Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 15

Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25

MessagesGl.php editar

Boas. Estou a montar unha wiki en galego, como soporte dixital para un banco de tempo. Non atopo arquivo ningún por ahí ciscado, que corresponda ás mensaxes do sistema en galego. Creo que con unha pouca de colaboración, poderíades aforrarme un tempo precioso traducindo manualmente tódalas mensaxes do sistema, pasándome o arquivo MessagesGl.php, da carpeta Languages de onde está instalada a Galipedia. ¿Sabedes se hai aquí algunha persoa coa capacidade de proporcionar ese arquivo? ¿Ou debería contactar con un steward ou similar? Supoño que haberá moita máis xente que ten o meu problema, e por motivos técnicos non pode instalar unha versión suficiente para poñelo translatewiki, e non creo que estivese nada mal dispoñer na páxina de WikiMedia de tal arquivo.

Moitas grazas por adiantado, e un saudiño. --Desatonao 02:07, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)

Estás instalando o wiki de MediaWiki coa extensión Install? Deste xeito, mesmo o proceso de instalación teralo en galego (o instalador traduciuno un servidor) e desde a instalación xa se selecciona directamente a lingua por defecto que terá o wiki. --Toliño Fala aquí comigo 10:57, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)

Transliteración de Космос editar

Boas.

Vou empezar unha serie de artigos relacionados cunha serie de satélites que no orixinal en ruso escríbese Космос . Noutros idiomas translitérase como Kosmos, aínda que imaxino que tamén podería transliterarse como Cosmos. ¿Algún entendido en ruso podería indicar cal é a forma correcta?

Un saúdo.--Xosema 15:08, 3 de xaneiro de 2012 (UTC)

Pangrama editar

Alguén coñece algún pangrama en galego? --Toliño Fala aquí comigo 11:53, 6 de xaneiro de 2012 (UTC)

Nin idea. Se tes animas a crealo, pásanolo. --Atobar (conversa comigo) 23:10, 8 de xaneiro de 2012 (UTC)
Non sei se isto te pode axudar. --. HombreDHojalata.conversa 07:53, 9 de xaneiro de 2012 (UTC)
Pois grazas á ligazón de HombreDHojalata e mergullándome pola rede cunha rápida procura no Google, un descobre cousas como o pangrama que creou hai tempo Xabier Cid: Necesitamos unha tipografía chuliña de cor kiwi, que lle zorregue unha labazada visual á xente. Ou polo menos é o que se asegura nesta entrevista. --Toliño Fala aquí comigo 15:18, 9 de xaneiro de 2012 (UTC)
Este Xabier noso éche do que non hai. --Atobar (conversa comigo) 18:06, 9 de xaneiro de 2012 (UTC)
Máis pangramas
- A veloz troita mergullouse axiña no río, o pescador perdéraa
- A gozada lingüística fará, ós peneques con viño, xente con éxito. O último whisky en Djibuti!
- (A de Xabier Cid) Necesitamos unha tipografía chuliña de cor kiwi, que lle zorregue unha labazada visual á xente
- Miúdiño chove sobor do barro no que choupan os meus zapatos
Máis detalles:
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-June/002066.html

Escudería ou Escudaría? editar

Pois eso, que non o teño moi claro. Quero facer o artigo da Escudería Compostela e claro, oficialmente é Escuderia[1] pero non sei se seria correcto. Como o fago? saudos --Jorjum 13:13, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

Consultei iso fai uns días no dicionario Gran Xerais e os dous termos son válidos así que podes usar o que prefiras. Claro que si o nome oficial é escudería terás que usar ese... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:57, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)
As dúas formas son válidas, Jorjum, mais a Academia recomenda usar as terminacións -aría. --Atobar (conversa comigo) 23:10, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

República de Irlanda editar

Ola, engadín unha caixa coas 20 cidades máis poboadas na sección de Poboación no artigo República de Irlanda e liei unha ben gorda, todo está descadrado... non sei cómo solucionalo, alguén me pode votar un cabo? Saúdos, Piquitoconversa 2:22, 12 de xaneiro de 2012

Pasa con tódolos artigos que levan ese modelo (por exemplo Alemaña), a ver se se pode arranxar.--Adorian (fálame) 09:05, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)
Si, acabo de decatarme eu tamén. Estouno mirando pero polo momento non atopo o problema. O curioso é que co modelo de cidades de España non pasa (ver o apartado demografía en España), claro que ese modelo non é exactamente igual, só ten unha columna de cidades. Seguirei mirando a ver se o dou amañado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:49, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)
Creo que atopei un parche, hai que engadir <br clear="all"> xusto despois de engadir o modelo. O que vou facer agora é tentar incluir iso dentro dos modelos para que non faga falta poñer nada "extra" nos artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:02, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)
  Feito!, metín o código ese no modelo de Cidades de Irlanda e xa sae ben (quiteino tamén do artigo de Irlanda porque agora non fai falta poñelo alí). Agora vou a amañar o resto de modelos de cidades. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:56, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)
Se non metín a zoca xa están cambiadas estas páxinas. Se vedes algún problema con este cambio avisádeme e doulle unha mirada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:19, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)

