Abrir o menú principal
Equipo de Urdaibai en 2007 co trofeo da Liga San Miguel.

A Liga ACT, coñecida por motivos de patrocinio como Eusko Label Liga, é a liga de remo creada pola Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT) como primeira división do remo no Cantábrico. A Liga ACT naceu o 2 de xullo de 2003 tralo acordo acadado polos Gobernos das Comunidades Autónomas de Galiza, Asturies, Cantabria e Euskadi, para apoiar e impulsar a disciplina deportiva que forma parte da tradición dos pobos do norte de España. No 2006, tras un acordo de patrocinio coa empresa Mahou-San Miguel, a Liga ACT trocou o seu nome polo de Liga San Miguel.

É pois a primeira división das traiñeiras. Baixo ela atópanse a Liga ARC, na que compiten clubs cántabros, vascos e agora tamén asturianos; e a Liga Galega ou Liga Noroeste. Os dous últimos clasificados das 12 que disputan a Liga San Miguel disputan o play-off de ascenso/descenso contra os dous primeiros clasificados dun play-off previo entre os dous mellores da Liga ARC e da Liga Galega. As dúas traiñeiras que mellor queden manterán ou subirán de categoría.

Para evitar a fuga masiva de remeiros a clubs con alto poder económico, e con obxecto de potenciar a canteira, estabelécese un cota de mínimo sete remeiros propios, entendéndose como propios aqueles que estiveron polo menos tres anos nun mesmo club.

GañadoresEditar

HistoriaEditar

Iníciase no mes de Santiago de 2003. Nace cos seguintes obxectivos:

  • Facer da Liga unha competición de alto nivel de afeccionados, xestionada profesionalmente, na que participen os doce mellores equipos pertencentes á área xeográfica.
  • Conseguir incrementar notoriamente o número de seguidores, potenciando a atención e cobertura que os medios de comunicación prestaban anteriormente.
  • Deseñar a competición en formato de Liga Regular, para que resultase máis atractiva e comprensible para todos.
  • Garantir a súa estabilidade no tempo, mediante unha fase de ascenso e descenso con clubs provenientes de Ligas Federativas.

O 28 de setembro de 2003 finalizou a primeira Liga ACT. Foi un éxito de competición, avalado polos medios de comunicación e polos afeccionados. Nesta temporada , Astillero realizou unha actuación histórica, gañando a I Liga ACT e obtendo un total de 10 bandeiras.

Durante a III edición instaurouse a Coroa ACT como trofeo ao campión. Esta temporada estivo chea de polémica por temas extradeportivos arredor da SDR Astillero, que se saldou coa exclusión do vencedor, Astillero, para as seguintes edicións.

A partir da IV edición, a competición pasou a denominarse Liga San Miguel. Despois da VI edición a Coroa Act pasa a chamarse Coroa Caja Madrid. Ademais ese mesmo ano instálase o maillot verde para o mellor patrón.

Traiñeiras participantes na primeira edición (2003)Editar

Equipos participantes dende 2003Editar

Equipo Club Nome de traiñeira Concello Provincia Temporadas Títulos Subcampionatos 3º postos Bandeiras
Urdaibai Umpro Avia Urdaibai Arraun Elkartea    "Bou Bizkaia" Bermeo Biscaia 7 (2003-09) 3 (2004,07,08) 0 0 26
Naturhouse Castro Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales    "La Marinera" Castro Urdiales Cantabria 7 (2003-09) 1 (2009) 2 (2006,08) 1 (2005) 30
Hondarribia Hondarribia Arraun Elkartea    "Ama Guadalupekoa" Hondarribia Guipúscoa 7 (2003-09) 1 (2006) 1 (2005) 3 (2004,07, 09) 16
Grupo Eibar Orio Orio Arraunketa Elkartea    "Txiki" (2003-06)/ "San Nikolas" (2007)/ "Mirotza" (2008-09) Orio Guipúscoa 7 (2003-09) 0 1 (2007) 2 (2006,08) 18
Pedreña Sociedad Deportiva de Remo Pedreña    "Marina de Cudeyo" Marina de Cudeyo Cantabria 7 (2003-09) 0 0 0 2
Cabo da Cruz Club de Remo Cabo da Cruz    "Cabo da Cruz" Boiro A Coruña 6 (2003-08)[1] 0 0 0 1
Mecos Mondariz Club de Remo Mecos    "Mequiña" O Grove Pontevedra 5 (2003-07) 0 1 (2003) 0 2
Zarautz Inmobiliaria Orio Zarauzko Arraun Elkartea    "Enbata" Zarautz Guipúscoa 5 (2003/06-09) 0 0 0 1
Arkote Arkote Arraun Taldea    "Plentzitarra" Plentzia Biscaia 5 (2005-09) 0 0 0 0
Pasai Donibane Iberdrola Pasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea    "Erreka" Pasaia Guipúscoa 4 (2003-06) 0 0 1 (2003) 1
Zumaia Altuna y Uría Aita Mari Arraun Elkartea    "Telmo Deun" Zumaia Guipúscoa 4 (2006-09) 0 0 0 0
Tirán Pereira Sociedade Deportiva Tirán    "Pereira" Moaña Pontevedra 4 (2003-04/08-09) 0 0 0 0
Astillero Sociedad Deportiva de Remo Astillero    “San José XII" (2003)/
"San José XIII" (2004-05)
El Astillero Cantabria 3 (2003-05)[2] 2 (2003,05) 1 (2004) 0 29
San Pedro Ecolmare Sanpedrotarra Arraun Elkartea    "Libia" Pasaia Guipúscoa 3 (2007-09) 0 1 (2009) 0 3
Grafilur Isuntza SuperBM Isuntza Arraun Elkartea      "Isuntza" Lequeitio Biscaia 3 (2003-05) 0 0 0 0
Laredo Laredo Remo Club    "La Pejinuca" Laredo Cantabria 3 (2006-08) 0 0 0 0
Trintxerpe Carglass Illunbe Kirol Elkartea    "Ilunbe" Pasaia Guipúscoa 2 (2004-05) 0 0 0 0
Kaiku Ambilamp Sociedad Deportiva de Remo Kaiku    “Bizkaitarra" Sestao Biscaia 1 (2009) 0 0 0 0
Samertolameu Sociedade Deportiva Samertolameu    “Meira Mar” Moaña Pontevedra 1 (2009) 0 0 0 0

Clasificación históricaEditar

Posto Equipo País Puntos Campionatos
1 Hondarribia   Euskadi 2.275 3
2 Urdaibai   Euskadi 2.118 5
3 Orio   Euskadi 1.980 0
4 Castro   Cantabria 1.419 1
5 Pedreña   Cantabria 1.266 0
6 Kaiku   Cantabria 1.264 3
7 Koxtape   Euskadi 1.238 0
8 Astillero   Cantabria 1.223 2
9 San Pedro   Euskadi 1.142 0
10 Tirán   Galiza 1.133 0
11 Cabo da Cruz   Galiza 847 0
12 Zumaia   Euskadi 542 0
13 Zarautz   Euskadi 533 0
14 Mecos   Galiza 487 0
15 Portugalete   Euskadi 391 0
16 Arkote   Euskadi 353 0
17 Zierbena   Euskadi 265 0
18 Isuntza   Euskadi 140 0
19 Laredo   Cantabria 121 0
20 Trintxerpe   Euskadi 67 0
21 Samertolameu   Galiza 58 0
22 Camargo   Cantabria 46 0

Traiñeiras participantes en 2017Editar

NotasEditar

  1. Renunciou á Liga ACT por problemas económicos para afrontar os desprazamentos.
  2. Astillero foi expulsado no 2006 da Liga a causa dun suposto caso de dopaxe acontecido o ano anterior.

Véxase taménEditar