Orio Arraunketa Elkartea
O Orio Arraunketa Elkartea é un club de remo vasco da localidade guipuscoana de Orio. A pesar de proceder dunha localidade de aproximadamente 5000 habitantes, trátase dun dos clubs de traiñeiras máis laureados do Cantábrico. Tanto a traiñeira como os remeiros compiten vestidos de cor amarela e a súa traiñeira chámase Mirotza. A súa traiñeira compite na Liga San Miguel.
Historia
editarA primeira referencia oficial escrita da participación dunha traeñeira de Orio remóntase ao ano 1879, na primeira edición das Regatas da Concha de San Sebastián, daquela a organización do equipo recaía na Confraría de Pescadores ou nas comisións do concello. Foi no ano 1901, cando conseguiu o seu primeiro triunfo. No período que vai dende 1879 ata 1932 os remeiros oriotarras competiron co nome da localidade, ORIO. Dende 1933 ata 1964 co de Emen Gatoxtik ORIO. É en xuño de 1965, cando se crea o Club de Remo, denominado Club de Remo Olímpico de Orio, para desenvolver as actividades de remo olímpico e banco fixo. En 1986 inscribiuse no Rexistro de Asociacións Deportivas de Euskadi co nome en éuscaro Arraunketa Elkartea (abreviado C.R.O. ou Orio A.E.)
Sen desmerecer o gran palmarés nas modalidades inferiores, traineiriña e batel, centrámonos na traiñeira, modalidade raíña e máis importante do banco fixo.
Ao longo da súa historia, o Ario Arraunketa Elkartea gañou en 31 ocasións a Bandeira da Concha, sendo o club máis laureado da regata.
Palmarés
editar- 15 Campionatos de España de Traiñeiras: 1946, 1951, 1952, 1955, 1964, 1971, 1973, 1974, 1975, 1976, 1986, 1993, 1995, 1998 e 1999.
- 11 Campionatos de España de Bateis.
- 8 Campionatos de España de Traineiriñas.
- 1 Campionato de España de Llaut.
- 2 Campionatos do Cantábrico.
- 3 Bandeiras da Liga Vasca de Traiñeiras.
- 6 Campionatos de Traiñeiras de Euskadi: 1995, 1997, 1998, 1999, 2001 e 2002.
- 29 Campionato de Euskadi de Bateis.
- 12 Campionatos de Euskadi de Traineiriñas.
- 8 Campionatos de Guipúscoa de Traiñeiras: 1973, 1980, 1982, 1998, 1999, 2001, 2002 e 2008.
- 44 Campionatos de Guipúscoa de Bateis.
- 18 Campionatos de Guipúscoa de Traineiriñas.
- 31 Bandeiras da Concha: 1901, 1909, 1910, 1916, 1919, 1923, 1925, 1933, 1934, 1939, 1940, 1942, 1944, 1951, 1952, 1953, 1955, 1958, 1964, 1970, 1971, 1972, 1974, 1975, 1983, 1992, 1996, 1997, 1998, 2000 e 2007.
- 4 Bandeiras de Santander: 1946, 1983, 1987 e 1991.
- 1 Bandeira Príncipe de Asturias: 1991.
- 2 Bandeiras Teresa Herrera: 1991 e 1992.
- 1 Copa de Prata da Deputación de Biscaia por gañar tres anos consecutivos as Regatas do Abra.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio do club (en inglés) (en castelán) (en éuscaro)
- Información do club no sitio da Liga San Miguel Arquivado 07 de agosto de 2013 en Wayback Machine. (en galego)