Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 5

Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25

Maestro armeiro editar

Quería saber de onde ven o termo "maestro armeiro" e que significado ten.

  • Pedir (ou reclamar) al maestro armero é unha expresión castelá que ten a súa orixe en que o encargado da conservación e reparación das armas nunha unidade militar do exército español coñecido como maestro armero carecía de mando e pedirlle algo a el era algo inútil xa que el non podía distribuír as armas.--Miñato 20:35, 5 xaneiro 2007 (UTC)

Dúbida sobre palabras de alfabetos non latinos editar

Ultimamente facendo unha serie de artigos que inclúen con bastante frecuéncia verbas de orixe hebrea atópome na necesidade de traducir o nome ao galego, ou ben dende o inglés, dende o castelán, incluso dende o catalán. Agora ben, o galego non conta cunha soa letra do alfabeto para o son do iota do castelán, e non me parece moi boa idea andar por aí poñendo todo cheo de agás (a verdade, paréceme demasiado inglés e crea confusión, un acaba por non saber que pronunciar), de momento, mentres corrixo eses artigos estou a usar a forma "gh", polo motivo primordial de que é galego (ou polo menos máis recoñecido que o "j") e que o que quero é dar unha noción da pronuncia da palabra en cuestión. Que, queda ben "ghánuca" "teugho" e "tanagh" ou poño outras solucións (hánuca, teujo e tanakh)? Claro está que sempre que podo evitar problemas uso a verba tradicional aínda que noutros sitios usen transcripcións ("pésaj" e "pésah" paseinos a páscua). En fin, que poño? Gracias de antemán Brankses 02:16, 15 xaneiro 2007 (UTC)

  • Eu opto e optei por 'gh' polas mesmas razóns que ti esgrimes. Pero non hai ningún criterio establecido por ninguén con máis peso filolóxico ca nós. --Xabier Cid 17:51, 16 xaneiro 2007 (UTC)
  • Nestes casos non se trata de tradución, senón de transliteración. Non é que se "traduza" kh para galego nen que isto "soe a inglés", senón que internacionalmente, e para os idiomas que utilizan o alfabeto latino, existen unhas normas polas que se pasan, sistematicamente, unhas grafias a outras. Polo tanto, hai-no que deixar tal e como se atopa. --Xosé (✉) 20:06, 16 xaneiro 2007 (UTC). Esta discusión xa ten aparecido en ocasións anteriores como, por exemplo, en Conversa:Iaosi. --Xosé (✉) 20:15, 16 xaneiro 2007 (UTC)

Estou de acordo con que hai unhas certas normas para iso, pero tamén é certo que ese sistema usa grafías non son aceptadas polo noso alfabeto e, acaso non temos dereito a decidir sobre a nosa língua ao nivel no que nos movemos? Hai que ter en conta que as decisiós da Real Academia Galega dependen en certa medida do apoio popular, se a maioría da poboación galega di "isto escríbese iudo", non creo que sigan costa abaixo e sen paracaídas co sistema acual, quen sabe, ao mellor dentro duns anos recollemos os froitos do sementado hoxe neste proxecto que, para mín e para moita xente máis, é referéncia para calquera dúbida. Se nós, que temos a posibilidade de decidir algo que afectará ao futuro do galego, o único que facemos é seguirlle a corrente aos filólogos de Cambridge, de Oxford e da RAE, o próximo paso non só será a aceptación de forma xeral do sistema estranxeiro, senón que acabaremos por aceptar que as letras "k","j","w" e "y" formen parte do alfabeto. Se temos que chegar a iso, apaga o ordenador e non sigamos coa galipedia. Brankses 22:18, 16 xaneiro 2007 (UTC)

  • Non quentemos o ambiente. Nins e vai parar a Galipedia por un gh nin tampouco por un kh. Só unha precisión a Xosé: non é verdade que internacionalmente, e para os idiomas que utilizan o alfabeto latino, existen unhas normas polas que se pasan, sistematicamente, unhas grafias a outras. En absoluto. Algunhas desas linguas (a minoría), propuxeron en diversas ocasións propostas de transliteración, enfocadas fundamentalmente ao inglés, e non únicas, de maneira que algunhas linguas e algúns usarios respaldan unhas, outras ou ningunha. Entón podemos falar de varios tipos de discusión. A primeira é desde logo, se en galego preferimos o wade ou o pinyin ou outro. Outra discusión ten que ser a que se produza cando non existe sequera propostas estándar de transliteración. A discusión que se dá na wikipedia española pode dar unha idea de que non é todo tan sinxelo, nin tan cómodo, nin tan estándar. ;) E sigo crendo que entre o gh e o kh debemos escoller gh por millenta razóns, ;). --Xabier Cid 11:41, 18 xaneiro 2007 (UTC)
  • Este tema xa saiu varias veces nas últimas semanas e require comezar a traballar nunhas directrices e na documentación asociada. Polo seguimento que fago das referencias á Galipedia nos sitios web externos concordo co expresado arriba sobre a importancia da solución que se adopte na Galipedia. Por ese motivo, sería de gran axuda que todos os que podedes contribuir a definir esa solución comecedes a traballar no tema. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:26, 19 xaneiro 2007 (UTC)
  • Vale, nós podemos opinar. Incluso hai entre nós algúns que somos ou fomos filólogos, e podemos achegar un plus de información. Pero quen ten que decidilo non somos nós. Así que temos que ser bastante tolerantes coas decisións que tomemos a este respecto, porque en calquera momento imos ter que envaiñar. --Xabier Cid 15:56, 19 xaneiro 2007 (UTC)
  • Concordo co que dis, non estou dicindo que nós creemos unhas normas (non podemos ser fonte primaria) o que digo é que se creen documentos que axuden a resolver os problemas que van surxindo e que se esboce unha política que sirva de axuda. Por certo, esquecín dicir que deberían crearse cantas redireccións sexan necesarias en cada caso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:20, 19 xaneiro 2007 (UTC)

A verdade é que quedei un pouco como estaba, pero espero que discutades pronto sobre o que se terá que facer nestes casos. Unha aclaración, non quixen dicir que nós decidamos as normas, para iso está a RAG, pero posicionarnos é unha forma de evitar volvernos tolos, cada un coa súa forma de facer as cousas... por exemplo, hai unha lista de países no proxecto Trasno, loubable como o traballo que facemos nós, e se lle botades unha ollada aos nomes dalgúns países veredes que o consenso é necesario (http://trasno.net/trasno:lista_paises#k). Alaska - Alasca; Azerbaijan - Acerbaixán; Djibouti - Xibutí; Zimbabwe - Cimbabue... ata aí está como eu faría(+-), pero hai máis: Kazakhstan - Kazakhstán; Kirgyzstan - Kirguisistán; Sri Lanka - Sri Lanka; Uzbekistan - Usbekistán. Nótase a falta de norma e vós poderiades facer unha, provisional, "para andar por casa", podedes ser todo o tolerantes que queirades, pero que as pobres ánimas desamparadas coma min saiban algo sobre como debe ser ou cal é o ideal, ainda que non sexa preciso. Brankses 23:55, 20 xaneiro 2007 (UTC)

A Galipedia para esas cousas tense baseado nun opúsculo asinado non se sabe moi ben por quen da Universidade de Vigo. É outro despropósito semellante. Independentemente do criterio, que a cada un lle pode gustar máis ou menos, ese catálogo é a recua máis grande de incongruencias, erros e tolemias que vin sobre topónimos, especialmente cando hai algúns traballos moito mellores publicados en papel. Pero, por outra parte, está ben ter un punto de partida máis ou menos completo, e a partir de aí traballar. Está claro que nós sempre iremos por diante da RAG, porque o mundo sempre vai por diante das academias. A vantaxe é que nós podemos mudar as nosas decisións rapidamente, e non nos debería doer facelo. Polo que respecta á túa dúbida inicial, adiante co gh (no meu criterio). --Xabier Cid 19:12, 23 xaneiro 2007 (UTC)

Como crear unha taboa de indice editar

Ola, son novo, ainda estou en fase aprender como funciona esto, de cando en vez teño algún atranco, un deles é saber como se fai un indice da páxina na caixiña correspondente, xa que cando intento ver en editar como esta feito un, o código non aparece. Tentei coa palabra indice entre o signo = pero a propia palabra me aparece na listaxe do indice. Supoño que ten truco e todo o mundo sabe como se fai ¿Algúen podería explicarmo? --Calrosfking 20:00, 13 febreiro 2007 (UTC)

  • Son eu mesmo, que xa atopei a solución á miña pregunta, xa que alguén preguntou o mesmo máis arriba. Graciñas igualmente.--Calrosfking 20:12, 13 febreiro 2007 (UTC)
Os índices creánse automaticamente cando se inclúen tres cabeceiras na páxina (as que se escriben co código ==Texto de cabeceira==). Tamén se poden "forzar" os índices (se se puxeron menos de tres) incluíndo na páxina este código __TOC__. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:26, 13 febreiro 2007 (UTC) (Xa tiña escrita a resposta cando publícaches a segunda mensaxe) --Prevert(talk) 20:26, 13 febreiro 2007 (UTC)

Cartelaría galega en Flickr editar

Boas a todos. Na actualidade en Flickr existe unha recompilación de catelaría galega moi extensa e de gran calidade. Esto sería de moita axuda para o noso proxecto, axudando a difundir a obra gráfica galega, completando ademais os artigos con imaxes de gran valor. Miña dúbida é se se poden empregar. A ligazón é ésta.--AlberteSi, digame? 22:37, 16 febreiro 2007 (UTC)

Boteille unha ollada rápida e a primeira impresión é que hai investigar as licenzas das imaxes unha a unha para comprobar cales son compatibles coa Galipedia e cales non. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:32, 23 febreiro 2007 (UTC)

Como crear unha categoría editar

Ola. Aínda que levo tempo intentar atopar a solución, non sei como crear unha categoría nova (xa que a que busco non existe). Alguén podería contarme como facelo e a que páxina teño que ir para adxudicar unha categoría nova.Tamén como facer unha árbore de categorías. Un saúdo. --Calrosfking 15:35, 22 febreiro 2007 (UTC)

  • Para crear unha nova categoría tes que crear un artigo da forma "category:NomeCategoría". Os artigos que teñan asignados esa categoría automáticamente apareceran incluidos. Para facer unha árbore ai que incluir os artigos das subcategorías nas categorías superiores da mesma forma que os artigos normales, é dicir, incluindo a ligazón á categoría superior na páxina da subcategoría. --BaNjO talk 15:44, 22 febreiro 2007 (UTC)

Colaboración IES editar

No meu instituto estamos pensando en enfocar os traballos dos rapaces de primeiro e segundo de ESO para a Galipedia e temos varias dúbidas: 1) Interesa máis que os rapaces traballen sobre algunha área en concreto ou poderíano facer sobre calquera tema que lles interesase? 2) Á hora de rexistrarse como faríamos, rexistraríase cada un para subir o seu artigo ou faríamos un único usuario para o instituto? Grazas por adiantado.

  • A Galipedia está aberta a calquer tema. Sodes vos quen definides o xeito en como traballa e na área na que queredes traballar. O ideal é que fuse un traballo con relación a Galiza, pero tamén serve o gusto da proposta que fagan os alumnos ou o mestre. Respecto o alcume para o traballo case é mellor un rexistro de instituto ou do/s grupo/s de estudantes; máis adiante serán eles quenes decidan colaborar coa Galipedia dende o mesmo grupo ou candan seu por separado. Un saudo e agardo que estas resoltas servan para clarexar a súas dúbidas. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 00:02, 23 febreiro 2007 (UTC)
  • Non fun eu que fixo a pregunta anterior (supoño que a persoa esqueceuse de asinar) pero casualmente tiña o mesmo problema co meu alumnado. Eu tiña pensado traballar con alumado de máis idade (4º ESO e 2ºBacharelato)xa que so lles dou clase a estes grupos, e a idea que tiña era a de que eles procuraran definir algún termo relacionado coa materia que traballamos (bioloxía ou Ciencias Medioambientais) e logo de comentalo na aula e correxir os erros, publicalo na Galipedia.--Calrosfking 08:37, 23 febreiro 2007 (UTC)


  • Se facedes un usuario único a nós permítenos facer un seguimento das edicións con maior facilidade. Así é todo noutras experiencias semellantes tivemos usuarios individuais (ou de grupo) nun mesmo instituto que incluían no seu alcume —como parte do nome— un identificador da súa orixe. Que usedes unha opción ou outra depende da mecánica de traballo que sigades, no caso de que as edicións sempre se fagan en presenza dos profesores (e ademais controlen o contrasinal) o usuario colectivo é unha boa opción. Os usuarios individuais permiten coñecer a verdadeira contribución de que cada un dos colaboradores e orientar a colaboración segundo os intereses de cada persoa ou grupo. Como dato adicional dicir que en ocasións por problemas da configuración dos navegadores dos colaboradores (principalmente non ter activadas as cookies no navegador, etc.) ou mesmo por problemas técnicos do wiki non se logra entrar co nome de usuario e as edicións aparecen identificadas co IP. Nesas situacións ten ocorrido que algún usuario dun colexio ou instituto te feito edicións vandálicas, sendo bloqueado e en consecuencia o bloqueo ten afectado ao conxunto dos usuarios que comparten o mesmo IP. Se algunha vez vos sucedera iso non tedes máis que indicarllo (se nós non chegamos a recoñecer o IP como voso) a un administrador para que proceda ao desbloqueo. Para finalizar quero agradecervos o interese por este proxecto e salientar a importancia que supón para a Galipedia o rexistro de usuarios novos, dos cales algún deles co paso do tempo poida retomar a colaboración individual pola súa conta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:30, 23 febreiro 2007 (UTC)

Moitas grazas aos tres, tomamos nota.

  • Observa as contribucións destes grupos, por exemplo: PDCCARNOTA, PGSCARNOTA Lamas Angels. Lembra a importancia de asinar sempre empregando ~~~~ Ademais, resultarache imprescindíbel para avaliar as contribucións de cada grupo. Teño observado que a maior dificuldade está en enviar imaxes e que lles encanta facer fotos do lugar no que viven, mais neste caso a información que aportan é xeralmente moi reducida, xa que é infrecuente dispor de textos de referencia nos que se basear. Le esta aportación miña. --Xosé (✉) 21:07, 23 febreiro 2007 (UTC)

Eleccións municipais editar

Axiña imos ter eleccións municipais é pode ser un bo momento para conseguir que novos colaboradores acheguen información aos artigos relacionados con ese tema. Fáltannos unha chea de artigos para completar os dos 315 concellos galegos, se algún de vós ten interese e pode botar unha man poderiamos crear as páxinas que faltan seguindo o formato que pode verse en Eleccións municipais en Santiago de Compostela. En Lista de concellos da Coruña poden ollarse os que faltan desa provincia e na categoría Eleccións municipais galegas o que se leva feito ata agora. Na caixa de información de cada concello hai unha ligazón ás eleccións municipais dese concello. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:24, 5 abril 2007 (UTC)

Proxecto de Música Galega dentro da Galipedia editar

Boas a todos. Son un dos creadores dunha vella páxina chamada Ravachol (http://www.galego21.org/ravachol/?949ff928), un proxecto que morreu, como moitos, por falta de tempo. Hai meses propúxenlle a un vello cofundador da páxina crear una wikipedia sobre música galega, pero chegamos a conclusión de que era millor para todos colaborar diretamente coa galipedia. A nosa teima é cómo é mellor que fagamos a colaboración. A nosa intención é crear artigos sobre grupos folk e de música tradicional, agrupacións importantes, así como instrumentos e xéneros da música tradicional e popular. Desgraciadamente outros aspectos da música galega quédannos algo alonxados (historia, música clásica e os seus intérpretes, e un logo etcétera). ¿Empezamos directamente a editar e crear artigos? ¿Facemos propostas iniciais de categorización? ¿Aforraíanos traballo futuro planificarnos e crear plantillas e cousas así dende un principio? O meu irmán User:Sobreira comentounos a posibilidade de crear un portal para cordinarnos entre todos aqueles que se animen a colaborar, pero non atopei ningun xa feito na galipedia para ver exemplos. ¿Algunha recomendación? --Goresqui 15:51, 18 maio 2007 (UTC)

  • Penso que as dúas cousas son compatibles, ir creando os artigos e a partir de aí as plantillas e o que precisedes. Con todo a idea é moi magnífica.Acerto 18:04, 18 maio 2007 (UTC)
  • Ola Goresqui. En primeiro lugar quero agradecerche que escollades a Galipedia para desenvolver e acrecentar os contidos relacionados coa música galega (tamén a referencia os 20.000 artigos da Galipedia no teu blog :-) ). Desde o punto de vista técnico non temos os Portais activados, en principio a activación dependía doutros factores. Conforme vai a evolución do wiki faise máis urxente poñelos en marcha naqueles casos nos que haxa material bastante. Intentarei nos próximos días abrir un procedemento para que entre todos poidamos establecer unhas directrices ao respecto. Mentres tanto podes crear o portal, como un repositorio de ligazóns, nunha subpáxina de usuario (do estilo User:Goresqui/Portal:Música) e ir creando a entrada aos contidos (iso vén sendo o sentido dos Portais, un xeito de agrupar contidos, conferir unidade ao material e permitir localizalo facilmente). O primeiro paso é crear os contidos, paralelamente poden deseñarse os modelos. Con respecto ao xeito de coordenar a todas as persoas interesadas no Portal:Música pódese crear o Wikipedia:Wikiproxecto Música onde se definan as características do proxecto (tes un exemplo en Wikipedia:Wikiproxecto Categorías). En canto á categorización da rama Música calquera proposta que poidades facer en Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Música pódenos axudar a saír da situación actual na que as propostas contrapostas non nos permiten avanzar nunha categorización unitaria. Para calquera aclaración ou cuestión na que necesites axuda podes contar con nós. Por certo, a túa proposta e desas que nos dan ánimos para continuar cara adiante. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:56, 18 maio 2007 (UTC)

para biólogos: cor da femia da pita do monte editar

Acabo de facer unha pequena corrección ligüística no artigo sobre a pita do monte. É unha tradución do castelán, e nela dicía que a femia é de "cor roxizo". "Roxizo" non é unha palabra do galego, e "cor" é feminino, así que a mudei provisoriamente por "avermellada".

De todos os xeitos, non estou satisfeito con isto. "Avermellado" é un derivado de "vermello", a cor do sangue. Non teño nin idea de como será unha femia de pita do monte, pero teño a sensación de que en realidade debe ser de cor roxa, é dicir, unha gama entre o dourado, o vermello, o castaño e o amarelo, a cor prototípica da madeira vernizada, da cortiza, das olas de barro de Buño, das galiñas de Mos e das vacas do país.

Se estou no certo, supoño que habería que dicir que é "de cor roxa".--vilachan 15:12, 24 maio 2007 (UTC)

Usuario "duplicado" editar

Rexistreime onte na galipedia e acabo de descubrir que teño asignadas dúas páxinas de usuario (unha como user:, e outra como usuario:, A miña pregunta é si podo fusionar eu mesmo ambas páxinas ou necesito algún permiso. Gracias. --  Delphidius (Mensaxes) 06:41, 4 xuño 2007 (UTC)

Solucionado. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:24, 5 xuño 2007 (UTC)

varias cousas editar

  • ¿Cal é o criterio para ordenar categorías gramaticais? ¿1º sust, 2º adx, 3º verbo?
  • ¿Cómo separar un segundo parágrafo dentro dunha mesma acepción, que manteña a sangría esquerda das acepcións 1, 2, 3...?
  • ¿Cómo engadir unha 2ª acepción nunha voz que xa ten unha 1ª (face), sen conflictos cos sinónimos e traducións desta?
  • Os sinónimos dunha voz dada, ¿deben ter entrada propia? En caso afirmativo, ¿defínense de novo ou redirecciónanse á entrada "principal"? ¿as redireccións se fan co mesmo código que en Galipedia?
  • Supoño que as entradas deberán categorizarse. ¿Como ve-las categorías existentes para busca-la que proceda en cada caso? ¿Tódalas entradas deben categorizarse, en calquera caso, como "Galego" ou xa o fai automaticamente?
  • Outro día máis. Pedro "Lameiro". --Lameiro 20:50, 24 xuño 2007 (UTC)
    • Estas preguntas ían dirixidas á taberna do Galizionario. ¿Só temos unha taberna (será por bares neste país) ou fixen algo mal? Pedro.
Comezo respondendo por partes. Sobre segunda acepción: escribes #Texto explicativo da segunda acepción, iso engade automaticamente un número e mantén a sangría da primeira acepción. No mesmo vocábulo engádense todas as acepcións posibles. Se esa palabra tamén existe noutras linguas o seu significado nesas linguas baixo o apartado correspondente. Para diferenciar sinónimos e significados úsanse números (para referirse a unha acepción ou outra). En caso de dúbida podes recurrir á versión en inglés do Wiktionary para ver o formato. Sobre sinónimos: deben ter a súa propia entrada propia. Creo que non temos unhas directrices sobre se repetir a definición ou non, debería facerse sempre que haxa matices que sinalar. Sobre categorías: con {{-gl-}} inclúese automaticamente a categoría. Seguirei respondendo o resto das cuestións noutro momento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:38, 27 xuño 2007 (UTC)

