Esta é a igrexa de santa baia, que non ten moito que ver comigo.

Ola,

Hoxe é 31 de Xaneiro do 2016 e creo o meu usuario na Galipedia co gallo do proxecto que queremos ir desenvolvendo no meu centro actual, o CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. Até o de agora, eu case non participei na edición da Wikipedia, pero agardo ir aportando o posible e, sobre todo, axudar a que o meu alumnado se vaia interesando pola construcción dun patrimonio de coñecemento aberto e teña as ferramentas precisas para participar no seu desenvolvemento.