Liga Galega de Traiñeiras 2011

A tempada 2011 da Liga Galega de Traiñeiras foi a 9ª edición do campionato de traiñeiras de Galicia creado en 2003. A tempada comezou o 26 de xuño en Chapela e rematou o 28 de agosto en Vilaxoán. Nesta tempada competiron 14 clubs e disputáronse 17 bandeiras. Amegrove foi o dominador da competición nesta tempada despois de 17 vitorias nas 17 bandeiras disputadas. A principal novidade desta tempada foi a non participación do Náutico de Vigo.

Os dous primeiros clasificados da liga foron o campión Amegrove e o subcampión Chapela, que terían que ser os 2 equipos a competir polo ascenso á Liga ACT, pero tralo remate da tempada o club Amegrove tomou a decisión de non disputar nin tan siquiera os play offs e renunciar á loita polo ascenso,[1] de xeito que foron finalmente Chapela e Cabo da Cruz os dous representantes da LGT que estiveron presentes nos play offs, sen acadar os resultados desexados nin un nin outro club.

Clasificación editar

Liga Galega de Traiñeiras - 2011
Equipo Puntos Vitorias Localidade
1   Amegrove 238 17 O Grove
2   Chapela   216 0 Chapela, Redondela
3   Cabo da Cruz   200 0 Boiro
4   Samertolameu 182 0 Meira, Moaña
5   Vilaxoán 179 0 Vilaxoán
6   Perillo 127 0 Perillo, Oleiros
7   Mecos 126 0 O Grove
8   A Cabana 111 0 Ferrol
9   Ares 103 0 Ares
10   Coruxo 86 0 Coruxo, Vigo
11   Puebla 64 0 A Pobra do Caramiñal
13   Mugardos 63 0 Mugardos
12   Rianxo 58 0 Rianxo
14   Esteirana 31 0 Esteiro, Muros
Amegrove proclamouse campión da liga.

Os 2 primeiros da liga teñen dereito a loitar polo ascenso á Liga ACT. O 3º pode gañar ese dereito no caso de renuncia dun dos 2 primeiros.

<- 2010 :Tempadas: 2012 ->

Actualizado o 19 de setembro.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar