Conversa usuario:Maañón/arquivo1

Discussões ativas
Benvido(a) á Galipedia, Maañón!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. e xa ves que algúns si que a lemos e concordamos nalgunhas cousas. Grazas por te rexistrar, é maís doado para todos colaborar :-) Alma 18:45, 19 agosto 2007 (UTC)

  • Sumome a bendida. No trocante a expresión de “vacas sagradas”, moi boa, si señor, moi boa, só queda que iste proxecto sexa unha parte da India regada polo río ganxes. A sorte das “vacas sagradas” é que non se lles pode tocar, debese un de apartarse do seu camiño, adorarlles e, mesmamente, a súa merda tense estima por la creencia de espanta-los males. Se istas, e outras cousas que non relato aquí non son cumpridas coa súa deboción e relixión, o acto enténdese por sacrílego e impuro, dando, mesmamente a quen o comete, a pena de morte. Un saúdo.... --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 19:04, 19 agosto 2007 (UTC)
    • resposta a Xelo: xa que non me deixas borrar a tua referencia á merda, que me parece de mala educacion, contestareiche (con boa educacion) : as vacas na India, ainda que son sagras, son vacas: na India rural xónguenas e poñenas a traballar, pois é un bon animal de tiro (ainda que pouco intelixentes pese a seren moi cabezonas). Nas cidades indias, son inutiles, adicanse a roubar os alimentos e estorban nas autopistas (teñoo visto eu), pois cruzanas, parando o trafico, para comer a herba da mediana e ninguen lles pode dicir nada. Enfin, as vacas sagradas da India ... seguen sendo vacas.--Maañón 08:12, 20 agosto 2007 (UTC)
  • Terceira de derradeira vez. Outro revertimento de cambios pola tua parte sobre algo que acusas de vandalismo e que, se mire por onde se mire no ai nengunha faia de respeto a túa personalidade, senón a un criterio de comentario que puxeches a paxina de usuario coma que "Haber quen me pon a perna enriba" e vereime na obriga de cumplir contigo a normas do wiki. Sintoo ter que discrepar no que dis que non emprego un galego productivo, polo de agora, con toda a xente que falei, todos me entenderon agás tí que debes de ter algo na contra miña cando eu nin sequera teño nada na túa contra. Polo que vexo, ti--Miñato 18:58, 1 setembro 2007 (UTC) tampouco o empregas. Abaixo tes outro comentario de outro usuario, eu o respeto, e él respetamen a mín, ti por desgraza non parece ou no queres entendelo. Ninguén se está a rir de tí e eu menos. Agradeceríaseche que respetases os comentarios da xente so pena das normativa wiki. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 19:36, 19 agosto 2007 (UTC)
  • Tamén che dou a benvida e pdio que pasedes todos polo Río Limia para ver se precuramos un pouco de olvido e xa presentados todos traballamos xuntos. Espero que co tempo vaias cambiando de opinión sobre a xente que lle dedicou e dedica moito tempo a este proxecto. Un saúdo Lansbricae (Ti dirás) 19:12, 19 agosto 2007 (UTC)
  • Non me pareceu axeitada a decisión do administrador Xelo de bloquear este usuario, se ben tampouco foi nada axeitado o borrado de mensaxes desta páxina, e, en xeral, a actitude de 'contra a' deste usuario. Creo que todos lle deberiamos facer un pouco de caso a Lansbricae e lembrar por que e para que estamos aquí. E parar xa coas palabras vas e poñerse ao carro --Xabier Cid 07:14, 20 agosto 2007 (UTC)
  • o teu xuizo de "actitude de 'contra a'" que aplicas é simplemente un xuizo de valor. Tamen poderia aplicar xuizos de valor á tua actitude de non te retractares do que borrache sin razon na paxina "estuario"... O que me fai mais graza é a tua frase final .. poñendo paz ... como se un piromano dese consellos de como coidar os montes.--Maañón 08:07, 20 agosto 2007

(UTC)


RecomendaciónEditar

Deixate de leas dunha vez, hai un dito que trasladado aquí é galipeda e deixa galipedar. Non andas a dicir que só podes colaborar este verán, pois queda pouco, así que aproveitao productivamente e non o malgastes en loitas cos administradores. Un saúdo e faime caso. E se queres protestar fai unha folga á xaponesa, que hai moito que facer. Alma 17:10, 20 agosto 2007 (UTC)

Concordo tristemente co contido da túa páxina de UsuarioEditar

Lamento esta concordancia. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 20:26, 30 agosto 2007 (UTC)

Se lle preguntas a calquera dos administradores que semellan desaparecidos pódenche contar as conversas que se fan entre eles polo messenger, sistema moi bo para uniformizar ideas e posturas. Nos sanedríns destos días non fun invitado nin tentei acendelo. O contido das miñas conversas con Prevert sucederon a través de correo electrónico comezando eu pedindo desculpas (antes do da proposta e demais), el aceptandoas e amagandoas e ao mesmo tempo sucedían os feitos públicos por outros derroteiros. Ante a nova proposta feita por el para "solucionar o conflicto" quixen non contestarlle públicamente e pedirlle que non esquecese da parte das cousas boas que fala mencionar o teu traballo e o feito por alma, como mostra de ánimo de querer amañar as cousas, como el tamén lle pedía a Alma que non pusexe condicións para a súa volta (cando antes a puxo na obriga "moral" de impoñerlle un castigo). A resposta lina hoxe pola noitiña e os calificativos cara a miña persoa por decilo dalgún xeito non entran no cadro explicativo do que é o sistema de castes (ou castas) dunha wikipedia (non foron palabras malsonantes non senón do xeito razoado que soe utilizar)...

