.eu
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2014.) |
.eu é o dominio de nivel superior xeográfico para a Unión Europea. É administrado pola entidade sen ánimo de lucro EURid.
.eu | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | dominio de nivel superior xeográfico ![]() | ||
Personalidades | |||
Operador/a | Unión Europea ![]() | ||
Patrocinador/a | Comisión Europea ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2005 ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | eurid.eu ![]() | ||
[ Wikidata ] |
O seu rexistro en fase Sunrise (o pre-rexistro) foi aberto o 7 de decembro de 2005 e a fase Land Rush (aberto ao público) o 7 de abril de 2006. Durante a primeira fase, o EURid recibiu máis de 346 000 solicitudes de rexistro, aprobou máis de 54 000 e activou máis de 26 000 dominios. Na primeira semana do rexistro aberto rexistráronse máis de 1'5 millóns de dominios.
Esperase ademais un importante número de rexistros en Portugal e Galiza, xa que eu é un pronome persoal de primeira persoa a igual que en Romanía.
Antes da creación do dominio .eu, as institucións da Unión Europea utilizaban o subdominio .eu.int para as súas webs, pero está previsto que os dous dominios convivan durante un ano e o antigo sexa eliminado por completo dende entón.