Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 6

Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25

Mediación da comunidade editar

Solicito a mediación da comunidade: O administrador Albert galiza está acusarme de xogar co sistema sen especificar as causas nas que basea tal razoamento o que me está a xerar unha situación de indefensión. Ademais está a xerar "ruido" en propostas que levan tempo esbozándose e que propuxen como material de traballo. Eu establezco un periodo de tregua e alónxome de todo lugar onde participe para evitar aumente a confrontación. Só rogo que cando se fagan acusacións de tal magnitude estean baseadas e razoadas con feitos ou en caso contrario as persoas que as fagan sexan amoestados co obxecto de respetar as normas básicas de convivencia. Véxase:

Como exemplos de posicionamento de enfrontamento non razoado. Lansbricae (Ti dirás) 12:22, 4 outubro 2007 (UTC)

quero comezar a facer un artigo na galipedia sobre simone weil e necesito informacion sobre esta filosofa francesa

axudaaaaa editar

quero comezar a realizar un artigo na galipedia sobre simone weil e necesito informacion sobre esta filosofa francesa

boas!

é procedente crear unha páxina de homónimos para R (a letra e a empresa)?

pode facelo alguén que saiba?

Graciñas! saúde, e pola sombra! --Estevoaei 11:02, 13 outubro 2007 (UTC)

proposta de categoría editar

Estimad@s siareir@s e parroquiáns da taberna:
¿podería facerse unha categoría co nome de "Rúas de Pontevedra"? Aí poderían ir artigos como Manuel Quiroga, Castelao... e podería ser unha subcategoría de Pontevedra.

Obviamente esta proposta serviría para outras cidades, pero (posible problema) quizais sería un Cristo ter artigos en 10 categorías (rúa de Pontevedra, rúa de Vigo...)

¿Pódese facer? ¿Védelo factible?

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 23:25, 15 outubro 2007 (UTC)

  • Eu, sinceramente non o vexo. Se xa o artigo de Castelao ten bastantes categorías, se incluímos o das rúas pode acabar con 30 e pico categorías. Por este e outros motivos eu non as crearía. AlberteSi, digame? 11:39, 16 outubro 2007 (UTC)
  • A mín tamén me parece algo excesivo, serían moitas categorías para algúns artigos. É algo así coma na Wikipedia en castelán, onde teñen categorías do estilo "Nados en 1900", "Falecidos en 1999", etc. Sobrecargan un pouco aos artigos (ao meu parecer). Eso sí, non me parece mal (todo o contrario) que nestes casos se poña no artigo o dato de que teñen unha ou máis rúas adicadas, se non está feito xa :). --Banjo tell me 17:36, 16 outubro 2007 (UTC)

Cargar imaxes editar

Estou traducindo o artigo de Sonic 2 desde o inglés, e quería incluír as imaxes e fotos contidas nel, mais non sei como facelo. Poderíame axudar alguén? Moitas grazas.

--Manudosde 12:38, 19 outubro 2007 (UTC)

  • Antes de nada hai que asegurarse que as imaxes da wiki inglesa valen para a galega (xa que moitas das imaxes da wiki inglesa non poden ser empregadas na Galipedia por mor do copyright, debido, creo, a que eles fan fair use). Pode servirche esta ligazón: Wikipedia:Política de uso de imaxes. Respecto a como cargalas, pode servirche esta: Wikipedia:Como engadir imaxes. Se te queda algunha dúbida non tes máis que dicila. AlberteSi, digame? 13:03, 19 outubro 2007 (UTC)

Terminacións -polis editar

Boas a todos. Reformando o artigo de Fórmula 1, viñome a dúbida de se os nomes propios de lugares que rematan en -polis no seu idioma orixinal, moi presentes sobre todo nos Estados Unidos (Indianapolis, Minneapolis, Annapolis), deben conservar a súa forma orixinal (Indianápolis) ou pasar a leva-la terminación -pole (Indianápole). Que pensades?--FryantTralarí Tralará 19:54, 28 outubro 2007 (UTC)

