Cabaleiro de Espadas
Wikipedia:Babel | ||
| ||
| ||
Procurar usuarios por lingua |
Benvid@
editarBenvid@ ao meu perfil na Galipedia!
Chámome Gonzalo, pero traballarei na Galipedia baixo o nome de Cabaleiro_de_Espadas, teño 26 anos e fixen Filoloxía Inglesa en Santiago. Estou a pasar este último ano en Leicester (Reino Unido) de Erasmus e recoñézovos que teño moito tempo libre, así que preciso manter a mente ocupada. Gústame o deporte, a natureza, as linguas, os videoxogos e moitas cousas máis.
Rexistreime hai tres anos, pero pouco fixen porque estiven moi ocupado. Síntovolo moito! Desta vez volvo con moitas ganas e espero que a miña traxectoria sexa bastante máis constante. Aínda estou moi verde nisto da Galipedia (non sei pór fotos aínda nin a morea de cousas que vexo que sabedes facer vós...), pero quero aprender. Penso que é un proxecto moi interesante no que quero colaborar.
As miñas contribucións
editarAchegarei o meu gran de area, sen meter a gadoupa na medida do posible, en artigos vencellados á cultura, e incultura, anglosaxoas: literatura e historia dos países de fala inglesa e biografías de personaxes da farándula angloamericana que estean de actualidade. Se me vedes traballar na biografía de Lady Gaga, Paris Hilton ou Guillerme de Gales non vos asustedes. Hai que levar o galego a todos os eidos, non?
Traducións
editarTamén podo facer traducións dende a Wikipedia en inglés. Se queredes encargarme que traduza calquer texto ou que vos axude a completar un artigo deixada mensaxe. Supoño que dependendo do tipo de texto terei máis ou menos dificultades, pero a ver o que se pode facer.
Este usuario está moi ocupado (...pero ten tempo para colaborar na Galipedia). |
Galego
editarTratarei de escribir 100% normativo dentro das miñas posibilidades e do meu coñecemento da lingua. Creo que non teño un mal nivel de galego, pero tamén teño moitas dúbidas, así que mantédeme vixiado. Se vedes que meto a zoca, facédemo saber.
O meu traballo
editarAquí tedes algúns dos primeiros artigos nos que traballei dende que me rexistrei (voulles botar unha ollada para ver o que fixen daquela):