subcategorías editar

  • ¿Como se crean subcategorías? Na categoría Mamíferos temos tres subcategorías: Roedores, Vacas e Équidos. E quero crear subcategorías de Cetáceos, Primates e algunha máis que non lembro agora.
  • ¿Como se substitúe a categoría "vacas" pola de Rumiantes (ou artiodáctilos, non sei qué facer)? Unha categoría "Vacas", neste momento, parece demasiado restritiva.
  • Outro día máis. Pedro --Lameiro 21:41, 24 xuño 2007 (UTC)
Podes facelo de varios xeitos, un deles e escribir na barra de enderezos algo así: http://gl.wikipedia.org/wiki/Category:Nome_da_categoría por exemplo http://gl.wikipedia.org/wiki/Category:Primates. Aparecerá unha páxina na que debes incluír a categoría raíz por exemplo [[Category:Mamíferos]]. Feito iso cando insiras a categoría nos artigos xa estará dispoñible. Outra opción é poñer a categoría que queiras crear no artigo [[Category:Primates]], estará en vermello se non existe, segues o enlace e inclúes a categoría raíz. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:23, 26 xuño 2007 (UTC)

¿Alguén que saiba alemán? editar

Necesito que alguén que entenda o alemán lle bote un vistazo a Algenblüte na súa wikipedia(parece ser que Marea vermella en alemán) e confirme se no texto se explica algo desda fotografía dunha canle coa auga totalmente verde. É dicir, se podemos asumir que iso é unha forma de marea vermella ou se non ten que ver. Pedro. --Lameiro 15:18, 25 xuño 2007 (UTC)

  • Eu non vos sei moito de alemán, pero nunha das partes ven a dicir algo así: "Debido á marea vermella a superficie da auga vóltase de cores verdosas, e en casos especiais tamén azul ou vermella". Agardo que sirva de axuda. --Beninho 15:38, 25 xuño 2007 (UTC)
  • O problema é que Algenblüte non é Marea vermella, senón que mirando nos interwikis correspóndese co inglés Algal Bloom, que traducindo aproximadamente sería Floración de algas ou algo así, polo que non necesariamente terían de ser vermellas. AlberteSi, digame? 15:41, 25 xuño 2007 (UTC)
  • O que di Alberte é certo. Na maioría das demais linguas o significado é semellante a floración de algas, os nomes non fan referencia para nada á cor vermella, que ao parecer só se dá nalgúns casos das mareas vermellas. --Beninho 16:28, 25 xuño 2007 (UTC)
  • Esta é a resposta de Elster:

"Como Algenblüte ou Wasserblüte definese a masiva e repentina aparición de algas ou cianobacterias nunha masa acuática. Este fenómeno tingue a tona da auga de verde, nalguns casos especiais tamén de azul ou de vermello, a auga faise turba e nubosa. A causa é en xeral a presencia abundante de fosfatos na auga. En sentido estricto falase de algenblüte perante o aumento masivo dunha soa especie de alga ou ciano bacteria.[[..]].Unha alga do tipo Euglena-Art pode por a auga de cor vermella de lume, mentres que O.rubescens danlle unha cor vermello de sangue, Microcystis-Art azul ceo." --Elster 15:40, 11 xullo 2007 (UTC)

Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:17, 11 xullo 2007 (UTC)

Template "sen referencias" editar

  • En biodiésel traducín un pedazo da wiki en español e en dúas afirmacións había o {{sinreferencias}}, mais na galega non sae {{senreferencias}}. Hai algún alternativo? --Xoán Carlos Fraga 11:29, 27 xuño 2007 (UTC)
Pola de agora non. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:39, 27 xuño 2007 (UTC)

¿unha proposta para título? editar

Na relación do artigo especias aparece tomiño, que enlaza (normal) coa páxina de Tomiño como concello. Para a herba aromática ¿podería valer tomiño (condimento), por coherencia con pemento (condimento) ou chile (condimento)? Non tiña pensado crea-lo artigo do tomiño como herba aromática, pero é que cómpre corrixi-lo enlace. Pedro --Lameiro 18:29, 3 xullo 2007 (UTC)


No de pemento entendo que se fale de condimento, pero no caso de Tomiño é unha herba non? porque condimento?, no caso do Ourego non se fala de condimento, non reduciríamos moito o significado de Tomiño poñéndolle o apelido de condimento só para distinguilo do concello, non serve para nada mais? Non habería outra solución mais respetuosa coas posibilidades da herba e non só as culinarias? Lansbricae (Ti dirás) 18:56, 3 xullo 2007 (UTC)

Mentres discutiamos, Hugo22 xa o solucionou: "tomiño (planta)". A min váleme perfctamente. A proposta de "(condimento)" erá só por coherencia coas outras cousas semellantes. Pedro--Lameiro 19:51, 3 xullo 2007 (UTC)

compañías de Galicia ou Empresas de Galicia editar

Ambas están creadas e non creo que sexa bo manter as dúas xa que non lle atopo a diferencia. Co tempo supoño que se encadrarán noutra categoría de entidades galegas para facer subcategorías para fundacións, ongs, etc... ¿Qué opinades, hai algo xa acordado sobre o desenvolvemento da categoría Galicia? Lansbricae (Ti dirás) 11:53, 4 xullo 2007 (UTC)

Xa observara esta situación. Voto por uni-las como Empresas de Galicia.--Xosé (✉) 13:12, 4 xullo 2007 (UTC)
  •   Concordo co de Empresas. --Xabier Cid 17:21, 8 xullo 2007 (UTC)
  •   Concordo co de Empresas--Uxio 22:55, 6 novembro 2007 (UTC)

Autor aragonés editar

Estaba escribindo un artigo sobre a literatura en aragonés cando quedei parado, sen saber que camiño elixir, o caso é que hai un humanista, fundamental na literatura aragonesa, e non sei que nome darlle, nas fontes bibliográficas casteláns coñécese como Juan Fernández de Heredia e con ese nome pasou á maior parte dos traballos de autores estranxeiros pero o caso é que ese non foi o seu verdadeiro nome, en manuscritos das obras que mandou realizar aparece como Iohan Ferrandez Deredia ou Johan Ferrandez de Heredia e quizais con algunha forma máis (era habitual dubitar ao escribir nunha lingua romance) que descoñezo pero nunca coa forma Fernández. Que forma debo poñer no artigo Juan Fernández de Heredia, a forma castelanizada que se emprega na bibliografía española, ou ben a orixinal modificada cos acentos Johán Ferrández de Heredia ou mesmo como a wikipedia aragonesa que emprega Johan Ferrández d'Heredia, aínda que non puiden contrastar que o autor empregase o apóstrofo e descoñezo por que non poñen til a Johan e si a Ferrández.--Da liñaxe de Uxío o Grande 17:13, 8 xullo 2007 (UTC)

Vaites, esa non é unha cuestión sinxela, pero eu poríalle o nome en aragonés actual, e crearía a páxina co nome español como redireccionamento. --Xabier Cid 17:20, 8 xullo 2007 (UTC)

Precisamos axuda no mantemento editar

 Axúdanos no mantemento se podes
  • Imaxes
A maior parte das imaxes que cargan os usuarios descoñecidos non cumpren os requisitos da licenza da Wikipedia e en moitos casos conteñen licenzas falsas. Na Galería de imaxes novas pode facerse un seguimento das imaxes que se van cargando no wiki. Algúns indicios de que hai problema cunha imaxe son:
  • que sexa dun tamaño pequeno (miniatura)
  • que careza de información de licenza. Se un usuario carga unha imaxe sen licenza despois de ver as múltiples advertencias que hai no formulario de carga evidentemente hai un problema.
  • que careza de información sobre o autor ou a orixe.
  • que careza de información de Metadatos (EXIF), vese na parte inferior da páxina de descrición da imaxe. Non todas as imaxes sen información de metadatos son ilícitas así e todo é un bo sistema para sabelo. Moitas na información EXIF reflicten que foron retocadas con programas como Photoshop, iso pode querer dicir (a miúdo) que proceden doutras imaxes collidas de Internet logo modificadas.
  • que o usuario se rexistre para cargar as imaxes e logo desapareza (isto pode comprobarse no historial do usuario).
  • que a imaxe sexa un logo, unha portada dun libro, un póster de película, a carátula dun CD,... Eses tipos de imaxes non se permiten na Galipedia.
No caso de detectar algunha imaxe que presente problemas debe marcarse como {{SenOrixe|data}} se falta a información sobre o autor ou a orixe da imaxe, exemplo {{SenOrixe|12 de xullo de 2007}}. Se falta a licenza o procedemento é semellante pero co marcador {{SenLicenza|12 de xullo de 2007}}. Ao mesmo tempo hai que deixar na páxina de discusión do usuario este marcador {{subst:Isd|Image:Nome_da_Imaxe|||--~~~~}}, basta con copiar e pegar este exemplo mudando o nome da imaxe. (Nota: hai procedementos máis sofisticados de comprobación das imaxes pero a efectos desta mensaxe co sinalado é suficiente.)


  • Infracións do copyright dos textos
Un problema recurrente, que aparece de cando en cando, é a copia de textos doutros sitios webs para logo pegalos no artigo da Wikipedia. Soen facelo usuarios anónimos cando insiren textos longos, tamén algúns usuarios rexistrados que non teñen claro as limitacións do copyright. Neses casos unha sinxela busca de fragmentos do texto en Google soe dar resultados. Iso non é suficiente cando a infración do copyright procede dunha tradución do castelán, portugués ou outra lingua (a maior parte dos copyvios de textos traducidos, polo de agora, proceden de traducións do castelán). Outro problema na localización de copyvios prodúcese cando o sitio web de orixe non está indexado polos motores de busca ou cando procede de textos en soporte papel. Como no caso das imaxes hai procedementos máis complexos para facer esas verificacións.
No caso de atopar un texto que sexa infración do copyright debe retirarse inmediatamente do artigo, no resumo de edición sinalar a páxina de orixe e na páxina de discusión avisar para que os administradores poidan facer un seguimento das contribucións do usuario que incluíu ese texto.


  • Falta de rigor, fontes non fiables, textos terxiversados, falta de neutralidade, sen referencias
Un dos aspectos que máis prexudica a credibilidade do proxecto é que as entradas conteñan textos con escaso rigor procedentes de fontes pouco fiables ou simples invencións do autor. Outro problema frecuente é que persoas con intereses en determinado asunto terxiversen o contido (normalmente en artigos refiridos a crenzas, opinións, ideoloxía, política, relixión,... ocasionalmente tamén noutro tipo de entradas). Conxuntamente con iso está o feito de que o texto careza de referencias ou non sexa verificable por calquera usuario que queira facelo.
A solución nestes casos é redactar de novo aqueles parágrafos que teñan problemas, eliminar as apreciacións personais e os textos dubidosos que non poidan ser verificados. Outro dos procedementos é transformar un texto cheo de calificativos nun texto neutro. E verificar todas aquelas edicións sospeitosas de querer agochar a súa orixe e intereses como un texto propio da Galipedia. Na páxina de discusión do artigo é conveniente avisar desa circunstancia.


  • Traducións doutras Wikipedias e traducións automáticas
Un dos problemas asociados á tradución de artigos doutra Wikipedia é que os usuarios consideran que como esa entrada foi publicada noutra Wikipedia é lexítima. A miúdo non é así, algúns artigos teñen vandalismos na orixe, son páxinas de escaso valor, os datos non son certos ou conteñen algún tipo de defecto que se propaga coa tradución. Ao mesmo tempo surxen dificultades relacionadas coa estrutura, os nomes das categorías, as ligazóns externas ou a organización dos materiais diferentes dunha Wikipedia a outra. Xunto con iso a falta de referencias, cando é aplicable, á realidade galega.
Se se vai facer unha tradución doutra Wikipedia é preferible que sexa de temas que un domina de tal xeito que poida localizar con facilidade os erros, incoherencias, faltas de rigor,... Nos artigos publicados na Galipedia con esa orixe sometelos a un traballo de revisión, corrección de erros, verificación de fontes e edición de todos aqueles elementos que non cumpran uns requisitos mínimos de calidade. Así mesmo incluír aqueles contidos que sexan precisos para que teñan sentido no contexto galego.
Outra das cuestións é a falta de atribución, un procedemento común e facelo no resumo de edición cun texto coma este "tradución do artigo Nome_do_artigo da Wikipedia en Nome_lingua..." por exemplo "tradución do artigo pt:Lisboa da Wikipedia en portugués". A licenza da Wikipedia (GFDL) require atribución, ademais indicar a orixe permite que calquera usuario poida verificar o artigo con maior facilidade.
No caso de que o artigo sexa unha tradución e non indique no resumo esa circunstancia, realizar unha pequena edición e engadir no resumo "a primeira versión deste artigo é unha tradución de Nome_do_artigo da Wikipedia en Nome_lingua...". Pode comprobarse seguindo o interwiki (se o ten) ou buscando en es.wp ou pt.wp o artigo correspondente (é a situación máis habitual).


  • Spam (ligazóns externas, bibliografía)
Conforme medra o proxecto tamén medra a chegada de persoas que publicitan os seus sitios webs, os dos seus amigos, do seu artista preferido, da súa cidade, da súa empresa, etc. Soen ser anónimos ou usuarios rexistrados só con ese propósito. Un instrumento para comprobrar as ligazóns externas ademais dos cambios recentes é a Busca de ligazóns web, velaquí un exemplo aplicado aos dominios .com
A Wikipedia non é un directorio de ligazóns, polo tanto edicións que só inclúan ligazóns externas agás casos puntuais (dos que haxa razóns fundadas para mantelos) deben desfacerse por non seren lexítimas. Ultimamente comezaron a aparecer outros casos de spam refiridos á bibliografía, o procedemento a seguir é o mesmo.


