Abrir o menú principal

Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Música

Active discussions

MúsicaEditar

Engadir unha mensaxe

Aviso: Debate aberto. Esta rama procede do debate Arte e Cultura


Proposta sobre a categoría música do usuario 213.60.90.94 (Xabi) recuperada da tabernaEditar

  • Necesidade dunha nova organizacion da categoria música: == 18:21 23 agosto do 2005-- 16:22, 25 agosto 2005 (UTC)

ola. creo que estaría ben organizar doutro xeito a categoria música. esta é a miña proposta:

- musicoloxía, subcategorizada en:

            etnomusicoloxía
            historia da música
            historia do pensamento musical
            fontes musicais
            análise musical
            teoría da música
            notación

acústica educación musical organoloxía, subcategorizada en:

            voz e canto
            instrumentos musicais
            lutería

músicos, subcategorizada en:

            autores
            intérpretes
            grupos musicais

obras musicais

musica segundo o xénero (xéneros musicais) música segundo a nacionalidade, subcategorizada en:

                               outras
                               galega, subcategorizada en:
                                       
                                       historia
                                       autores
                                       obras
                                       música tradicional
                                       cancioneiros
                                       fontes
                                       baile
                                       etc...

webs sobre musica publicacions musicais bibliografia

musica en vivo, subcategorizada en:

               locais
               festas
               festivais
               concertos

musica grabada


Estes son algúns posibles epígrafes. tede en conta que son novo. correxídeme todo o que queirades, se é factible ou non...pero unha boa clasificación dende o primeiro axudaría. espero as vosas propostas. unha aperta

--213.60.90.94 16:22, 25 agosto 2005 (UTC)xabi

Algúns asuntos para considerarEditar

Coido que, igual que se manifesta nalgunha das mensaxes, a categorización é unha axuda para a navegación. Como tal, debe cubrir unha serie de prantexamentos:

  • O usuario futuro pode estar buscando unha referencia da cal non ten coñecementos suficientes. Por exemplo, seguindo algún dos artigos que engadín eu, Mike Oldfield, ¿debe figurar en Personalidades da música, en compositores ou en instrumentistas? Creo que, como aproximación primeira, debera figurar nas tres subcategorías. A redundancia non debe ser óbice para a maior claridade e sinxeleza. Podemos tomar outros exemplos en literatura, por exemplo, tal como Shakespeare: poesía? teatro? literatura? persoalidades?
  • A subcategorización simplifica as buscas. Por exemplo: Supoñamos que tivesemos 3000 entradas en literatura. Un usuario entra na categoría Literatura. Nesa páxina, dispón das primeiras 200 entradas ordeadas por orde alfabética. Poñamos por caso que busca información sobre Eduardo Pondal. A priori, se busca na letra P, debería atopalo (nesa mesma categoría). Mais para iso deberá avanzar as páxinas suficientes para chegar a letra P (digamos que ten que avanzar 8 páxinas). Subcategorías como Poesía, Autores galegos, incluso Poesía->Autores galegos poden aforrarlle tempo (incluso esforzo), pero, o que é importante, só poden ser utis se supomos que o usuario sabe a ciencia certa onde buscar. Pois, onde buscar, poñamos por caso, a Valleinclán?
  • A redundancia só é un problema nos soportes físicos, como as enciclopedias. Inda así, a maioría das boas enciclopedias dispoñen de táboas de busca con información redundante (unha táboa de contidos, un índice alfabético, unha ou varias táboas de índices analíticos). Nos soportes informáticos, estas limitacións non existen. Podemos crear enlaces onde queiramos, que non suporán máis ca un pequeno despilfarro de espacio. Mais este despilfarro á larga compensa.

A subcategoría ... galeg@s é un exemplo estupendo. Non ten por que afectar á organización da información, e pode proporcionar ventaxas interesantes, a cambio de estar ben feito, por suposto. Por exemplo, poñamos por caso:

  • Música

....A música en Galicia

....Teoría da Música

.........Notación

.........Teoría musical

.........Historia da música

..............Historia da música en Galicia

....Autores e intérpretes

.........Artistas

..............Galegos

.........Persoalidades da Música

..............Galegos

.........Músicos Galegos

etc.

Por suposto, isto só é un exemplo, non unha proposta. Mais con ela quero ilustrar que a redundancia é útil se a sabemos manexar. Por exemplo, Mercedes Peón figuraría no apartado Artistas (porque o é), en Músicos galegos, e se o consideramos oportuno, en Personalidades da Música->Galegos. Podemos incluso engadir un enlace na subcategoría Personalidades da Música (dito xa de paso, pode ser difícil estabrecer os criterios que implican que alguén é ou foi unha persoalidade dentro da música.

A maiores de todo isto, preciso aumentar o grao de categorización. Un exemplo pode ser a entrada que teño para Yngwie Malmsteen ou unha futura entrada para Kai Hansen. Ámbolos dous son guitarristas (dentro do panorama heavie). Ningún dos dous é un solista, máis un é un músico que forma a súa propia banda para tocar (co seu nome) e outro toca en outra banda (formada por el pero con un nome colectivo, concretamente, Gamma Ray). Mais estes son exemplos sinxelos. Outros músicos poden ser, caso de Piet Sielk, productores e, a maiores, ter o seu propio grupo (por suposto con un nome colectivo). Preciso categorías do tipo de:

  • Música

...Artistas

...Solistas

...Grupos

...Compositores

...Técnicos

...Intérpretes

Un músico dun grupo pode ter o seu proxecto como solista. Unha proposta concreta, e quizais un tanto agresiva, podería ser algo así:

  • Música

...Artistas

...Músicos

......Compositores

......Solistas

......Grupos

......Productores

......Intérpretes

...Técnicos

...Teoría da Música

......Notación

...Estilos

......Historia e evolución

......barroco

......rock

......etc.

--Karlggest 11:24, 22 setembro 2005 (UTC)

Rama Música en Arte e CulturaEditar

No seguinte cadro inclúo as diferentes propostas sobre a categoría Música para integrar nunha soa de síntese. Penso que hai material suficiente para chegar a un bo resultado pero sería valioso que engadírades calquera outra proposta de mellora. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:22, 21 outubro 2005 (UTC)



  • Musicoloxía
  • Etnomusicoloxía
  • Historia da música
  • Historia do pensamento musical
  • Fontes musicais
  • Análise musical
  • Teoría da música
  • Notación
  • Acústica
  • Educación musical
  • Organoloxía
  • Voz e canto
  • Instrumentos musicais
  • Lutería
  • Músicos
  • Autores
  • Intérpretes
  • Grupos musicais
  • Obras musicais
  • xéneros musicais
  • Música segundo a nacionalidade
  • Outras
  • Música galega
  • Historia
  • Autores
  • Obras
  • Música tradicional
  • Cancioneiros
  • Fontes
  • Baile
  • etc...
  • Música

...Artistas

...Músicos

......Compositores

......Solistas

......Grupos

......Productores

......Intérpretes

...Técnicos

...Teoría da Música

......Notación

...Estilos

......Historia e evolución

......barroco

......rock

......etc.

Síntese das propostas de MúsicaEditar

  • Síntese das propostas existentes, non estou moi seguro de poñer Cancioneiros e Baile dentro de Xéneros musicais. A subcategoría Musicoloxía necesitaría dunha explicación do usuario que a propuxo para determinar con claridade os criterios de clasificación. Con respecto a Artistas nesta ocasión eliminoa porque é unha categoría que creei hai unha chea de tempo en Música e agora penso que require un tratamento distinto, porque é un termo moi xeral que abarca varias ramas de categorías ,desde as variadades ata Arte. Sobre o apartado Personalidades da música penso que hai que elaboralo e debatilo en profundidade para que non se produzan ambigüidades. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:29, 23 outubro 2005 (UTC)


Non sei se lutería é o termo adecuado en galego pero sei que en castelán hai autores que non usan ese termo por consideralo un galicismo innecesario e utilizan a forma laudero que existiu en castelán sen ser un calco do francés.

Lute => Luthier Laude=> Laudero

Non controlo moito de lingua así que se alguén sabe sobre este respecto...

Por outra banda, penso que non é adecuada a división entre cantantes, instrumentistas e directores, polo menos no que a música clásica se refire. Tanto os cantantes coma os directores son intrumentistas, uns da orquesta e outros da voz. Si penso que debería haber una apartado para agrupacións musicais, sobre todo para dar cabida ás bandas e ás orquestras, que en grupos musicais estaría pouco claro. Tampouco vexo clara a división entre música clásica e ópera. Toulousain

Suxestión sobor da anterior sínteseEditar

Vista a síntese anterior, teñó algunhas suxestións:

  • Non teñen moito senso clasificacións coma artistas, grupos musicais, etc., dende o ponto de vista do estudo da música. A súa xustificación é a simplificación das buscas.
  • A musicoloxía é o estudo da música (non?). Polo tanto, debera incluír a teoría da música (acúscica, organoloxía, etc.), a historia da música, os xéneros, etc. Neste senso, os xéneros musicais están vistos dende o ponto de vista teórico (patróns rítmicos típicos, escalas típicas, etc.).
  • Non comparto que debamos separar a música galega da demais (anque isto vaia para tódalas artes). Como propuxen anteriormente (algúns asuntos por considerar), coido que sería apropiado que cada categoría e subcategoría tivese un apartado para o galego a maiores, de tal xeito que unha obra, grupo, ou o que sexa apareza tanto na categoría xeral (digamos por exemplo, grupos de música) como no apartado de galegos. Non atopo senso a que na subcategoría músicos non apareza, por exemplo, Manuel Budiño (dándose a paradoxa de que puidese aparecer Carlos Núñez).

Suxestión sobor da anterior sínteseEditar

Vista a síntese anterior, teñó algunhas suxestións:

  • Non teñen moito senso clasificacións coma artistas, grupos musicais, etc., dende o ponto de vista do estudo da música. A súa xustificación é a simplificación das buscas.
  • A musicoloxía é o estudo da música (non?). Polo tanto, debera incluír a teoría da música (acúscica, organoloxía, etc.), a historia da música, os xéneros, etc. Neste senso, os xéneros musicais están vistos dende o ponto de vista teórico (patróns rítmicos típicos, escalas típicas, etc.).
  • Non comparto que debamos separar a música galega da demais (anque isto vaia para tódalas artes). Como propuxen anteriormente (algúns asuntos por considerar), coido que sería apropiado que cada categoría e subcategoría tivese un apartado para o galego a maiores, de tal xeito que unha obra, grupo, ou o que sexa apareza tanto na categoría xeral (digamos por exemplo, grupos de música) como no apartado de galegos. Non atopo senso a que na subcategoría músicos non apareza, por exemplo, Manuel Budiño (dándose a paradoxa de que puidese aparecer Carlos Núñez).
  • A grandes rasgos, podemos dicir que a ópera non é outra cousa que teatro musicado, polo que hai unha forte xustificación para que vaia nunha categoría distinta á de música clásica. De feito, a ópera non é exclusiva da música clásica: existen óperas-rock e incluso óperas-metal(dende o ponto de vista teórico, poderían existir óperas de tódolos estilos musicais, anque o máis común é que obras teatrais musicadas en outros estilos den lugar a operetas, musicais ou zarzuelas. Persoalmente, coido que deberiamos elabourar algo esta categoría. Como mínimo deberiamos distinguir os compositores musicais (que poden ser exclusivos de ópera, mais rara vez) e os autores dos libretos (que non sempre coinciden).

--Karlggest 19:03, 7 novembro 2005 (UTC)

  • Falta o Folk nos xéneros musicais. Concordo con facer unha subcategoría "galeg@" para cada categoría que se considere, en lugar de mesturar todo nunha única categoría de música galega. Nanotrasno.

Otra proposta de categorizaciónEditar

A música é un tema enormemente complexo e difícil de categorizar, unha clasificación que sexa ao mesmo tempo clara, útil e que represente a variedade existente ten que partir do feito de que non hai unha música senon músicas (con instrumentos, escalas, estilos, tradicións e escalas de valores próprios). As categorias que definen os subsistemas son moitas, pero unha enciclopedia debe incluir cando menos:

  • ocidental
  • da índia
  • chinesa
  • afroamericana
  • xaponesa
  • árabe
  • folk, con moitas subdivisións

Noutros caso o tema é mais complexo, como no caso de oriente médio, a fronteira entre grécia-turquia-arménia non está clara, pero neste momento da galipédia ainda nos falta moito para chegar ai.

Dentro de cada estilo existen diferentes categorias e xa se pode fiar mais fino, p.e.:

Na india hai dous grupos: clásica (sangeet) e popular (qawwali, filmes..) o que tamén sucede en ocidente, na china pola contra non existe separación e en Xapón o número de categorias é maior. Na wikipedia en inglés obviaron isto e o resultado é confuso, e nós seguimos na liña, non se pode pór ao mesmo nível música clásica que bambuco (excelentes artigos os deste tema por certo). Un é un termo moi amplo que cobre 400 anos de músicas en meio mundo con diversos xéneros e outro é un estilo moi definido dunha rexión concreta. Eu polo tanto propoño un sistema xerarquizado, que de cada categoria colguen unhas poucas, e non o caos de outra wikipedias, onde premes nunha categoria e saen-che 50 categorias distintas sen anda a ver unhas coas outras, ao lector cnfundeo e non lle dá un mapa claro, e ao colaborador non lle transmite unha idea de xerarquia (organizativa, ollo, non estética). Sinto ter sido tan prolixo.Emilio juanatey 00:31, 5 outubro 2006 (UTC)

Categorización cruzadaEditar

Na proposta anterior que fixen, só pretendía mentar a flexibilidade dun sistema moi xerarquizado combinado con referencias múltiples. Coido que partindo desa idea, definir un sistema debera ser abondo doado. A proposición básica é separar as áreas evidentemente principais por un lado (así a proposta de ter nun primerio nivel:

  • Teoría da música.
  • Intérpretes.
  • Obras.
  • Outros asuntos (na proposta anterior mentaba aquí por exemplo premios e concursos)
  • O que se nos ocorra...

A maiores, por exemplo, a Teoría da música incluiría:

  • Etnoloxía (estudo da música en función da cultura e pobo concreta: oriental, occidental, logo por países, por rexións, etc.).
  • Historia (a música dende unha perspectiva histórica)

Estas dúas subcategorías incluirían á súa vez os respectivos artigos e subcategorías, moitos dos cales figurarían en ambas.

Quizais quede máis clara a idea na cuestión dos xéneros. Vendo a evolución da música popular dende os cantos dos escravos recolectores de algodón, o blues, o jazz, o rock'n roll, o heavy, o punk, e dentro destes estilos os seus respectivos subxéneros, é obvio que habería un artigo correspondente á sección Etnoloxía común á sección Historia, e que categorizaría ós distintos xéneros, e dentro deles, ós subxéneros. Isto sen impedir que exista unha subcategoría propia para os xéneros, onde naturalmente figuraría tamén este artigo.

Os nomes e a clasificación concreta que propoño son irrelevantes. Só trato de refrectir a idea.

O exemplo que facía coa subcategoría galeg@s para cada categoría considerada apunta nesa mesma dirección.

Creo que así non só se soslaian os problemas antes considerados, senón que se incrementa a usabilidade por parte do usuario consultor (dacordo, para clasificar un artigo habería que incluír máis categorías ó crealo... :) )

--Karlggest 12:59, 24 outubro 2006 (UTC)


--Xenxo 20:44, 7 xaneiro 2007 (UTC) ¿E porqué non asi?

Os cantautores creo que non merecen categoria propia,mellor inclilos na categorias de Compositores e na de Cantantes ó mesmo tempo

Eu tamen apoio o de engadir logo en cada categoria unha subcategoria galega

Proposta de GallaecioEditar

A continuación do esquema que sige, realizarase a conversa sobre o mesmo, e as modificacións que se acorden nesta mesma páxina aplicaranse ao esquema.

  • Acontecementos musicais. Artigo con homónimos: "Nome do acontecemento (música)"
    • Concursos musicais
    • Festivais de música
      • Festivais de música por situación
        • Festivais de música en España
          • Festivais de música en Galicia (por motivos de relevancia no contexto da Galipedia, especificarase cando se trate de festivais galegos)
        • Festivais de música en Alemaña (forma xenérica para o resto das categorías)
      • Festivais de música por xénero
        • Festivais de jazz (forma xenérica para o resto das categorías)
    • Xiras musicais. Artigo con homónimos: "Nome da xira (xira)"
      • Xiras de Bob Dylan (forma xenérica para o resto das categorías)
  • Albums musicais. Na introducción unha explicación de como categorizar o artigo dun álbum dun só grupo.
    • Albums recopilatorios
    • Albums tributo
    • Bandas sonoras


