Lansbricae, pretendín ser Raspiñeiro, renunciei á administración (como Lmbuga) para sentirme libre, pero non fun quen de soportar outro acoso máis -este é un acoso menor- inxustificado, polo que me identifiquei ó final na conversa con Furagaitas.

Quero aclarar que non desexo contravir norma ningunha. Non editei como Lmbuga ou Xan de ningures mentres editei como Raspiñeiro. Non editei como Lmbuga mentres editei como Xan de ningures. O meu proceder, inda que non legal, foi lícito co espírito das normas. Só agachei a miña identidade, nada máis. Xamais obtiven beneficio por posuír dous usuarios, ningún beneficio. Mesmo creo que ata hoxe que tiven que demostrar que Raspiñeiro era Lmbuga, non empreguei nunca o usuario Lmbuga (agás en Commons para subir fotos). Se o usei foi para aparentar que os usuarios non eran o mesmo individuo, pero xanais en páxinas de discusións doutros

O meu xuízo é que Furagaitas desexa ser administrador por encima de todo. Non pode admitir que se confunde porque contravén os seus desexos de éxito. Rogo que algún administrador se presente no Galicionario e resolva o conflito, cando menos a raízdo conflito: ¿Son ou non son copyvios as edicións Sección e significante?

Rogo ademais que algún administrador siga detidamente toda a discusión habida desde fai quizais máis dun mes. Eu só podo dicir unha cousa: Xamais volverei editar, outra porta que se me pecha e eu tampouco creei o conflito (inda que poida coma sempre parecer que si). Furagaitas sería un pésimo administrador (non se pode desexar tanto a administración)

Temo que aquí tampouco volverei poder editar sen verme perseguido, polo que tampouco creo que sexa moi escoitado.--Raspiñeiro 03:40, 23 xuño 2009 (UTC)

Realmente non eres un guillado (ainda que non sei o sentido exacto da palabra) no sentido que eu non teño nada contra ti e penso respetarte. E realmente non teño tempo polo de momento. De segudia que volte nos wikis vouche contestar concretamente sobre ise caso particular, non aqui, irei ao Galizionario, a tua paxina de conversa. Miguel, por certo que tes moitas capacidades e ca tua colaboracion en calquer proxecto sempre é importante e de calidade, pero as cousas terian que ser mais simples. Co nome que queiras e no proxecto que queiras, a ver si atopamos xeito para criar un compañeirismo no cal ti poda estar a gusto e cos proxectos aproveiten as tuas calidades (que moi grandes son). Saudos para todos.ElviraConversa comigo 07:31, 23 xuño 2009 (UTC)
  • Supoño que esta mensaxe é consecuencia dunha mensaxe previa de Furagaitas na Taberna (xeral). Como colaborador da Galipedia e do Galizionario deixei unha mensaxe en ambolos wikis. Moitos de nós coñecemos os aspectos negativos que teñen para a intimidade os conflitos dos wikis, e como ti te viches afectado por iso. Na miña opinión non é bo volver sobre iso, refírome a ter que explicar todos e cada dos teus pasos para contextualizar o problema. Os que estamos ao tanto do teu traballo anterior ben sabemos que coñeces a diferenza entre o que un copyvio e o que non o é, pero non creo que deba ser na Galipedia onde se resolvan os conflitos do Galizionario. Dabondo temos co traballo neste wiki. E pola parte que a min me toca como usuario do Galizionario non entrei no asunto porque vista a situación actual da lingua e da cultura galega quero tentar conseguir que o tempo que adico aos proxectos en galego non se perda nas discusións e se concrete no artigos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:23, 23 xuño 2009 (UTC)