  • Galicia/Galiza // -ble /-bel e semellantes
As regras da toponimia din que nos títulos de páxinas e categorías úsase Galicia, mentres no contido da páxina pódense usar ambolos dous termos. As edicións que substitúan Galicia por Galiza ou Galiza por Galicia se non están fundamentadas deben desfacerse. Mántense o escrito en primeiro lugar. O mesmo ocorre co troco da terminación -bel por -ble ou -ble por -bel, e situacións semellantes.
Desfacer en todos os casos que non estea fundamentados.


  • Vangloria, autobombo, autopromoción, propaganda
Unha das situación máis problemáticas ocorre cando unha persoa escribe sobre si mesma. Ás veces cun nome de usuario que coincide co propio nome, noutras ocasións mediante argucias para agochar a verdadeira orixe (tamén poden darse casos de suplantación para denigrar a outra persoa). Unha parte desde tipo de artigos levan asociados outros problemas relacionados coa Eliminación rápida sen necesidade de entrar a valorar a Vangloria, autobombo, autopromoción, propaganda. Crear un artigo sobre un mesmo non é lexítimo, polo tanto, debe eliminarse. Evidentemente o tratamento destas situacións non é sinxelo, sobre todo nalgúns casos.
Os casos que máis se repiten son:
  • propaganda dun mesmo creando a propia entrada nos diferentes wikis da Fundación Wikimedia (neste apartado o máis frecuente é que o fagan usuarios doutros países)
  • entrada tipo currículo (o autor inclúe o seu propio currículo ou o de alguén co que está relacionado)
  • crear a propia entrada desde un IP que só edita iso, crear un usuario co propio nome ou diferente que só edita iso (ou se fai máis edicións só son edicións para agochar que é a mesma persoa), escribir sobre a familia,...
Variantes diso prodúcense nos casos de promoción de empresas, asociacións, entidades de todo tipo,... Pode ocorrir que algunha entrada que sexa vangloria poida recrearse como lexítima por un usuario con historial de edicións no wiki, pero en ningún caso é admisible que se faga pasar como edición doutros o que escribe unha persoa sobre si mesma. Naturalmente nisto hai graos, persoas que actúan de boa fe por descoñecemento e outras que actúan con engano.
O procedemento pode variar segundo o caso, se se trata dunha persoa anónima a efectos de Wikipedia pode ser marcando a entrada como eliminación rápida, no resto dos casos co marcador {{GloriaVa}} ou mesmo abrindo un procedemento de borrado.


  • Eliminación rápida
Por regra xeral as páxinas publicadas noutra lingua (castelán, portugués, inglés,...) deben marcarse como eliminación rápida, a non ser que se teña a seguridade de que o contido sexa lexítimo e se considere que pode ser útil (e se teña a intención de traducila un mesmo de contada). Habitualmente as páxinas noutra lingua traen problemas asociados: copyright, fontes non fiables, publicidade, etc. A páxinas que estean redactadas como artigos de opinión, como se fora un blog,... tamén deben marcarse como eliminación rápida. Tamén aquelas curtas de máis que teñan moi poucos caracteres.
Marcar como eliminación rápida.

Moitas grazas a todos os que poidan botar unha man. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:21, 12 xullo 2007 (UTC)

artigo duplicado editar

O artigo topoloxía está na lista de artigos para mellorar que aparecen no portal da comunidade. Actualmente este artigo non trata da rama das matemáticas así chamada, senón que se refire a unha noción da informática que penso que xa foi tratada no artigo topoloxía de rede. Quixera eu redactar un artigo sobre a rama matemática da topoloxía, pero son novo na Galipedia e non teño claro cal é o procedemento correcto para emendar a situación. Alguén me pode botar unha man? Graciñas.--Daniarmo 21:33, 22 xullo 2007 (UTC)

  • Tes razón. Xa realicei as modificacións precisas para combinar os dous artigos e manter o historial de edicións. Agora, no artigo topoloxía só tes unha redirección. Elimina-a e comeza a escreber; eu vou crear outra páxina, topoloxía (homónimos) para listar os varios conceptos que comparten ese nome. Un saúdo. --Xosé (✉) 21:45, 22 xullo 2007 (UTC)

Imaxes que desaparecen editar

Ola. Estou intentando subir unha imaxe a un novo artigo e ó cabo duns minutos desaparece coma se alguén a borrase. Creo que cumpre o requerimentos de tamaño e descripción...cal pode ser o problema?

O artigo é Moon Cresta

--81.34.33.106 17:31, 2 agosto 2007 (UTC)

  • Boas, para elo compre ser preciso que te rexistres, unha vez rexistrado, segue de novo os pasos que a paxina che proporciona (respeta sempre as licenzas xa que é moi importante) e mira o tipo de extensión da imaxe que desexas cargar. Outro punto a teres en común é que a imaxe debe de ser en rgb (vba) en non en cmyk (cman). Saudos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 17:40, 2 agosto 2007 (UTC)

É un artigo duplicado. Un deles debería converterse en Redirect do outro, pero non sei cal. No artigo portugués pon: São Domingos, Espanhola ou Hispaniola é uma ilha das Antilhas. Cal é a denominación máis adecuada en galego?--Lmbuga Commons - Galipedia 19:55, 5 agosto 2007 (UTC)

Un par de dúbidas editar

Ola, estou a preparar o meu primeiro artigo e aínda estou un pouco perdida. Quería utilizar uns debuxos que atopei nunha páxina do Goberno de Aragón, mais non sei se ditas imaxes teñen copyright. ¿Como podo sabelo? Déixovos o enlace por se é de axuda: http://www.aragob.es/culytur/rcajal/gal-cient.htm

E outra cousiña, ¿os artigos de revistas hai que escribilos en galego ou no seu idioma orixinal?

Moitísimas grazas a todos.--Rouge 23:25, 6 agosto 2007 (UTC)

As imaxes de http://www.aragob.es/culytur/rcajal/gal-cient.htm non se poden subir. Na páxina non hai ningunha mención ó copyright. É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
Polo que respecta á túa segunda pregunta, entendo que se deben poñer os nomes na lingua orixinal, repara no artigo El País. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:52, 6 agosto 2007 (UTC)

Mediación editar

Solicito a mediación do equipo administrativo aquí: Conversa:1 de xaneiro.

Un saúdo.--Fryant 02:03, 8 agosto 2007 (UTC)

Mediación 2 editar

Xa teño comentado en conversa privada con Prevert cousas referentes á IP 91.117.17.30. Baixo a súa responsabilidade está a creación de numerosos (moi numerosos) artigos nos últimos días, primeiro de illas de Escocia, logo de illas de Oceanía e esta noite de illas do Caribe. Os artigos son, moitos deles, traducións sen revisar: plantillas inexistentes, ligazóns incorrectas, decisións erróneas sobre desambiguacións e tratamento de topónimos, traducións sen facer, hipertraducións... Ademais, tampouco fai ningunha correspondencia de idiomas, nin categoriza as páxinas. O usuario ou usuaria non está rexistrado. Eu levo estes días botando parte dos fígados en amañar cousas, coa sensación de que tanto máis eu amaño, máis el ou ela escribe e crea novas páxinas case como se fose un bot. Pode alguén socorrerme ou conminar esta IP a que se rexistre e poder así ir mellorando as súas colaboracións, que non deixan de ser valiosas?? --Xabier Cid 08:44, 17 agosto 2007 (UTC)

axuda!! editar

axuda!!! acabo de liala. Resulta que metín "Durruti", e como non existía artigo, comecei a crealo, e cando xa está, descubro que xa existía "Buenaventura Durruti". ¿pode alguén borrar o novo, ou redirixilo, ou algo?