Un modelo dentro dunha categoría editar

O outro día comenteille a Lameiro unha dúbida que teño sobre as categorías da wiki galega:

"Boas Pedro. Estoulle a dar voltas á cabeza. Na Categoría:Ligas de fútbol de Primeira División quixera introducir un modelo que se vexa na parte alta da páxina, para que non se convirta nun caos conforme medre o número de artigos contidos nela. Para que te fagas unha idea, hai algo semellante nesta categoría da wiki inglesa: en:Category:National association football premier leagues. Eu faría algo menos impactante estéticamente, pero a idea e a mesma. ¿Pódese facer, ou nesta wiki non se poñen modelos nas categorías?."

Para que vos fagades unha idea, teño feitos 2 modelos: Modelo:Ligas de Fútbol de Europa e Modelo:Ligas de Fútbol de Sudamérica, que xa están engadidos nos artigos das ligas mencionadas en cada un deles. Se me dicides que está permitido o de poñer modelos dentro das categorías, farei o resto de modelos; senón seguramente xa non os farei. ¿Qué me dicides?. ¿Cal é a norma?. JonnyJonny 16:57, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)

Realmente non hai unha norma que o impida. Tampouco teño argumento ningún nestes intres para ir en contra do que propós. Agardemos a que máis xente achegue a súa opinión. --Toliño Fala aquí comigo 18:00, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)
Eu non penso que sexa moi útil, a forma de ordenar e facer que as categorías estén ordenadas é facendo subcategorías. As caixas de navegación están ben para os artigos porque non teñen acceso "directo" ós artigos relacionados, cousa que si pasa nas categorías. Os meus dous patacos :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18:15, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)

Referencias editar

Alguén pode procurar referencias na prensa galega sobre esto (Referendo de independencia de Escocia de 2014)? Non sei por qué pero non podo acceder a varios xornais galegos. As referencias que hai son da wiki en catalán de xornais cataláns, e coido que sería mellor procurar que foran fontes galegas e escocesas únicamente (en todo caso algún xornal español). Grazas, Piquitoconversa 19:38, 12 de xaneiro de 2012

La Voz de Galicia por si axuda.--Elvira (fálame) 22:45, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)
+ La Región 09/01/12, La Región 12/01/12. --Elvira (fálame) 22:54, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)
Grazas Elvira, as segundas mellor (La Voz non debeu sacar a nova na edición dixital). Piquitoconversa 0:30, 13 de xaneiro de 2012

Metamodelos editar

Onde podo encontrar unha lista de metamodelos? Por exemplo, gostaría dun metamodelo mentres estou a escribir un artigo. Por ver que se vai construíndo. --Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 17:01, 13 de febreiro de 2012 (UTC)

Refíreste ao modelo {{Enuso}}? Tes unha lista con algúns modelos nestoutro modelo: {{Modelos principais}}. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:40, 13 de febreiro de 2012 (UTC)

Literatura medieval editar

Hai algún experto en literatura medieval ou que teña coñecementos amplos para mellorar o artigo Códice Calixtino? Os contidos sobre a música son considerables e o certo é que está un pouco descompensado, pódese poñer algo máis do libro en si sen ser da música? Moitas grazas, Piquitoconversa 12:21, 29 de febreiro de 2012

Datos de poboación de Angrois editar

Sabe alguén por que non hai datos de poboación (polo menos eu non os atopei) de Angrois e doutros lugares da mesma parroquia nin nas páxinas do INE nin nas do IGE? Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:54, 7 de marzo de 2012 (UTC)

