Club Regatas Perillo

club de remo galego

O Club Regatas Perillo é un club galego de remo de Perillo, no concello de Oleiros. O club fundouse en 1970 e compite na Liga Noroeste de Traíñas.

Club Regatas Perillo
Tipoclub de remo
Deporteremo
Data de fundación1970
EnderezoAvenida das Américas, 33
PaísEspaña
43°20′20″N 8°22′34″O / 43.338968055556, -8.3760161111111
Na rede
https://clubregatasperillo.com/
Facebook: Club-de-Regatas-Salgado-Perillo-372781274660 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Perillo na Bandeira Teresa Herrera 2012.

Historia

editar

O Club Regatas Perillo nace en outubro de 1970 co ánimo de promover e desenvolver o deporte do remo en Perillo. O entusiasmo posto por aquelas persoas que promoveron a creación do club fixo que se desenvolveran un bo número de actividades dentro desta sociedade ademais do remo, tales coma a pesca, halterofilia, tenis de mesa, windsurf etc.

Son tres décadas dende aquela ben diferenciadas; na década de 1970 unha grande actividade social móvese en Perillo arredor deste club, dando os seus primeiros pasos na participación en Campionatos de España de Traíñas e bateles e o título galego nas dúas modalidades en diferentes anos; a década de 1980 destaca pola introdución ao Banco Móbil e a participación nos primeiros Campionatos Estatais; é na década de 1990 cando comezan os títulos e medallas, así coma o recoñecemento deste club a nivel estatal, chegando a ser recibidos os seus remeiros polo daquela Presidente da Xunta (Manuel Fraga Iribarne) en 1998. Tamén nesta década comeza a participación das primeiras tripulacións femininas, que pronto recollen bos resultados.

Palmarés

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar