.tk
.tk é o dominio de nivel superior xeográfico (ccTLD) para o arquipélago de Tokelau.
.tk | |
---|---|
![]() | |
Tipo | dominio de nivel superior xeográfico ![]() |
Data | |
Fundación | 1997 ![]() |
Localización | |
Reinos da Commonwealth | Nova Zelandia |
Grupo | Tokelau ![]() |
País | Nova Zelandia ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | dot.tk ![]() |
[ Wikidata ] |
Tokelau ofrece a maioría de dominios .tk como gratuítos. Os dominios .tk foron creados no ano 1997 para o arquipélago. Os dominios gratuítos están sinalados aos servidores de Tokelau, os cales ofrecen servizo de redireccionamento web e de correo electrónico. O dominio está administrado por unha ONG cal razón social e proporcionarlle ingresos a poboación do arquipélago mediante a venda destes dominios. Constitúe unha exportación ou ingreso non convencional do arquipélago de Tokelau, que é maioritariamente un pobo de pescadores cun pouco de produción de artesanía.
Para rexistrar un dominio, existen 5 vías posibles, a primeira é un redireccionamento web gratuíto, co cal, terá a web un pouco de publicidade. O segundo consiste en rexistrar un dominio gratis, pero unha vez rexistrado, pódese enviar un sms para eliminar a publicidade. O terceiro é de pago e permite a posibilidade de modificar o DNS do dominio, para poder apuntar a un servizo de hospedaxe privado. O cuarto consta de nomes xa rexistrados por DotTK, e que valen o mesmo que un da segunda opción, pero poden ter máis valor. E o quinto consta de dominios xa rexistrados por DotTK, pero pertencentes a importantes marcas de produtos ou servizos, cos cales aumenta considerabelmente o seu valor.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Rexistrar un dominio .tk
- IANA - IANA.org Arquivado 07 de setembro de 2008 en Wayback Machine.