A Liga ACT, coñecida por motivos de patrocinio como Eusko Label Liga, é a liga de remo creada pola Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT) como primeira división do remo no Cantábrico. A Liga ACT naceu o 2 de xullo de 2003 tralo acordo acadado polos Gobernos das Comunidades Autónomas de Galiza, Asturies, Cantabria e Euskadi, para apoiar e impulsar a disciplina deportiva que forma parte da tradición dos pobos do norte de España. No 2006, tras un acordo de patrocinio coa empresa Mahou-San Miguel, a Liga ACT trocou o seu nome polo de Liga San Miguel.

Modelo:Competición deportivaLiga ACT
Imaxe
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deporteremo en traiñeiras Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorLiga ARC e Liga Galega de Traiñeiras Editar o valor en Wikidata
Número de participantes12 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia2003 – Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoUrdaibai Arraun
Sociedad Deportiva de Remo Kaiku
Hondarribia Arraun Elkartea
Sociedad Deportiva de Remo Astillero
Orio Arraunketa Elkartea Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialeuskolabelliga.com Editar o valor en Wikidata

Equipo de Urdaibai en 2007 co trofeo da Liga San Miguel.

É pois a primeira división das traiñeiras. Baixo ela atópanse a Liga ARC, na que compiten clubs cántabros, vascos e agora tamén asturianos; e a Liga Galega ou Liga Noroeste. Os dous últimos clasificados das 12 que disputan a Liga San Miguel disputan o play-off de ascenso/descenso contra os dous primeiros clasificados dun play-off previo entre os dous mellores da Liga ARC e da Liga Galega. As dúas traiñeiras que mellor queden manterán ou subirán de categoría.

Para evitar a fuga masiva de remeiros a clubs con alto poder económico, e con obxecto de potenciar a canteira, estabelécese un cota de mínimo sete remeiros propios, entendéndose como propios aqueles que estiveron polo menos tres anos nun mesmo club.

Gañadores

editar
Campións da Liga ACT
Tempadas CAMPIÓN Segundo Terceiro Mellor Galego
Tempada 2022 - - -
Tempada 2021   SANTURZTI   Hondarribia   Orio Cabo da Cruz (8º)
Tempada 2020   SANTURZTI   Hondarribia   Urdaibai Cabo da Cruz (7º)
Tempada 2019   ORIO   Hondarribia   Santurtzi Cabo da Cruz (8º)
Tempada 2018   URDAIBAI   Hondarribia   Zierbena Cabo da Cruz (6º)
Tempada 2017   URDAIBAI   Hondarribia   Orio Tirán (7º)
Tempada 2016   URDAIBAI   Hondarribia   Kaiku Tirán (6º)
Tempada 2015   HONDARRIBIA   Urdaibai   Orio Cabo da Cruz (6º)
Tempada 2014   HONDARRIBIA   Orio   Kaiku Cabo da Cruz (4º)
Tempada 2013   KAIKU   Urdaibai   Orio Tirán (5º)
Tempada 2012   KAIKU   Hondarribia   Urdaibai Tirán (4º)
Tempada 2011   KAIKU   Urdaibai   Hondarribia Tirán (5º)
Tempada 2010   URDAIBAI   Orio   Donibane Tirán (7º)
Tempada 2009   CASTRO   San Pedro   Hondarribia Tirán (9º)
Tempada 2008   URDAIBAI   Castro   Orio Cabo da Cruz (9º)
Tempada 2007   URDAIBAI   Orio   Hondarribia Cabo da Cruz (10º)
Tempada 2006   HONDARRIBIA   Castro   Orio Cabo da Cruz (5º)
Tempada 2005   ASTILLERO   Hondarribia   Castro Cabo da Cruz (7º)
Tempada 2004   URDAIBAI   Astillero   Hondarribia Cabo da Cruz (6º)
Tempada 2003   ASTILLERO   Mecos   Donibane Mecos (2º)

Historia

editar

Iníciase no mes de Santiago de 2003. Nace cos seguintes obxectivos:

  • Facer da Liga unha competición de alto nivel de afeccionados, xestionada profesionalmente, na que participen os doce mellores equipos pertencentes á área xeográfica.
  • Conseguir incrementar notoriamente o número de seguidores, potenciando a atención e cobertura que os medios de comunicación prestaban anteriormente.
  • Deseñar a competición en formato de Liga Regular, para que resultase máis atractiva e comprensible para todos.
  • Garantir a súa estabilidade no tempo, mediante unha fase de ascenso e descenso con clubs provenientes de Ligas Federativas.

O 28 de setembro de 2003 finalizou a primeira Liga ACT. Foi un éxito de competición, avalado polos medios de comunicación e polos afeccionados. Nesta temporada , Astillero realizou unha actuación histórica, gañando a I Liga ACT e obtendo un total de 10 bandeiras.

Durante a III edición instaurouse a Coroa ACT como trofeo ao campión. Esta temporada estivo chea de polémica por temas extradeportivos arredor da SDR Astillero, que se saldou coa exclusión do vencedor, Astillero, para as seguintes edicións.

A partir da IV edición, a competición pasou a denominarse Liga San Miguel. Despois da VI edición a Coroa Act pasa a chamarse Coroa Caja Madrid. Ademais ese mesmo ano instálase o maillot verde para o mellor patrón.

Traiñeiras participantes na primeira edición (2003)

editar

Equipos participantes dende 2003

editar
Equipo Club Nome de traiñeira Concello Provincia Temporadas Títulos Subcampionatos 3º postos Bandeiras
Urdaibai Umpro Avia Urdaibai Arraun Elkartea    "Bou Bizkaia" Bermeo Biscaia 7 (2003-09) 3 (2004,07,08) 0 0 26
Naturhouse Castro Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales    "La Marinera" Castro Urdiales Cantabria 7 (2003-09) 1 (2009) 2 (2006,08) 1 (2005) 30
Hondarribia Hondarribia Arraun Elkartea    "Ama Guadalupekoa" Hondarribia Guipúscoa 7 (2003-09) 1 (2006) 1 (2005) 3 (2004,07, 09) 16
Grupo Eibar Orio Orio Arraunketa Elkartea    "Txiki" (2003-06)/ "San Nikolas" (2007)/ "Mirotza" (2008-09) Orio Guipúscoa 7 (2003-09) 0 1 (2007) 2 (2006,08) 18
Pedreña Sociedad Deportiva de Remo Pedreña    "Marina de Cudeyo" Marina de Cudeyo Cantabria 7 (2003-09) 0 0 0 2
Cabo da Cruz Club de Remo Cabo da Cruz    "Cabo da Cruz" Boiro A Coruña 6 (2003-08)[1] 0 0 0 1
Mecos Mondariz Club de Remo Mecos    "Mequiña" O Grove Pontevedra 5 (2003-07) 0 1 (2003) 0 2
Zarautz Inmobiliaria Orio Zarauzko Arraun Elkartea    "Enbata" Zarautz Guipúscoa 5 (2003/06-09) 0 0 0 1
Arkote Arkote Arraun Taldea    "Plentzitarra" Plentzia Biscaia 5 (2005-09) 0 0 0 0
Pasai Donibane Iberdrola Pasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea    "Erreka" Pasaia Guipúscoa 4 (2003-06) 0 0 1 (2003) 1
Zumaia Altuna y Uría Aita Mari Arraun Elkartea    "Telmo Deun" Zumaia Guipúscoa 4 (2006-09) 0 0 0 0
Tirán Pereira Sociedade Deportiva Tirán    "Pereira" Moaña Pontevedra 4 (2003-04/08-09) 0 0 0 0
Astillero Sociedad Deportiva de Remo Astillero    “San José XII" (2003)/
"San José XIII" (2004-05)
El Astillero Cantabria 3 (2003-05)[2] 2 (2003,05) 1 (2004) 0 29
San Pedro Ecolmare Sanpedrotarra Arraun Elkartea    "Libia" Pasaia Guipúscoa 3 (2007-09) 0 1 (2009) 0 3
Grafilur Isuntza SuperBM Isuntza Arraun Elkartea      "Isuntza" Lequeitio Biscaia 3 (2003-05) 0 0 0 0
Laredo Laredo Remo Club    "La Pejinuca" Laredo Cantabria 3 (2006-08) 0 0 0 0
Trintxerpe Carglass Illunbe Kirol Elkartea    "Ilunbe" Pasaia Guipúscoa 2 (2004-05) 0 0 0 0
Kaiku Ambilamp Sociedad Deportiva de Remo Kaiku    “Bizkaitarra" Sestao Biscaia 1 (2009) 0 0 0 0
Samertolameu Sociedade Deportiva Samertolameu    “Meira Mar” Moaña Pontevedra 1 (2009) 0 0 0 0

