Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

espazo museístico en Sandiás

O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, dependente do Concello de Sandiás, máis coñecido como A Casa da Lagoa, é un centro de estudo da lagoa de Antela, situado no centro da vila de Sandiás, nunha antiga casa labrega rehabilitada, no que era a antiga marxe noroeste da lagoa de Antela.

Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Tipocentro de interpretación
EnSandiás
PaísGalicia
42°06′39″N 7°45′24″O / 42.11081563827, -7.7566808754349
Na rede
https://www.sandias.es/casa-lagoa-de-antela/
Facebook: centrodeinterpretacionlagoadeantela Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Funcionamento

editar
 
Canle da lagoa de Antela no 2006.

O concello de Sandiás púxoo en marcha tras ser aprobada unha iniciativa Leader II Val da Limia, de dinamización dos núcleos rurais con propostas culturais. No centro atópase unha exposición sobre a historia da lagoa e as areeiras recuperadas na actualidade. Tamén existen cámaras teledirixidas para observar o que está a acontecer nos espazos húmidos, así como audivisuais sobre a lagoa de Antela, o patrimonio histórico-artístico da zona e sobre as areeiras recuperadas medioambientalmente.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar