A tempada 2012 da Liga ACT foi a 10ª edición do campionato de traiñeiras do Cantábrico, creado en 2003 pola Asociación de Clubs de Traiñeiras. Esta tempada comezou o 9 de xuño do 2012 coa "IV Bandeira de Bilbao", e rematou o 15 de setembro en Bermeo. A liga contou con 18 bandeiras, cada unha das cales repartiu 12 puntos para o gañador, 11 para o segundo, 10 para o terceiro, 9 para o cuarto, 8 para o quinto, 7 para o sesto, 6 para o sétimo, 5 para o oitavo, 4 para o noveno, 3 para o décimo, 2 para o undécimo e 1 para o último.

Modelo:Competición deportivaLiga ACT 2012
Imaxe
TipoLiga San Miguel Editar o valor en Wikidata
Deporteremo Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Número de edición10  (2012) Editar o valor en Wikidata

2011 Editar o valor en Wikidata
2013Editar o valor en Wikidata

Unha das novidades máis salientables desta tempada foi a ausencia por vez primeira de Orio na máxima competición, tralo último posto acadado na anterior edición da liga.

Clasificación

editar
Liga ACT 2012
Equipo Puntos Vitorias Localidade
1   Kaiku 188 10 Sestao
2   Hondarribia 176 8 Hondarribia
3   Urdaibai 157 1 Bermeo
4   Tirán 152 0 Moaña
5   San Pedro 138 0 Pasaia
6   Donibane 125 0 Pasaia
7   Astillero 81 0 El Astillero
8   Castro 72 0 Castro Urdiales
9   Portugalete 64 0 Portugalete
10   Pedreña 58 0 Pedreña
11   Zumaia 48 0 Zumaia
12   Zierbena 30 0 Zierbena
Kaiku proclamouse campión por segunda vez.

O debutante Zierbena perdeu a categoría.

Orio ascendeu.

<- 2011 :Tempadas: 2013 ->

Actualizado 2 de xullo de 2013.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar