Información Babel do usuario
gl Este usuario é galegofalante.
es Este usuario es un hablante nativo de español.
en-3 This user can contribute with an advanced level of English.
fr-2 Cette personne peut contribuer avec un niveau moyen en français.
de-1 Dieser Benutzer hat grundlegende Deutschkenntnisse.
Procurar usuarios por lingua


Brankses, da Coruña, gústanme a historia e a filoloxía e ando algo perdido en canto se está a falar de ciencias, matemáticas e toda esa léria para dummies (:P).


De momento as miñas aportacións para a galipedia son traducións doutros artigos en castelán, pero supoño que calquera día pódome poñer a redactar como na escola (que tempos!). En resumidas contas, son tan lacazán que é mellor non esperar moito de min, se tal unha páxina ou dúas ao ano, que é o meu máximo récord. Últimamente estou na revisión deses artigos que escribín hai xa tres anos (que ignorancia daquela). Aproveitando que agora son un pouco máis vello, e un pouco máis sabio, tentarei de non lles complicar moito a vida aos que traballan de verdade coas miñas meteduras de pata. Un saúdo, é xenial voltar á casa!