El Astillero
Coordenadas: 43°24′6″N 3°49′10″O / 43.40167, -3.81944
El Astillero (Real Astillero de Guarnizo), é un municipio cántabro, situado á beira das rías de Solía, e a de El Carmen e a de Astillero (Baía de Santander).
El Astillero | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | España | ||
Comunidade Autónoma | Cantabria | ||
Comarca | Santander | ||
Xeografía | |||
Altitude | 20 msnm | ||
Superficie | 6,8 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 17.545 hab. (2010) | ||
Densidade | 2580,15 hab./km² | ||
Xentilicio | Astillerense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 39610 | ||
Alcalde | Carlos Cortina Ceballos (PP) (2007) | ||
www.astillero.es |
Está situado entre os termos municipais de Camargo, ao que antigamente pertenceu El Astillero, Villaescusa, Piélagos, Medio Cudeyo e Marina de Cudeyo. Situado ao pé de Pena Cabarga, atópase a 7,5 quilómetros da capital da comunidade, Santander, e está a 20 metros de altitude sobre o nivel do mar.
A confluencia das rías e a costa da baía forma unha grande extensión de zonas húmidas onde aniñan durante todo o ano diversas aves migratorias. O municipio ten unha superficie de 6,80 km².
Con 17.632 habitantes (INE, 2008), este municipio é o sexto núcleo máis poboado de Cantabria.