Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 1

Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25

Dúbida Toponímica editar

A miña dúbida é sobre a URSS: Como credes que debería chamarlle ó seu artigo?? e que "Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas - Союз Советских Социалистических Республик" seméllame un pouco longo. Sería mellor chamarlle "URSS - СССР"??? Saúdos --Alyssalover 10:21, 16 Nov 2004 (UTC)

Coido que URSS, e un direccionado de alí a Unión de Repúblicas Soviéticas. (Estou apoiando o que eu fixen xa cos EEUU :) )--Agremon 12:40, 16 Nov 2004 (UTC)

Segundo Wikipedia:Política e normas:Toponimia debería ser URSS - CCCP e no caso de Estados Unidos temos dúas opcións deixalo en EE.UU. - USA e se o pasamos a Estados Unidos de América debemos poñer tamén United States of America, queda un pouco largo pero é seguir o que aprobamos (o redireccionamento debería ser desde Estados Unidos de América á páxina que citei antes). De todos os xeitos recomendo que sigamos as normas aprobadas e trás o paso dun plazo prudencial de tempo (digamos tres meses) podemos avaliar que problemas poden surxir que no teñamos contemplado ( a mín xa se me ocorre un que non puxemos nada sobre nomear os paises con siglas). Saúdos. --Prevert 13:42, 16 Nov 2004 (UTC)

Polas normas imos. Lembrade deixar redireccións para o nome sinxelo en galego.--Agremon 21:39, 16 Nov 2004 (UTC)


Hai outro tema sobre o que gustaría coñecela vosa opinión: ¿Como nomeámolos Papas? ¿en italiano? ¿en latín? ¿en galego?


Extraído da mensaxe de Xelo2004 cando tratabamos da Toponimia:
"Este criterio modifícase no caso dos monarcas e papas xa que se lle dá prioridade á súa numeración sobre outros elementos do sintagma (Carlos I de Nápoles / Carlos II de Hungría / Carlos III, orde de / Carlos de Austria / Carlos Martel)."
Penso que debemos seguir ese criterio, co nome en galego e na primeira liña do artigo incluir o nome orixinal. Saúdos. --Prevert 21:42, 28 Nov 2004 (UTC)


Sobre os Anos Negativos editar

¿Como credes que se deberían chamalos artigos dos anos antes da nosa era? teño visto ligazóns das formas -XXXX, XXXX a.C e XXXX AC e creo que deberiamos chegar a un acordo para que isto sexa máis homexéneo --Alyssalover 18:22, 30 Nov 2004 (UTC)

  • Por se vos interesa e inflúe na vosa opinión, na wikipesia en francés e luxemburgues, entre outras, empregan a forma -XXXX mentras que as inglesa, española, alemana e portuguesa fano ca forma XXXX BC, XXXX adC, XXXX v. Chr. e XXXX a.C. respectivamente. A min persoalmente importame un ca**llo como o fagamos pero creo que deberiamos pornos dacordo nalgunha das formas --Alyssalover 22:42, 30 Nov 2004 (UTC)
  • A ver que dí Agremon, que leva tempo con ese tema. A mín gustaríame ler máis opinións antes de pronunciarme. Saúdos. --Prevert 22:49, 30 Nov 2004 (UTC)

Eu creo que non é correcto usar números negativos, porque non houbo un "ano cero"Cesarsalgado 14:56, 1 Dec 2004 (UTC)

Eu vin a maioria dos links da galipedia postos como -XXXX ou como -XXXX a.C.. Non teño unha preferencia clara entre tódalas formas que propon Alyssalover, mais penso que o máis sinxelo sería ou -XXXX ou innovar e por XXXX AC. --Pablo Grandio 14:59, 2 Dec 2004 (UTC)