  • Uf, as cuestións dos topónimos e das palabras rematadas en -polis non adoitan ser sinxelas, pero neste caso non hai demasiada dúbida: Indianapolis, Annapolis e Minneapolis. Son topónimos ingleses que non deberiamos adaptar por seren de segundo nivel (non capitais nin cidades importantes). Podería darche dez argumentos a favor disto e en contra outros dez, pero en todo caso, nin acento nin -poles.--Xabier Cid 11:11, 29 outubro 2007 (UTC)
Por seren de segundo nivel? Tes algunha ligazón ou algo así que me poida servir para profundirzar niso? Grazas, Xabier.--FryantTralarí Tralará 21:44, 30 outubro 2007 (UTC)
O criterio do "segundo nivel" (denominación miña) é un dos que manexa Benigno Fernández Salgado en Os xentilicios e os topónimos do mundo, o único catálogo de formas que ademais inclúe criterios, e que é nin máis nin menos que de hai 17 anos. Non é sinxelo dar con el, e ademais tampouco está en rede. Pero en principio, os topónimos estranxeiros de cidades que non sexan capitais de países ou cidades moi relevantes, e que non inclúan na súa forma artigos, o termo 'novo' ou o termo 'porto' (falo de memoria), non se deben adaptar. Ademais, neste caso, son termos que proceden do inglés, e non do grego ou dun cultismo recente, polo que o significado de -polis como cidade non é transparente. Se che serve de guía, tamén no portugués estes termos se escriben con -polis. Non sei se respondín a túa pregunta... Dime máis e seguireiche botando unha man, ou tentándoo. --Xabier Cid 21:52, 30 outubro 2007 (UTC)
Respondiches, Xabier, sérveme para entendelo. Tentarei mirar se o libro está na miña Facultade, e tentarei botarlle unha ollada. Moitas grazas.--FryantTralarí Tralará 21:59, 30 outubro 2007 (UTC)

Bloqueo de páxina editar

Para evitar a guerra de edicións, solicitolles aos administradores que bloqueen a edición da páxina A-76 ata que determinen sobre a neutralidade dos contidos, por favor. Grazas --Xabier Cid 16:41, 29 outubro 2007 (UTC)

Necesitaba dun diccionario galego-castelán sobre elementos arquitectónicos e sobre elementos arqueolóxicos. Eu tiña un que recollía ambos campos pero non recordo nin autor nin editorial, nin onde o teño. Tiñao en fotocopias e non sei onde foi parar. Alguén pode recomendarme algo? Lansbricae (Ti dirás) 21:41, 30 outubro 2007 (UTC)

Autor Título Ano Editorial Lugar U D
de Llano, Pedro Arquitectura popular en Galicia. Razón e construción 2007 Fundación Caixagalicia & Edicións Xerais de Galicia Vigo 7 8
Léxico de Urbanismo e Arquitectura (Castelán-Galego) 1998 Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) & Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo Vigo 6 9
Diccionario galego da construcción ? ?
González Rodríguez, A. (coord.) Dicionario visual da construción 2004 Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) 8 10
Instituto galego da vivenda e solo Base de datos da construcción de Galicia (BDCGalicia) 1997 Instituto tecnológico de Galicia & Xunta de Galicia - Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda Santiago de Compostela 7 1
Souto González, M. & al. Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura castelán-galego 1998 Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) & Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo Vigo 6 4
Dosil, Benxamín (coord.) Léxico da construcción 2001 Asociación Provincial de Empresas da Construcción da Provincia de Pontevedra & Fundación Instituto Tecnológico de Galicia & Xunta de Galicia Vigo ? ?
Caamaño Suárez, Manuel As construccións adxectivas 1999 Museo do Pobo Galego & Fundación Caixa Galicia Santiago de Compostela ? ?

U: utilidade e fiabilidade dende o meu punto de vista; D: dispoñibilidade; o 9 e o 10 están en internet (o 10 só hai que buscar en Google; o 9 non o atopo, cando poida xa o concreto). Os ? non os coñezo de memoria nin os podo ter diante facilmente. Cando sexa así, xa lles poño unha nota. Salvo os "Léxico de...", non son bilingües, polo que hai que buscar no medio do texto. --  Sobreira (parlez) 02:13, 8 novembro 2007 (UTC) Tamén:

  • Arias Vilas, F. & Romero Masiá, A. Diccionario de termos de arqueoloxía e prehistoria
  • Pereira González, Fernando Léxico básico de arqueoloxía castelán-galego
  • García Alén, A. & Sociedad Arqueológica Vocabulario de los canteros de Pontevedra

E supoño que estes poden tamén ser útiles en certa medida:

  • Gutiérrez Izquierdo, R. Vocabulario castelán-galego de historia, arte e xeografía
  • Candocia Pita, P. & Fernández Prieto, L. & Sousa Fernández, X. C. Vocabulario de Historia

--  Sobreira (parlez) 02:17, 8 novembro 2007 (UTC)

desfacer cambios sucesivos editar

¿Como se desfán varios cambios vandálicos sucesivos realizados nubn mesmo artigo? Por exemplo, os que acaba de facer 190.4.212.217 en Servizo Postal dos Estados Unidos, que corrixiu eficazmente Estevoaei. Pedro --Lameiro (conversa) 23:32, 3 novembro 2007 (UTC)

  • Pois na última modificación tes dúas ligazóns a desfacer. Nunha desfas a última edición. Na outra desfas todas as últimas edicións feitas pola mesma ip ou usuario. AlberteSi, digame? 17:12, 4 novembro 2007 (UTC)

Template:Infobox País editar

Ola a todos, necesito algo de axuda para facer unha cousiña. O Modelo:Infobox País tiña un problemiña, cando o pasei dende a wiki en castelán quiteille un parámetro que serve para as ligazóns de "bandeira de..." "cidades de....", etc. En fín, non teño moito tempo para explicalo todo, se alguén lle interesa como foi a cousa (dubidoo :D) explicollo mais adiante, así que ao chollo :D. Se pasades por un artigo dun país que conteña o template, se podedes mirade se o template ten o parámetro "nome_curto" engadido, se non o ten podedes poñelo para arranxar o template nese artigo e que as ligazóns do mesmo apunten ao artigo/categoría correcta. Eu tentarei ir facendo algo cando poida conectarme e teña tempo, pero se me botades unha man millor :D. Saúdos --BaNjO tell me 20:36, 4 novembro 2007 (UTC)

  • Acabo de revisalo, aínda se pode mellorar o template incluíndo a preposición que se debe poñer (de/da/do). Hai que engadir |de = ***, onde *** é o valor), se pasades por algún dos países xa sabedes, cambiadeo please (que pedichón son :D) --BaNjO tell me 14:47, 5 novembro 2007 (UTC)

Copyright editar

Eu subín unhas cantas fotos dos primeiros óleos que eu mesmo pintei como afeccionado e autodidacta. Se eu son o autor das obras o que xa non entendo é que clase de licencia teño que ter para figurar como pintor ou 'artista' na Galipedia. Sinto non haber feito ben as cousas por descoñecemento do tema e polo tanto pídolles disculpas por non ter a licencia ésa da que falan. Teño outras obras,inda que sexan tamén malas, na páxina http://www.artistasdelatierra.com, e todas élas figuran con copyright (c). Por outra banda, figuro na Guía de Artistas de Galicia, na Guía de Arte editada por Plecs D'Art-Barcelona, etc. Agradeceríalles moito que me orientasen para saber a quén lle teño que pedir esa licencia para poder aparecer na Galipedia. Moitas grazas e saúdos. M.Parada (e-mail: manuelparada@mundo-r.com)

  • A licenza non cha temos que dar nós para incluír fotos. En realidade tésnola que dar ti por seres o autor da obra, para que as poida usar calquera. O certo é que cando inclúas imaxes na Galipedia deben estar dispoñibles para todo o mundo (licenza GFDL), pero como teñen copyright, parece ser que vai ser imposible a non ser que cambies a da páxina. Un saúdo, --  Sobreira (parlez) 22:26, 5 novembro 2007 (UTC)

Solicito a intervención da administración da Galipedia e da comunidade en xeral non implicada na vulneración do 4º piar: Normas de conducta editar

  • Norma obxecto de vulneración: 4º piar: Normas de conducta: Respecta aos teus compañeiros incluso cando non esteas dacordo con eles. Compórtate civilizadamente. Evita os ataques persoais e as xeneralizacións. Vid. Wikipedia:Cinco piares
  • Suxeitos ofensores e contido que vulnera o 4º piar:
    • User:Banjo:
Persoalmente non teño nada en contra do controlador deste bot, pero si sei que a súa actuación con certos usuarios non foi a correcta, e de ahí a falta de confianza que sinala Sobreira...
O seu operador está comezando a facerme dubidar que podo outorgarlle a confianza que se lle debe dar a un usuario con bot. Cómpre lembrar que as súas modificacións non son vistas en Cambios recentes, polo que o seu comportamento debe ser digno de toda confianza. Hai detalles que non me acaban de casar ben e non me parece oportuno permitir que unha parte da Galipedia (lembremos: de difícil control) estea baixo o dominio dun editor tan rápido como é un bot.
...Pero outorgar a categoría de bot é, ademais de permitir unha acción recorrente, outorgar unha garantía de confianza nun operador. Nun operador que primeiro se oculta, que logo teme represalias, que actúa imprudentemente (como se non coñecese o funcionamento ético dos bots), que edita páxinas de usuario, que esgrime a súa recente incorporación á wikipedia pra que se lle perdoen erros, que porén ás dúas semanas de chegar suplanta a personalidade dun administrador, que porén en dous meses é capaz de crear un bot e operalo tecnicamente, que calquera discrepancia a leva ao ataque persoal, ao vitimismo, e ao cristo permanente... Non estou en contra do bot, pero gustaríame un pouco máis de calma nestas augas, tendo en conta que esas funcións están xa máis ca cubertas non me importaría analizar de novo a cuestión deste bot dentro duns meses

.

