Aínda que eu prefiro máis ben falar sobre os outros, que de min, vou facer un esforzo:
Son Mugardés de nacemento, considérome un cidadán francés de adopción, por haber vivido un largo período da miña vida en Lyon (Francia).
Atopei a Galipedia (non hai moito tempo), pois navegando na Wikipedia, por casualidade como tantos outros, e foi para min un coup de foudre, dende entón quedei namorado deste proxecto, pareceume moi útil para valorizar a nosa melosa lingua da Galiza, eu axudarei en todo o que poida, dentro das miñas posibilidades.
Quero ser un mais neste proxecto co obxectivo de facer medrar os artigos en calidade si preciso e en cantidade para ir mais lonxe ate poder superar o deste ano polo menos.