A miña actitude actual é a de seguir a traballar ata que se atenda alomenos as miñas peticións de borrados de imaxes que non son da miña propiedade e das que na actualidade non podo dispoñer e ata que se teñan en conta as peticións de borrado dos dous ou tres artigos que sinalei motivando a causa.

Non teño intención de continuar así, pero semella que non estou a facer vandalismo porque ninguén me bloquea. ¿Qué ocorre logo? ¿Estanme dando tempo para que me poña en evidencia? teño a conciencia ben tranquila e o meu estado de saúde mental e físico son razoablemente normais, pero non pararei ata que algún que outro mequetrefe se entere de que os PROXECTOS FANNOS AS PERSOAS E NON HAI NADA NESTE MUNDO MÁIS IMPORTANTE QUE AS PERSOAS, sen elas non hai nada de nada. O Proxecto falan, o proxecto, e sae lles enche a boca, pois eu tamén a teño ben grande e facía tempo que non a usaba así pero non me quero ir deixando todo atado. Levo desde novembro do ano pasado traballando nisto. Hai estadísticas neste mundillo para todo e está o meu historial e a miña conciencia que como todo fillo de veciño está chea de cousas boas e malas. Espero que entendas algo máis a miña actitude pouco entendible e usual. Non pretendo cargarme a Galipedia, as edicións que estou a facer non están a borrar nada nin a vandalizar lugares onde se poidan ver a primeira man e non atopo xa outro xeito de comunicarme coa administración e o Vello da Montaña polo que estou a repartir hachis para os seus hassasins (de eles deriva o termo asasino como creo coñecerás).

Un saúdo e grazas por mediar, como diría o outro estar a desfacer o cadro de análise de tipos de usuario, pasas de ser "usuario conflicitivo que trata de salvar o cú" a ser un usuario cun perfil claramente de administrador, destacando polo teu caracter "negociador". Jeje cousas da vida un día estamos nun sitio e outro día noutro. Parabéns polo teu traballo e non te sintas culpable polo ocorrido xa que o asunto se se simplifica tanto é propio dunha obra do noso Valle Inclán, un completo ESPERPENTO. Espero que pasen algúns polo "Callejón del Gato" e se miren neses espellos. Lansbricae (Ti dirás) 22:39, 30 agosto 2007 (UTC)

ComentarioEditar

Agradezo sinceramente a túa capacidade crítica (non é unha secuencia irónica, dígoo sinceramente), capacidade que mostras na túa páxina de usuario. Pero como administrador da Galipedia a túa crítica resúltame baleira, pois non propós nada, dis que os administradores fan un labor moi mediocre en canto a liderazgo do proxecto, dedicandose mais a controlar que a dirixir e liderar, ademais de ser parte dese núcleo endogámico centrifugador que menciono mais arriba. Calquer experto en xestion de equipos, fixandose un pouco, se decataria disto.

Son palabras interesantes sempre e cando poidas mostrar que hai outro camiño e poidas desenvolver unha crítica positiva. Xórdenme preguntas:

  • Non quero manifestarche que non estou de acordo co da endogamia, que non o estou, o preocupante para min é que os usuarios perciban tal cousa, ¿por que? ¿que facemos mal e, sobre todo, que propós, de que maneira podemos facelo ben?
  • ¿En que consiste dirixir e liderar? (Evito sentirme insultado, pois creo que non chegariamos a ningún sitio. Probablemente eu non lidere (en especial este ano por mor de problemas persoais), quizais sexa moito dicir que dirixo a alguén ou cara a algo, pero axudo na medida das miñas posibilidades... e as miñas posibilidades non permitiron que estivese presente moitos meses deste ano e que agora máis ca traballar na Galipedia, deambule por ela con boas intencións.
  • Dáste conta de que os administradores traballan gratuitamente coma ti? Cres que eu penso pasar á historia polo quefacer que desnvolvín (repito que ultimamente foi moi puca cousa?
  • Que sentido ten destruír nun ámbito que debe estar feito para colaborar? Que pretendes?. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:39, 30 agosto 2007 (UTC)
  • Lin agora a túa páxina de usuario (un pouco por enriba). Comparto moitas cousas, outras non; pero o importante é que dese texto si podo compartir o espírito con que foi creado. Hoxe non podo profundar nas cuestións, só podo revisar minimamente os cambios habidos na Galipedia por ips (e probablemente non todos). Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:58, 1 setembro 2007 (UTC)

ParabénsEditar

Parabéns. A túa evolución cada vez é máis sorprendente. Espero que sigas a traballar neste proxecto xa que o que propos na túa páxina require moito traballo e moita xente activa e vinculada ao proxecto. Espero verte máis por aquí. Lansbricae (Ti dirás) 15:44, 1 setembro 2007 (UTC)

BoasEditar

Ola, Maañon. En ningún momento deixei a Galipedia, simplemente é que comezo en breves a convocatoria de setembro dos exames universitarios e hai que estudar, que remedio me queda; polo que o tempo que lle podo reducir á Galipedia ten que verse reducido até o día 18, no que remato. Porén, aínda sigo colaborando no pouco tempo libre que me queda, agora estou con Texas hold'em tentando facer un bó artigo.

