Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 14

Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25

Coordenadas nas listas de monumentos editar

Boas. Están feitas as listas de monumentos declarados BIC de Galicia (Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra), aínda lles quedan repasar algunhas cousas, sobre todo os nomes e os lugares, pero para o que precisaría a axuda é para poñerlles as coordenadas de situación. Estas listas van a usarse para o concurso Wiki Loves Monuments e precisan esa información para axudar ós participantes a atopar os monumentos. Pero esas coordenadas tamén será útiles para engadir ós artigos, os que estén creados e os que se vaian facendo, porque só os artigos que teñen coordenadas son os que aparecen logo no Google Maps na opción de visualizar os artigos das wikis. Cantas máis coordenadas teñan os nosos artigos máis visibilidade terán na rede. Por iso pídovos que os que coñezades a situación dalgúns destes monumentos vaiades poñendo nesas listas, e nos artigos, as súas coordenadas. Para conseguir as coordenadas só tedes que atopalos no Google Maps e pulsando co botón dereito sae un menú, escollendo a opción de ¿Que hay aqui? aparécenvos na caixa de buscas e xa as podedes copiar para a lista. Esas coordenadas están en formato decimal e logo o modelo {{BIC}} xa as transforma para que aparezan en grados, minutos e segundos. Para poñelas nos artigos hai que usar as coordenadas en formato de grados, minutos e segundos. Grazas a todos e un saúdo, cando haxa máis noticias do WLM xa vos irei contando, --Elisardojm (conversa) 01:07, 10 de xullo de 2011 (UTC)

información obsoleta .. editar

Boas, acabo de entrar no artigo de Saturno, e vexo que a lista de lúas está totalmente obsoleta, hai algún marcador para avisar que tal o cal sección ou artigo ten a información obsoleta? e incluso avisar de que hai artigos ou categorías da Galipedia na que podes atopar información actualizada ou para actualiza-lo artigo? (no sei se me expliquei moi ben ....).--Xabier Cancela (fálame) 17:40, 28 de xullo de 2011 (UTC)

Podes usar o modelo {{aviso|'''Este artigo o sección asemella estar desactualizado.'''<br/><small>É posible que a información fornecida aquí cambiara ou sexa insuficiente.</small>}} ou similar, que tería este aspecto:

--. HombreDHojalata.conversa 21:48, 28 de xullo de 2011 (UTC)

E tamén podes engadirlle manualmente a Categoría:Artigos tarefas pendentes--. HombreDHojalata.conversa 21:52, 28 de xullo de 2011 (UTC)


Graciñas, iso é o que andaba buscando; en canto poida fago ese choio. --Xabier Cancela (fálame) 16:24, 29 de xullo de 2011 (UTC)

Ayuda en traducción editar

Hola! Antes que nada disculpen que no hablo gallego, aunque lo entiendo más o menos. Hay una canción de Lucía Pérez en gallego, "Torres de Compostela", y algunas expresiones no están muy claras para mí (destacadas en negrita), si alguien pudiera explicármelas, por favor:

  • E homes, mulleres e nenos / Xa seguen a lúa estela = "Y hombres, mujeres y niños / Ya siguen la ????"
  • E que se Deus o permite / Vexa-lo ceo na terra = "Y que si Dios lo permite / Ve el cielo en la tierra"?? o ¿"Véase el cielo en la tierra"?

Es que he escuchado la canción varias veces con audífonos, y les juro que canta eso. ¡Muchas gracias de antemano! Saludos desde Hungría. --El Mexicano 15:39, 5 de agosto de 2011 (UTC)


Ola, non coñecía a canción e paréceme que na primeira das frases que dis a cousa non ten sentido: penso que debía dicir a túa estela e que leu mal e dixo a lúa estela, que é o que verdadeiramente pronuncia. Se é como eu digo quedaría:
  • E homes, mulleres e nenos / Xa seguen a túa estela = "Y hombres, mujeres y niños / Ya siguen tu estela" Pero isto son :elucubracións miñas.
canto á segunda das frases: está ben copiada: sería:
  • E que se Deus o permite / Vexa-lo ceo na terra = "Y que si Dios lo permite / Veas el cielo en la tierra"
Un saúdo a Hungría, espero terche axudado --Servando2 (Dime) 16:36, 5 de agosto de 2011 (UTC)

Lepidoptera indefinida editar

Alguén sabería dicir o nome científico deste becho?--. HombreDHojalata.conversa 15:07, 29 de agosto de 2011 (UTC)

Not Galego speaker editar

Hi guys, I created a text in English but I don't speak Galego. This page is already in Italian, English, Spanish and French but I would like to add your language! :) Could any good soul translate these few words?