  • Grupos musicais. Artigo con homónimos: "Nome do grupo (grupo musical)"
    • Grupos musicais por xénero
      • Grupos musicais de hip hop(forma xenérica para o resto das categorías)
    • Grupos musicais por procedencia
      • Grupos musicais de España
        • Grupos musicais de Galicia (por motivos de relevancia no contexto da Galipedia, especificarase cando se trate de procedencia galega)
      • Grupos musicais dos Estados Unidos (no galego, algúns países tales coma o Brasil levan implícito o artigo. Este uso estase perdendo por influenza do castelán)
      • Grupos musicais de Italia (forma xenérica para o resto das categorías)
  • Personalidades da música. Artigo con homónimos: "Nome da personalidade (música)"
    • Personalidades da música por xénero
      • Cantaores e cantaoras (excepción por ter estas personalidades unha denominación de seu)
      • Personalidades da música clásica
      • Personalidades da música pop (forma xenérica para o resto das categorías)
    • Personalidades da música por procedencia
      • Personalidades da música de España
        • Personalidades da música de Galicia (por motivos de relevancia no contexto da Galipedia, especificarase cando se trate de procedencia galega)
      • Personalidades da música do Brasil (no galego, algúns países tales coma os Estados Unidos levan implícito o artigo. Este uso estase perdendo por influenza do castelán)
      • Personalidades da música de Francia (forma xenérica para o resto das categorías)
  • Tipos de agrupacións musicais. Artigo con homónimos: "Nome da agrupación (agrupación musical)". Incluiría artigos sobre agrupacións clásicas e modernas.
    • Cuarteto
    • Forma sonata
    • Madrigal
    • Sinfonía
    • Agrupación de jazz (forma xenérica para o resto dos artigos)
  • Xéneros musicais. Artigo con homónimos: "Nome do xénero (xénero musical)". Os artigos terán como título únicamente o nome do xénero. O sistema das categorías das wikis permitirá levar a cabo unha categorización dos estilos de maneira correcta, xa que un estilo (ex: Pop Rock) pode ser subcategoría de dous estilos (ex: Pop e Rock) ao mesmo tempo.

Para a clasificación de albums, utilizarase unha categoría co título do artigo do grupo musical (que sería o artigo principal de dita categoría), situado nas mesmas subcategorías de "Música" que dito artigo. Este artigo co nome do grupo terá por subcategoría Albums de [nome do grupo]. GallaecioE logo? 13:52, 29 novembro 2007 (UTC)

  • De todos xeitos, aquí estou intentando facer un esquema máis completo, tomando como referencia o exposto neste artigo, e vou botarlle unha ollada ás wikipedias portuguesa, castelá, inglésa, e a ver se non preciso ningunha máis. GallaecioE logo? 14:52, 29 novembro 2007 (UTC).

Proposta final de GallaecioEditar

Elaborei un esquema en que basear a categorización dos artigos musicais, tendo en conta as anteriores propostas, e mais os sistemas de categorización das wikipedias inglesa e castelá (os cales, se mo permitides, bastante mellorábeis, sobre todo o caso castelán). Este foi o resultado:

  • Acontecementos musicais.
    • Concursos musicais
    • Festivais de música
      • Festivais de música por rexión
        • Festivais de música en España
          • Festivais de música en Galicia (por motivos de relevancia no contexto da Galipedia, especificarase cando se trate de festivais galegos)
        • Festivais de música na Alemaña
      • Festivais de música por xénero
        • Festivais de jazz
    • Xiras musicais.
      • Xiras de Bob Dylan


  • Albums musicais.
    • Albums por intérprete
      • Albums de Linkin Park
    • Albums de bandas sonoras
      • Albums de filmes
        • Albums de filmes da India
        • Albums de filmes dos Estados Unidos
      • Albums de series de televisión
    • Albums instrumentais
    • Albums recopilatorios
    • Albums tributo