Clasificación histórica

editar
Posto Equipo País Puntos Campionatos
1 Hondarribia   Euskadi 3.243 3
2 Urdaibai   Euskadi 3.000 7
3 Orio   Euskadi 2.886 1
4 Kaiku   Cantabria 1.595 3
5 Cabo da Cruz   Galiza 1.461 0
6 Castro   Cantabria 1.407 1
7 Koxtape   Euskadi 1.390 0
8 San Pedro   Euskadi 1.322 0
9 Tirán   Galiza 1.319 0
10 Astillero   Cantabria 1.294 2
11 Pedreña   Cantabria 1.257 0
12 Zierbena   Euskadi 1.085 0
13 Santurzi   Euskadi 732 2
14 Zarautz   Euskadi 643 0
15 Donostiarra   Euskadi 598 0
16 Zumaia   Euskadi 541 0
17 Ondarroa   Euskadi 491 0
18 Mecos   Galiza 487 0
19 Portugalete   Euskadi 387 0
20 Arkote   Euskadi 353 0
21 Isuntza   Euskadi 345 0
22 Ares   Euskadi 196 0
23 Laredo   Cantabria 121 0
24 Trintxerpe   Euskadi 67 0
25 Samertolameu   Galiza 58 0
26 Camargo   Cantabria 46 0

Traiñeiras participantes en 2017

editar
Equipo Nome da Traiñeira Localidade Provincia
Club de Remo Ares    "Santa Olalla de Lubre" Ares A Coruña  
Club de Remo Cabo da Cruz    "Cabo da Cruz" Cabo de Cruz (Boiro) A Coruña  
Sociedade Deportiva Tirán    “Pereira” Tirán (Moaña) Pontevedra  
Sociedad Deportiva de Remo Astillero    “San José XIV” El Astillero Cantabria  
Sociedad Deportiva de Remo Kaiku    “Bizkaitarra” Sestao Biscaia  
Ondarroa Arraun Elkartea    "Antiguako Ama" Ondarroa Biscaia  
Urdaibai Arraun Elkartea    “Bou Bizkaia” Bermeo Biscaia  
Zierbena Arraun Elkartea    "Zierbena" Zierbena Biscaia  
Pasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea    “Erreka” Pasaia Guipúscoa  
Hondarribia Arraun Elkartea    “Ama Guadalupekoa” Hondarribia Guipúscoa  
Orio Arraunketa Elkartea    “Mirotza” Orio Guipúscoa  
Sanpedrotarra Arraun Elkartea    “Libia” Pasaia Guipúscoa  
  1. Renunciou á Liga ACT por problemas económicos para afrontar os desprazamentos.
  2. Astillero foi expulsado no 2006 da Liga a causa dun suposto caso de dopaxe acontecido o ano anterior.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar