Kisamor

médica sueca

María Jansson, coñecida historicamente como Kisamor (A Nai de Kisa), nada en Örebro o 30 de xullo de 1788 e finada en Östergötland o 27 de febreiro de 1842, foi unha doutora de medicina natural sueca, unha das máis notables e celebres médicas do século XIX en Suecia. Foi tamén un exemplo prominente de curandeira no seu país. O seu nome é María Jansson, pero foi coñecida como Kisamor ("Nai de Kisa") polo sitio onde traballou.

Kisamor
Maria "Kisamor" Jansson.png
Nacemento30 de xullo de 1788
Lugar de nacementoÖrebro
Falecemento27 de febreiro de 1842
Lugar de falecementoProvincia de Östergötland
NacionalidadeSuecia
Ocupaciónmédica e cunning folk
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nada en Örebro, na parroquia de Hardemo, como a cuarta filla dun matrimonio de labregos: Johan Johansson e Kerstin Nilsdotter. Seu pai era ademais curandeiro, polo que tivo un desexo temperán de seguir na profesión do seu pai. Traballou como curandeira de forma esporádica dende os trece anos[1] ata que o pai forzou o seu casamento co labrador Anders Olsson en decembro de 1807.[2][3]

Viviu un matrimonio infeliz. En 1810, logo de que súa primeira filla morerra ao pouco de nacer, marchou da casa.[3] Finalmente regresou e en 1811 deu a luz unha nena que tamén morreu ós poucos meses. En 1815 iniciou un proceso para se divorciar de seu home, fundamentado na mala xestión da facenda e mala conduta. O proceso demorouse ao longo de seis xuízos, chegando seu home a ameazala de morte en 1818. Finalmente conseguiu o divorcio en 1819.[2]

Daquela traballaba como doutora en medicina natural e gañaba a vida visitando e coidando xente. Tiña unha gran reputación no seu traballo e era considerada unha especialista en cancro e tuberculose.

En 1813 acudiu á parroquía de Horn para tratar a Nils Wibjbmsson, que se dicía que tiña cancro e conseguiu sanalo. Desta maneira coñeceu as irmás Hellwegh, parentes de Wibjbmsson, que a invitaron a asentarse nunha granxa en Flytthem[2], Östergötland. O seu traballo en Horn foi moi exitoso: facía consultas a demanda e tamén visitaba as persoas enfermas nas súas casas . As xentes acudían a vela regularmente nunha pousada chamada Kisa[2] dende lugares remotos, pero principalmente procedentes de Estocolmo e Värmland[3]. É por esta razón que rematou sendo coñecida como Kisamor : "Nai de Kisa". Requiríronse tamén os seus servizos en Estocolmo en 1824, 1825, 1826, 1840 e 1841. Foi descrita como unha muller de temperamento e sábese que lle gustaba beber.[2][4]

Non hai moitas fontes primarias sobre a súa biografía, pero a tradición popular atribúelle ter tratado con éxito o rei e o príncipe da Coroa. Segundo unha investigación realizada polo Sundhetskollegium (Consello de médicos) semella que tiña unha especie de licenza médica. Porén, a licenza nunca foi confirmada[2] e a veracidade desta historia fica aínda en discusión. Se a historia resulta ser certa, faría dela unha personaxe única, xa que a profesión de médica estivo prohibida ao sexo feminino en Suecia ata 1870.

NotasEditar

  1. "Kisamor - female natural healer in Sweden (1788-1842)". The Art Bin (en en inglés). Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Anderson, Alexandra H. (1 de setembro de 2013). "Kisamor (1788-1842) The Swedish female natural healer". Vestkusten (en inglés) (14): 7. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Tallmo, Karl Henrik (ca. 1972). "Kisamor: Läkarinna där vetenskapen knappt mer hoppas". The Art Bin (en inglés). Consultado o 19 de febreiro de 2018. 
  4. Lindorm, Erik (1942). Carl XIV Johan - Carl XV och deras tid 1810-1872 (en sueco). Estocolmo: Wahlström & Widstrand. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Österberg, Carin (1990). Svenska kvinnor : föregångare, nyskapare. Lund: Signum. ISBN 91-87896-03-6. 
  • Tallmo, Karl Henrik (1972). Kisamor: Läkarinna där vetenskapen knappt mer hoppas (Kisamor : Doutora onde a ciencia xa non ousa esperanza)
  • Höjeberg, Pia (1990). Kisamor

Ligazóns externasEditar