Dúbida lingüística editar

Non sei se este é o lugar máis apropiado para facer a pregunta, busquei se había un lugar específico para facer consultas lingüísticas pero non o dei atopado. O caso é que sei que en galego existe coroación e coroamento, no caso que se refira ao remate dunha obra sei que as dúas son sinónimas e máis tamén se pode utilizar coroa pero a miña dúbida é no caso da cerimonia na que lle poñen a coroa (simbólica ou realmente) a un soberano son igualmente sinónimos ou só é válida a forma coroación, dígoo por que vin varios exemplos na Galipedia de coroamento con este significado e se non é correcto quería corrixilos.--Xián (conversa) 10:59, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Ola Xián. No Gran Dicionario Século 21 da Lingua Galega de Cumio na entrada coroamento falan de fin dunha obra e como sinónimo poñen coroa e coroación, na segunda acepción falan de "adorno que se pon na parte superior dun edificio" e sinónimo coroa. Definen coroación como "acto de coroar ou coroarse un soberano". Na segunda acepción final dunha obra sinónimo coroamento, coroa. Na terceira din véxase coroamento. No Dicionario Xerais da Lingua o mesmo pero enganden a coroamento unha terceira acepción "parte da borda que corresponde á popa do buque". En coroación falan do acto de coroar e da cerimonia, tamén recollen nas acepcións 3 e 4 o final dunha obra e o adorno do edificio. Polo que din eses dicionarios parece máis apropiado usar coroación aínda que polo Cumio semella que non desbota coroamento para ese acto. Quizais algún dos colaboradores que hai Galipedia especialistas neste eido poidan achegar máis datos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:47, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Vale "mazá" ou hai outra palabra? editar

Como se chama en galego ao "Espazo urbano, edificado ou destinado á edificación, xeralmente cuadrangular, delimitado por rúas por todos os seus lados."? (a definición tireina dunha das acepcións de "mazá" en castelán, que non aparece no Dirag)--. HombreDHojalata.conversa 13:59, 26 de marzo de 2012 (UTC)

Segundo o Dicionario de Usos e Dificultades da Lingua Galega de Begnino Fernández Salgado con ese significado "é castelanismo semántico recente (...) As dúas palabras tradicionais en galego que designaban 'un grupo de casas contiguas' eran rueiro (derivado de rúa) e quinteiro (derivado de quinta 'casa, predio'). Ambas foron propostas como voces substitutivas do calco semántico de manzana". Logo continúa falando da aparición de mazá nese contexto "quizais polas connotacións rurais que permanecen nas voces que refiren aqueles tipos tradicionais de poboamento". Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:42, 26 de marzo de 2012 (UTC)
Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 16:15, 26 de marzo de 2012 (UTC)
Moia boa a explicación de Prevert. Eu tendo a usar quinteiro. --Atobar (conversa comigo) 16:33, 26 de marzo de 2012 (UTC)

Submarino editar

Na Galipedia temos un pequeno artigo chamado Submarino. A miña dúbida é se está ben "SubmariNo" ou debera ser "SubmariÑo". ¿Alguén o sabe?. -- JonnyJonny (conversa) 14:17, 1 de abril de 2012 (UTC)

Dicionario da Real Academia Galega --. HombreDHojalata.conversa 15:27, 1 de abril de 2012 (UTC)

Comarcas de Galicia editar

Atopei algún erros nos nomes das comarcas nas listas de concellos de Galicia segundo o mapa comarcal de Galicia e a corrección de erros do DOG. Os erros están relacionados co uso do artigo diante ou non (por exemplo: A Baixa Limia / Baixa Limia). Nesas listas o nome aparece sen o engadido comarca, nas páxinas das comarcas comeza por comarca e levan a contracción (da, do). Na miña opinión a corrección deses erros implica mover algunhas das páxinas (por exemplo: de Comarca da Baixa Limia a Comarca de Baixa Limia) pero non estou completamente seguro quizais polo costume de velas escritas ou escoitalas doutro xeito. Solicito a vosa axuda para atopar unha solución. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:24, 3 de abril de 2012 (UTC) Engadido: outra dúbida é que na devandita corrección de erros do DOG hai polo menos un erro "onde di: «... Xunqueira de Espadanedo.», debe dicir: «... Xunqueira de Espadañedo.»". Quero dicir que esa corrección é incorrecta, pregúntome se haberá máis erros. --Prevertgl 14:47, 3 de abril de 2012 (UTC)

Fórmulas wiki editar

Na Galipedia hai algunha páxina na que estean as fórmulas que se usan nos artigos da Wikipedia. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12:40, 7 de abril de 2012 (UTC)

Wikipedia:Etiquetas TeX. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:46, 7 de abril de 2012 (UTC)
Pero é que aí saen fórmulas matemáticas, eu quero unha para que apareza para escribir en negriña, que é '''negriña''', ou para introducir un novo párrafo <br>. É que se non hai que ir a outras páxinas a buscar como é. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13:16, 7 de abril de 2012 (UTC)
Puxen esa ligazón porque preguntabas por fórmulas, en Wikipedia:Como editar unha páxina tes a axuda de edición. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:19, 7 de abril de 2012 (UTC)
Tamén tes esta chuleta na axuda :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:12, 7 de abril de 2012 (UTC)

Actualmente a listaxe de Especial:Lista_de_vixilancia aparéceme con puntos, pero eu que me apareza enumerada. Na Wikipedia en español cambieino fai tempo, pero xa non me lembro como é. Como se cambia para que me aparezan enumeradas? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13:16, 7 de abril de 2012 (UTC)

Android editar

Ola estou traducindo ao artigo sobre Android do castelán pero teño problemas coa taxonomía do cadro de especificacións, aleguén me pode botar unha man? --Th3B1NaR1C0dE (conversa) 00:48, 30 de abril de 2012 (UTC)

Estou traballando no modelo de Sistema Operativo, pero se queres facer algo no artigo deberías revisar a tradución e mellorala porque hai bastantes cousas que amañar. Tamén revisar outros cambios que fixen que son doados de aprender para outras veces :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:18, 30 de abril de 2012 (UTC)
Xa está rematado o modelo Sistema operativo, coa axuda de Toliño, moitas grazas! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:48, 9 de maio de 2012 (UTC)

Revisar traducións editar

Supoño que xa vos decatastes do aviso que aparece na parte superior da pantalla anunciando unha actualización dos termos de uso da Wikimedia. Estou traballando na súa tradución ao galego para facelos máis accesibles a aqueles que non comprendan a lingua. A axuda que vos pido é para que me poidan publicar as traducións. Necesito que alguén revise as miñas traducións para corrixir posibles erros que poida ter. De momento, unicamente necesito que alguén acepte as tradución da páxina á que se accede se premedes en "Máis información" no cartel superior. Unha vez comprobada que a tradución sexa correcta, basta con premer en "Aceptar". Tedes que acceder a este enderezo en Meta-Wiki. Grazas de antemán! --Toliño Fala aquí comigo 17:05, 9 de maio de 2012 (UTC)

  Feito!; Boa tradución, Toliño! 1000 grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:38, 10 de maio de 2012 (UTC)
Listo, e grazas polo choio :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:25, 10 de maio de 2012 (UTC)
Vexo que xa van 6 usuario que aceptaron as traducións! Grazas a vós, a ver se publican a páxina en breve. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:10, 10 de maio de 2012 (UTC)

Veño de rematar a tradución dos novos termos de uso, que entrarán en vigor o vindeiro 25 de maio. Se alguén ten tempo de botarlle un ollo á tradución para revisar e corrixir os posibles erros, eu estaría moi agradecido. En calquera caso, sería bo que todos os usuarios lesen os novos termos de uso que se aplicarán a partir do 25 de maio. A páxina coa tradución atópase aquí, e as traducións pódense modificar e aceptar desde este enderezo. Sentídevos libres de corrixir as faltas de ortografía que teña ou de mellorar as miñas traducións. Grazas. --Toliño Fala aquí comigo 15:47, 13 de maio de 2012 (UTC)

escribir en dúas columnas editar

No artigo O Ciprianillo transcribo un poema de Curros que vén ó caso pero que é un pouco longo de máis, e non se debe recortar. Quixera que aparecese en dúas columnas e non sei como se fai tal cousa. E, postos a pedir, cunha sangría esquerda (¿un par de centímetros?) e en cursiva. ¿Quen é o usuario amable que me pode dar ese formato? Deixarei de editar eu para non caer en conflitos de edición. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 15:57, 10 de xuño de 2012 (UTC)

Propuxen na Conversa:O Ciprianillo meter o poema en Wikisource; se cadra deixar no artigo algúns versos, pero todo o poema paréceme excesivo, aínda que é ben pertinente. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:08, 10 de xuño de 2012 (UTC)
Non sei se queres algo así ou unha cousa distinta. Se non é así, desfai a edición. - JonnyJonny (conversa) 16:29, 10 de xuño de 2012 (UTC)
Grazas Jonny. Quedou perfecto. Pedro --Lameiro (conversa) 17:19, 10 de xuño de 2012 (UTC)
Tiven conflito de edición con Jonny. Eu puxen centrado, a tes columnas e con cor de fondo, co modelo {{Columnas}}. Deixa o que máis che guste, Pedro. --. HombreDHojalata.conversa 17:22, 10 de xuño de 2012 (UTC)
Postos a escoller: aliñado á esquerda e quizais mellor en 3 columnas; o de color do fondo, non o visualizo así que non sei. Quizais quedase ben. Pero será mellor que non vos molestedes máis ata que decidades se queda aquí ou vai ó Wikisource. Grazas polos esforzos. Pedro --Lameiro (conversa) 18:02, 10 de xuño de 2012 (UTC)

Páxina duplicada Theravada/Budismo Theravada editar

Ola a todos. Creei, por despiste budismo theravada, cando xa existía a páxina Theravada. Agora basicamente está repetida, so que o contido non é exactamente o mesmo.

Que facer?

Un saúdo!--Mauna (conversa) 13:30, 20 de xuño de 2012 (UTC)

Pasa todo a Theravada e deixa budismo theravada como redirección. --. HombreDHojalata.conversa 15:56, 20 de xuño de 2012 (UTC)