Conversa:Lista de Wikipedias

Último comentário: hai 2 anos de MAGHOI no tópico Ligazón errónea

Actualización e ordenación editar

A lista de wikipedias ten a característica de páxina con contido variable a diario e incremental no tempo, polo que necesita vixiancia constante: O plan é que en breve teña ata 500 linguas recollidas, e ademais a actualización fai que de tempo en tempo necesite reorganizarse por adiantar unha linguas a outras en número de páxinas. Ten aínda outro problema de ordenamento segundo cantidades sen solucionar: toma os números por díxitos e ordea de xeito que primeiro aparecen todas as linguas que para un criterio elixido teñen un número que comeza por 1 (sen importar se son centeas ou unidades), logo por 2, etc.Agremon(contacto) 1 de novembro de 2018 ás 11:37 (UTC)Responder

@Agremon: E si lle pides a -jem- (operador de Jembot) que a actualice diariamente? --. HombreDHojalata.conversa 1 de novembro de 2018 ás 11:46 (UTC)Responder
Fíxeno, pero como non responde (2 días), poño a marca de en uso e tentarei facer eu o bot a semana que ben.Agremon(contacto) 3 de novembro de 2018 ás 22:35 (UTC).Responder
Actualización: Xa posto en contacto, a actualización do Jembot está en marcha.Agremon(contacto) 11 de novembro de 2018 ás 14:37 (UTC)Responder

Agremon, cambiei o espazo dos miles por punto e agora a ordenación funciona... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2018 ás 16:06 (UTC)Responder

Grazas, Elisardojm, pero iso significa cambiar unha normativa, e os da es: tamén a teñen e ordena... A ver como remata isto.Agremon(contacto) 11 de novembro de 2018 ás 17:43 (UTC)Responder
É un apaño para que polo menos vaia funcionando... Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2018 ás 19:23 (UTC)Responder
Agremon, coa actualización do bot engadíronse os espazos e non funciona a ordenación, a ver se podes falar con Jem a ver se el sabe como amañar isto... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de novembro de 2018 ás 09:29 (UTC)Responder
Agora mesmo.--Agremon(contacto) 13 de novembro de 2018 ás 15:23 (UTC)Responder
De calquera xeito, estou pensando dúas cousas. 1, o que temos aprobado sobre escritura de números. 2, En castelán si lles funciona e faloume que se sería pola versión do programa. En fin, a ver que di, pouco a pouco, imos avanzando.Agremon(contacto) 13 de novembro de 2018 ás 15:43 (UTC)Responder
A ordenación de números con espazos é un cambio na configuración do software Mediawiki para a nosa wiki que hai que solicitar ós desenvolvedores, de forma semellante a como fixeron para a wiki española. Póñome eu con iso. Banjo tell me 13 de novembro de 2018 ás 15:48 (UTC)Responder
Moitas grazas Banjo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de novembro de 2018 ás 10:50 (UTC)Responder
Banjo, non sería convinte que quedara constancia na Taberna antes de pedirlle o cambio a Phabricator? (Coido que é Phabricator onde me dixo jem que había que pedir o cambio). Saúdos e grazas!Agremon(contacto) 14 de novembro de 2018 ás 18:20 (UTC)Responder

Bot editar

Sigo en contacto con -jem-, da es:, que leva o bot jembot. Estou a refacer a lista de ligazóns a artigos das linguas en gl: para facer os cambios pertinentes no bot. espero enviarllos esta tarde. Dígoo por se hai algunha variación no futuro (ou agora), que avisedes para que non sexa sucesivamente machacada en cada actualización. Non poño 'en uso' parposibles cambios que sexan convintes antes de enviarlle o listado para o bot.Agremon(contacto) 14 de novembro de 2018 ás 10:57 (UTC)Responder

Algunha cousa volvo poñela como estaba ó comezo, antes das últimas correccións, como Azarí/Azarí do sur e Nepalés/Nepal bhasa, que foron dirixidos a unha única entrada, sendo wikipedias diferentes.Agremon(contacto) 14 de novembro de 2018 ás 11:17 (UTC)Responder

Shan / Novas linguas e + editar

Remata de comunicarme -jem- que engadiron unha nova wikipedia, en lingua Shan. O bot engadiráa esta noite, coa ligazón en inglés. En cada lingua hai que considerar o nome na propia lingua, que non varía dunha a outra wikipedia, o nome na lingua da wikipedia que se está a usar, que si varía, e o artigo co que vai ligado, que si debe variar tamén. Como -jem- está subscrito a unha lista na que aparecen as novas incorporacións de wikipedias, o engadir novas liñas xa o fai el no bot, pero as dúas cousas que son propias do galego hai que comunicalas, pois se non quedan por defecto mal. Coido que sería boa cousa que se encargara alguén que controlara de lingüística, pois implica darlle un nome á nova lingua e crear un artigo (ou enlazar a un artigo). Vou deixar unha copia na Taberna, pero coido que a discusión debe seguir aquí.Agremon(contacto) 20 de novembro de 2018 ás 11:54 (UTC)Responder

Ligazón errónea editar

Bo día. A ligazón sobre a palabra Galego é errónea porque conduce a lingua escocesa en vez de a lingua galega. En troques, a ligazón de gl, si está correcta. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 7 de novembro de 2021 ás 10:26 (UTC)Responder

Volver á páxina "Lista de Wikipedias".