Por razóns obvias.
Outorgar o status de bot non é un mero trámite. É un procedemento no que os usuarios do wiki outorgan a súa confianza ao operador do bot para agochar as súas contribucións nos cambios recentes e dese xeito aceptar como acertadas as mudanzas que faga case sen verificación. Polo tanto o obxecto da votación non é valorar en exclusiva a función que vai desenvolver o bot, nin se pode valorar o seu posible uso sen ter en conta quen é o operador. Xa na presentación da candidatura houbo irregularidades. Agochar a identidade do operador do bot resulta cando menos estraño. No momento no que o operador foi preguntado sobre a súa identidade manifestou receos polo posible comportamento da comunidade. Se o propio candidato demostra desconfianza fronte aos colaboradores dificilmente ten xustificación que espere que os colaboradores teñan confianza nel, máxime cando ten un historial cheo de manobras arteiras tal e como moi acertadamente expresaron outros colaboradores arriba. Todo iso sumado a que os operadores dos bots seguen unha serie de pautas no seu uso que o candidato semella descoñecer (inundou os cambios recentes de edicións no período de probas, editou en mensaxes de usuarios,..) faime discordar.
Mudo a orientación do voto. Eu penso que o bot era útil, e que foi creado de boa fe no seu momento, mais tamén entendo que outorgarle o status de bot é dar plena e total confianza ó operador. A derradeira xornada na Galipedia fíxome reflexionar. E creo que a actuación de Maañón, que pensei que estaba mudando (vexo que non é así), non é merecedora da confianza que lle din. Tamén quero dicir que vincular as leas a cando alguén di algo contrario ó que alguén quere escoitar, é para min un xeito de intimidar. Se por votar discordo vai comezar un acoso contra alguén... vamos que paréceme unha actitude moi pouco ética. Os ataques e montar leas cando alguén opina non me gustan nada. Pois resumindo: no seu momento votei concordo sen saber que era Maañón, cando se identificou confirmei o voto (pensei que ía cambiar o comportamento), e agora vendo que cada edición pode ser aproveitable para meter tralla cambio a opinión. Gustaríame que por dar esta opinión non se me linchara, se pode ser

Dado que non temos regulado ningún sistema de resolución de conflitos, solicito a todos os implicados na vulneración do 4º piar que recapaciten e modifiquen o contido ofensivo das súas verbas, non o sentido do seu voto, cada un pode votar o que queira pero no respecto e na mesura cara aos compañeiros. Grazas. Alma (fálame eiquí) 16:05, 7 novembro 2007 (UTC)

  • A min que me expliquen o carácter ofensivo das miñas verbas e só despois se me poderá pedir que as cambie. A estas alturas de curso xa temos motivos de abondo para poder formarnos unha opinión fundada de case todos nós, e sobre esa opinión emito o meu voto. Con todo o respecto de que son capaz. Non ofendo a ninguén se digo que non me gusta o que fai e como o fai (e o meu "por razóns obvias" é tan obvio que non compren máis explicacións). Agora, a estas alturas de curso, insisto, non emito prexuízos, senón xuízos. ¿Queda claro? Pedro --83.57.226.180 17:50, 7 novembro 2007 (UTC) [Síntoo: Pedro --Lameiro (conversa) 17:52, 7 novembro 2007 (UTC)]
xeneralizarv.t. 1. Facer xeral [unha cousa], estendela á maioría. O Goberno vai xeneraliza-los servicios médicos gratuítos. Intentaban xeneraliza-lo consumo do novo producto. ANT. limitar. // v.i. 2. Aplicar a un conxunto amplo algo que é propio dun número limitado de casos. Ó dicires que as mulleres falan moito, estás xeneralizando. // v.p. 3. Facerse común ou xeral [unha cousa], estenderse á maioría. Xeneralizouse entre a poboación a tendencia a deixa-lo tabaco. Un hábito que acabou xeneralizándose. CF. propagarse.Búscao aquí A que maioría está a xeneralizar nada Banjo? Lameiro?

--FryantTralarí Tralará 18:56, 7 novembro 2007 (UTC) RE:

  • Mira que o puxen... "persoalmente non teño nada en contra deste usuario...". Creo que está claro que dito usuario non ten a confianza de X outros usuarios, que hai de ataque persoal en decir eso? Acaso non confiar en alguén é delito? É mais, acaso decir que X non confía en Y é delito???? Non vou retirar o meu comentario, non o vexo como unha ofensa, máis ben todo o contrario. Estou expoñendo unha situación que vexo o máis obxectivamente posible. E en consecuencia con esa situación obxetiva creome unha opinión subxetiva. E en consecuencia con esa opinión subxetiva voto (neste caso cambio un voto). Non hai mais, non vou defenderme cando creo que non teño porqué facelo. BaNjO tell me 18:03, 7 novembro 2007 (UTC)
    • RE:si sei que a súa actuación con certos usuarios non foi a correcta, e de ahí a falta de confianza = Evitar os ataques persoais e as xeneralizacións. - Alma (fálame eiquí) 18:38, 7 novembro 2007 (UTC)
  • Pídesenos a opinión sobre algo, e eu dina. Se se nos preguntase sobre o artigo sobre Linguas illadas e eu dixese que hai que borralo porque o creou un determinado usuario, sería ataque persoal. Pero entendo que non é o caso, porque o que se nos pide é respaldar a xestión dun usuario. Porén, coller unha frase das normas da wikipedia, illala do seu contexto, e incluso volvela contra o seu lexítimo propósito (non se pode discordar de outorgarlle confianza a un Bot porque iso sería un ataque persoal), iso é Wikipedia:Xogar co sistema. --Xabier Cid 18:53, 7 novembro 2007 (UTC)
    • RE: As opinións poden darse sen entrar en valoracións persoais como fixeron tanto User:Fryant como User:Lmbuga. É bo que aludas a Wikipedia:Xogar co sistema xa que eu non solicitara que a comunidade interviñera pola vulneración tamén das seguintes regras ao non estar aprobadas aínda, pero deixochas eiquí para que lles botes un ollo:
  1. Malinterpretar as accións doutros editores co obxectivo de que estas parezan irrazonables ou impropias.
  2. Tentar impoñer unha interpretación interesada dunha política, ou impoñer un punto de vista persoal sobre os estándares e non aqueles que fixou a comunidade.
  3. Entorpecer: activar repetidamente as mesmas discusións ou regresar a elas sen xeito nin maneira despois de que xa fosen resoltas, co obxectivo de non rematar ningún debate ou atacar a política que resultou desa discusión.
  4. Xogar co límite: camiñar polo límite do cumprimento das políticas ou cumprilas só daquela maneira, para que sexa máis difícil de probar unha conduta malintencionada.

Saúdos. Alma (fálame eiquí) 19:08, 7 novembro 2007 (UTC)

xeneralizarv.t. 1. Facer xeral [unha cousa], estendela á maioría. O Goberno vai xeneraliza-los servicios médicos gratuítos. Intentaban xeneraliza-lo consumo do novo producto. ANT. limitar. // v.i. 2. Aplicar a un conxunto amplo algo que é propio dun número limitado de casos. Ó dicires que as mulleres falan moito, estás xeneralizando. // v.p. 3. Facerse común ou xeral [unha cousa], estenderse á maioría. Xeneralizouse entre a poboación a tendencia a deixa-lo tabaco. Un hábito que acabou xeneralizándose. CF. propagarse.Búscao aquí A que maioría está a xeneralizar nada Banjo?--FryantTralarí Tralará 18:56, 7 novembro 2007 (UTC)
  • A veeer, haxa paz. Penso que non debemos alporizarnos demasiado por esta acusación, xa que as propias negriñas empregadas desmíntena. Así que é mellor non entrar no xogo de contestar enfadados, xa que coido que esto é unha acusación, mais é unha acusación individual, que nin sequera fala no nome de User:Maañón. Así que prego que serenicemos todos a conversa e non caiamos nos malos xeitos que nós deberiamos evitar. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 19:04, 7 novembro 2007 (UTC)
  • RE: Non é unha acusación, é unha chamada de atención "ao sentido común", xa que non temos proceso de resolución de conflitos, 6 usuarios votan en contra descalificando dun xeito ou doutro a un usuario, por favor, recapacitade, non é tan difícil, emitir un voto discordando pero neutro é concordando cos 5 piares é o único que pido, e hoxe estouno a pedir eiquí, mañá quizais irei a Meta. Alma (fálame eiquí) 19:13, 7 novembro 2007 (UTC)
    • Son un deses "6 usuarios votan en contra descalificando dun xeito ou doutro a un usuario". Insisto, Alma: non descalifico a ninguén senón que opino. ¿Podo? Sinto ter que repetilo pero debes consulta-lo teu dicionario para comprende-la diferencia entre un voto en contra, por razóns obvias, e unha descalificación. Pedro --Lameiro (conversa) 19:19, 7 novembro 2007 (UTC)
      • Lameiro, cando un concorda por razóns obvias debaixo dos argumentos doutros que descalifican a un terceiro, enténdese que asume como propios ditos argumentos, senón fose así un exporía os seus propios argumentos, respectando os 5 piares. Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 19:47, 7 novembro 2007 (UTC)

Artigo duplicado editar

Boas tardes! Atopei un artigo duplicado: Hiva'Oa e Hiva´Oa (un con til e o outro con apóstrofo). Que se fai nestes casos? Saúdos! --Caronium 18:29, 7 novembro 2007 (UTC)

  • Nestes casos de artigos duplicados adóitase engadir os marcadores {{fusión}} (ó artigo que non vai permanecer) e {{fusióndesde}} (ó artigo que vai permanecer). Logo opcionalmente poderíase engadir a Wikipedia:Artigos duplicados, para unha mellor detección. Logo un administrador fusionaría os historiais. Neste caso concreto habería que engadir ó artigo co nome correcto a información que lle falta do incorrecto. Despois de saber cal é o correcto, eu mesmo ofrézome a fusionar os historiais. Un saúdo. Se che quedaron dúbidas sigue preguntando. AlberteSi, digame? 18:40, 7 novembro 2007 (UTC)
  • * Moitas grazas, Alberte, quedoume ben claro. Fixen unha procura en google para verificar cal é o nome máis empregado (porque a verdade non tiña nin idea desta illa), e resultou que o máis frecuente é "Hiva Oa", sen til nin apóstrofo. Tendo en conta que o contido dos artigos é practicamente o mesmo, vou marcar coma bo o do apóstrofo, que é como aparece na wiki en castelán.--Caronium 18:56, 7 novembro 2007 (UTC)

Debuxos nos artigos editar

Boas. Querería saber cal é a política no referente a licenzas e copyright para debuxos feitos por particulares. Exemplo: se eu decidise facer un debuxo de Link de The Legend of Zelda, cales serían as restricións? Até que punto afectaría o copyright á miña obra? Podería colocalo nun artigo? Moitas grazas por adiantado. --Manudosde 22:41, 10 novembro 2007 (UTC)

Ola Manudosde, facer un debuxo dunha personaxe que ten copyright é un tipo de obra derivada chamada Fan art. En Commons temos unha páxina onde se explica iso, se podes consulta tamén a versión en inglés que se actualiza con maior frecuencia (podes acceder desde os enlaces da parte superior). Tes máis información en Commons:Fan art. Para finalizar, quen posúa o copyright do orixinal non perde os seus dereitos na obra derivada, polo tanto a licenza da obra derivada non é compatible coa licenza da Wikipedia a non ser que o autor ou propietario dos dereitos permita a distribución libre de ditas imaxes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:29, 12 novembro 2007 (UTC)

altitude máxima e mínima dos concellos galegos editar

Bos días! Estiven a compilar na miña páxina de usuario fontes en internet nas que atopar os datos para cubrir o Modelo:Concello_info das páxinas dos concellos galegos. Para os datos de altitude máxima e mínima non atopo unha fonte. O único que se me ocorre é rastrexar mapas topográficos coma os do Sistema de Información Topográfica de Galicia ou o Infraestrutura de Datos Espaciais de España. Alguén coñece unha fonte na que aparezan directamente estes datos? Saúdos. --Caronium 12:27, 13 novembro 2007 (UTC)

Template Coor editar

Boa tarde! Comecei a mudar nas páxinas listadas en Especial:Whatlinkshere/Template:Coor a referencia ao template Coor (que non existe) pola do template Coordenadas (coma por exemplo no artigo Raiatea). O cambio é sinxelo pois a sintaxe do uso de ámbolos dous templates é a mesma. A diferencia é que o template coor emprégase (por exemplo na versión en castelán da wikipedia) no medio do texto en frases do tipo "As súas coordenadas son ..." mentres que na Galipedia o template coordenadas o que fai é colocar as coordenadas na parte superior dereita da páxina. Se mirades o artigo Raiatea poderedes ver en que consiste o cambio. Podería isto ser tarefa para un bot? Alguén con bot anímase a facer estes cambios? Grazas pola vosa atención. Saúdos. --Caronium 19:39, 13 novembro 2007 (UTC)

  • Tamén tes a posibilidade de usar o template coor dm que funciona entre texto, tentei traelo desde es pero a imaxe quedou alá, pero funciona. O caso é que este template ten un uso distinto ao de coordenadas, pero é unha alternativa. Lansbricae (Ti dirás) 19:42, 13 novembro 2007 (UTC)
  • Xa teño ao BanjoBot cambiando as Modelo:Coor por Modelo:Coordenadas. Ao facer o cambio hai que eliminar tamén as frases que quedan, do tipo "As coordenadas son...". En canto esté feito aviso :D --BaNjO tell me 13:18, 15 novembro 2007 (UTC)
    • Xa rematei, levoume medio día! :D. Aínda quedan algunhas por cambiar, pero principalmente son porque hai varias no mesmo artigo, co que só podería haber unha Modelo:Coordenadas. Neses casos haberá que sustituílas pola Modelo:Coor dm, pero iso hai que facelo a mán xa que hai que adaptar os valores a ese template. Un saúdo --BaNjO tell me 16:19, 15 novembro 2007 (UTC)

