Benvido(a) á Galipedia, Cabaleiro de Espadas!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 07:39, 20 xullo 2007 (UTC)

Pois moitas grazas Lansbricae! Espero ir facéndome coa Galipedia pouco a pouco... aínda ando un pouco perdido. --Cabaleiro de Espadas 22:55, 22 xullo 2007 (UTC)

Benvido, Cabaleiro de Espadas. Polos teus intereses e formación, permito-me dirixir-te cara tres listaxes de artigos que son curtos de máis: Lingüística, Literatura e Historia. Mira eses artigos, se queres, e amplía aqueles que poidas. A Historia do Reino Unido é ainda pequena, ainda que aumentou recentemente. Un saúdo e boa estadía. Para respostares-me, clica no sobre que sigue o meu nome. --Xosé (✉) 23:01, 22 xullo 2007 (UTC)

MaltésEditar

Refíreste a esta páxina [[Template:Linguas semíticas]]? Pois ánimo, e actualízalle aí, ;), que eu de semíticas non controlo moito...--Xabier Cid 11:57, 28 agosto 2007 (UTC)

benvidoEditar

vin na tua paxina de usuario que non te atrevias co das imaxes, asi que che puxen unha imaxe de proba, en "literatura anglosaxoa", asi como as ligazons, ao final da paxina, ao artigo doutras linguas (a info atopeina percurando o artigo en español).Saúdos.---- Maañón TURRA CANTO QUEIRAS 06:47, 22 setembro 2007 (UTC)

Galicia - GalizaEditar

Ola, Benvido. só comentarche que os artigos Galicia e Galiza deben ter os mesmos contido (acordouse fai tempo por consenso) polo que as modificacións que fagas en Galicia deberías facelas tamén no de Galiza. Ánimo e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 06:56, 24 setembro 2007 (UTC)

Eu persoalmente tamén son da mesma opinión pero é un acordo ao que se chegou por consenso fai moito tempo (eu ainda non sabía nin que era a Galipedia) para evitar enfrontamentos que non leven a nada. Ambas denominacións son correctas pero cal debería primar sobre a outra? para evitar tomar esa decisión consensuouse que existisen estes dous artigos duplicados co mesmo contido, e tamén que nun artigo cando o primeiro editor use Galiza ou Galicia se respetase esa primeira opción. O resultado é que leva traballo e co tempo foron diferenciándose. De cando en vez alguén os homoxeneiza. Todo ésta discusión está na Taberna (en arquivo). Sempre se podería reabrir o debate pero sería convinte ler antes o xa aportado na discusión (cando teña un momento póñote a ligazón concreta se é que non o atopas ti antes). Bo traballo e saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 09:09, 24 setembro 2007 (UTC)

EncargasEditar

Recollo a luva, pero fareino mañá, si? --Xabier Cid 20:00, 10 novembro 2007 (UTC)

Listo --Xabier Cid 21:01, 11 novembro 2007 (UTC)

Petición de traduciónEditar

Ola vin na túa páxina de usuario que aceptas peticións de traducións de artigos da wiki inglesa e quería pedirche se me facías o favor de traducirme dous artigos: en:Short SC.7 Skyvan e en:Lockheed L-188 Electra, son para completar dous artigos do wikiproxecto dereitos humanos: Guerra sucia en Arxentina e Voos da morte, en troques vin tamén que dis que non sabes poñer imaxes nos artigos e é moi doado:

Depende se queres poñer unha soa foto ou varias, se queres unha soa, enton pos

[[Image:Nomedaimage.jpp|thumb|right|200px|Nome que queres que apareza]]

onde thumb é para que che apareza un cadro bordeando a imaxe,

left ou right dependendo de se a queres a esquerda ou dereita e 200px/300px.... é o tamaño

Se as queres poñer como unha galería de imaxes, entón, é distinto, só pos

<gallery>
Image:Nomedaimaxe.jpg|texto que queres que se vexa
Image:Nomedaimaxe.jpg|texto...
</gallery>

Saúdos. Alma (fálame eiquí) 18:08, 17 novembro 2007 (UTC)

Reversión de edición en fútbolEditar

Boas Cabaleiro de Espadas, veño a comentarche que desfixemos a túa edición no artigo de Fútbol porque resulta que no libro de estilo da Galipedia hai unha norma que di que no caso de existir dúas ou máis formas correctas para escribir unha palabra, respectarase a opción escollida polo primeiro editor. Por outra banda felicítoche polas reversións vandálicas que fixeches no mesmo artigo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:26, 17 de abril de 2011 (UTC)

Ves, iso si que non o mirara. Tes razón e a cousa é un pouco máis complicada do que pensaba, haberá que revisar qué opción usou o primeiro editor e aplicala en todo o artigo. Agora xa é moi tarde, mañá tentarei revisar iso e xa che conto o que atope. Perdoa polas molestias e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 01:56, 17 de abril de 2011 (UTC)

Aviso na taberna de axudaEditar

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 17:48 (UTC)

Grazas polo teu comentário de convite aos escritores lusófonos.Editar

Faces moito ben en dicir algunha cousa de seixa realmente útil e que teña razón (estou a dicir daquele comentaria na Lingua Portuguesa na Galipedia que puseste en 2007, chego tarde, pero nunca é demais), e preciso axudar e mellorar a Wikipedia na lingua que seixa. Calquer cousa que me queiras dicir podes ir sempre á miña páxina na Wikipedia en castelán --------> https://es.wikipedia.org/wiki/Usuario:Gato_Preto Eu son moito activo, eu respondote. Moito ben, --Gato Preto (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 09:25 (UTC)