Con respecto á lea que se montou após o do 1 de xaneiro, hei de dicir que só me decatei da metade do que pasou, pero non afectou, nin o do 1 de xaneiro, nin esta, a miña vontade de colaboración da Galipedia. Na miña opinión, o proxecto está por riba dos seus usuarios, e que me leve mal con un deles non vai afectar para nada o meu traballo nel. Grazas, e se podo eu tamén axudarche no que sexa, non dubides en contactar comigo. Un saúdo.--Fryant 17:32, 1 setembro 2007 (UTC)

Moitas grazasEditar

Moitas grazas por pedir a miña volta, Maañon, sintoo moito por irme sen aclarar a situación. É verdade que o desenvolvemento dos acontecementos chegou a un punto no que os ánimos para continuar co proxecto diminuiron notablemente. Pero tamén teño que dicir que estou en plenos exames de setembro e ademáis estropeóuseme o portátil onde teño todos os borradores do artigo no que estou a traballar. Por iso deixei o proxecto tan drásticamente.

De todos modos, moitísimas grazas. Asegúroche que a túa mensaxe fixo que teña ganas de retomar o proxecto e sentirme cómoda nel.

Un bico, --Rouge 18:46, 1 setembro 2007 (UTC)

  • Aínda que non podo compartir todo o que fixeches alégrome de veras que permanezas aquí.--Miñato 18:58, 1 setembro 2007 (UTC)

GrazasEditar

Grazas a tí. Creo que a maiores dos demáis temos a obriga (eu máis) de facilitar a volta a normalidade, a unha boa normalidade polo que che propoño participes no Wikipedia:Wikiproxecto Dereitos humanos, espero que aceptes ou alomenos verte por aquí a miúdo. Un "cordial saúdo". Lansbricae (Ti dirás) 18:48, 2 setembro 2007 (UTC)

Pequena respostaEditar

En primeiro lugar, quero pedirlle desculpas por escribirlle a resposta nesta páxina, cando quen ma deixou a min foi unha IP de guerra. Paréceme ben que coloque esta mensaxe onde considere mellor.

Indo á súa longa mensaxe: había tempo que non lía nada tan delirante. Ao parecer, se son honesto debería recoñecer que estou en precampaña pra cargarme de horas de traballo repasando logs, pra fusionar historiais e revisar bots. Pois como o nego, vou ter que pasar por deshonesto. Pídeme vostede que renuncie a unha candidatura (que eu non propuxen, que eu non comentei, que eu non asumín) dun proceso electoral que ninguén sabe se se vai levar a cabo, e para iso dá como razón que fun proposto por amiguismo (non sei de onde saca vostede que son amigo de Prevert, pero supoño que tamén será amigo Lansbricae, supostamente candidatado canda min), e que non teño empatía con vostede e con Lansbricae. Recoñecerá que é todo bastante delirante. Cando queira discutir de cousas serias, como por exemplo o da etimoloxía, vémonos nas páxinas de discusión. Para as paxaradas non teño tempo. :)

E se o que desexan vostedes é o meu posicionamento público sobre algunha cuestión (sinceramente, non sei de que proveito lles pode ser a miña opinión, pero vaia...), fáganme preguntas concretas e eu tentarei responderllas se lles vexo utilidade. Pero non, non penso gastar o tempo en escribir as miñas memorias, como xa lles dixen. Creo que pra iso non está a Galipedia. --Xabier Cid 21:38, 3 setembro 2007 (UTC)

Para nadaEditar

Para nada, que non compartise cousas que fixeches non é impedimento de que entenda moitas cousas do que sentías e doutras non teña nin idea, ao mesmo tempo que cos demais. Ti seguro que tampouco compartiches todas as miñas actuacións. Non creo que a túa saida beneficie para nada ao proxecto, ao contrario canta maior diversidade, si existe respeto, maior potencialidade e mellor para todos os que quededes.

Eu pola miña parte xa creo que non podo aportar nada positivo e moito negativo, o cruce de palabras entre Lmbuga e Miñato é o máximo exemplo. Non pretendía nada do que está a suceder pero eu non sei paralo senón que semella que cada vez que me movo avivo o lume.

Co choio da democracia na Galipedia non creo que se obteña moito, non por falta de vontade pero si por faltar os que controlan o choio e poden orientar para facelo. É algo moi traballoso e no que a proposta de Miñato só respondeu afirmativamente 1 administrador. Ademais non creo que haxa moitos voluntarios que quixeran asumir o cargo, non polo dos últimos días que tamén, senón polo día a día que teñen os administradores.

Só espero que vaidades voltando a unha normalidade máis ou menos estable e que co tempo entre todos reforcedes a colaboración cos administradores e logo entón a súa democratización. Nada máis ánimos, desculparse, perdoar, esquecer e traballar. Eu xa marcho que sempre ando a decir que me vou e sigo a latricar.

