Unha regata é unha competición deportiva de velocidade, ou unha carreira entre embarcacións. O termo utilízase tanto en competicións de vela, como en competicións de remo.

Regata de dornas co gallo da Festa do albariño (Cambados).

As regatas de Vela poden ser de dúas clases: de vela lixeira ou de vela de cruceiro. As regatas de Vela lixeira adoitan realizarse sobre un percorrido marcado por boias ou balizas, normalmente en forma de triángulo, cuxa configuración máis común é denominada Triángulo olímpico. En Vela de cruceiro, ademais dos percorridos balizados, navégase en regatas de porto a porto. Cando o percorrido atravesa diferentes mares, o rego denomínase Roza oceánica ou transoceánica.

En Galicia as regatas de Dornas a Vela desenvolvense principalmente polo verán na ría de Arousa, destacan pola súa actividade, asociacións na Illa de Arousa (ACD. Dorna), Ribeira (A. Lajareu por Barlovento)e no Grove (Amigos da Dorna Meca). A elas concorren regatistas doutras rías, e doutras vilas da propia ría de Arousa, Vilanova, Cambados ... A máis emblemática é a Volta a Illa de Arousa, e tamén destacan a Regata da Dorna (Ribeira) ou a do Faros ( O Grove). No ano 2011 podían xuntarse en cada regata entre 35 e 40 dornas.

Tamén ten moitos adeptos a "Regata do Bao" a primeira fin de semana de agosto na praia do Bao ou da Canteira na Illa de Arousa e é moi espectacular porque a saída faise dende a mallante, votando a correr os regatistas coas velas na man, para aparellar a embarcación que permanece varada na area esperando para saír en vela.

Regatas salientadas

editar

As regatas de remo adoitan celebrarse en mar aberto, rías, leitos fluviais, pantanos, encoros, ou lagos.

No tocante ás regatas de traíñas hai tres tipos de regatas:

  • Descensos: son normalmente nun río e que serven de test de principio de tempada.
  • Cronometradas: que ao igual que noutras disciplinas os participantes loitan contra o cronómetro e o gañador será o que menos tempo empregue.
  • En quendas: son aquelas nas que saen ao tempo dúas, tres ou máis embarcacións (normalmente catro) e que en todo momento van en paralelo. Esta modalidade é a máis estendida no Mar Cantábrico.

Tamén se pode facer outro tipo de clasificacións dependendo se as regatas son en río, en mar ou en ambos.

Regatas salientadas

editar

Unha das regatas de remo máis famosa que existe, en remo de banco móbil, é a que enfronta todos os anos ás universidades de Oxford e Cambridge no río Támese (Reino Unido), a Regata Oxford-Cambridge.

No que fai á Península Ibérica, en remo de banco fixo, salienta o Campionato de España de Traíñas, así coma outras bandeiras que teñen gran historia desde finais do s. XIX como a Bandeira da Concha de Donostia celebrada cada ano en setembro, e a Bandeira de Santander.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar