Abrir o menú principal

Conversa usuario:Maañón

wiki-pasado: Maañón/arquivo1User talk:Maañón/arquivo2

Pon o que queiras despois da liña


Índice

UxioEditar

Agradezo o comentario. Tentarei de traballar o mellor posíbel. Teño que aprender con profundidade como traballar nisto.Uxio Vilela 23:30, 6 novembro 2007

Ola ! *User:Maañón ! Perdoa por iso do 2007 no Conflito de Darfur. Non quixen ofenderche nin facer guerra de *edicion". Sei moi ben que é dificil escribir sobre a actualidade. Puxen unha explcacion nesta paxina Talk:Conflito de Darfur. Vexo (xa que ando pondo os interwiki da Galipedia noutras wikis) que ás outras wiki tamen isto lle e duro de fager. Tes merito de porte nestes artigos. Un saúdo Elvire 22:46, 28 outubro 2007 (UTC)

amazingEditar

es un hacha, meu!
--Estevoaei 22:50, 29 outubro 2007 (UTC)

CanadáEditar

Ola Maañon:

Grazas por por o documento de "Criterios para ou uso dá lingua" pois para min, que ando dando voltas pola xeografía do mundo, e especialmente da americana, vénme estupendamente. A verdade é que con xente como vós dá gusto.

Eu tamén o considero unha fonte fiable, pois o Servizo de normalización lingüística da Universidade da Coruña sen dúbida éo, e eu vouno a incluír na miña lista de fontes de topónimos (que, a verdade, estame volvendo tolo). Pero teño un problema, e abusando un pouco da túa paciencia, se tes un momento, gustaríame explicarcho:

Estou metido nun, para min, ambicioso proxecto sobre os Estados dos Estados Unidos de América, que, aínda que dista moito de estar nin medianamente rematado (e co que, por suposto, continúo) gustaríame complementar con outro sobre Canadá. Nada mais empezar chamoume a atención que na Galipedia úsase profusamente 'O Canadá' para referirse a ese país (tanto nos artigos como nos títulos), cando eu persoalmente cría que debía referirme a el como Canadá. Aínda que eu non creo que algo sexa válido simplemente porque o diga a maioría, tampouco son dos que pensa que son eu o que ten razón e TODOS están equivocados, polo que cando vexo que algo se usa maioritariamente, aínda que pense que estea mal, e ata teña algunhas probas que aparentemente corrobórenmo, esíxome sempre as máximas garantías para contradicir á maioría.

Eu estaba usando (recomendado por Xabier Cid) o apartado de toponimia de "Galego en liña" da Universidade de Vigo [1], e aí tamén fala de "O Xapón", de "O Brasil", pero non fala de "O Canadá", fala simplemente de "Canadá".

O problema é que, aínda que a Universidade de Vigo era unha fonte para min fiable (como a que a ti amablemente remítesme), non é unha fonte coa valided normativa suficiente como para poder rebatir á gran cantidade de usuarios que veñen usando na Galipedia o ditoso artigo precedendo ao país, e menos agora que o Dicionario da Real Academia (que si que ten carácter normativo) tamén usa "O Canadá". Estiven incluso tentado de consultalo cun Bibliotecario, pero son reacio a molestalos, porque penso que teñen cousas mais importantes que facer que aturar miñas dúbidas. Por iso, aínda que eu persoalmente sigo pensando que, no caso de Canadá, non é adecuado o uso do artigo, teño que plegarme ante a Real Academia, e o Dicionario non deixa lugar a dúbidas:

canadense: adx. 1. Do Canadá ou dos seus habitantes. 2. Persoa natural ou habitante do Canadá.

Grazas de novo pola vosa axuda.

Un saúdo, --Furado 00:28, 30 outubro 2007 (UTC)

cat linguasEditar

  • Ah, é que non me fixei que xa votara! Está ben o crear as categorias por partes porque permite que se traballe niso xa, sen ter que esperar que todo estexa acordado. --Xosé (✉) 19:17, 30 outubro 2007 (UTC)


Fontes toponímicasEditar

Oh, deus, outra vez... Díxenlle ao usuario Furado que "crease" porque non hai referencias fiábeis canto á distribución de artigos cos exotopónimos. Podes mirar a bibliografía de Begoña González, Carme Hermida e máis, e verás como en todos eses libros non se explicita un criterio. Non é pois un problema toponímico, senón morfolóxico, e sobre iso non hai nada escrito. Con respecto ao do rustrido, creo que se coñeceses un pouco a bibliografía publicada sobre o tema (Benigno Fernández Salgado 1 e 2, e Begoña González, que son as fontes fundamentais) decataríaste de que os traballos de Vigo e a súa copia parcial da Coruña son rustridos a partir desas fontes primarias. De feito, a única que se pronuncia sobre criterios, ademais de sobre formas é Benigno 1. Estou a preparar un artigo sobre a cuestión, e cando o remate gustoso che mandarei unha copia. Un bo exemplo de despropósito é o xentilicio casaquistano. Tampouco sei qué coñecementos tes ti sobre lingüística, by the way, pra falares coa soltura que falas.

