Metrónomo
O metrónomo é un instrumento que dá un sinal auditivo ou visual permanente para indicar un tempo, o que nos permite interpretar unha peza musical. Úsase sobre todo para o estudo das partituras para a posta en marcha dunha interpretación ou a busca da minutaxe dunha obra musical.
Historia
editarPartindo do principio que un metro de fío cun peso balancéase á velocidade de 1 segundo, por movementos isócronos (que non teñen a mesma amplitude, pero si a mesma duración) e tras observar que as oscilacións son proporcionais á altura do fío, Étienne Loulié (1637-1702) inventa o primeiro metrónomo graduado, dunha altura de 2 metros e pulsación ou latexo mudo.
Inventado en Ámsterdam en 1812 polo reloxeiro holandés Dietrich Nikolaus Winkel (~1780-1826), o metrónomo tradicional de pulsación audible foi patentado en 1816 polo alemán Johann Nepomuk Maelzel.