Sorte e verás que todo esto tivo un efecto moi deformante na visión da xente, e daraste conta co tempo de que a xente que está nesto é boa xente e procuran non o seu beneficio senón o do proxecto. Quizais neso estribara toda a merdallada esta demasiada boa fe que fai que nos confiemos en que o dito por nos vai ser ben entendido e o dito polos outros non é correcto. Sintoo e segue con eles, verás que merece a pena. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 21:34, 4 setembro 2007 (UTC)

Grazas, tardarei moito en crer o que dixeches, pero grazas. Lansbricae (Ti dirás) 21:37, 4 setembro 2007 (UTC)

Re:todo foi un soño dunha noite de veranEditar

Para min é unha noite de terror.
Miñato se algo tivo foi boa fe, honestidade, total transparencia. Estou de acordo.
Polo que respecta ó do golpe de estado, por favor, le as miñas mensaxes. Aclareino ó instante, así que Miñato me indicou que non me entendía. Dixen:

O do golpe de estado non ía dirixido a ti; é unha sensación, a sensación que che queda cando persoas que estiveron miles de horas dedicadas ó proxecto abandonan todo por mor de disputas con usuarios que non teñen perspectiva histórica

...e sigo sentindo o mesmo. Repito, é un sentimento, unha sensación. A sensación de que a xente soe loitar contra o poder denodadamente sen respectar traxectorias nin mirar o futuro (cousa que non aplico ó caso do conflito, por que como xa dixen moitas veces, non sei exactamente o que pasou).
En conclusión, eu non falo do conflito, inda que estou afectado por el.
A min non me interesa a retirada de ninguén. Ó revés. O que non quero é sentirme con temor cando edite, por se me confundo. É certo que metín a pata, moito máis se meteu no conflito ese (supoño que todos os que participaron ou os máis, polo que vin) e non sei que se pediran bloqueos. Pediuse o meu bloqueo porque son administrador (un absurdo nestes momentos, pero vale, bloqueeime eu a min mesmo), pero non me gusta que un usuario próximo, que me considerou o seu cicerone, non veña de cara... e non quero que me veña por detrás nunca máis. Se me confundo, confundinme. Hai un historial de moitas horas aquí traballando e respectando á xente. Cando menos merezo que me digan as cousas á cara. Esa é a cúspide do meu problema, e está pechado: O usuario non o entende.
Por favor, non terxiverses: De que acusei a Miñato? O do golpe de estado xa lle dixen que non ía con el. De que?
Antes a transparencia e a democracia eran moi importantes. Todos tiñamos claro que había que camiñar cara a iso. Pero non se podía ir máis rápido, non eramos capaces. Antes de implantar unha democracia hai que crear unha constitución, e os administradores estabamos especialmente no verán, pero tamén no inverno, a tope de traballo. Por iso fai uns meses decidía eu cal era a imaxe da semana ou Prevert o artigo do mes, por iso non hai unha política para a elección de administradores,...
Por certo, xa me dirixín a Miñato pedindo que o meditase, víchelo? Eu estou nas mesmas ca el, co nivel de esixencia que tendes cos adminisradores máis vale que o deixe, porque eu non penso poñerme horas a redactalas, bastante tempo lle teño dedicado a isto e a Commons. Vexo todo moi negro. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:03, 4 setembro 2007 (UTC)

RespostaEditar

A verdade, non creo que marchándote do proxecto se vaia a solucionar nada, e penso que en canto a diversidade e pluralidade a cousa iría a peor no canto de mellorar. Polo que respecta a min, agradézoche as túas palabras, pero aínda non sei o que vou a facer, gústame o proxecto, facer artigos, colaborar con outros usuarios, pero acusar a Miñato dun golpe de estado, é excesivo.... Todo depende do que suceda e xa ves como se está a respirar, así que non te podo dicir o que debes facer ti porque eu non sei o qué facer. Síntoo. Saúdos. Alma 22:57, 4 setembro 2007 (UTC)

ExplicaciónsEditar

Abandono a Galipedia. A esplicación do que a min me ocorreu está [aquí], mentres non a borren--Lmbuga Commons - Galipedia 01:12, 5 setembro 2007 (UTC)

PeticiónsEditar

Rógoche que fagas un novo esforzo na redación da túa páxina de usuario retires o que consideres poida danar, inda que sexa indirectamente, as persoas e ao proxecto no que participaron (xa a melloraras bastante pero pídoche un último esforzo). O desprestixo que provocaron os feitos acontecidos é obriga moral nosa limitalo e tentar de borralo. O desprestrixo das nosas persoas creo que só queda vivir con el. Tamén che pido que deas a túa opinión e participes na Proposta de Miguel.Lima que considero moi interesante e útil. Grazas pola túa atención, Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 12:47, 6 setembro 2007 (UTC)

Non se debenEditar

Non se deben, colabórase o que se pode non o que se quere. Hai que centrar os obxectivos e niso un espíritu como o teu fai falla, inda que refunfuñes de cando en vez. Espero non o tomaras a mal, eu creo que non pero como últimamente atrévome a facer cousas que nunca pensara facer xamais, considerei que sería ben entendido, ainda que pensandoo agora diría non eres parvo e ben o podías ver ti, tes criterio propio ;) Eu escribinche antes do bo traballo de Xosé facendo a páxina. Agora enchela é cuestión de cantos máis mellor... e aínda algúns dicen que o traballo e sán. Coidarse. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 23:23, 6 setembro 2007 (UTC)

Resolución de conflitosEditar

Ola, Maañón. Borrei a categoría que creaches por non estar nin debatida e ser creada unilateralmente, ademais que de ser creada debería ir no espazo de nomes de Wikipedia. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 20:55, 7 setembro 2007 (UTC)

  • Si que te entendín. É doado chegar a esta páxina xa que hai unha ligazón na Taberna (propostas) cara ela. Ademais non había outra opción que borrala, xa que non ía no espazo de nomes wikipedia, que é onde deben ir este tipo de páxinas (ademais de crear a categoría sen consultar nin nada). Coido que na Taberna (propostas) podes propoñer a creación dunha categoría de ese estilo e que os demais decidan como en democracia. Eu polo pronto véxoo dentro de category:Historia da Galipedia. Saúdos. AlberteSi, digame? 21:05, 7 setembro 2007 (UTC)