Cando eu entrei na Galipedia, preguntei cales eran as fontes que se seguían pra exotopónimos. Daquela (xullo de 2006) díxoseme que ese catálogo da Universidade de Vigo (podes ver algo aquí, por exemplo ou aquí), co que eu en particular non estaba de acordo. Creo que os pasos correctos son, actuando de boa fe, preguntar antes qué se vén facendo, e logo, se estamos disconformes, propoñer a súa muda. Se andamos escornados contra todo o que se fixo antes, por sistema, pasa o que pasa. E se nos preocupa máis montar cristo (ou rirse dos demais cando intentan poñer paz nun ataque á neutralidade da wiki) tamén pasa o que pasa. --Xabier Cid 21:29, 30 outubro 2007 (UTC)

Si que achego razóns. Só tes que consultar a bibliografía. Eu sei moi pouco de moitísimas cousas, pero deste tema en cuestión o azar fixo que si saiba. Pero iso non me impide ser prudente e preguntar antes. Canto ao da precampaña... recoméndoche a ligazón ao meu perfecto candidato. --Xabier Cid 22:20, 30 outubro 2007 (UTC)
Levas tanto tempo xogando co sistema que ás veces confúndeste. Primeiro é o consenso. Se ese consenso non se produce, vótase. Existía un consenso antes de que ti e mais eu chegasemos á Galipedia, porque antes de que nós os dous aparecésemos por aquí xa había Galipedia. Ese consenso mantiña uns criterios. Se non nos gustan xa, mudémolos, pero non ten sentido atacar por atacar os alicerces do edificio. Cando menos se pretendemos vivir nel. --Xabier Cid 22:48, 30 outubro 2007 (UTC)

Bacau vs BuzauEditar

Nu înţeleg, ce anume este cu Bacău şi Buzău? --Roamata 18:15, 1 novembro 2007 (UTC)

Done, corectat. --Roamata 18:56, 6 novembro 2007 (UTC)

4botEditar

Querido Maañón: creo que estás trabucándote poñendo a pleno funcionamento 4bot antes de que sexa aprobado en votación. Entendo que esteas impaciente, pero por outra banda estás enchendo os cambios recentes co seu funcionamento. Non dubido de que o estás operando con prudencia, e con bo saber (é máis, comprobo que así é, salvo que editas nas páxinas de usuario), pero creo que o procedemento non vai por aí. O habitual é aplicalo en 20 ou 30 cambios diarios antes de recibir o estatus de bot, para probalo e demostrar o seu funcionamento. Onte xa non che dixen nada porque foi o primeiro día que me decatei da túa actuación, pero hoxe xa é outro día. Pediríache que parases de usar 4bot con tal volume ata que teñas o marcador de bot. --  Sobreira (parlez) 21:37, 5 novembro 2007 (UTC)

  • O normal é deixar pasar polo menos unha semana de votación. Durante esa semana os demais editores poderán valorar non só a efectividade do traballo, senón que os mecanismos de control do bot son os adecuados. Como comezou o día un, a semana que vén xa se che poderá dar o marcador e gozar do mecano. Paciencia, amiguiño. --  Sobreira (parlez) 23:21, 5 novembro 2007 (UTC)
  • Agora podemos utilizar a páxina Wikipedia:Erros de ortografía revisados para ver que erros son máis frecuentes. Cando fago unha corrección poño a data e o nome do bot para que asi se saiba cales son os erros que nunca se corrixiron, os que levan moito tempo sen revisar e os que se revisaron hai pouco tempo. --Xosé (✉) 18:59, 6 novembro 2007 (UTC)

TraduciónsEditar

Paréceme ben. Eu tamén lle darei un repaso pola tarde e mirar se engadir algo... O barbudo elexiuno o Vaticano como a todos os santos patronos digo eu, pero no cuadro sale juapiño, pior é o do corazonciño que atopei na italiana para o de as leas. Unha aperta logo. Lansbricae (Ti dirás) 15:35, 6 novembro 2007 (UTC)

Tes mensaxes novas?Editar

Querido Maañón: Acabo de entrar na túa páxina e quedeime sorprendido, non sei se gratamente ou profundamente contrariado. Esa mensaxiña que acabas de colocar está fóra de toda lóxica. Supoño que sabes de sobra que estas imitando unha mensaxe do sistema, o cal me parece moi grave. E máis cando a utilizas para redirixir a outros usuarios cara a onde che pareza, sexa con boa vontade ou con ánimo de crear políticas de facto. Non é admisible que un usuario se apropie dun símbolo de toda a wikipedia (non só da Galipedia) deste xeito. De momento pídoche amablemente que a quites, porque supoño que coincidirás comigo en que é moi ousado, e as ousadías non son boas conselleiras. Espero que no futuro, as miñas alocucións sexan en mellores circunstancias que ultimamente. --  Sobreira (parlez) 22:13, 6 novembro 2007 (UTC)

¿boa fe?Editar

"parece que o de asumir a boa fe non está ben visto por alguns"

Por ti o primeiro, Maañón, que ... xa está ben de vitimismos. Pedro --Lameiro (conversa) 22:39, 6 novembro 2007 (UTC)

Desculpas públicasEditar

Como usuaria da Galipedia, quero pedirche desculpas polo despropósito que constitúe a votación do bot User:4bot na páxina Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación. Quero que saibas que eu particularmente na actuación do bot non atopo nada que denote mala fe, pode haber descoñecemento (non es o único como quedou comprobado), son erros que todos podemos ter, de feito está establecido un período de probas co bot, distintas visións, pero os correxiches ao momento e sempre estiveches aberto ao diálogo e as aportacións de 4bot foron máis que significativas para a Galipedia.

Non comparto os comentarios que se fixeron nesa páxina por atentar contra Wikipedia:Normas de conduta e solicitei a súa rectificación en Wikipedia:A Taberna (axuda), e despois de agardar 24 horas para que cada quen rectificase o contido que pode vulnerar o cuarto piar, solicitei a intervención de varios burócratas da Galipedia.

De todas formas, non me gustaría pensar que isto puidera influir en que deixaras de colaborar tan activamente como ata o de agora, xa que estabas a ser un dos usuarios habituais máis colaborativos [2]. E a modo de despedida, xa que sei que che gustan, deixoche unha cita de Arthur Schopenhauer:

Dimi, in che modo si potramno correggere questi? Con togliergli via quel capo, e piantarline un altro. [Dime, de qué modo poderán corrixirse isos? Quitándolles a cabeza e poñéndolles outra] (Giord. Bruno, Cena Dalle Ceneri). É unha gran verdade, que debemos ter sempre presente, así non perderemos o tempo impartindo ensinanzas que non poden dar froito

Saúdos, e ánimo. Alma (fálame eiquí) 21:01, 8 novembro 2007 (UTC)

lonxe de querer meterme en leas, e lonxe de querer dividir a glpd en bandos, e lonxe de querer sembrar xenreira, (e quizais axudado polo Ribeiro, que me axuda a botar a lingua a pacer), só podo dicir que   Concordo con Alma.
-- EstevoaeiPa o que queiras... 23:11, 8 novembro 2007 (UTC)

Únome as desculpas e agradézoche que te ocupes de Celso Emilio Ferreiro e que nunca penses coma el cando escribíu o poema "Merda", pero que nolo fagas desfrutar como merece. Lansbricae (Ti dirás) 00:17, 10 novembro 2007 (UTC)

Concello infoEditar

Ola Maañón, encantoume ler a túa páxina de usuario. De verdade. Gústame compartir proxecto con alguén co teu sentido do humor e coas túas opinións.

Penso que vou tentar completar o da miña páxina un pouquiño máis para que logo o de cubrilo template sexa inmediato. É unha información que podería entrar nas instrucións de uso do template, pero o que ti dis de poñer unha ligazón no template de concellos en progreso semella moi razoable.

Por certo, gustoume o emprego das cores nas túas páxinas. Unha pregunta: como se fai para crear unha páxina dentro da páxina de usuario? (User:Maañón/propostas/Mision e obxectivos da Galipedia, por exemplo). Saúdos!--Caronium 16:58, 11 novembro 2007 (UTC)

Moitas grazas, Maañón! Funcionoume ben o da subpáxina. Saúdos!--Caronium 20:15, 12 novembro 2007 (UTC)

CastelosEditar

Gústame. Non si ao template aínda se lle poden mellorar moitas cousas, Non por falta de interese senón de saber é polo que non llo fixen, os campos de cristianos non xhe me van nada. eu a un deles poñeríalle estilo (arquitectónico). O nome do castelo non quedaría mellor centrado?, e aos campos a uns sáelles o nome e a outros non (en negriña poderían quedar ben). Este tipo de templates (como o de pontes) son máis difíciles de usar que os estilo o de carga de imaxes. O ideal sería atopar un modelo cun deseño común de partida parausar nos artigos de castelos, pontes, catedrais, pazos, castros, igrexas..., e neles cambiaría a cor e algún dos campos e o resto seria común, polo que traballa nel canto gustes. No campo do nome aparece xa escrito castelo de polo que non se adapta a outros nomes como Torres de Altamira ou Castelo da Rocha Vella, quizais fora millor que deixase poñerllo todo...

Pola outra banda, Galicia si que ten moitos castelos, e en cada un deles había un castelán que gardaba e gobernaba o forte sendo vasalo dun señor feudal. Agora moitos dos castelos desapareceron e outros están a caer pero os casteláns supoño que se adaptarían e se lles coñecerá por outros nomes e aos señores feudales o mermo. saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 12:11, 13 novembro 2007 (UTC)

Ficheiro excelEditar

Grazas! Paréceme moi boa idea o de pórlle cores ás celas segundo as porcentaxes. Teño o ficheiro en formato excel, o que pasa é que as táboas pegueinas en User:Caronium/Uso do galego/Provincia da Coruña co formato táboabonita, é dicir, ao cortar e pegar as cores do excel non aparecerían. Vamos, que non sei como facer que as cores aparezan na pantalla. Por suposto que si queres modificalas ou o que sexa pásoche os ficheiros ou pódeslle facer os cambios que queiras ás "táboasbonitas". Con respecto ao do template tes razón, se cadra é un traballo que poida facer un bot. Vou expoñer a cuestión na taberna. Un abrazo.--Caronium 18:57, 13 novembro 2007 (UTC)

