Abrir o menú principal

Sanpedrotarra Arraun Elkartea

Libia.
Sanpedrotarra en Bilbao 2012.

O Sanpedrotarra Arraun Elkartea é un club de remo do barrio de San Pedro da localidade de Pasaia, Gipúscoa (Euskadi). Pasai San Pedro é, de sempre, unha das grandes potencias do remo de banco fixo. Trátase dun dos clubs máis laureados de Cantábrico e o segundo que máis Bandeiras da Concha conseguíu con 15, só por detrás de Orio que conta con 31. A súa cor é o mourado e a súa traiñeira chámase Libia.

HistoriaEditar

O club foi fundado como tal en 1958, se ben traiñeiras da localidade levaban representando a San Pedro con éxito dende finais do século XIX. Os seus dous momentos de maior esplendor déronse, o primeiro, dende mediados da década dos anos 20 do pasado século até a Guerra Civil; e o segundo, dende a segunda metade dos oitenta até case o fin dos noventa. Só Orio o supera no palmarés xeral da Bandeira da Concha, na que conseguiron 15 triunfos, o primeiro no 1880 e o último no 1994, seis deles foron consecutivos (1927-32, inclusive) o que supón unha marca que ninguén conseguiu bater nos últimos 77 anos, un resultado que levou a sinatura do grande patriarca Manuel Arrillaga Arzak, Aita Manuel. Tras uns anos de crise ascendeu por primeira vez á Liga San Miguel no 2006[1], San Pedro foi mellorando rápido de ano en ano, até completar no 2009 unha grande campaña na que se proclamou subcampión ligueiro, logo de obter dúas bandeiras, a Naval e Fandicosta-Moaña. Ademais, foi terceiro na Concha. Na Liga San Miguel se mantén dende o seu ascenso e contribúe xunto con Koxtape e Trintxerpe a que Pasaia sexa a única localidade do Cantábrico que tivo tres representantes na máxima categoría do remo.

PalmarésEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar