Dominio de primeiro nivel xeográfico

dominio de Internet usado e reservado para un país ou territorio dependente

Un dominio de primeiro nivel xeográfico (ccTLD) é un dominio de Internet usado e reservado para un país ou territorio dependente.

Dominios de primeiro nivel de Europa.

Existen uns 243 ccTLD, cunha lonxitude de dous ou tres caracteres, a maioría ó estándar de código de países ISO 3166-1. Cada país designa xestores para seus ccTLT, por exemplo Cataluña (.cat), Italia (.it) ou Alemaña (.de).

Códigos ISO 3166-1 non utilizados como ccTLD editar

Os códigos EH e KP, aínda que teoricamente dispoñibles como ccTLD para Sáhara Occidental e Corea do Norte respectivamente, nunca foron asignados nin existen os DNS.

Tódolos demais códigos IS 3166-1 actuais foron asignados e existen no DNS, pero algúns deles en realidade non se usan. En particular, os ccTLD dos territorios noruegueses de Illa Bouvet (.bv) e Svalbard (.sj) existen no DNS, pero non se asignou ningún subdominio.

ccTLD que non están en ISO 3166-1 editar

Actualmente úsanse nove ccTLD a pesar de que non son códigos de dúas letras ISO 3166-1:

  • .uk (Reino Unido): O código ISO 3166-1 para o Reino Unido é GB, pero JANET xa seleccionara uk como un identificador de nivel superior para un esquema de nomes preexistentes, e así foi incorporado ós ccTLD .gb foi asignado coa intención de realizar unha transición, pero esta nunca se fixo e .uk afianzouse.
  • .su (código ISO 3166-1 obsoleto para a Unión Soviética). No 2001 comezábanse a aceptar novos rexistros para este dominio, pero non está claro se isto é compatíbel coa política da ICANN.
  • .eu (Unión Europea): no ano 2000 a ICANN decidiu permiti-lo uso de calquera código de dúas letras da lista de reserva da ISO 3166-1. .eu foi lanzado como ccTLD o 7 de decembro de 2005.
  • .tp (anterior código ISO 3166-1 para Timor Oriental): retirarase a favor do .tl durante o 2005.
  • .yu (anterior código ISO 3166-1 para Serbia e Montenegro, cando aínda era coñecida como Iugoslavia): Retirarase a favor do .rs.