GrazasEditar

Grazas, pero débollo a Lansbricae que foi o que nominou a miña imaxe e para ser a primeira, a verdade é que estou moi contenta. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 21:30, 18 novembro 2007 (UTC)

Guerra de ediciónsEditar

Acabo de bloquear a páxina Wikipedia:Votacións debido á guerra de edicións iniciada. O teu comportamento foi incorrecto pois eras consciente do que estabas a facer [3]. A política establece claramente que Se é un caso de non neutralidade, ou sexa, que vostede NON está de acordo cos textos que se están trocando, evite facer máis reversións. Tódolos artigos posúen un apartado chamado historial que permite desfacer os cambios anteriores. Entón a páxina poderá ser revertida nun futuro, previo consenso e sen complicacións. Miremos de atopar o consenso na páxina de conversa. --Xosé (✉) 22:46, 22 novembro 2007 (UTC)

  • A miña intención era bloquear a páxina tal e como estaba (non entrar eu en guerras de edición). No tempo que me levou chegar a ela e protexela (equivoqueime no código de duración temporal, que resulta que hai que escribir en inglés), volvera a outra edición. Por favor, sexamos todos construtivos. Como se sinala nun comentario de hai un par de minutos parece que o contido é aceptábel para todos e que o que se discute ao mellor son as formas. Se é así, non ten sentido continuar con isto. Espero poder levantar o bloqueo antes da semana que puxen. A ver se antes de entón hai máis calma e concordamos. --Xosé (✉) 22:59, 22 novembro 2007 (UTC)
  • Dixen-cho a ti porque en [4] dis que hai unha guerra e que te vas meter nela. O que citas de min por suposto que non é PVN! Por iso a cita comeza apropiadamente con "parece que", porque iso é a miña opinión ou impresión a partir da lectura de Conversa Wikipedia:Votacións, que é onde debería continuar esta conversa. --Xosé (✉) 23:18, 22 novembro 2007 (UTC)

saüdiñosEditar

Ola, Maañón, grazas polas túas palabras. Cando teña tempo, en fin de semana maiormente, seguirei botando unha man por aquí. Eille botar un vistazo ó que me dis das votacións, pero recompénsame máis a edición de artigos, se ben entendo tamén como necesario participar activamente nas decisións da comunidade, pero aínda me falta información. Irei aterrizando. Grazas de novo--QuatriNauta 08:20, 25 novembro 2007 (UTC)

Club de cazaEditar

Ola meu! Gostame o do mapa de galegofalantes/emprego do galego por concellos. Cando poida tento facelo. Os mapas de parroquias estounos a facer a partir do que hai nesta páxina do Sistema de Información Territorial de Galicia, facendo clic á esquerda en "Temáticos predefinidos" e despois en "Mapa Administrativo". Se te achegas suficientemente ao concello (facendo zoom) aparecen eses límites de parroquias. A verdade é que non teño nin idea do nivel de oficialidade deses límites, nalgúns concellos semellan o suficientemente concretos e sinuosos como para pensar que non os definiu ninguén ao chou. Noutros teñen un aspecto de liñas demasiado suaves, e semellan máis artificiais. O próximo mapa de parroquias que faga será o do teu concello, na túa honra ;). Grazas polas túas palabras. Á parte de facerme sorrir danme ánimos. Saúdos. --Caronium 12:17, 25 novembro 2007 (UTC)

GrazasEditar

Ola! Grazas polo aviso para permitirme participar nesas Primeiras votacions "democráticas" a administradores O meu voto xa está feito de "iso facto" sen ningún problema. Saúdos.Padin 23:49, 25 novembro 2007 (UTC)

  • igualmente --Dannycas 01:14, 26 novembro 2007 (UTC)
  • Grazas polo aviso, Maañón. Teño tempadas que colaboro na galipedia, pero hai outras que ando por outros lares e perdo o que está ocorrendo. Recibe un moi cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 12:18, 26 novembro 2007 (UTC)
  • Igualmente. Ultimamente ando un pouco desconectado e de non ser pola mensaxe nin me enteraría, aínda que o de elecións "democráticas" soame algo raro. --Beninho 13:22, 26 novembro 2007 (UTC)

Lingüística e DemocraciaEditar

Ola Maañón ! Interesome moito a Lingüística, sin ser especialista. Ainda non podo contribuir niste tema porque non falo galego e os terminos apropiados ainda me son moi extraños. Uso a Galipedia como lectora pa familiarizarme coo vocabulario adaptado e vexo duas cousas. A primeira e que nos queda motio traballo a facer e a segunda vexo que tu anduvexes facendo mantemento por ei. Esique acabaremos por contribuir xuntos. O mais facil pa min seran os artigos dos linguistas Ferdinand de Saussure,John Langshaw Austin, Émile Benveniste, Leonard Bloomfield, Noam Chomsky, Oswald Ducrot, Umberto Eco, Algirdas Julien Greimas, Louis Hjelmslev, Wilhelm von Humboldt, Roman Jakobson, Antoine Meillet ... sexa pa mellorar sexa pa novas paxinas. Dos artigos paseome polas paxinas dos colaboradores que andan nos temas. E non entendo co todo que tes posto na tua paxina de usuario que logo andes falando de primeiras elecions démocraticas. Non te das conta que eso é agresivo e é un ataque pos administradores que non veñen de elecions democraticas? . Daste conta co xeito que tes pa falar, (atacoume a curiosidade e anduven mirando varias paxinas, porque como sabes editamos as paxinas de conversa con licencia libre) da a pensar que estamos pasando da tirania a democracia, que o millor a Galipedia estaba na barbaria e esta pasando a liberdade ! Daste conta que eso non coresponde ao que pretendes buscar nos anuncios da tua paxina de usuario. Claro esta que o proxecto da Galipedia leva compañerismo. O compañerismo faise cun cadro que aceptamos todos ao chegar e logo dentro a medida que medramos vamos evolucionando e elaborando leyes pa funcionar millor. A razon principal desas leyes internas e pa aliviar os conflictos e canalizar a violencia que levamos todos por dentro, por que sencillamente somos humanos. Polo que vexo os "vellos" van por participar na elaboracion de novas normas, son peones da Galipedia que pasa de unha era de companerismo con poucas normas a era que vai vir e que vai ser unha era de moitas normas de democracia e da burocracia corolaria. Os "vellos" aceptan de pasar dun traballo en plena libertade a un traballo mais democratico e mais burocrata. Cando falo de "vellos" refirome sobretodo a Albert-Galiza, porque é o meu mentor, e a Prevert porque foi o meu primeiro mentor e que si non se desanima e volvese meter a fondo no proxecto darame a sorte de ter dous mentores. Agora ben a min gustariame traballar con xente coma tu, e sobretodo con Lansbricae que fai un traballo coos castros fantastico é mui importante pa min. Haber si te das conta que o que tu lle llamas elecions democraticas solo son unhas regras internas pa que nos entendamos os que pretendemos participar no mantemento xeral da Galipedia, pero que solo elaboran e participan poucas das xentes que contribuyen a facer a Galipedia. Vai dar unha volta polas outras wikis e veras que é pouca a xente que contribuye au mantemento xeral, participa a elaboracion das normas e da opinions. O que e moi bonito niste proxecto e que leva un funcionamento democratico eso si, e é democratico desde que se empezou ainda que non hubese elecions dos administradores. Ilustro isto : si dentro de un anho decidimos que pa abrir unha categoria debese votar e que fan falta 2/3 de concordos con un minimo de 20 votos, pois os administradores iran borar todas as categorias que polo momento andamos abrindo como nos parece, e non quedara ninguna categoria vermella como as hai agora en toda libertade ! Todo isto Maañón pa decirte que me disgusta eso de primeiras elecions democraticas porque teño medo que desanime a xente e é mui importante que colaboremos. Saludote con moita esperanza ElviraConversa con mi 00:34, 27 novembro 2007 (UTC)

Ola Maañón ! Estuven sin internet e estou huxe de volta. Pareceme que non comprendemos as cousas igual. O mais importante é que nos respetemos e que sigamos milloranda a Galipedia. So por eso alegrome da tua resposta. Pareceme que é o minimo que temos de comun e é moito. Pa acabar coa a democracia e a linguistica : cando un grupo é pequeno = poucas regras ; cando o grupo é mais grande = mais regras. Loxicamente pas elecions de administradores imaxino que vamos chegar a regra de outras wikis : en canto duran as elecions de administradores, todas as opinions (dos que teñen direito de votar, como dos outros) e discusions teñen que ir na paxina de votacion ou da paxina de conversa e recomendase de non ir facer anuncios. O anuncio da proposta de unha elecion vai na portaba, na taberna, en lugares da comunidade, mais nun vai pola conta de usuario a usuario. A min o de facer cominicacion de usuario a usuario como fixeches non me parce mal, ainda non somos tan grandes como para non andarnos comunicadno as novedades. A min o que non me gustou é o xeito. Pa min eres agresivo, é so a miña opinion, non é unha verdade. Si son a sola en ter esa impresion pois todo vai mui ben : podemos pechar a cuestion e segir traballando. Saudos Maañón ElviraConversa con mi 19:01, 1 decembro 2007 (UTC)

MaañónEditar

Ola meu! Fixen mapas das parroquias de Mañón que desperdiguei polos correspondentes artigos, espero que che gusten. De paso completei por aí algúns datos do concello que atopei por internet. Unha pregunta, a capital do concello chámase O Barqueiro, ou O Porto do Barqueiro, ou estoume colando e é outra? Por certo, moi interesantes esas ligazóns a referencias de uso do topónimo Maañón. Saúdos! --Caronium 18:13, 27 novembro 2007 (UTC)

Grazas polo avisoEditar

Grazas polo aviso das eleccións. Á de Cid e Banjo xa non cheguei, pero grazas de tódolos xeitos. Unha dúbida: disme "informote de que es un dos poucos que podes participar", ¿como é iso? non pode votar calquera, ¿ou? É que na páxina que me enlazas, onde se podía votar esas tres candidaturas, non lin nada de que houbese uns requisitos mínimos. Miguel.lima 19:40, 29 novembro 2007 (UTC)

CalugaEditar

Desculpa, pero non é cuestión de presionar. Todos traballamos ao mesmo tempo, e se corrixes ti algo xa non o corrixo eu. Non é nada persoal. Como andei o outro día corrixindo cousas no artigo dese lugar, estrañoume que estivese en vermello e amañeino. Non hai máis. Saudiños.--Xabier Cid 23:27, 30 novembro 2007 (UTC)

eleccións á búlgaraEditar

A palabras necias prefiro facer oídos sordos, normalmente, pero a valoración que fas destas eleccións a administradores e do apoio que tiveron paréceme vergonzosa e non quero calar, non sexa o demo que alguén pense que quen cala asinte. Sei que pedirche respecto é inútil. Sei que pedirche cordura é perde-lo tempo. Así que nin pido nin espero nada, só quero que saibas que sinto moita vergonza allea, pena e rabia cando leo cousas coma estas. Pedro --Lameiro (conversa) 23:33, 30 novembro 2007 (UTC)

A mandarEditar

Moitas e moi ben recibidas. O das elecións, cousas da vida, negueimo máis veces que San Pedro (respetuosamente falando) e despois sentinme na obriga (sempre falo moito das miñas obrigas jeje) de contradecirme e presentarse ainda sabendo que as opcións eran escasas (agora semella doado dicir que xa o sabía non?). Pois iso que moitas, e que nos sigamos a ler e a traballar xuntos moitos anos mais neste proxecto. Lansbricae (Ti dirás) 19:10, 2 decembro 2007 (UTC)

Proxecto concellosEditar

Ola Maañón! Só comentarche de que me alegro moito de contar coa túa axuda no proxecto concellos galegos. Bo traballo!--Caronium 12:58, 14 decembro 2007 (UTC)

Boas! Tes toda a razón do mundo. Grazas pola observación. Xa lle fixen os cambios que me suxeriches. Agora, a polas citanías lusas! Por certo, moi bo traballo co concello de Maañón ;) Saúdos e boa tarde!--Caronium 16:22, 16 decembro 2007 (UTC)

Moitas grazas, meu. Pasa moi bo nadal e feliz aninovo! Un abrazo. --Caronium 19:06, 23 decembro 2007 (UTC)

Santo AndréEditar

Boas, vexo que andas con moita Pax interior. Is o é bo, eu en cambio sego a ter unha dor de cabeza incrible. Voume ir comer, pero dúas cousas: Vivhes o wikiproxecto linguas do munod? (semellas un socio obrigado jeje). E outra: Sonche un pouco daltónico e como atopei algún dato (non moito) do templo de Teixido e hai un carteliño no artigo da parroquia que debe ser verde, cando volte tentarei meter esos datos nun apartado O TEMPLO como se non estivese a etiqueta, porque non vou modificar nada e hai que coller confiansa e penso que é un pequeno aporte ao traballo que estás a facer nel. Non me xustifico máis, senón estás dacordo usa a Pax conversa para porme a parir ;). Unha aperta desas e ata logo meu. Lansbricae (Ti dirás) 12:59, 30 decembro 2007 (UTC)

  • Na actualidade todos os especialistas, sexan asturianos, leoneses, españois ou alemáns falan dunha mesma lingua, os asturianos adoitan darlle o nome de lingua asturiana pero nas descricións engloban todo o territorio lingüístico seguindo a Xosé Lluis García Arias que fala do dominio lingüístico astur (claro que a Academia de la Llingua Asturiana despois do invento do eonaviego eu non lle dou creto ningún). No asturleonés o problema é máis ben de nome, os asturianos non aceptan o termo leonés para a lingua nin os leoneses o asturiano e o termo asturleonés apenas se usa fóra dos libros. Con todo tería que mirar bibliografía para comprobar se apareceu algún estudo serio no que se fale de dúas linguas.--Alex 17:10, 30 decembro 2007 (UTC)
  • O que se fala (ou falaba, descoñezo a súa vitalidade actual) no occidente de Cantabria é basicamente asturiano oriental, sei que hai grupos que reivindican a lingua cántabra pero é máis político que filolóxico. Non é moi científico o que vou dicir pero é como a gaita cántabra que recibe ese nome cando ás máis das veces non só e unha gaita asturiana mais tamén a súa elaboración foi en Asturias, é unha denominación política que ata agora non tivo moita fortuna filolóxica aínda que pode que se acabe impoñendo.--Alex 17:32, 30 decembro 2007 (UTC)

Pais Vasco-Euskadi-Euskal HerriaEditar

A forma ideal de dividir os artigos, para o meu entender é que aparecesen dou artigos diferentes:

Pais Vasco. Fala da Comunidade autónoma Vasca. Sería o artigo fundamental e oficial. Tamén pode engadir un pequeno apartado sobre as aspiracións e consideracións de euskadi ou euskal herria nas suas diferentes interpretacións.

Euskal Herria falaría das acepcións e interpretacións do termo así como o seu uso político, sempre con ligazón ao artigo de Pais Vasco.

O que pasa é que esu son novo e non coñez suficientemente os mecanismos da wikipedia. por certo, como poño un cadro que avise da politización, inexactitude e confusión no artigo?

Un saúdo.Xermánico 19:00, 30 decembro 2007 (UTC)

  • Sen querer ser pesado e choromiqueiro, o trabllo que fixen en Pais vasco foi borrado para deixalo como estaba, referíndose só a acepción non oficial de euskal herria. ademáis de ser unha falta de respeto, non se considera guerra de versións ou de edicións?Xermánico 19:20, 30 decembro 2007 (UTC)

ImaxesEditar

Ola, modifiqueite a ligazón a licenza na imaxe que cargaches, ao mellor éche útil ter a man o cadro para cargar no apartado Descrición da imaxe:

{{Information|
|Description= Nome da foto
|Source= Feita por min o día que a fixeches, se non o sabes o día que a cargas (self made)
|Date= 08/09/2007 (Do día que a subes)
|Author= http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Maañón
|Permission=GFDL-propia
|other_versions=
}}

{{GFDL-propia}}
[[Category:

En Commons, a licenza é GFDL-self, pero eiquí era propia, por iso a ligazón saía crebada, pero xa está arranxado. Saúdos e feliz ano, por certo encántame o gnomo da túa páxina de usuario, recórdame a peli "Amelié". Lémonos. Alma (fálame eiquí) 22:05, 30 decembro 2007 (UTC)

moverEditar

Ok. Graciñas e saúdos.--Jonathan Chapela 22:03, 1 xaneiro 2008 (UTC) ahhhhhhhhhhhh, non me dei conta, tes toda a razón. Creo que mañán os cambiarei, graciñas e saúdos.--Jonathan Chapela 22:14, 1 xaneiro 2008 (UTC)


ErroEditar

Non sei como desfacer o meu erro, pensei que cun par de movementos o corrixía pero segue a figurar co nome incorrecto.--Arco de Rayne 20:27, 6 xaneiro 2008 (UTC)

ChechénEditar

Como non é unha forma recollida no VOLG nin na fonte que habitualmente usa a Galipedia para catalogar topónimos, seguín o criterio de que chechén é a forma usual nos medios de comunicación galegos. Podes ver innúmeras fontes con chechén na propia Galipedia, en medios de comunicación, e incluso en textos en español. A razón para a eliminala rapidamente é o punto A4. Un cordial saúdo. --Xabier Cid 14:09, 7 xaneiro 2008 (UTC)

  • Ola, Maañón. Cando creei a entrada do Galizionario, checheno, consultei o dicionario xerais da lingua, o laranxa, alí existe a entrada checheno, o cal non indica que non se poida discutir :). Un saúdo. --Aricum 10:36, 8 xaneiro 2008 (UTC)

Grazas (ironía)Editar

Non esperaba de ti menos, menos mal que nos coñecemos:

  1. Dásme mal o nome do usuario, é Usuario:Molersterkids&infants
  2. Indícasme un motivo para borrar sumamente cestionable cando en realidade hai unha situación que semella grave co dito usuario (esta) (non entendo moi ben o inglés, así que actuarei con precaución, inda que me parece que ao usuario debe ser bloqueado)

Grazas por importunar cando se está a traballar, por dificultar o traballo e por poñer a cambadela a outros usuarios. --Lmbuga Commons - Galipedia 00:37, 12 xaneiro 2008 (UTC)

  • Disme que che gustaría que mantivese un mínimo de respecto cara a túa persoa. Confúndeste, tes todo o meu respecto, cando queiras douche un abrazo, dime onde quedamos.

O que non "respecto" (entre comiñas) é a túa actuación. Sabes como nos levamos ti e mais eu na wiki no pasado, polo tanto, estabas obrigado a ser coidadoso (case che era roibido comunicarte comigo). Non poñer o usuario cun enlace non é relativamente irrelevante. Poñer incorrecto o nome do usuario pode ser unha falta de respecto (agás que non teñas coñecemento, que non é o teu caso). Solicitar o que solicitas -a min!, cos precedentes que hai-, cando o que procede primeiramente é outra cousa, o non vai máis: semella unha cambadela.

Así e todo, acepto as túas explicacións e pídoche desculpas. Mesmo acepto que me confundín neste caso. Con esta aceptación abro camiño a colaborar contigo na wiki, camiño que ata o de agora estaba -ámbolos dous o sabemos- pechado. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:17, 13 xaneiro 2008 (UTC)

Tras ver a súa adenda ó asunto aquí procedo a comunicarlle as miñas palabras: estas. É vostede falso (a súa falsidade é intencionada e comprobable). Todo o dito por mail ou por outra canle deixa, ó meu parecer de ter valor.. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:54, 13 xaneiro 2008 (UTC)
  • Se algén desexa máis datos sobre a falsidade, solicítemos, por favor--Lmbuga Commons - Galipedia 22:05, 13 xaneiro 2008 (UTC)

BoasEditar

Boas de novo. Ánimo e non deixes de tentar axudar cando o consideres. Os malentendidos sempre poden solucionarse. Ánimo de novo e un consello, tenta procurar a empatía con Lmbuga que é boa xente e todos podemos malinterpretar algo. Onte houbo moita cousa estrana na Gali que molestou a todos pero especialmente aos administradores e para remate chegou ese asunto estrano no que tentaches axudar. Bo traballo e a seguir léndonos por estes lugares. Saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 11:39, 12 xaneiro 2008 (UTC)

Modelo dereitos humanosEditar

Grazas pola benvida. Grazas polo aviso no tocante ao modelo, non tiña lido as instruccións de uso (Modelo:Wikiproxecto_Dereitos_humanos). Agora xa sei que vai na páxina de discusión, o seguinte paso é comezar a crear algún artigo. Miguel.lima 19:14, 12 xaneiro 2008 (UTC)

CastrosEditar

Ola Maañon ! Veño de deixarche una mesaxe eiqui : fr:Discussion Utilisateur:Maañón. Sinto non haber visto esto fr:Discuter:Castro dos Prados mais cedo. Saúdos ElviraConversa con mi 21:17, 13 xaneiro 2008 (UTC)

O matrimonio ArnolfiniEditar

Bravo!!! Os meus parabéns, quito o chapeu, un gran artigo!!!, benvido de novo. ;), saúdos, Alma (fálame eiquí) 12:15, 27 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanzaEditar

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos.

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:52, 30 xaneiro 2008 (UTC)

ModeloEditar

O certo é que faríasme un grande favor se me axudaras a amaña-lo. Polo de agora non manexo moi ben os modelos dese tipo--Hugo22 10:49, 2 febreiro 2008 (UTC).

grazasEditar

Graciñas polos ánimos, disculpa pola resposta tardía (non podo adicar moito tempo esta temporada), .--QuatriNauta 15:47, 9 febreiro 2008 (UTC)

Fusión Galicia e GalizaEditar

Hola

Coma outros usuarios, participaches dun debate sobre a fusión destes dous artigos na páxina Conversa_Wikipedia:Toponimia. Unha vez compartidas as opinións, e chegados a un punto no que parece haber bastante consenso, abrín a votación oficial en Wikipedia:Votacións/Fusión_dos_artigos_Galiza_e_Galicia.

Saudos Miguel.lima 16:31, 9 febreiro 2008 (UTC)

saudosEditar

Ola. Soamente expresarche o meu apoio explícito á túa honestidade e integridade. Espero que, nun futuro, se che faga xustiza e teñamos ocasión de participar neste proxecto. --QuatriNauta 16:46, 16 marzo 2008 (UTC)


Atopei coa tua colaboracionEditar

Ola Maañón ! Sei que estas bloqueado. Vexo que tes apoio nesta paxina desde o teu bloqueo, paxina que a podes leer e que calquer pode ler. Pois atopei isto fr:Discuter:Castro dos Prados escrito en fecha do 4 de decembro 2007. Respondin eiqui fr:Discussion Utilisateur:Maañón#Castros o 13 de xaneiro 2008. Tardei en ver a tua proposta porque vixio casi todos os artigos sobre Galicia e de vez en cando vou ver as paxinas de conversa, inda que fallan moitos por empezar, pois xa son moitos po mantemento que fago co tempo que dispoño. Por ben que cavile non vexo quen te impidiu de traballar nos artigos dos castros de Galicia, aumentando os que empezei ou abrindo outros, xa que copié esta lista da Galipedia fr:Castros de Galice pa asegurarlle os nomes na wiki en francés. Sabes ben cos artigos non son propriedade de ninguen. Agora que estas bloqueado eiqui a ver si vas contribuir un pouco eli ? Pa que vala a pena de revisar un dia o teu bloqueo permanente, si colles conziencia da gravedade do que escribiches, pois un traballo noutra wiki, en frances ou noutra lingua sempre pode axudar. Solo ti sabes cales son as tuas metas pa contribuir nun proxecto internacional de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas e de transmitir a tua sabedoría e o teu coñecemento. Saudos ElviraConversa con mi 18:16, 16 marzo 2008 (UTC)

Charlas en OrdesEditar

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. --  Sobreira (parlez) 21:58, 15 abril 2008 (UTC)

Elecciones a administradoresEditar

Gracias por informarme de la convocatoria de elecciones a administradores. Acabo de leer el mensaje, he estado unos meses ausentes por culpa del trabajo. Ahora que tengo un poco más de tiempo me pasaré más por la Galipedia. Salud, Manu bcn 12:01, 17 maio 2008 (UTC)

Mañón Euskal Wikipedian / Mañón na Wikipedia VascaEditar

Gabon. Zure mezua irakurri berri dut eta Mañón udalerria Ortegal eskualdean dagoela aipatuz zuzenketa egin dut (gainera dagozkion bere parrokiak gehituz): Galiziako udalerri guztien artikuluak egin nahi ditut. Eskerrik asko ohartzeagatik. Goraintziak Euskal Wikipeditik Galiziar Wikipediara. Beste bat arte.

Boas noites. Acabo de ler a túa mensaxe e realicei a corrección mencionando que a localidade de Mañón atópase na comarca de Ortegal (engadindo ademais os seus correpondientes parroquias): quero realizar os articulos de todas a localidades de Galicia. Grazas por avisar. Saúdos desde a Wikipedia Vasca á Wikipedia Galega. Ata outra.

Euskalduna 23:01, 16 setembro 2009 (UTC)

Tradución italiana dos "Séculos Escuros"Editar

Ola Maañón. Eu dei a miña resposta aquí --Carlog3 17:46, 13 de setembro de 2010 (UTC)

Cuestionario onomásticaEditar

Ola, Maañón! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:21 (UTC)

Volver á páxina "do usuario Maañón".