Basket Rimini Crabs is a basketball team from the city of Rimini, Italy.

The club was born in 1947 under the name "Polisportiva Libertas". During the 1970s the team, nel frattempo named "Basket Rimini" reached the Serie A2 (Italian second level), a professional championship for the first time in its history. In 1984 Basket Rimini was promoted in "Serie A1", the highest level of Italian basketball: it played in this league 8 seasons from 1984 and 2001 (sometimes they went down on A2). Its best result was 8th place in "Serie A1" in the 1985/86 season. The club qualified twice, in the 1998/99 and 1999/00 seasons, for the Korać Cup, a continental competition.

In 2001 it was relegated again in "Legadue", the former Serie A2, adding officially "Crabs" nickname to its denomination. In 2011 the Crabs were exlcluded from Legadue due to financial problems, and so they restarted from the "DNB" championship (fourth Italian level).

Some of its youth teams won the title of national champions in the 1980's and '90's. Also, Carlton Myers, one of the best Italian basketball players, began his career in Basket Rimini, as did Alex Righetti and many others.


--Giallone 07:24, 3 de setembro de 2011 (UTC)

Como é? editar

"de" ou "da" --. HombreDHojalata.conversa 21:51, 6 de setembro de 2011 (UTC)

  • Nunha referencia que aquí damos como válida, é A China. Daquela, da China. [1] (páx 107) --Atobar (conversa comigo) 22:05, 6 de setembro de 2011 (UTC)

Campaña de recadación de 2011 editar

Como vén sendo habitual, cara á última parte do ano, a Fundación Wikimedia está a piques de lanzar a súa campaña de recadación de fondos anual. Nestes últimos anos eu encargueime da tradución das mensaxes ao galego e este ano tamén. Agora o que necesito é que alguén lle bote unha ollada á tradución das preguntas frecuentes, por se hai algún erro, para que poidan publicar a páxina. É un proceso habitual que neste tipo de páxinas teña que haber unha segunda persoa que revise o que fixo a outra para constatar que non se puxeron vandalismos. Graciñas. --Toliño Fala aquí comigo 14:40, 17 de setembro de 2011 (UTC)

  •   Revisado até Como se xestiona a Fundación Wikimedia? (sen incluír esa sección). --Atobar (conversa comigo) 17:38, 17 de setembro de 2011 (UTC)
  • Leino todo, hai ligazóns vermellas que polo de agora é normal, hai ligazóns azuladas que dan ó proxecto da lingua, mentras coutras traducións dan ós proxectos, son detalles de conversa, para mín a páxina esta lista para publicación --Elvira (conversa comigo) 18:17, 17 de setembro de 2011 (UTC)
As ligazóns en vermello están así porque o texto está en Meta-Wiki, cando o publiquen no wiki da Fundación Wikimedia han funcionar perfectamente. --Toliño Fala aquí comigo 19:31, 17 de setembro de 2011 (UTC)
  • Nun primeiro vistazo ata a metade do texto atopo unha cousa que corrixir e outras que non entendo:
    • artigos en máis de 276 linguas -> ¿por que non a cifra exacta: 282 wikipedias?[2]
    • recibe as visitas de máis de 12,800,000 millóns de persoas cada mes; máis adiante: chegan a 12,800,000 millóns de persoas cada mes; e unha terceira vez: máis de 12,800,000 millóns de persoas de todo o mundo -> ou sobran ceros ou sobra a palabra “millóns”. Tamén habería que separar por puntos en vez de comas.
    • A Fundación Wikimedia é unha organización 501(c)(3) libre de impostos -> ¿qué significa iso de "501(c)(3)"?

Seguirei lendo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:35, 17 de setembro de 2011 (UTC)

O das organización 501(c)(3) libre de impostos é como se denominan, non sei se fiscalmente ou administrativamente, ás asociacións sen ánimo de lucro que están exentas de algúns ou todos os impostos nos EEUU e creo que tamén permiten deducir da declaración da renta as aportacións que se fan ás mesmas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:53, 17 de setembro de 2011 (UTC)
  • Aínda que non o poida entender, parece que estas campañas de doazóns son seguidas pola xente e que se reúnen así millóns de dólares: a realidade supera a ficción. Ben, entón, as explicacións que deamos ó posible doante terán que ser completas. Neste caso concreto, cómpre explicar que significa iso do 501 (nota ó pé ou como se queira). Tampouco me parece moi convincente dicirlle a ninguén que se quere máis explicacións vexa aquí, e aquí é unha ligazón vermella que non o leva a ningures. Bueno: só un par de correccións máis:
    • recibirás unha notificación preguntando se quere continuar facendo esta doazón -> queres, en plural.
    • Se queres prolongar o agasallo un ano máis, sigue as instrucións -> segue, non *sigue.
    • cremos que a cantidade mínima de 1 dólar estadounidense disuadiraos de non facelo -> un dólar non disuade a ningún ladrón de tarxetas, pero bueno, o caso é que só podería disuadir de facelo, non de "non" facelo.

Máis saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 21:05, 17 de setembro de 2011 (UTC)

Ben, respondendo a Lameiro:
  1. A páxina que estades a ler é unha tradución da orixinal en inglés, entón se en inglés (o denominado texto fonte) pon "articles in over 276 languages" en galego diremos "artigos en máis de 276 linguas".
  2. O problema dos millóns é debido ao uso dun modelo para mostrar a cifra (tamén hai problema coas comas, no canto de puntos), ha solucionarse ao pasar o texto ao wiki da Fundación.
  3. O tema de non explicar o que significa "501(c)(3)" (eu entendo que "libre de impostos" é a explicación) vén do orixinal en inglés, onde non din nada.
  4. Repito, como dixen máis arriba noutro comentario, que as ligazóns en vermello han funcionar cando o texto se publique como oficial no wiki da Fundación Wikimedia (agora está en Meta-Wiki en fase de tradución, en canto deamos o visto bo á tradución pásano á páxina oficial).
  5. Corrixido o "queres", agora xa está en plural.
  6. "sigue" é completamente correcto cando se trata do imperativa (véxase no Ir Indo.
  7. Eliminado o "non" que nega a afirmación de disuadir.
En calquera caso, podes corrixir os erros ti mesmo. --Toliño Fala aquí comigo 13:06, 18 de setembro de 2011 (UTC)
  • Déixame insistir só no dos millóns: "máis de 12,800,000 millóns de persoas" son 12 billóns e pico de persoas (o noso billón: millón de millóns). Demasiada xente, vamos, se hoxe en todo o mundo andamos polos 6.000 millóns. Máis nada, logo. Pedro --Lameiro (conversa) 15:32, 18 de setembro de 2011 (UTC)
Podes remitirme á sección que pon tal cousa, para o corrixir? --Toliño Fala aquí comigo 19:32, 18 de setembro de 2011 (UTC)
Vexo que xa non o din. Na versión das 17:42 de onte falaba de 12,800,000 millóns de persoas, en 3 seccións distintas ( En resumo, que é a Wikipedia..., Se fago unha doazón á Wikimedia ... e Cales son os vosos plans...). Nas seguintes fala de máis de 12 millóns de persoas. Todo correcto, Toliño. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:01, 18 de setembro de 2011 (UTC)

Problema cun modelo editar

Trasladei o Modelo:Caixa de baloncesto dende a wikipedia en inglés, pero se vos fixades dentro do apartado de uso de marcador, no "Modelo FIBA" hai un erro xa que aparece o seguinte "width=8% align=center valign=top |0* – 1*|| width=21% align=left valign=top |{{{teamB}}}", en wikipedias noutras linugas, usando exactamente o mesmo modelo non lles pasa, a que pode deberse?--Adorian (fálame) 20:07, 3 de novembro de 2011 (UTC)

  Resolto. O problema non era do modelo {{Caixa de baloncesto}}, senón na chamada ao modelo {{!!}}, que tiña unha liña de máis. --Toliño Fala aquí comigo 21:31, 3 de novembro de 2011 (UTC)
Moitas grazas, Toliño!--Adorian (fálame) 21:36, 3 de novembro de 2011 (UTC)

Problema con modelo editar

Botando unha ollada por uns artigos atopei un modelo que fixera cun fallo que non dou arranxado, a ver se alguén podería axudar. é Modelo:Distrito de Hamburgo que non sei como facer para que saía aliñado á esquerda en vez de á dereita. Moitas grazas.--Adorian (fálame) 21:54, 20 de novembro de 2011 (UTC)

Non entendo o problema. As caixas de información van á dereita, non á esquerda. --Toliño Fala aquí comigo 22:02, 20 de novembro de 2011 (UTC)
Desculpa, trabuqueime ao escribir. O modelo (polo menos a min) saeme á esquerda e non á dereita.--Adorian (fálame) 22:33, 20 de novembro de 2011 (UTC)

Acabo de mirar e co Firefox saeme ben, á dereita. O problema teñoo co Chrome.--Adorian (fálame) 22:36, 20 de novembro de 2011 (UTC)

Pois si, curioso. Sae á dereita en Internet Explorer‎, Mozilla Firefox, Opera e Safari. E á esquerda en Chrome ! --. HombreDHojalata.conversa 00:08, 21 de novembro de 2011 (UTC)
  Arranxado. --Toliño Fala aquí comigo 12:46, 21 de novembro de 2011 (UTC)
Moitas grazas Toliño!--Adorian (fálame) 14:20, 21 de novembro de 2011 (UTC)

Dúbida editar

Necesito axuda coa tradución dunha extensión que xa se está incluíndo en wikis grandes como a Wikipedia en inglés. Nestes intres non dou coa mellor tradución para cup of coffee. O meu problema é que soamente me sae cunca de café, pero non ten o mesmo significado ca a taza castelá, ou polo menos para min. Á miña cunca fáltalle a asa, alguén ma pode atopar? --Toliño Fala aquí comigo 12:57, 7 de decembro de 2011 (UTC)

Ben, é difícil saber ao que se refiren. Se te refires ao cacharro onde se bebe o café, efectivamente é complexo traducir mug. Eu diría cunca, pero normalmente emprego o castelanismo taza. Outra opción é pocillo, aínda que sen dúbida é máis pequeno (expreso) e en Anglosaxonilandia os cafés son de perolo (de cunca, polo volume). Pero tamén pode ser que se refira simplemente ao modo 'contable' do substantivo. Imos tomar unha 'cup of coffee' é, en realidade, imos tomar un café. Unha variante menos embigua sería cafeíño para ese sentido. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13:12, 7 de decembro de 2011 (UTC)
Explico: A extensión denomínase Amor wiki (WikiLove, en inglés) e serve para conceder medallas a outros usuarios ou agasallar cunha cervexa, cunha cup of coffee ou mesmo cun michiño ao outro editor. O contexto é ese. Se queredes velo en acción ide á Wikipedia en inglés, á páxina de calquera usuario (vale a vosa propia páxina) e premede no corazón que hai nas lapelas superiores. Teño pendentes máis traducións doutras lambonadas como cupcake e stroopwafel aos que tampouco atopo unha boa solución para traducir. --Toliño Fala aquí comigo 13:23, 7 de decembro de 2011 (UTC)
Dado que nós ao village pump chamámoslle taberna, eu en vez de agasallar con cafés, preferiría tomar unha cunca de ribeiro cos membros da comunidade. Non é unha tradución literal, pero penso que se adapta ben ao contexto. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:49, 7 de decembro de 2011 (UTC)
Iso estaría ben se na foto que acompaña á mensaxe aparecese o viño, pero por desgraza non podemos facer esas traducións tan libres dado que a imaxe que acompaña o texto é esta. --Toliño Fala aquí comigo 14:41, 7 de decembro de 2011 (UTC)
Para min iso é, simple e planamente "un café". Non ten que ver co cacharro onde vén metido, en inglés tampouco. Respecto a cupcake... eu diría un pastel. Os sitios onde os teño visto á venda en España chámaselles cupcakes. E con stroopwafel eu diria unicamente galletas. Unhas galletas de caramelo ou mesmo unhas "galletas príncipe con caramelo en vez de chocolate" son algo moi estraño. Anque tamén pode resultar pavero. --Xabier Cid Talk 2 me, please 14:49, 7 de decembro de 2011 (UTC).
O problema é que tamén tes cookies... pois si que... Galletas e galletas de chocolate (cookies)? Galletas (cookies...) e caixa de pastas (stroop...)? --Xabier Cid Talk 2 me, please 14:55, 7 de decembro de 2011 (UTC)
Precisamente hoxe, no Faro... [3] --Xabier Cid Talk 2 me, please 15:01, 7 de decembro de 2011 (UTC)
regresando á pregunta orixinal, a cunca, segundo o DRAG, é 1) recipiente cóncavo con ou sen asas, para tomar líquidos; e 2) por ext., cantidade de algo que cabe neste recipiente. A maiores, teño que dicir que ese café da foto resulta pouco apetecible: semella estar frío. E para rematar. cómpre lembrar que non hai moito alguén colgou aquí a ligazón a unhas entrevistas cos supertacañóns da wikipedias española e inglesa, falando de que a wiki ía de capa caída. con cada vez menos editores, e que unha das medidas correctoras era felicitar, dalgún xeito, uns editores a outros (¡que guapo es!, ¡nena, ti vales moito!). Supoño que isto do cafelito vai por aí. Pedro --Lameiro (conversa) 18:21, 7 de decembro de 2011 (UTC)
Comentando o que apunta Lameiro, basicamente é o que di. Co fin de cortar a sangría de editores que sofre a Wikipedia segundo os datos que manexan os que levan todo isto estanse a desenvolver unha serie de extensións que van están implantando dun tempo a esta parte. Ademais deste Amor wiki hai outras: a Barra de humor, que pregunta sobre a experiencia de edición; e tamén o Panel de avaliación de artigos que xa se ve nas wikipedias máis grandes e que pide valorar catro aspectos (fiabilidade, imparcialidade, completitude e organización) sobre os artigos. Tamén se está traballando na mellora do acceso desde dispositivos móbiles e hai poucos meses lanzouse un reto de programadores co obxectivo de atopar novos desenvolvedores que traballasen para a Fundación Wikimedia. --Toliño Fala aquí comigo 20:15, 7 de decembro de 2011 (UTC)

