Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 16

Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25

Clima en Lugo editar

Acabo de insertar unha táboa cos datos das temperaturas, precipitacións, horas de sol e humidade relativa similar ás que hai nas demáis páxinas das cidades galegas. Os datos das temperaturas mínima e máxima rexistradas en Lugo que sinala o parágrafo non coinciden cos que achega actualmente a AEMET, non sei se é debido a que eran datos doutro observatorio (os que engadín son do Aeroporto), ademáis as referencias que se achegan no parágrafo xa non son visibles. Non retirei as táboas que había porque non sei se se corresponden co mesmo observatorio, quen estea ao tanto que lle mire estas cousiñas. Moitas grazas, Piquito (conversa) 17:11, 10 de xullo de 2012 (UTC)

Estou a traballar nas categorias seguindo a loxica actual da árbore das categorias, niste marco dous preguntiñas para que non meta a pata :

  1. a Categoría:Porteños é equivalente da Categoría:Nados en Bos Aires ?
  2. no caso ca Categoría:Porteños corresponda a unha entidade menor que Bos Aires, conto incluila na Categoría:Nados en Bos Aires e no caso que sexa equivalente conto trocala pola [[:Categoría:Nados en Bos Aires], pensando que homoxeneizar os nomes das categorías é en si orden de clasificación. Que vos parece a proposta ?
    Grazas de antemán pola axuda.--Elvira (Conversa comigo) 14:09, 23 de xullo de 2012 (UTC)

Listas de erros ortográficos para o revisor ortográfico editar

A lista de erros do revisor ortográfico foi ampliada cos erros que aparecen no VOLGa e agora queremos engadir máis termos incorrectos, por iso se coñecedes listas de hipergaleguismos, arcaísmos, castelanismos, etc, pasade pola conversa para achegar as ligazóns. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:21, 9 de agosto de 2012 (UTC)

Importar modelos editar

Boas! Estou traballando na Kontinental Hockey League, concretamente nas tempadas que se levan desputadas e en crear modelos relacionados coa competición. O caso é que quero poñer mapas de localización e me atopo con que na wiki en inglés hai un modelo que non temos na wiki (entrando aquí se pode ver cal é), falando co usuario JonnyJonny comentoume da posibilidade de importar o modelo inglés, mais non sei cómo se fai. Tamén dentro dos problemas que estou a ter, na Tempada 2009-10 da KHL o mapa está totalmente descadrado e non sei por qué. Alguén me podería dicir como solucionar estes problemas? Grazas de antemán pola vosa axuda, Piquito (conversa) 23:34, 19 de agosto de 2012 (UTC)

Traducción del gallego al castellano editar

Por favor, alguien podría traducirme la siguiente canción gallega al castellano? Es que le entiendo muchas cosas, pero no todo. Muchas gracias de antemano.

Estomballada
As pericas teñen fame / Las ovejas (o, mejor, corderas) tienen hambre
Filla herba hai que ir buscare / Fina hierba hay que ir a buscar [Filla ten que ser un erro)
Que despois na Noiteboa / Que después de la Nochebuena
Carneiro non vas probare / No vas a probar carnero
Alá marcho ca ghadaña / Alla marcho con la guadaña
Varios feixes vou pañare / Varios haces voy a coger (apañar)
Pero ó ve-la herba fresquiña / Pero al ver la hierba fresca
Só me quero estomballare / Solo me quiero tumbar en el suelo (echarme a descansar)
Estomballada, estomballada / [non creo que tenga traducción: acción de tumbarse a la bartola]
Estomballada na veigha / ... na vega
Estomballada, estomballada
A leira pa’quen a queira / La tierra [de labradío] para quien la quiera
Ás tres da tarde en aghosto / A las tres de la tarde en agosto
Patacas imos pañare / Vamos a recoger patatas
Que vén o home do tractore / Que viene el del tractor [el hombre del tractor]
E logho ha querer marchare / Y ha de querer marcharse pronto
Alá, imos ca empanada / Allá vamos con la empanada
E o viño pa’merendare / y el vino para merendar
Aínda non traballei nada / Aún no he trabajado nada
E xa me quero estomballare / Y ya me quiero tumbar
Si tes ghalos e ghaliñas / Si tienes gallos y gallinas
Millo has de sementare / tienes que sembrar maiz
Mentres lle espanta-los corvos / Mientras le espantas los cuervos [para que no coman el grano]
Xa logho o tes que ir sachare / Enseguida tienes que ir a cavar
Enriba vén a vendima / Viene encima la vendimia
Das abellas hei tornare / Tengo que apartar las ovellas=ovejas [no las abejas, que no se tornan]
Non sei se pisa-lo millo / No se si pisar el maíz
E as uvas esfollare / Y deshojar las uvas

