Wikipedia:AutoWikiBrowser

AutoWikiBrowser
Autor orixinalBluemoose (retirado)
Desenvolvedor(es)
Repositoriosourceforge.net/p/autowikibrowser/code/HEAD/tree/
Sistema operativoWindows Vista and later
Plataforma/sIA-32
TipoFerramenta de Wikipedia
LicenzaGPL v2
Sitio websourceforge.net/projects/autowikibrowser/
Atallos:
WP:AWB
WP:AUTOWB

AutoWikiBrowser (normalmente abreviado como AWB) é un editor MediaWiki semiautomático para sistemas operativos Windows versión Windows Vista e superiores. AWB tamén funciona razoablemente ben baixo Wine en Linux e Mac pero non está soportado oficialmente. Está deseñado para realizar tarefas de edición tediosas ou repetitivas de forma máis rápida e sinxela. Esencialmente é un navegador que abre automaticamente unha nova páxina cando a última é gardada. Cando se configura, suxire algúns cambios (normalmente de formatado) que normalmente non teñen que ver co cambio principal.

Ata o momento, AWB pode crear unha lista de páxinas dunha ou varias categorías, "que liga aquí", as ligazóns internas nunha páxina, un ficheiro de texto, unha busca de Google, a lista de vixilancia do usuario, ou as contribucións do usuario. AWB tamén se achega cun programa integrado para escanear os volcados da base de datos de Wikipedia. A caixa de edición de AWB soporta o Text Services Framework de Microsoft para ser usado con aplicacións de recoñecemento de voz/escritura manual.

As fontes do código están dispoñibles baixo GPLv2 (consultar a páxina de Documentación). Está escrito en C# usando Microsoft Visual C# Express Edition/Visual Studio, que está dispoñible de forma gratuíta nas descargas de Microsoft.

Hai tamén unha canle de IRC de AWB en Freenode. (en inglés)

Normas de uso

editar
  1. Ti es responsable de todas as edicións que fagas. Non sacrifiques a calidade para ter máis velocidade e asegúrate de que entendes os cambios.
  2. Segue todas as normativas, políticas e prácticas comúns da Galipedia.
  3. Non fagas edicións discutibles con el. Busca o consenso nos cambios que poidan ser discutibles no lugar axeitado, a taberna, Wikiproxecto, etc. "Ser afoutado" non é unha xustificación para as edicións masivas sen ter un consenso demostrable. Se hai dúbidas, é obriga do operador de AWB demostrar ou acadar un consenso para os cambios que queira facer a gran escala.
  4. Non fagas edicións insignificantes ou intranscendentes. Unha edición que non ten un efecto notable na visualización da páxina normalmente é considerada unha edición insignificante. Se tes dúbidas, ou se outros editores obxectan as edicións baseándose nesta norma, busca o consenso no lugar axeitado antes de seguir facendo máis edicións dese estilo.
O incumplimento repetido destas normas pode rematar co teu bloqueo. Se queres usar un bot, consulta Wikipedia:Bots: os bots deben ser aprobados pola comunidade.

Usando este software

editar

(1) Rexistro

editar

Polo momento isto non é preciso na Galipedia.

(2) Descarga

editar

Descarga a última versión aqui. Asegúrate de que premes no botón de descarga axeitado na páxina de Sourceforge, xa que hai máis de un. O botón correcto é verde e está dentro da caixa que contén a descrición do programa, xusto enriba das capturas de pantalla.

Se queres executar a última versión de SVN, consulta Wikipedia:AutoWikiBrowser/Código fonte.

Execución en Windows

editar

AWB ven nun ficheiro zip e recoméndase que se descomprima nun novo directorio, no canto de executalo, por exemplo, directamente dende o escritorio. AWB non se instala no PC e execútase só como un programa independente: AutoWikiBrowser.exe (o ficheiro WikiFunctions.dll proporcionado tamén é necesario). AWB pode descomprimirse en calquera directorio, porén nalgunhas máquinas pode haber problemas de permisos que fagan que AWB deixe de funcionar correctamente se o directorio está nun disco en rede. Se non estás seguro de se funciona correctamente, descomprime AWB nalgún directorio do disco C:\ do teu equipo, por exemplo dentro de 'Descargas'.