  • Composicións musicais
    • Ballets
    • Bandas sonoras
      • Bandas sonoras da India
      • Bandas sonoras dos Estados Unidos
      • Bandas sonoras de Europa
    • Música de cámara
    • Cancións
      • Cancións por autor
        • Cancións compostas por Mickel Oldfield
      • Cancións por intérprete
        • Cancións de Queen
      • Cancións por xénero
        • Cancións soul
    • Composicións para instrumento (en referencia a obras compostas para a práctica dun instrumento concreto)
      • Composicións para guitarra clásica
      • Composicións para violín
    • Concertos
    • Himnos.
      • Himnos nacionais
      • Himnos por rexión
        • Himnos de España
          • Himnos de Galicia (por motivos de relevancia no contexto da Galipedia, especificarase cando se trate de himnos galegos)
        • Himnos de Italia
    • Misas
    • Óperas
    • Operetas
    • Oratorios
    • Música orquestral
    • Poemas sinfónicos
    • Réquiems
    • Sinfonías
    • Sonatas
    • Videos musicais


  • Cultura musical
    • Museos de música. Tamén subcategoría da categoría "Museos", se é que a hai.
    • Esculturas musicais. Tamén subcategoría da categoría "Escultura", ou unha das súas subcategorías.


  • Industria musical
    • Discográficas
      • Discográficas independentes
    • Estudios de gravación
    • Productoras musicais


  • Grupos musicais.
    • Grupos musicais por procedencia
      • Grupos musicais de España
        • Grupos musicais de Galicia (por motivos de relevancia no contexto da Galipedia, especificarase cando se trate de procedencia galega)
      • Grupos musicais dos Estados Unidos
      • Grupos musicais de Italia
    • Grupos musicais por xénero
      • Grupos musicais de hip hop


  • Música nos medios de comunicación
    • Revistas musicais
    • Música na televisión
      • Canles de televisión musicais
      • Programas de televisión musicais
    • Sitios web musicais


  • Musicoloxía
    • Acústica. Tamén subcategoría de Física.
      • Electroacústica
    • Educación musical
      • Centros de educación musical
        • Conservatorios de música
        • Escolas de música
    • Etnomusicoloxía
    • Historia da música
      • Historia da música por rexión
        • Historia da música en España
          • Historia da música en Galicia
        • Historia da música no Reino Unido
    • Organoloxía
    • Teoría musical
      • Notación
        • Sistemas de notación occidentais
        • Sistemas de notación orientais
      • Técnicas musicais
        • Acompañamento
        • Armonía
        • Composición musical
        • Música electrónica
        • Imporvisación
        • Ritmo
      • Terminoloxía musical
        • Acordes
        • Intervalos
        • Ritmo
        • Timbre
    • Tipos de agrupacións musicais. Incluiría artigos sobre agrupacións clásicas e modernas.
      • Cuarteto
      • Forma sonata
      • Madrigal
      • Sinfonía
      • Agrupación de jazz
    • Xéneros musicais. Os artigos terán como título únicamente o nome do xénero. O sistema das categorías das wikis permitirá levar a cabo unha categorización dos estilos de maneira correcta, xa que un estilo (ex: Pop Rock) pode ser subcategoría de dous estilos (ex: Pop e Rock) ao mesmo tempo.
      • Carnatic sangeet
      • Hindustani sangeet
      • Música clásica
        • Música barroca
      • Ópera
      • Pop
        • Pop rock.
      • Rock and roll
        • Pop rock
      • Música tradicional
        • Música tradicional galega.
        • Música tradicional escocesa
        • Música tradicional xaponesa
        • Música tradicional indú
        • Música tradicional chinesa
        • Música tradicional arábe


  • Personalidades da música.
    • Compositores
      • Letristas
    • Directores de orquestra
    • Intérpretes
      • Solistas
      • Intérpretes por instrumento
        • Vocalistas
        • Percusionistas
        • Baixistas
    • Productores
    • Profesores de música. "Mestres" podería levar a confusións.
    • Técnicos
      • Luthiers
    • Terapeutas
    • Personalidades da música por xénero
      • Cantaores e cantaoras (excepción por ter estas personalidades unha denominación de seu)
      • Personalidades da música clásica
      • Personalidades da música pop (forma xenérica para o resto das categorías)
    • Personalidades da música por procedencia
      • Personalidades da música de España
        • Personalidades da música de Galicia (por motivos de relevancia no contexto da Galipedia, especificarase cando se trate de procedencia galega)
      • Personalidades da música do Brasil
      • Personalidades da música de Francia


  • Sociedades musicais


  • Tecnoloxía musical. Artigo con homónimos: "Nome da tecnoloxía (música)". Esta categoría agruparía artigos coma MIDI, Amplificador, Micrófono, Altofalante, Jack, Afinador dixital, Metrónomo, Diapasón, etc. A medida que aumente o número de artigos na categoría, surxirán as súas subcategorías.
    • Tecnoloxía de audio
      • Tecnoloxía de audio analóxica
      • Tecnoloxía de audio dixital
        • Códecs de audio
        • Formatos dixitais de audio
      • Efectos de audio
    • Tecnoloxía electroacústica. Tamén subcategoría de "Electroacústica".
      • Altofalantes
      • Micrófonos
    • Formatos musicais
    • Procesadores da sinal de audio
    • Ruido
    • Software de audio
      • Aplicacións de edición de audio
      • Software libre de audio
      • Aplicacións de reproducción de audio


  • Terapia musical

Agora toca discutir. A ver se podemos ter isto rematado para Nadal, e empezamos o ano cun aumento histórico dos artigos na categoría. --GallaecioE logo? 17:56, 29 novembro 2007 (UTC)

Para non ter que deixar aquí todas as actualizacións da miña proposta, deixo unha ligazón a unha subpáxina que teño para editar o esquema: Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Música. --GallaecioE logo? 17:07, 6 decembro 2007 (UTC)

concordo co estabelecido, eu engadiría:

  • Música do Xapón:
    • Música tradicional xaponesa
    • Instrumentos musicais do Xapón
  • Música da India
    • Hindustani sangeet
    • Carnatic sangeet
    • Música popular da India
    • Música de filmes da India
    • Instrumentos musicais da India
  • Música da China
    • Música tradicional da China

Non incluiría os estilos musicais do Tibet que musicalmente non teñen anda que ver.

    • Instrumentos musicais da China
  • Música Árabe

inclúi os estilos baseados na tradición árabe e as súas escalas, non os estilos relixiosos musulmáns que non teñen nada que ver, p. e. o qawwali, que pertence á tradición da india.


Evidentemente tamén incluirían subcategorías para os estilos occidentais: rock xaponés, músicos de..

Penso que para comezar chega con estas. En principio a liña debería ser que se debe separar a organización xeográfica da musical, e que iso debe ficar claro no sistema de categorías. Os músicos de flamenco do Xapón deben estar na categoría flamenco e na categoría músicos do Xapón, pero non se debe crear unha categoría Flamenco do Xapón até que esa música estea diferenciada do resto de estilos, aorixe xeográfica só se debe marcar se ten relevancia musical.

Despois nos artigos de teoría musical, non sei se é mellor por Teoría musical occidental ou incluír unha redirección: Notación musical: este artigo referese á notación occidental, para outros sistemas ir a sistemas de notación musical .. --emilio juanatey(talk) 09:33, 7 decembro 2007 (UTC)

  • Actualizo a táboa cos datos propostos por Emilio, pero hai certos aspectos que hai que aclarar:
    • Os instrumentos chineses, xaponeses e indús poderían clasificarse nos grupos occidentais ou precisarían de grupos aparte (e polo tanto unha separación de raiz entre instrumentos occidentais e instrumentos orientais)?
    • Que son Hindustani sangeet e Carnatic sangeet?
    • Que prefires ti:
      • Música tradicional de Galicia ('exemplo)
      • Música tradicional galega
        • Dígoo porque a música dunha cultura non ten por que respectar os límites xeográficos, e aínda que estou poñendo a primeira forma, a segunda comeza parecerme un pouco máis axeitada.
  • E por certo, o mellor é que edites directamente no esquema, e así vexo máis claramente o que queres dicir. E moitas grazas pola túa axuda ;-D --GallaecioE logo? 18:52, 7 decembro 2007 (UTC)
  • Eu os instrumentos estou por dupla clasificación, por formación do son e por tradición, por exemplo: o erhu, unha especie de violin, estaría en duas categorías, instrumentos tradicionais chineses (ou da China) e intrumentos de corda.

O das categoria da india era para referirme ao que non se debe facer, sangeet é o equivalente da música clásica da india, eu penso que non se debe chamar "música clásica da india" porque é unha transposición equívoca dun termo que xa en occidente non ten moito sentido e porque se pode confundir coa xente como Zubin Mehta, que é Indio pero toca música de tradición occidental. Pero tampouco temos que facer agora todas as categorías, se estamos de acordo nas liñas, xa as iremos facendo segundo aparezan os artigos.

