Abrir o menú principal

Urdaibai Arraun

(Redirixido desde "Urdaibai Arraun Elkartea")
Traiñeira de Urdaibai en Portugalete no 2007.
Tripulación de Urdaibai logo de gañar a bandeira El Corte Inglés en 2007.

O Urdaibai Arraun (por motivos de patrocinio Urdaibai Umpro Avia) é un club de remo cuxa finalidade é a potenciación do remo na zona de Urdaibai (Biscaia). Actualmente compite na Liga San Miguel, da que é o equipo máis laureado, a súa traiñeira chámase Bou Bizkaia e os seus remeiros visten de azul (a mesma cor que luce na embarcación).

HistoriaEditar

A Sociedade fundouse no ano 1992 co fin de lograr unha tripulación de traíña que fora competitiva cos que tradicionalmente foron destacados neste deporte, reuníronse os clubs de remo de Elantxobe, Mundaka e Bermeo, sendo estes clubs os membros fundadores e actuais compoñentes do Urdaibai Arraun. Non foi con todo ata 1999 cando comezou a competir en probas de banco fixo, sendo dende entón a súa traxectoria deportiva altamente exitosa.

Actualmente, Urdaibai é o club máis laureado da Liga San Miguel con catro réplicas da Corona Caja Madrid nas súas vitrinas. Cun campionato máis, o club bermeano converteríase no primeiro club da historia en conseguir en propiedade a Corona Caja Madrid orixinal.

PalmarésEditar

LigazónsEditar