  • Parece que a cuestión da forma de expresar os anos negativos ten máis implicacións das que parecía nun primeiro momento. E levanos a temas relacionados co modo de medir o tempo (como dixen arriba quixera coñecer a opinión de Agremon para ver que implicacións ten para esta Galipedia adoptar unha decisión ou outra, pero parece que non poderá ser ata dentro duns días) mentras aquí vai a miña opinión:
    • Gústame maís o estilo que usan os franceses coa data en negativo: -100 e cunha lenda debaixo indicando a que calendario se refire "Cette page concerne l'année -100 du calendrier julien proleptique" (expoñen o criterio en Aide:Adapter un travail d'historien à Wikipédia les articles ayant pour titre un chiffre arabe sont réservé aux articles des années : 1 pour l'an 1 de notre ère et -1 pour l'an 1 av. J.-C.).Tamén me parece máis "neutral" (A.C.).
    • Como dí Cesarsalgado non houbo ano cero, era imposible os romanos non tiñan o número cero. Nese aspecto o único que hai que considerar é que entre -5 e +5 pasaron nove anos e non dez (esa consideración hai que tela igual doutro xeito). Na páxina adicada ao cero hai que poñer unha indicación sobre iso. (Algunhas referencias web que poden aportar datos para o debate: O ano cero, Orixe do calendario, Calendarios.)
    • Sería moi interesante que tivesemos algún artigo sobre o calendario, hai boas reseñas na wikipedia inglesa e portuguesa en: Calendar, List of calendars e Calendário.
    • Nas efemérides habería que ter en conta o seguinte: "1582, Gregorio XIII Reforma el calendario para que el equinoccio vuelva a caer el 21 de marzo, corrigiendo además futuros desplazamientos. Se suprimen diez días del calendario, pasando en España del 4 de Octubre, jueves, al 15, viernes. Se establece que los años seculares (los múltiplos de 100) solo sean bisiestos cuando sean múltiplos de 400" iso implica que Cervantes e Shakespeare (en Inglaterra ao 2 de setembro de 1752 seguiulle o 14 de setembro) non morreron no mesmo día e que a revolución rusa tampouco foi na data de outubro que se coñece; porque a data en que os distintos países adoptaron o calendario gregoriano foi distinta.
Un cordial saúdo. --Prevert 17:26, 2 Dec 2004 (UTC)


  • Ó final en que quedou esta discusión? eu penso que -XXX sería máis neutral porque se evitaría mencionar a Xesucristo (o que seguramente agradeceremos os ateos e non cristianos ;-))--Alyssalover 17:11, 13 Dec 2004 (UTC)
  • Só unha precisión: hai un símil de páxinas de efemérides en Historia ano a ano, na que tenteni de establecer unha norma con números negativos para os a.C., como alí se pode ver. Só lle atopo unha pega, que hai números que deberan estar representados como o do ano correspondente, porque teñen identidade propia. Poñamos 13, como ano 13d.C. e o 13 como número da mala sorte, poñamos por caso, co que habería que poñer en 13 unha discriminación. Polo demáis, entendo a numeración en anos como a)data sobreentendida no calendario corrente e b) número pertencente ós enteiros excepto o 0. A min particularmente gustaríame o calendario Xuliano contando os cambios de día a mediodía UTC, pero creo que eso faría ver o calendario e os anos como cousa moi rara ... :)--Agremon 21:57, 13 Dec 2004 (UTC)

Categorías editar

¿Sería posible facer un compendio de tódalas categorías? Moitas veces ó rematar un artigo non sei onde situa-lo e teño que repasa-los artigos semellantes para ver de que xeito foron categorizados. Un esquema de tódalas categorías e as súas subcategorías sería unha ferramenta útil... --Adalbertofrenesi 17:11, 9 Dec 2004 (UTC)

  • Estou traballando nelo desde hai un tempo pero a páxina non está lista por agora. As páxinas que non teñas claro onde clasificar: non as engadas a ningunha categoría, ata que estea lista a axuda das categorías (calculo que como máximo tardará dez días, unha vez que se resolva o tema da organización de historia -moitos dos teus artigos corresponden a esa clasificación-). No caso de que se trate de categorías que non temos podes facer unha proposta na Taberna (propostas), sería de gran utilidade. Un cordial saúdo. --Prevert 22:51, 9 Dec 2004 (UTC)