AutoWikiBrowser precisa Windows XP ou superior. Tamén precisa a versión 3.5 ou posterior de .NET Framework.

Tamén funciona baixo 2000/XP aínda que xa non teñen soporte de Microsoft, pero os usuarios de Windows 2000 e Windows XP deben descargar e instalar o .NET Framework 3.5 (xa está incluído en Windows Vista).

Execución en Linux/Mac

editar

En Linux, AWB funciona principalmente con Wine con .NET 3.5 instalado e pode usarse para a edición normal. O proceso de instalación é o mesmo que Wikipedia:Huggle/Wine.

AWB tamén pode executarse en Mono, porén con algúns erros estraños, e o compoñente de navegador web non funciona aínda baixo Mono. ABW baixo Mono aínda non está listo para a edición normal.


No Mac, AWB non está dispoñible de forma nativa, pero unha opción é usar virtualización con Parallels Desktop for Mac (suxeito a cumprir certos requerimentos dos sistemas operativos soportados) e logo executar Microsoft Windows de forma virtual con AWB como nas instrucións de enrriba. Ten en conta que esta opción non é libre, xa que se precisan licenzas para Parallels Desktop para Mac e Microsoft Windows. Unha alternativa é usar VirtualBox. AWB tamén pode usarse baixo Wine nun Mac. WineHQ ten unha páxina en Wine baixo MacOS X. Un xestor de paquetes como Homebrew pode usarse para instalar Wine; consulta Wine nun Mac usando homebrew.

(3) Comezando

editar
  1. Selecciona "Crear desde Categoría" e logo indica o nome da categoría.
  2. Preme en "Facer lista", e deixa que se cargue a lista.
  3. Configura as opcións, como atopar e substituír, editar o resumo, etc.
  4. Preme "Start!", isto cargará a páxina e automaticamente fará os cambios necesarios e logo mostrará as diferenzas.
  5. Cambia o resultado, se o precisas, na caixa de Edición da parte inferior dereita, non a páxina normal de visualización, logo preme "Gardar" ou "Saltar / Ignorar", e a seguinte páxina cargarase automaticamente.

Consulta o FAQ para máis información, incluíndo problemas con outro software e interfaces de Wikipedia.

Escáner de base de datos

editar

AWB inclúe un escáner de base de datos que pode usarse para crear listas de páxinas para revisar, sen causar carga innecesaria ós servidores Wikimedia.

Os volcados da base de datos créanse de tempo en tempo (máis información aquí) e están dispoñibles para descarga gratuíta. Como a páxina indica, o volcado mellor/máis útil é o enwiki-latest-pages-articles.xml.bz2 (dir). Visitar o sitio de progreso dos volcados da base de datos permíteche ver o estado do volcado actual e consultar de forma doada as descargas nel.

Despois de descargalo, o ficheiro hai que descomprimilo, isto fai que pase de ~9.1 GB bz2 a un volcado XML da base de datos duns 42 GB.

Un ficheiro .xml escaneable de ficheiros seleccionados tamén pode xerarse visitando Special:Export.

Trebellos

editar

AWB pode cargar e usar trebellos completamente configurados. Estes trebellos poden procesar o texto da páxina e estender a interface de usuario, e están en forma de librerías (ficheiros .dll) que poden facerse en calquera linguaxe .NET como C# ou Visual Basic .NET. Cando se carga AWB, automaticamente revisa se hai algún trebello na carpeta dende a que se executan. Se atopa algún trebello cárgao e inicialízao sen precisar axuda do usuario.

AWB contén a dll WikiFunctions, que pode ser chamada por outros proxectos independentes. A DLL inclúe un control navegador web compatible coa wiki, un editor de páxinas simple, un creador de listas e outras ferramentas e compoñentes.

Véxase tamén

editar

Outros trebellos

editar
  • AutoEd – Un script de usuario que axuda a facer algúns cambios de forma automática nos artigos
  • autoFormatter – Un script de usuario que amaña de forma semiautomatica máis de 200 erros comúns no etiquetado wiki
  • WPCleaner – Unha ferramenta deseñada para axudar con varias tarefas de mantemento, especialmente reparación de ligazóns a páxinas de homónimos, revisión de Wikipedia, arranxos ortográficos e tipográficos

Ligazóns externas

editar