Caixa para Seleccións Nacionais de Fútbol editar

Ola, ando metido nas seleccións nacionais de fútbol e non teño unha caixa (template) para pór á dereita. Eu non teño nin idea de como se fai un, se alguén me pode axudar, quería facer algo do estilo da italiana (http://it.wikipedia.org/wiki/Nazionale_di_calcio_della_Croazia). Saúdos.--Jonathan Chapela 16:41, 18 novembro 2007 (UTC)

  • Es un monstro!, só un comentario, non é mellor cambiar o de Pichichi por máximo goleador?, digo porque Pichichi é algo limitado á Liga Española. --Jonathan Chapela 18:08, 18 novembro 2007 (UTC)
  • Feito, creo que xa está todo. Tamén engadín a explicación para marcar os actuais campións. Espero que xa esté todo ben, se falta algo ou hai que cambiar algo avisa :D --BaNjO tell me 18:18, 18 novembro 2007 (UTC)

Cambio de título editar

Moi boas a todos, debería cambiar o título dun par de artigos que creei, mais non sei ben como facelo. Se alguén pode axudarme agradeceríallo. Moitas grazas. --Manudosde 09:50, 22 novembro 2007 (UTC)

  • Ola, para cambiar o título tes unha pestaña que é mover, alí despois de cliquear aparécete mover a título correcto:.... e motivo....: cúbreos e aceptas e xa está. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 10:49, 22 novembro 2007 (UTC), n parte superio da pantalla, no grupo onde se atopa editar e páxina de conversa. Lansbricae (Ti dirás) 10:54, 22 novembro 2007 (UTC)

Categoría para as imaxes dos cadros? editar

Subín tres imaxes de tres cadros dun pintor galego, sei doutras iguais e busquei qué categoría tiñan e me atopei con que non tiñan ningunha. Sería posíbel crear unha categoría para as imaxes dos cadros dos pintores?? E que telas sen categoría e como non telas, se as buscas é moi difícil atopalas. Grazas e un saúdo. Alma (fálame eiquí) 19:43, 24 novembro 2007 (UTC)

Concretar efeméride editar

Probablemente, coloca-lo aviso aquí terá máis audiencia. Cómpre confirma-la data do descubrimento do esqueleto de Lucy, así que a ver quen ten boa bibliografía ó respecto. Nas efemérides [1] estaba como 30 de novembro (e aí sigue, polo de agora), pero nos artigos sobre Lucy consta como descuberta o 24 de novembro (galega [2], española [3], francesa [4], inglesa [5][6]). En tódolos casos, en 1974 aínda que na portuguesa foi en 1973 [7]. O problema é que xa sabemos que uns se copian doutros e que (non insistades), a wikipedia non é fonte primaria. Pedro --Lameiro (conversa) 21:31, 27 novembro 2007 (UTC)

  • Polo que puiden atopar navegando por ahi (puxen Lucy discovery no google :D), a maioría das páxinas de internet que vín poñen o ano como 1974. Co día xa hai máis diferenzas, unhas o 24 e outras o 30. --BaNjO tell me 22:47, 27 novembro 2007 (UTC)
    • Quedan poucas horas para que as efemérides do 30 de novembro estean na portada e aínda non concretamos se é correcta a data do descubrimento de Lucy. Banjo, que para iso o traballou, debería decidir unha ou outra data en función da credibilidade que lle dea á fonte. Ou engadir un paréntese que diga algo así como que "Outras fontes dan a data do 24 de novmbro". Pedro --Lameiro (conversa) 18:12, 29 novembro 2007 (UTC)
  • De tódalas fontes que atopei a máis "fiable" é esta, que pon como data o día 30. Nas efemérides creo que podemos deixar o 30 e no artigo poñer que a data non é segura. --BaNjO tell me 21:23, 29 novembro 2007 (UTC)

Conflito de edición co administrador Xabier Cid editar

No artigo Abelardo Miguel teño un conflito de edición co administrador Xabier Cid.

Eu non revertín ningún dos cambios que fixo pero na páxina de conversa acúsame de "montar cristo" o que considero unha falta intolerábel de respecto, ademais de outras máis que se poden ver na páxina de conversa e que como usuaria non teño por que aturar. Ao mesmo tempo, xenerou outra páxina chea de mentiras: Usuario:Xabier Cid/Caderno de administrador onde expón unha visión parcial e sesgada dun conflito no que el está involucrado.

Solicito que alguén imparcial revirta os cambios feitos por Xabier Cid e bloquee a páxina, examine o asunto a conciencia e en conciencia, lendo todos e digo todos e non só os argumentos dunha das partes e se efectivamente como el afirma que a páxina viola o copyright, se borre a páxina xa que un copyvio xamais pode ser arranxado.

Grazas. Alma (fálame eiquí) 23:30, 2 decembro 2007 (UTC)

Coma inserir imaxes que xa estan na wiki editar

Ben, quero facer uns artigos sobre especies de árbores que hai en Galicia e non esteán na wiki galega, resulta que a maioria xa teñen artigos nas wikis inglesa, portuguesa e española, e polo tanto ten pinta de no ser un traballo esgotador pero antes de comezar queria ver se alguen me podia aclarar coma fago para subir unha imaxe que xa esta na wiki (supoño que en commons), que estan xa nos artigos publicados noutras linguas.

E outra cousiña, unha vez faga un artigo, alguén pode revisa-los erros ortográficos? e que as tildes acaban comigo. Xabierkhan. 01:05, 3 decembro 2007

  • Deixeiche unha resposta na túa páxina de conversa :D --BaNjO tell me 01:19, 3 decembro 2007 (UTC)

Categorías dos artigos editar

Recentemente traducín o artigo Galadriel do inglés. A hora de estabelecer as categorías, elixín Mitoloxía literaria, O Señor dos Aneis e Personaxes d'O Señor dos Aneis. Dado que esta última é unha subcategoría de O Señor dos Aneis, ¿debería eliminar o artigo da categoría máis xeral? Para o artigo Terceira Idade do Sol escollín Mitoloxía Literaria e O Señor dos Aneis. ¿Fixen ben ou debería facer cambios? Grazas pola vosa axuda e un saúdo. --Manudosde 22:02, 12 decembro 2007 (UTC)

  • Penso que deberías poñer sempre ao artigo só a categoría máis específica. Se ten varias que aporten distinta información tamén se lle poden por. No caso de Galadriel, só a categoría PErsonaxes do Señor dos Aneis e no da Terceira Idade do Sol chegaría con incluilo na categoría O Señor dos Aneis. Para que os artigos relacionados co Señor dos aneis estén tamén para a súa procura en Mitoloxía Literaria acabo de engadirlle a categoría O Señor dos aneis esa cat Mitoloxía Literaria. Dese xeito se procuras en Mitoloxía literaria terás toda a subcategoría O Señor dos Aneis, tamén se procuras por Literatura en Lingua inglesa e o mesmo en Literatura fantástica.
Eu a idea que teño é que as categorías funcionen do mesmo xeito que un camiño, busco a Gandalf desde Literatura: Poderei procuralo por xénero: Literatura fantástica, por lingua de procedencia e por Mitoloxía literaria, xa que todas estas categorías tenas a cat O Señor dos Aneis. O que tent o explicar e que é preferible porlle categorías as propias categorías que a cada un dos artigos desa categoría, e que o artigo apareza ordeado nas menores categorías posibles e que realmente aporten datos. Espero se entendera algo. Lansbricae (Ti dirás) 23:30, 12 decembro 2007 (UTC)

Nomes galegos d'O Señor dos Aneis editar

Moi boas, como xa dixen no miña petición de axuda anterior, estou a revisar e a crear novos artigos do eido d'O Señor dos Aneis, e observei unha certa vacilación na terminoloxía, especialmente no tocante ao nomes propios. Por desgraza eu atópome no estranxeiro, co cal non teño acceso a ningunha copia dos libros na tradución galega, e non podo contrastar os termos usados na Galipedia coa versión oficial, nin atopar os demais termos aínda non traducidos aquí. Por iso, querería solicitar a colaboración daqueles que si teñan acceso a unha copia dos libros. Precisaría a confirmación/versión traducida dos seguintes termos: Lórien (Lóren?) Lothlórien (Lothlóren?) Undómiel (Undómel?) Mount Doom (Monte do Destino? Montaña da Perdición?) Steward ("senescal" na versión castelá, en referencia ao rexente suplente de Gondor) Galadriel (Galadrel?) Unfinished Tales (Cuentos inconclusos en castelán, se cadra non está traducido ao galego) Cracks of Doom (Fendas da Perdición?) Samwise Gamgee (Samsagaz Gamyi?) Mirkwood (Fraga Negra?) Por agora estas son as miñas dúbidas. Se alguén pode axudar agradeceríallo moito. Un saúdo a todos. --Manudosde 20:06, 13 decembro 2007 (UTC)

Boas outra vez. Xa que a semana que vén vou estar en Galiza, tentarei facerme cunha copia d'O Señor dos Aneis e recompilar toda a terminoloxía que está no ar. Por favor que ninguén elimine os artigos que teño traducidos, pois teño intención de arranxalos completamente ben axiña. Grazas. --Manudosde 16:17, 16 decembro 2007 (UTC)

Homónimos editar

Teño unha pequena dúblida...a ver quen me pode axudar ho!

Como se crea unha nova páxina de homónimos?

Graciñas. Saúdos. Scaaveiro 19:28, 15 decembro 2007 (UTC)