Síntoo... --Estevoaei 01:08, 1 setembro 2007 (UTC)

    • Respondido na páxina do usuario --Xabier Cid 01:51, 1 setembro 2007 (UTC)

mover artigo editar

cando creo un artigo novo, por defecto a segunda verba (p.e. Gogol bordello) aparece en minúscula, e non dou caído da burra de comezalo mudando a maiúsculas... ás veces váiseme e esquézoo...

¿como fago para mover de "Gogol bordello" a "Gogol Bordello"?

graciñas, e perdoade as torpezas dun principiante...

--Estevoaei 03:33, 1 setembro 2007 (UTC)

plantillas editar

dous asuntos:

  • cando quero usar unha plantilla, por exemplo dun grupo de música, o que fago é coller a doutro grupo e mudar os datos; ¿como podo facer para obter a plantilla vacía?
    • Si, podes conseguir o modelo baleiro na propia páxina do modelo (p.ex. Modelo:Grupo_musical), pero non vale de moito... O máis práctico é o que estás facendo.--Xabier Cid 09:15, 1 setembro 2007 (UTC)
  • hai dispoñible algunha plantilla de películas? pódese traducir do castelán, ou algunha chapuza semellante?

--Estevoaei 04:26, 1 setembro 2007 (UTC)

Gran Wyoming editar

boas!

hai dous artigos similares: Gran Wyoming e El Gran Wyoming.

alguén pode redireccionalos, ou unilos, ou algo??

saúde!

--Estevoaei 11:40, 4 setembro 2007 (UTC)

¿quen sabe grego? editar

Na páxina egg (food) [1] afírmase o seguinte: one or two spiral bands of tissue called the chalazae (from the Greek word khalazi, meaning hailstone or hard lump). ¿Alguén pode dicirme se é certo ese grego e ese significado? Pedro --Lameiro 14:42, 4 setembro 2007 (UTC) Respondin na tua páxina de discusión. --Emilio juanatey 15:08, 4 setembro 2007 (UTC)

Boloña/Bolonia editar

creando a páxina de Pasolini, atopei ca dúbida: Boloña? Bolonia?

non existe aínda ningún artigo con ningún deses nomes, pero procurando, ambos saen en varios artigos. Estaba ben correxir os que teñen o incorrecto.

Non estou seguro, pero creo que é Boloña, así que é o que vou pór no artigo de Pasolini.

saúde, e pola sombra!--Estevoaei 22:43, 4 setembro 2007 (UTC)

¿un voluntario? editar

Necesitaría que algún voluntario con máis coñecementos ca min me fixera unha táboa estreita coa composición nutritiva dos ovos (ver artigo ovo (alimento)). E tamén unha gráfica coa que ilustra-la evolución do consumo de ovos en España desde 1987 ata o 2005. ¿quen se ofrece?

E unha pregunta: ¿debemos tomarnos en serio esa advertencia que me aparece de que o artigo ten máis de 35 kb e que debería pensar en dividilo en artigos máis pequenos?

  • Si. Resultan longos de ler nun ordenador normal, pero pensa especialmente nos PDA e nos teléfonos (tamén se pode consultar neles!) --Xosé (✉) 23:43, 6 setembro 2007 (UTC)

Pedro --Lameiro 22:27, 6 setembro 2007 (UTC)

  • Fixen unha táboa, se falta algo ou queres engadir ou modificar algo adiante, se necesitas axuda avísame. Un saúdo --BaNjO(tell me) 18:37, 10 setembro 2007 (UTC)

caracteres especiais editar

¿Como se escriben aquí caracteres especiais? Necesito escribi-la letra grega beta (para o beta-caroteno) e outra letra que non sei como se chama: unha especie de i grego ó revés e que significa "micro" (para indicar microgramos). Grazas por adiantado.

A beta grega así (βῆτα) ou β pero como nin idea, saqueina do artigo beta, supoño que será ao estilo dos xeroglifos exipcios que teñen un sistema propio que é bastante complicado, neste caso semella máis doado: ω e salería omega e o mesmo co resto. Lansbricae (Ti dirás) 17:11, 10 setembro 2007 (UTC)

  • Iso era o que necesitaba: con & e o nome da letra en grego. Ben, pero ¿como se chamará esa letra para "micro"? Grazas. Pedro --Lameiro 17:16, 10 setembro 2007 (UTC)
    • mi (μ). Consulta as que necesites en alfabeto grego. A Wikipedia emprega Unicode (UTF-8), polo que non é preciso empregar as entidades html tipo &beta e pódense apegar directamente. --Xosé (✉) 18:02, 10 setembro 2007 (UTC)
      • Cando se edita unha páxina, ó final, na esquerda de todo, hai un recadro que pon standard. Facendo click nel, pódese poñer o alfabeto grego (greek) e outros moitos. Resulta útil para escribir símbolos--Lmbuga Commons - Galipedia 12:29, 17 setembro 2007 (UTC)

necesito unha imaxe editar

Para o artigo das enfermidade de orixe alimentaria (e para o seguinte que vou facer: manipulador de alimentos) necesitaría unha fotografía ou debuxo dalguén lavando as mans, ou un lavamáns (non me vale un lavabo normal, que conste), e non atopo nada semellante. ¿Alguén sabe se hai algo así en Commons ou ten unha fotografía propia que poida colgar? Grazas por anticipado. Pedro --Lameiro 14:20, 16 setembro 2007 (UTC)

  • Incrible. Non atopo case nada en Commons. Quizais non busque ben. Dei con esta imaxe Image:SchoolchildrenWashingHands.jpg. Tamén dei con esta en en.wp (pódese subir aquí), tiña como pé de foto: An example of how minuscule particles can be caught between dermal ridges in the hand, yet remain unseen by the naked eye. Washing one's hands removes such contaminants. Verei de facer algunha foto sobre o tema--Lmbuga Commons - Galipedia 12:53, 17 setembro 2007 (UTC)

Situación de Commons editar

A situación en Commons cada vez é máis difícil. Algúns sucesos ós que non respondín son mostra da miña imcompetencia por non dominar inglés, unicamente o entendo, polo que non podo entrar en discusións.

Ata fai un mes ou dous, a categoría de Commons para Galicia era Category:Galicia, agora é Category:Galicia(Spain) é o que é máis grave a páxina-galería de Galicia (que segundo as políticas deben estar na lingua da zona é hoxe Galicia(Spain), debido a que en vez de poñer os polacos e outros Galicja (que funciona como redirect), puxeron Galicia(Central Europe). Ós administradores españois non lles importa, e eu non teño azos para esta guerra sen estar acompañado e sen alguén (ou varios) -era o labor que facía Prevert- que desenvolva avidamente as discusións en inglés.

Actualmente estase intentando romper a estrutura das nosas páxinas. Véxase o meu comentario en http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=User_talk%3ADantadd&diff=7581989&oldid=7559825 ou http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=Category:Ourense&curid=340298&diff=7558819&oldid=6826332

Evidentemente, eu non son o administrador galego ideal en Commons. É preciso que alguén máis se implique. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 11:54, 17 setembro 2007 (UTC)

  • Eu creo que xa tes demostrado que si es un bo administrador en Commons e aquí. Pola miña parte non sei no que podo axudar. O meu inglés é bastante precario, pero se consideras que podo axudar en algo faimo saber. Eu estou rexistrado en Commons pero alí ando máis perdido que aquí, pero se axuda ter máis presenza alí pois farase un esforzo e vaise, e se hai que falar o inglés fálase. O ideal sería alguén cun nivel moi alto de inglés, pero por ir para alá que non sexa. Saúdos e a túa disposición. Lansbricae (Ti dirás) 12:22, 17 setembro 2007 (UTC)


Axuda, non se falar! editar

Hola a todos (ou todas), voi fazer un intento por escribir, mais xa podeis ver que non se ni escribir ni falar. O meu pai é un immigrante. Eu quero colaborar na wikipedia galega, mais non tehno diccionario ni nada. Eu se que en catalan (lingua que falo) existen programas pra traducir e correctores, diccionarios, etc. Sabeis si hai agora alguna cousa com esta en galego? muitas gracias (e perdon por escribir tan mal).--Carril 16:11, 20 setembro 2007 (UTC)

Existe unha ferramenta na web: http://sli.uvigo.es/tradutor/ OLLO! Non é perfecta, terás que revisar o que escribeu. Hai tamen outras paxinas pero non as coñezo ben. Aproveito para preguntar eu: hai ferramenta para traducir de portugues->galego?---- Maañón TURRA CANTO QUEIRAS 16:40, 20 setembro 2007 (UTC)

Esta template presenta problemas. O feito de que a imaxe do escudo teña que ser en formato JPG provoca que non se poidan colocar os escudos en SVG. En Commons estanse a cambiar as imaxes que son debuxos a SVG. Véxase o problema no concello de Bande, pois hai imaxe en Commons Image:Escudo de Bande.svg e non se pode colocar.

¿Ocórresevos algunha alternativa para variar a template que supoña o menor esforzo posible e o mellor aproveitamento do fondo de imaxes da Galipedia e Commons?--Lmbuga Commons - Galipedia 19:25, 26 setembro 2007 (UTC)


  • Estiven investigando un pouco en meta. Hay unha función {{#ifexist:}} que permite comprobar se existe unha páxina. Non estou seguro pero poderíase engadir de forma que se existe a imaxe en formato jpg a inclúa así, e se non que a inclúa no formato svg. --Banjo tell me 19:44, 26 setembro 2007 (UTC)
    • Ou viceversa, si existe en svg e se non en jpg. --Banjo tell me 19:46, 26 setembro 2007 (UTC)
  • Incluír esa función pode ser mooito para min. Se ninguén o intenta intentareino eu. Hai Outras imaxes de escudos svg en Commons:
Image:Escudo de Mondoñedo.svg, Mondoñedo
Image:Escudo de Monforte de Lemos 2002.svg, Monforte de Lemos
Image:Escudo de Monterroso.svg, Monterroso
Image:Escudo de O Páramo.svg, O Páramo
Image:Escudo de Pantón.svg, Pantón
Image:Escudo de Rábade.svg, Rábade
Image:Escudo de Sarria.svg, Sarria
Image:Escudo de Triacastela.svg, Triacastela
Image:Muras Coat of Arms.svg, Muras
Image:Pedrafita do Cebreiro Coat of Arms.svg, Pedrafita do Cebreiro

--Lmbuga Commons - Galipedia 19:48, 26 setembro 2007 (UTC)

  • Ando mirando a ver, levaráme algo de tempo e algunha que outra proba. Grazas pola lista, vaime resultar de axuda :D --Banjo tell me 19:53, 26 setembro 2007 (UTC)
  • Vale, teño malas novas. Estiven probando coa función esta. O que quería facer era comprobar se existía a imaxe svg en commons que a puxera, se non que puxera a imaxe en jpg da galipedia. O problema é que con esta función so se pode comprobar que exista unha páxina no mesmo lugar, é dicir, só serve para comprobar se existe unha páxina aquí na galipedia, non en commons (espero terme explicado). Vou poñer unha pregunta en meta para ver si existe algunha forma de comprobar que exista unha páxina en commons desde aquí, a ver se consigo algunha resposta. Se nón a única idea que se me ocorre é modificar o template para que haxa que engadir a extensión da imaxe manualmente, o cal vai dar bastante chollo. Se alguén ten algunha idea agradeceríase :D -- Banjo tell me 20:13, 26 setembro 2007 (UTC)
  • Isto é fácil de solucionar. Simplemente se lle quita esa esixencia dos formatos .JPG e .PNG borrando iso do template. Cando se faga hai que revisar todos os artigos que incluan este template para pór o nome correcto da imaxe. Algun voluntário? --Xosé (✉) 21:50, 26 setembro 2007 (UTC)
  • Apúntome. Eu creo que o tocar todos os templates podemos chegar a consenso tamén nos datos económicos como se propuxera nalgún momento para facer as dúas cousas a un tempo, porque o certo é que os datos económicos dos concellos agora mesmo son imposibles de completar polo que estaría ben que acordásemos algunha modificación. De tódolos xeitos aínda que estaría ben facer as dúas cousas a un tempo eu apúntome xa a empezar polo tema das imaxes. Como están tratados os artigos dos concellos galegos foi unha das primeiras cousas que máis me gostaron da Galipedia.A espera quedo do que se decida. Lansbricae (Ti dirás) 21:56, 26 setembro 2007 (UTC)
  • ...e nunca máis se soubo... fedellando na wiki.es atopei que o escudo de Cotobade aparece en svg moito mellor que na nosa en jpg; como *#!&$%#!!!! se pode cambiar iso? --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:28, 13 febreiro 2008 (UTC)
  • Uff, custoume atopar onde estaba esta intervención. Eu estou facendo unha remodelación dese template (Usuario:Albert galiza/Meu Portal), no que xa estaría solucionado ese problema. De momento está en fase de desenvolvemento e teño 2 estilos diferentes abertos. Están abertos a calquera suxerencia. Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:58, 13 febreiro 2008 (UTC)

Pregunta de Lameiro editar

¿Porque esta páxina, e maila de "A Taberna", aparecen categorizadas en "Categoría: Wikipedia:Artigos que requiren referencias"? Pedro --Lameiro 19:32, 26 setembro 2007 (UTC)

  • Había un tema que incluía o template Modelo:SenReferencias, o que facía que esta páxina e a da taberna se incluísen nesa categoría, está amañado. --Banjo tell me 19:44, 26 setembro 2007 (UTC)