Prefiro Música galega polo que ti dis, por darlle mais importancia á música que á xeografía, a iso é ao que me refería co comentario do outro dia, era para pór exemplos de distintas culturas e de como penso que se debería facer, pero se queres facemos xa todas as categorías importantes e deixamos todo o esquema, ainda que non sei se o de facer categorías sen artigos vale de moito, pero como ti queiras, eu non o teño moi claro. --emilio juanatey(talk) 17:24, 9 decembro 2007 (UTC)

Ben, pois editei o esquema facendo referencia á música e non á xeografía onde corresponde, e engadín os termos indios (polo visto é indios, non indús, sempre se aprende algo novo ;-D) na lista de xéneros musicais, e eliminei texto innecesario. Se estás de acordo, podemos colgar a propostya na taberna (nas propostas, por suposto), que é o procedemento que sinalan na páxina do Wikiproxecto Categorías. --GallaecioE logo? 15:54, 13 decembro 2007 (UTC)

Adiántome. Se tes algo que comentar, faino directamente na taberna. Un saúdo. --GallaecioE logo? 22:37, 17 decembro 2007 (UTC)

Por min perfeito. sinto non ter colaborado mais pero ultimamente estou moi liado. --emilio juanatey(talk) 20:03, 18 decembro 2007 (UTC)

SolistasEditar

Á hora de aplicar esta clasificación, xurdiume un problema cos instrumentistas:

  • non entendo moi ben a diferencia entre solistas e instrumentistas por instrumento
  • quédanche uns instrumentistas por instrumento moooi poppies, ;) : non hai gaiteiros, nin trompetistas, nin arpistas
  • un pianista é un teclista?

Un saudiño. --Xabier Cid 13:55, 29 xaneiro 2008 (UTC)

    • Un instrumentista é calquera que toque un instrumento. Os instrumentistas ben poden tocar instrumentos (o que inclúe a voz) nun grupo, en solitario, ou ambas as dúas. Desde este punto de vista pode haber confusión debido ao lugar en que está situada a categoría de solistas, xa que podería ben estar baixo a de grupos musicais. O solista é tanto unha carácteristica dun instrumentista (aquel que editou obras en solitario) como un tipo de agrupación. Para reflectir o segundo matiz, quizáis estaría ben na categoría de grupos musicais crear unha subcategoría chamada grupos musicais por agrupación na que dividir as agrupacións segundo de que tipo sexan (solistas, cuartetos, formas sonatas, etc.).
    • Respecto aos instrumentistas por instrumento, estou empezando a recategorizar os artigos, e para iso empecei polos que foron situados directamente na categoría música. As categorías as vou creando a medida que aparecen os artigos que encaixan nelas, así que é cuestión de tempo. En canto colla o artigo dun gaiteiro, crearei a subcategoría correspondente. Como os gaiteiros, ao seren tan importantes no noso panorama cultural, foron ben clasificados dentro do esquema anterior, probablemente serán adaptados á nova ampliación todos de golpe. Polo de agora só clasifiquei artigos soltos.
    • Teclista é aquel que toca instrumentos de teclas, tales coma o piano, clavicordio, etc. O problema ao clasificar isto é que a maioría dos teclistas tocan varios instrumentos de teclas (órgano, teclado, piano, clavicordio...). Igual ocorre cos guitarristas, baixistas, etc. Por iso a categoría de pianista sería máis propia daqueles músicos que únicamente se dedicasen a ese instrumento, e non a outros de teclas. A confusión xorde co teclado, xa que teclista pode ser considerado tamén un sinónimo de tecladista. Polo de agora non fixen difetencia nos artigos que clasifiquei, e metín a todos no mesmo saco, máis que nada por evitar equivocarme, xa que ao mellor clasifico como pianista, por exemplo, a alguén que tamén toca o órgano, ou o teclado. Ante a duda, o mellor é categorizar ao instrumentista en cuestión como teclista, e máis adiante, se alguén pode afirmar con seguridade que certo instrumentista se adica en concreto a un instrumento, concretar a súa categoría.

Un saúdo. --GallaecioE logo? 21:22, 10 febreiro 2008 (UTC)

Volver á páxina do proxecto "Wikiproxecto Categorías/Música".