[como lo de que por el mar andan las liebres y por el monte las sardinas, es un absurdo, ya que lo que se pisa son las uvas y lo que se deshoja es la mazorca de maíz]

Ai! Que demo de rapaza / ¡Que demonio de chavala!
Non sei quen me vai herdar / No se quien me va a heredar
Non me sirve para nada/ No me sirve para nada
Só se quere estomballar… / solo se quiere tumbar ...

Saludos desde Hungría. --El Mexicano (conversa) 18:35, 8 de setembro de 2012 (UTC)

Muchas gracias por la traducción y las explicaciones. En la versión que encontré canta "Das abellas...", me imagino que se refiere a que hay que espantar las abejas de las uvas, porque estas siempre aparecen cuando maduran las uvas. --El Mexicano (conversa) 21:08, 8 de setembro de 2012 (UTC)

Problemas no artigo Mito editar

Alguén que saiba máis ca min sobre este tema que estou intentando estudar minimamente podería corrixir o texto incomprensible deste artigo no apartado "Tipos de mitos - Mitos histórico-culturais". Pon Un mito histórico difire principalmente dunha lenda en que esta última presenta certo rango de incerteza fronte a aquela, a cal conta con claras probas, testemuñais ou historiográficas que proban a falsidade, e que, posteriormente, foi difundida no xeito dun típico mito histórico-cultural (tamén chamado vulgarmente, unha lenda urbana).

Non se entende. Pon "aquela" e non se sabe a qué fai referencia, non hai dous elementos femininos. Estou confuso e non me atrevo a corrixilo pasándoo ó masculino. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  19:08, 18 de setembro de 2012 (UTC)

Aínda corrixindo iso non entendo nada-- Lmbuga / Conversa comigo  19:09, 18 de setembro de 2012 (UTC)

Rugby ou Rugbi? editar

Boas compañeiros. Coido que sabedes que eu edito principalmente artigos referidos ó deporte do rugby. Pois ben, hoxe estiven lendo no facebook os comentarios referidos ó encontro que a selección de rugby de España xogará no Estadio Multiusos de San Lázaro o 16 de marzo de 2013 fronte á selección de rugby de Portugal. Dinme conta que algunha da xente que escribía en galego, empregaba a verba "rugbi", como en catalán. A miña dúbida agora é evidente. En galego non temos a letra "y", e noutros deportes como o voleibol fíxose o troco da "y" orixinal inglesa pola "i"; logo, ¿é axeitado que troque tódalas "rugby" por "rugbi"?. Refírome tan só ó deporte, non á localidade británica. E xa postos, a mesma dúbida téñoa co hóckey. -- JonnyJonny (conversa) 10:11, 17 de outubro de 2012 (UTC)

Tanto no dicionario da RAG como no VOLGa ven "rugby". Un saúdo e bo traballo!--Adorian (fálame) 11:58, 17 de outubro de 2012 (UTC)
Pois hai que informar a RAG e pedirlles que o cambien, como a tamén quitarlle o til a guion, a adición de botellón... --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 20:41, 19 de outubro de 2012 (UTC)
Boeno, pero mentras non o cambien así está, non se pode cambiar nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:31, 19 de outubro de 2012 (UTC)

Importar modelo editar

Alguén pode axudarme importando este modelo para incluílo no artigo Lista de xéneros operísticos? Piquito (conversa) 23:23, 11 de novembro de 2012 (UTC)

Xa esiste, é {{Cadro de citas}}. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:34, 12 de novembro de 2012 (UTC)

Libreto editar

Boas!! Alguén pode investigar algo sobre o libreto da ópera de Juan Durán O arame, sei que foi escrito por Manuel Lourenzo e penso que está extraído de Camiñar polo arame cunha lata de cervexa. Pode que algún usuario coñeza ao propio Lourenzo ou saiba algo do tema, de ser así agradecería que resumira o argumento da ópera no seu artigo, eu lamentáblemente non teño información para facelo e a única ópera en galego que temos a día de hoxe na Galipedia está cun incómodo marcador de "en progreso". Moitas grazas a todos, un saúdo e feliz 2013!! Piquito (conversa) 31 de decembro de 2012 ás 13:34 (UTC)[responder]