Por certo, deixo simplemente café e para as cup of coffee e cup of tea. Con respecto a cupcake vou optar por madalena (en galego é sen "g"?) e stroopwafel solucionaríao con gofres con melaza (existen os "gofres" en galego?). --Toliño Fala aquí comigo 20:25, 7 de decembro de 2011 (UTC)

  • Síntoo, pero nin madalena nin moito menos gofres están admitidos -por agora-. Madalena só é nome de muller. Por min valen perfectamente pero VOLGa e DRAG non están polo labor. Pedro --Lameiro (conversa) 20:46, 7 de decembro de 2011 (UTC)
Algo do meu corazón británico acaba de morrer ao ver traducido cupcake por madalena, hahaha... Non, en realidade non ten demasiado que ver. Téñome batido a sangue ou morte pola diferenza entre muffins e madalenas, e os cupcakes están moito máis lonxe. Pasteliño é mellor, creo, sen meterse a profondezas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 22:08, 7 de decembro de 2011 (UTC)
Sinto a estocada que che dei, meu. O que eu non vexo é chamarlle "pasteliño" a isto, porque ben me parece unha *madalena [sic], pero á falta doutra cousa tereino que aceptar. E tampouco considero que estoutra cousa sexan unhas "galletas príncipe con caramelo en vez de chocolate" (enxeñoso si!), ocórreseme que quizais "torta crocante"... Non sei. --Toliño Fala aquí comigo 12:16, 8 de decembro de 2011 (UTC)

Consulta editar

Hola, son novo por aqui, gustariame saber se hai algunha plantilla como esta pero que sexa xenerica? é para crear artigos sobre tempadas de rally. Concretamente sobre o Campionato de Galicia de Rallys. Saudos--Jorjum 09:20, 13 de decembro de 2011 (UTC)

Non hai moitos modelos na Galipedia, se hai algún concreto na wiki en castelán que poda valer podemos tentar de traelo aquí. O que pasa é que algunhas veces os modelos doutras wikis usan modelos auxiliares que nós non temos e entón hai que mirar como se pode facer. ¿Que modelo da wiki-es ou wiki-en faría falta?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:39, 13 de decembro de 2011 (UTC)
Xa está non é necesario, xa o solucionei. gracias. --Jorjum 16:16, 13 de decembro de 2011 (UTC)
Así da gusto... ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:31, 14 de decembro de 2011 (UTC)