Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales
A Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales é un club de remo da localidade cántabra de Castro Urdiales. Dende a súa creación disputou regatas en tódalas categorías e modalidades de banco fixo, en bateis, traiñeiriñas e traiñeiras.
Historia
editarAló polo ano 1847, chegou a Castro Urdiales a primeira traiñeira, patroneada por un tal Anduiza, e contra o que nun principio se podería supor, non tivo que ver directamente coa actividade pesqueira, senón coa vixilancia e persecución dos contrabandistas ao longo da costa da vila.
Aínda non constituída como sociedade de remo, o seu primeiro triunfo foi ao impoñerse a outras traiñeiras de Cantabria e Biscaia na regata celebrada en Santander o 23 de xuño de 1861, en presenza da raíña Isabel II, que estaba de visita na cidade.
Fundado en 1879 é o club de remo máis antigo do Cantábrico. Foi fundado tras unha forte galerna que houbo o 20 de abril de 1878, tristemente coñecida pola Galerna do Sábado de Gloria, e que José María de Pereda recolleu na súa novela Sotileza. Neste suceso 322 pescadores morreron afogados no Cantábrico (132 cántabros e 190 vascos). Como axuda ás súas familias organizouse unha regata contra traiñeiras biscaíñas que rematarían impoñéndose. Para evitar futuras derrotas creouse a Sociedade de Remo.
A partir de 1930 é cando a traiñeira de Castro consegue uns tempos meritorios como para a chamar "a invencíbel", patroneada por Dionisio Iriberri "Pelucu". Dende 1974 a traiñeira da SDR Castro Urdiales leva o nome de "La Marinera". A finais do 2009 converteuse na traiñeira que máis bandeiras gañou na historia da Liga ACT, ese mesmo ano gañou a liga, converténdose no segundo equipo cántabro en gañala.
Palmarés
editar- 1 Liga San Miguel: 2009
- 1 Campionato de España de Traiñeiras: 2001.
- 2 Campionatos de España de Traiñeriñas
- 3 Campionatos de España de Bateis
- 2 Ligas de Traiñeiras da Federación Vasca: 2001 e 2002.
- 1 Copa do Xeneralísimo: 1974.
- 1 Copa do Rei: 1984.[1]
- 11 Campionatos de Cantabria de traiñeiras: 1974, 1975, 1977, 1980, 1981, 1982, 1984, 1990, 2001, 2002 e 2010.
- 1 Campionato de Cantabria de Remoergómetro
- 4 Bandeiras da Concha: 2001, 2002, 2006 e 2008.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Linares Argüelles, Mariano; Pindado Uslé, Jesús; Aedo Pérez, Carlos. Gran enciclopedia de Cantabria. Editorial Cantabria. 1985. ISBN 84-86420-00-8 (Obra completa)ISBN 84-86420-02-4 (Tomo II).
- Historia del Remo Castreño: Castro Urdiales 1854-2002. Sociedad Deportiva Remo Castro Urdiales (Castro Urdiales). 2004. ISBN 84-609-1381-3.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial da SDR Castro Urdiales (en castelán)
- Información do club na páxina oficial da Liga ACT Arquivado 01 de novembro de 2012 en Wayback Machine. (en galego)