IP e XeloEditar

Quizáis a conclusións de Miñato, como mencionas, poidan estar medio erradas. Revisando o teu historial vexo unha Ip's que tamén agrega outro comentario sobor dun comentario feito por Xelo. Iso demostra que unha Ip's dinámica pode ser posuida por un usuario e o cabo dun tempo por outro (sendo o ordenador da central onde se teñan contratados o servizos que a otorga). Resolveche iso as dúbidas que plantexas. Grazas --Moderador 21:15, 7 setembro 2007 (UTC) PD.: Sei que é Xelo, pero non vivo con él, creo que cada quen ten a súa vida. Eu veño só de pascoas en ramos. --Moderador 21:17, 7 setembro 2007 (UTC)

  • As boas, xa vexo que se fala de min, precisamente que pasaba a dar unha volta por aqui haber como lle ían as cousas o proxecto. Saúdos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:20, 7 setembro 2007 (UTC)
  • Ben non cho podo dicir porque non o sei. Eu son administrador e non teño acceso a Moderador. Non sei quen o utiliza. Un saúdo. AlberteSi, digame? 21:32, 7 setembro 2007 (UTC)
  • Eu sí que cho podo dicir. E é ven sinxelo, Moderador si que existe como usuario normal. Tempos atrás tivo que deixar o proxecto (deus me perdoe o que vou contar e máxime de Moderador) por que se adica a misións. Explico, non a misions calquera, senón de ONG, Moderador é misioneiro (crego, vamos a deixa-lo asi) Estivo un tempo fora de España no terceiro mundo. Por daquelas deixounos os permisos con fin de darlle utilidade o seu usuario; baixo un concepto. Só erradica-lo vandalismo, pero sen facerlle mal a ninguén (a ser posible). O que eu menos me contaba é que voltase hoxe a parecer. Sei que cambiou o contrasinal (díxomo por correo hoxe a noite) e pensa estar connosco mentres teña algo de tempo. Prevert puido haber dito por correo unha parte da cousa, pero non todo (non tiña por que facelo). Polo que tampouco se lle vote as culpas a él. Miñato, quizáis sepa algo (quizáis parte desta mini historia) e bloqueou creendo que era un usuario creado polo que nos demos de baixa (para cumpli-la petición de Miñato). En outro aspecto; Albert Galiza non mente, Miñato (ata onde soubo) tampouco e, Moderador (por curioso que che parezca e dificil de creer) -ate me costa a min pola sorpresa- tampouco. Peso que isto aclarará algunha das túas dúbidas. Eu ate donde entendo e, polo que ollei no correo, seica lle deron unhas freigresías aqui en galiza para atender (a falta de cregos) pero nonme dixo cales nin donde. Ata outra.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:55, 7 setembro 2007 (UTC)
  • Acouga, creo que con isto nonche faltei o respeto, nin a tí nin a ninguén. Só conteu unha cousa para que te quedara tranquilo, pero polo que vexo seguesme a ter rancor. Que saibas que non son administrador nin burocrata, podes preguntarllo a quen gustes, pero, namentres firme, non podes exercer a obriga de impedirme que dialogue contigo na túa paxina de discusión. Se non é así e sigues no teu criterio de que non escriba, teño por suposto de que me tes rancor. Eu ata onde cheguei non teño por que ter rancor de ninguén e menos de tí (noutroa só me limitaba a cumplir coa normativa), agora, como ves, non podo. Saúdos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:18, 7 setembro 2007 (UTC)

Ai, Maañón, se deixaras de meter cizaña e te dedicases á Galipedia... Que che importa a ti quen sexa ou quen deixe de ser Moderador? Afán de xustiza? oh, dios, que pesadez... Se deixádeses de remexer no lixo e tirásedes pra diante podía chegar a crer que o teu interese é a Galipedia. Os feitos, porén, teiman en dicir oura cousa --Xabier Cid 23:08, 7 setembro 2007 (UTC)

Para que fique toda a historia: a este usuario Xabier Cid non lle contestei naquel momento ás suas descalificacions, pois descalificouse el mesmo, ademais xa habia bastante ruido. Un día mais tarde da sua mensaxe escatoloxica, o usuario Moderador (o moni-crego) foi bloqueado de por vida e aí se acabou a historia (espero). Moraleja: turra canto queiras, a verdade sempre aboia.--Maañón 21:32, 15 setembro 2007 (UTC)

PeticiónEditar

Ola, quería pedirche, de novo, jeje o consentemento para retirar as propostas nas que discordaches na páxina de Resolución de Conflictos xa que considero que só axudan a facer máis ruido e non aportan nada. Por onde deben camiñar as cousas creo que compartimos moitas opinión sobre elo, e eu non creo que estas propostas cheas de humor negro axuden en nada. Xa sei que o teu voto non é válido pero de tódolos xeitos quería pedirche o teu consentemento para borrar esas dúas propostas nas que ambos discordamos. Un saúdo e saúde, tentando facer un xogo de palabras. Lansbricae (Ti dirás) 19:57, 9 setembro 2007 (UTC) a

Borrado de páxinas de discusiónEditar

Ola Maañón. Quería decirche que non podes borrar a páxina de discusión dun usuario ou IP. Supoño que sería un erro, xa que lle diches a benvida borrando a que tiña dada por parte de Lmbuga ademais doutro comentario que alí había. Un saúdo. AlberteSi, digame? 11:28, 15 setembro 2007 (UTC)

  • Ben, non sei onde ve a miña mala fe ou a miña persecución contra vostede cando digo ben claro supoño que foi un erro. Non sei como sabe se é unha persoa distinta ou a mesma a da IP. Se hai algún método de sabelo por favor indíquemo, que eu quero sabelo. E tanto o que escribe un administrador como un usuario nunha páxina de discusión debe permanecer alí e non ser borrado. Se quere darrlle a benvida fágao debaixo do xa escrito. Por último, entendo que me reproche a miña calada nun tema que eu non coñecía na súa profundidade. AlberteSi, digame? 14:00, 15 setembro 2007 (UTC)
  • Ben, agora vés e sóltasme outro rollo de outras cousas que non veñen a conto. Non cho discuto, non quero entrar porque sei o que pretendes (son xoven pero non parvo). Co que quedaría contento é con que entenderas que non podes borrar unha páxina de discusión dun usuario, que polo que vexo nas súas contribucións ten pinta de ser o mesmo desde sempre (contribucións sobre a historia da lingua galega). Por certo, púxenme a ver agora mesmo unha peli para esquecer un pouco este mal rollo que montades e dende o minuto 8 ata o 10 parece que a discusión está feita para a Galipedia. A película chámase Clercks. Vou seguir véndoa. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:36, 15 setembro 2007 (UTC)

Boh!Editar

Que boneco Chucky nin que puntas de gaita!! Eu son o Chuck Norris, refírome a min mesmo en cuarta persoa, podo falar braille, cagar no teito, dividir por cero e contar ata o infinito.

Recorda: O que Chuck Norris nos da, Chuck Norris quítanolo.

Hahahaha!!!! Era unha coña... En fin... Pro que necesites, xa sabes. Saúdos!! --Chuck es dios 23:40, 15 setembro 2007 (UTC)

Erro na páxinaEditar

Ola. Creaches a páxina User:Mañón...etc cando debería ser User:Maañón, deberías mover a páxina e marcar a outra para borrar. --Banjo tell me 16:42, 16 setembro 2007 (UTC)

  • A páxina que creaches é User:Mañón..., cunha soa "A". O teu usario leva dúas "A". Velaí o erro. --Banjo tell me 16:49, 16 setembro 2007 (UTC)

GrazasEditar

Hola Maanón, moitas grazas por a tua axuda. Voi facer o que poda. --Carril 17:05, 20 setembro 2007 (UTC)

Títulos das películasEditar

Ola meu, como andamos? Qué opinas, estanse a facer artigos sobre películas e tomouse a decisión de que aquelas estreadas en galego leven o título en galego e as que non o orixinal. Qué opinas como se fai con 40 anos de cine mudo? Supoño que o título orixinal, e coas películas orientais? Cómo sería o título da dos sete Samurais de Kurosawa porque só verlle o título ao artigo ten que fardar un cacho. Se me "orientas" inda me atrevo con algunha. Qué che parece? Saúdos. Ves que xa che turro como pon na túa sinatura, veña móllate. Lansbricae (Ti dirás) 20:00, 20 setembro 2007 (UTC)

{{Benvida ip}}Editar

Substituín o {{subst:Benvida}} que acabas de deixar por {{Benvida ip}} porque a primeira está orientada a usuários rexistrados (o da páxina persoal, etc.) e estoutra a usuários non rexistrados. Nesta, por exemplo, convída-se-lles a rexistrarse. Os usuários anónimos non editan sempre desde a mesma IP. --Xosé (✉) 21:26, 21 setembro 2007 (UTC)

Agora vou ter que facer os artigos de marrasEditar

Jeje, vou ver se os fago respetando o título orixinal se o a topo. Vou facer o artigo de Samurai I de Hiroshi Inagaki, e non lembro fose traducida ao galego. Se non se che pode decir nada, e era moi fácil, bastaba con usar o interwiki. Eu fago a do filme pero queda orfa a do director, se atoparas algunha tradución de wiki viña ben non? Lansbricae (Ti dirás) 23:19, 21 setembro 2007 (UTC)

Lingua rusaEditar

No artigo Lingua rusa fixen aportacións extensas e non copiadas doutras Wikipedias (cito bibliografia) e, xa que logo, é un dos que vixío. Precisamente era unha das áreas nas que queria estender-me, ainda que os labores de administración non me permiten continuar redactando artigos tanto como antes, que é o que máis me gusta realmente. --Xosé (✉) 08:54, 22 setembro 2007 (UTC)

  • Ao ler o que acabas de escribir sobre as traducións volvo sobre esta mensaxe que che deixei antes, porque non sei se ten relación: Expliquei-me mal e ti probabelmente entendiches que eu rexeitaba as traducións. Non é asi! O que queria dicer é que, como moitas veces se comparan os artigos entre distintas wikipedias, a afirmación que aparecia no de lingua rusa non era miña e non tiña referentes noutras, que a miña parte estaba máis abaixo. Non sei se me expliquei agora ben. Eu teño traducido moitísimos artigos e é unha práctica habitual. Normalmente fago-o da inglesa, por ser a máis completa, mais doutras tamén. A Xunta acaba de sacar a concurso un tradutor inglés-galego, mais ainda faltarán meses para que chegue. Canto ao da portuguesa, o que se pode facer é crear macros no teu procesador de texto de maneira que vaian transliterando nh->ñ, lh-> não->non, etc. É cuestión de probar e mellorar, porque ás veces saen cousas sorprendentes. Un saúdo. --Xosé (✉) 19:37, 22 setembro 2007 (UTC)

FotosEditar

Grazas pola benvida! ;) Realmente xa estou rexistrado dende comezos do verán e xa editei algo pero non podo traballar tanto como quixera porque non teño moito tempo. Tratarei de meter o turbo agora en setembro. Terei en conta o das fotos! Tiña só dúbidas con respecto ao tema dos dereitos de autor. Graciñas. --Cabaleiro de Espadas 08:37, 23 setembro 2007 (UTC)

cadrado (álxebra)Editar

Unha cousa: dis que "o cadrado dun número é ese número multiplicado por si mesmo". ¿Non sería máis exacto dicir que é "o resultado de multiplicar un número por si mesmo"? ¿Ou son dúas formas de dici-lo mesmo e a diferenza está só na miña cabeza? Saúdos. Pedro --Lameiro 11:57, 23 setembro 2007 (UTC)

Política de traduciónsEditar

Andiven fozando na páxina. Xa me dirás que che parece. O que non che vaia ben quitao ou modificao sen medo. Ë interesante unha páxina do estilo xa que o tema das traducións e un tema que xa se leva debatido e hai opinións para todos os gustos pero si que debería haber unhas recomendacións ou orientacións consensuadas que sirvan de guía para todos. Lansbricae (Ti dirás) 15:46, 23 setembro 2007 (UTC)

triskelEditar

a dicir verdade ... non cho sei: encetei trisquel porque me coincidiu traballando en tres. O que contas parece ser así consultando a wikipedia inglesa. saudiños--Quatrinauta 18:12, 23 setembro 2007 (UTC)

paravadas e caralladasEditar

Neal, ainda que ti prefiras "euskera" e eu prefira "vasco" (paréceme mais galego, sorry), non coido que sexa para calificar a miña opinion de "parvadas". Veña, deixate de caralladas e bótanos unha man, por exemplo dándolle un repaso aos artigos de linguas, que nos fai moita falla ;)---- Maañón TURRA CANTO QUEIRAS 08:33, 22 setembro 2007 (UTC)

"TURRA CANTO QUEIRAS"??? turrar turrei. hhm, as túas non son "parvadas" mais (nótese a diferenza entre "mais" e "mái"...) as miñas son "caralladas". por preferir cada un pode preferir o que queira, mais non é iso que dicías (e segues a dicer) "paréceme mais galego": "éuscaro" non é nin galego nin euskera, é un invento rídiculo; "euskera" é o etnónimo e "vasco" o latinismo... polo de traballar, bastante teño con o que fago. mais se ben farteime da proxecto en galego, en grande medida polo xeito de actuar dos administradores, non penso volver ni para colaborar (abondo xa teño) nin para montar follon 84.78.78.41 05:45, 24 setembro 2007 (UTC)
    • Nota á marxe: ""éuscaro" non é nin galego nin euskera, é un invento rídiculo".
    • Non sei se será euskera ou non, pero galego parece que si: o VOLGa dá éuscaro como sust. e adxectivo, sinónimo de vasco. Pedro --Lameiro 18:56, 24 setembro 2007 (UTC)
  • Aclaro un par de cousas. Eu xa deixei atrás o "caso agosto", e xa remo cara adiante. E outra: creo que non tes demostrado boa intención de traballar por isto. Tes demostrado traballar para ti e para os teus propios intereses (síntoo, é a miña opinión, non por ser administrador é máis válida). Eu polo menos o vexo en cada cousa que fas.

Ah, tamén, lle dis a Lansbricae que noutras wikipedias fan votacións incluso para borrar artigos (e lle pos unha exclamación). Teño que dicir que aquí tamén facemos iso. O que evidentemente non facemos (e ningunha wiki fai) é votar para desfacer edicións ou borrar artigos lixo. Tamén creo que non se dá por descontado a democracia na wikipedia, dío ben claro o piar: Isto é unha enciclopedia eningún experimento de democracia ou anarquía (nótese que se pon na mesma tesitura democracia e anarquía). Pode ser que a ti te guste unha adaptación da democracia para a Galipedia. Eu sigo prefirindo un modelo de colaboración e compañerismo como até agora (a democracia, polo menos a "democracia española" que é a que coñezo, véxoa con grandes deficiencias). AlberteSi, digame? 15:28, 24 setembro 2007 (UTC)

Resposta á petición de aclaraciónsEditar

Bon, Maañón, non te entendo moi ben. Te me pos en plan vítima outra vez? Así non hai quen fale contigo. O da ligazón que me deixas a non roias ós novatos non creo que o digas por ti, porque de novato tes pouco. De feito tes máis experiencia en leas ca min. Na wiki inglesa xa conseguiches que Maañón redirixa a Mañón, e tamén na wiki española, incluíndo que tamén se pronuncia así. Vaites que interese tes en andares niso. Isto escríboo porque me pides que diga en que me baso para dicir que o teu interese non é a Galipedia senón o teu propio interese persoal.

Na Gali tamén intentaches meter o Maañón por algures, mais a edición foi revertida primeiro por André, e a parte etimolóxica por Lmbuga. Como se te borrou a edición (aclaraches que era un traballo teu de campo, recordemos: Wikipedia non é unha fonte primaria) e seguiches con insultos cara a xente do proxecto: "cando un proxecto está liderado por xente mediocre somente atrae a mediocres. Parodiando ao meu "hilustrado" amigo Xelo: "ilo é expantoso"." O que escribo eu cara ti serán todos ataques (como ti os tomas), pero esto estou seguro que para ti non é un ataque contra o núcleo duro da galipedia: a comunidade. Total, como dixeches: "ninguén le a Galipedia". Entón que interese hai en vir aquí e facer isto? Seguches por eliminar os comentarios que te fixo Xelo na túa páxina de discusión.

Hai unha cousa coa que estou de acordo parcialmente contigo, queres unha wiki como as outras, e está ben. De ser esta calquera outra wikipedia estarías bloqueado dende moi ó comezo, e por moito tempo (vamos, infinito).

Nun lugar dis: "tamén poderia aplicar xuizos de valor á tua actitude de non te retractares do que borrache sin razon na paxina estuario". Non aplicaches o mesmo cando borraches información na páxina Deus (un bo cacho, para incluir a túa tradución). tampouco aplicaches iso para borrar a páxina de discusión dunha IP para pór a túa benvida. Cando te visei por educación, pensando que era un erro teu, que revertira os cambios (polo que presumín boa fe, demasiada), contestaches se pensaba que o que escribían os administradores era sagrado (a túa etimoloxía, recordemos, si é sagrada). Así decateime de que predispuxera demasiada boa fe, porque ti o borraras adrede, con mala fe.

O erro en grande parte foi dos administradores, por blandos. Pola creación do usuario Xelo2007, con contido descalificatorio terías que ter sido bloqueado por infinito. Vamos, todo me demostra (polo menos a min) que non vas acorde ós principios da Galipedia.

Ademais da fonte primaria e de suplantar identidade, tamén tes incumprido o Punto de Vista Neutral, cando calificaches ó alcalde de Vicedo de: "%%%%%%%%% non foi concenado por prevaricacion somente por ser declarado ignorante, sen estudos e sen criterio propio (e chegou a alcalde!)". Se isto noné vandalismo que veña Deus e o vexa.

Tamén tes dito que o "problema é non recoñecer os erros propios". Outra máxima que non aplicas a ti mesmo porque aínda non vin en ningures que retiraras nin unha soa das palabras descalificatorias que soltaches, nin os borrados de páxinas de discusión, nin vandalismos. Seguiches concordando con algunhas saídas de ton de Lansbricae (do que si penso que no fondo o seu interese é a mellora da Galipedia). Logo fixeches unha cousa rarísima escribíndolle a anónimos cousas como: "Ola, anónimo, non sei como sendo ti de Sober (Lugo) te pos a opinar sobre a provincia de Ourense". Ignoro como sabes dende onde edita a xente (máis sendo novato como dis). Eu edito dende Madrid e creo ter dereito a editar artigos sobre Galicia. De todos xeitos iso é o que quero que non se convirta a Galipedia, nun sitio onde se usen as malas formas.

Logo fixeches outra cousa alucinante, pescudaches usuarios que non editan ultimamente (fixeches unha pescuda a conciencia), para dicirlles que: "(alguns) estades a intentar darlle un pulo democrático ó proxecto", ó máis puro estilo recrutar xente para o teu propósito. Viva a democracia Maañonista!

Con todo isto non quero dicir que as túas colaboración (algunhas) non sexan valiosas. Somentes escribo isto porque pediches en que me baso para dicir que o teu interese non é o ben da Galipedia. Ademais non me gusta que me den leccións sobre civismo xente que as incumpre constantemente. Conste que escribo isto sopesando ben se o debo poñer, porque convertiches a Gali nun sitio onde se ten medo a escribir as cousas máis obvias. Sen máis, un saúdo. AlberteSi, digame? 17:54, 24 setembro 2007 (UTC)

Correccións con botsEditar

  • introduxo, introduxeron, conduxeron
  • unhos, algunhos
  • oblig(acion, ar, ..) -> obrig
  • trinidade->trindade
  • cui(o,a) -> cux(o,a)

e de baixa importancia:

  • diferenza, estende(r, ..)
  • elo -> iso
  • orquesta->orquestra, arquivo
  • garantiza->garante
    • acentuación para: construir, destruir, instruir, ..
    • o idem para téxtil,
  • Se podes, deixa listas de correccións homoxéneas e máis longas. O bot recorre as 27.000 páxinas de cada vez, o que pode levar duas horas - non é como cando procuramos directamente na caixa de procura, polo que é preferíbel mandar-lle várias comprobacións ao mesmo tempo e, de ser posíbel, homoxéneas porque asi se pode resumir mellor o que fixo. No de "introduxo", por exemplo, hai máis variantes, que fun introducindo, como introduxesen, conduciu, conduciran, etc. Teño que ir pensando nas distintas formas da flexión e se mas dás xa pensadas aforro traballo. --Xosé (✉) 19:25, 24 setembro 2007 (UTC)
  • Non, os plurais non fai falta. Busca-os automaticamente. Por exemplo, en conducir tamén busca reconducir e conduciren, en esto tamén busca estos, mestos, restos, estorbar.... polo que o teño que deseñar ben e é moito ensaio/erro. --Xosé (✉) 20:25, 24 setembro 2007 (UTC)
Volver á páxina "do usuario Maañón/arquivo1".