A traiñeira[1][2] é, orixinalmente, unha embarcación propia da costa cantábrica, impulsada a remo e ás veces a vela. Antigamente estaba adicada á pesca, mais na actualidade é empregada para deporte de regatas.

Traiñeira de pescadores na baía de Santander (Cantabria) a principios do século XX.
Panorámica dunha traiñeira de competición durante unha regata na baía de Santander (Cantabria), a principios do século XX.

Etimoloxía

editar

O seu nome sempre foi moi discutido e mesmo se lle chama con frecuencia traíña, mais esta denominación non é correcta, xa que traíña (como traiñón) se refire ao nome da arte de pesca e non ao da embarcación.[3] O seu nome polo tanto parece derivar da palabra "traína", denominación dunha rede de malla moi tupida empregada para as capturas, principalmente, de anchoa e sardiña.

Características

editar
 
Ilustración dunha traiñeira.

A traiñeira é a embarcación raíña do banco fixo e a meirande das tres empregadas na práctica deportiva (batel[4][5] e traiñeiriña son as outras dúas), tanto polas súas dimensións como polo número de remeiros, xa que a tripulación está composta por 12 remeiros que se distribúen por parellas (seis filas), un "palotero" que vai na proa da embarcación (tanto os remeiros como o "palotero" vogan de costas), e un patrón situado na popa xeralmente de pé mirando a proa e manexando a embarcación co temón, o que fai un total de 14 tripulantes. O seu peso mínimo é de 200 Kg e as súas dimensións son as seguintes:

  • Eslora total: 12 m
  • Puntal mínimo a proa: 95 cm
  • Puntal mínimo a popa: 75 cm
  • Puntal mínimo en caderna mestra: 60 cm
  • Manga mínima inferior en caderna mestra: 1.72 m
  • Manga da caderna mestra a 0.23 da cara superior quilla: 1.17m

O material empregado durante anos era a madeira na súa totalidade, de cedro e faia. Actualmente, empréganse a fibra de carbono e o kevlar para realizar embarcacións con técnicas de aeronáutica, semellantes ás aplicadas na construción do fuselaxe do avión Airbus A380.[6]

A embarcación é dunha peza e ten maior resistencia que anteriormente. A vida dunha embarcación nun club importante adoita ser de dous ou tres anos. Unha traiñeira, en 2008, tiña un prezo aproximado de 25.000 euros.[6] Os remos, ao igual que as embarcacións, eran de madeira, mais tamén mudaron á fibra de carbono.

Embarcación deportiva

editar
 
Traiñeiras na XI Bandeira Teresa Herrera na Coruña durante a Liga Galega de Traiñeiras.
 
Remeiros nunha traiñeira.

Orixe das regatas de traiñeiras

editar

As traiñeiras son un claro exemplo de como o emprego dun instrumento de traballo vai desaparecendo co paso do tempo, dando lugar á competición e ao xogo, pasando a ser na actualidade unha embarcación deportiva de remo de banco fixo cunha estrita regulamentación no que se refire ao peso, dimensións etc. O primeiro rexistro coñecido data de 22 de xullo de 1719, cando unha tripulación de Bermeo retou a unha de Mundaka: a illa de Izarro foi gañada por bermeotarrak. Porén pénsase que antes tiveran lugar moitas outras regatas por outros motivos. Nos séculos XVIII e XIX as regatas foron case sempre consecuencia dos desafíos.[7]

Principais competicións

editar

Actualmente o calendario consta de:

Entre todas as regatas do calendario destacan as tres máis antigas: Bandeira de Santander, Gran Premio do Nervión e a Bandeira da Concha (denominada coloquialmente "a olimpíada do remo"). Estas tres regatas, por mor da súa localización (as tres capitais de provincia, Santander, Bilbao e Donostia), foron historicamente as mellores e máis famosas. Outra competición importante en Galicia é a Bandeira Teresa Herrera, que cumpriu a XI edición en 2012.

Nas regatas unicamente participan traiñeiras de clubs representantes da costa cántabra: Galiza, Asturias, Cantabria, Euskadi e o País Vasco Francés; e ademais do correspondente premio en metálico da cada regata, ao club gañador outórgaselle unha bandeira da localidade que acolle a competición ou do patrocinador da mesma.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para traiñeira. Consultado o 24-10-2018.
  2. "traiñeira". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 24/10/2018. Consultado o 24/10/2018. 
  3. A embarcación na web do CR Cabo da Cruz. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para traíña.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para batel. Consultado o 24-10-2018.
  5. "batel". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 24/10/2018. Consultado o 24/10/2018. 
  6. 6,0 6,1 Las traineras se construyen con avanzadas técnicas de la aeronáutica El Diario Montañés.
  7. Euskaldunen itsasoa – La mer des Basques. Catalogue de l’exposition organisée par Itsas Begia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar