.au

Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Australia

.au é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Australia.

.au
Tipodominio de nivel superior xeográfico
Data de fundación5 de marzo de 1986
PaísAustralia
Na rede
https://www.auda.org.au
editar datos en Wikidata ]

O dominio está operado pola sociedade .au Domain Administration (auDA), unha organización sen ánimo de lucro composta por membros de organizacións de Internet, empresas, e outras persoas interesadas. auDA opera coa autorización do goberno australiano. Outros organismos teñen delegada a administración dalgúns subdominios como é o caso de AICTEC,[1] AGIMO[2] e CSIRO[3] cos dominios de segundo nivel .edu.au, .gov.au e .csiro.au respectivamente.

Dominios de segundo nivel editar

Non é posible rexistrar directamente o segundo nivel pero o dominio .au presenta unha extensa lista de onde se pode escoller o subdominio. Os dominios de segundo nivel están divididos en abertos, cerrados e xeográficos.

Dominios abertos editar

Hai sete dominios de segundo nivel abertos. Dise aberto porque só hai que cumprir unha condicións xenéricas para poder rexistrarse.

  • .asn.au: asociacións.
  • .com.au: organizacións comerciais.
  • .net.au: organizacións comerciais.
  • .id.au: cidadáns australianos ou residentes.
  • .og.au: organizacións non comerciais.
  • .info.au: non se aceptan novas solicitudes.
  • .conf.au: non se acepten novas solicitudes.

Dominios pechados editar

Hai tres dominios de segundo nivel pechados. Díselles pechados porque só son dispoñibles para entidades de sectores concretos.

  • .edu.au: institucións educativas de nivel federal ou estatal. A administración do dominio estivo delegada ao Comité Australiano de Tecnoloxías da Información e Comunicacións na Educación (AICTEC)[1]
  • .gov.au: institucións gobernamentais de nivel federal, estatal ou local. A administración do dominio estivo delegada á Oficina de Administración de Información do Goberno Australiano (AGIMO)[2]
  • .csiro.au: uso exclusivo para a Organización da Investigación Científica e Industrial da Commonwealth (CSIRO)[3]

Dominios xeográficos editar

Hai oito dominios de segundo nivel xeográficos pensados para cada estado ou territorio de Australia.

Outros dominios territoriais editar

O dominio .au non é o único dominio territorial de primeiro nivel de Australia. Os seguintes dominios foron asignados por razóns históricas a diversos territorios australianos:

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Australian Information and Communications Technology in Education Committee (AICTEC)
  2. 2,0 2,1 Australian Government Information Management Office (AGIMO)
  3. 3,0 3,1 Commonwealth Science and Industry Research Organisation (CSIRO)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar