Copa do Rei de fútbol

(Redirección desde «Copa do Xeneralísimo»)

O Campionato de España-Copa da Súa Maxestade o Rei, comunmente coñecida como Copa do Rei ou simplemente A Copa, é un torneo futbolístico por eliminación directa que se disputa anualmente entre os mellores clubs de España. Organízao a Real Federación Española de Fútbol.

Modelo:Competición deportivaCopa do Rei de fútbol
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Nome oficialCopa del Generalísimo (1940–1976)
Torneo Nacional de Fútbol
Campeonato de España-Copa de l
Copa de la Coronación
Copa de Su Majestad el Rey de Fútbol (1976–)
Campeonato de España Editar o valor en Wikidata
Tipocopa nacional de fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorReal Federación Española de Fútbol Editar o valor en Wikidata
Número de participantes84 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1902 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaagostoEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoQ6356176 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialrfef.es… Editar o valor en Wikidata

Foi creada en 1903, a raíz do éxito da Copa da Coroación disputada un ano antes, sendo o torneo nacional de fútbol máis antigo de España. Aínda que a denominación histórica e xénerica da competición é a de Campionato de España, o título da competición modificouse ao longo dos anos en función do Xefe de Estado español, que é quen outorga o trofeo. Foi a Copa do Rei entre 1903 e 1932, a Copa do Presidente da República entre 1932 e 1936, o Torneo Nacional de Fútbol en 1939, a Copa do Xeneralísimo entre 1940 e 1976, e desde 1977 novamente a Copa do Rei.

O campión da 119ª edición foi o Real Madrid, tras gañar na final ao Osasuna por 2-1. O equipo con máis títulos é o FC Barcelona con 31 copas, seguido do Athletic Club, con 23.

Sistema de competición

editar

Actualmente toman parte 83 equipos: todos os da Primeira e Segunda División, os cinco primeiros clasificados de cada grupo da Segunda B e os campións de Terceira, excluíndo os equipos filiais.

Na primeira eliminatoría participan os 42 clubs non profesionais, isto é, Segunda B e Terceira, que se emparellan por sorteo. As eliminatorias dispútanse a partido único. Na segunda rolda entran en liza os clubs de Segunda División. A partir da cuarta rolda, dezaseisavos de final, incorpóranse os clubs de Primeira e as eliminatorias pasan a ser a dobre partido (ida e volta) excepto a final, que se disputa a un partido en terreo neutral.

O campión de Copa obtén a clasificación para disputar a Liga de Europa da seguinte tempada (de 1961 ata 1999 participaba na Recopa de Europa). Ademais, disputa a Supercopa de España, enfrontándose ao campión da Liga española desa mesma tempada.

Ata a tempada 2004/2005 xogábase a partido único no campo do equipo máis débil ata oitavos de final. Oitavos de final, cuartos de final e semifinais xogábanse a partido dobre. A final disputábase a partido único nun terreo neutral. Con todo, na tempada 2005/2006, a Real Federación Española de Fútbol modificou este sistema en favor doutro que desatou gran polémica entre os clubs de divisións inferiores: os equipos de Segunda B enfróntanse entre eles, logo xogan contra os de Segunda, os gañadores compiten outra vez entre eles e logo incorpóranse os equipos de Primeira que non disputan competicións europeas. Os equipos participantes da Europa League ou a Liga de Campións non comezan ata oitavos de final. Foi na tempada 2006-2007 cando a Real Federación Española de Fútbol volveu modificar o sistema. Os clubs de Segunda B enfróntanse entre eles, logo xogan contra os de Segunda e, posteriormente, en dezaseisavos de final, xogan contra todos os conxuntos de Primeira, xoguen ou non competicións europeas.

Historia

editar
 
Os xogadores do Athletic Club coa primeira Copa de España, en 1903.

O primeiro campionato de fútbol, a nivel nacional, disputado en España foi o Concurso Madrid, un torneo impulsado polos irmáns Carlos e Juan Padrós, ambos os fundadores do Madrid CF, que foi organizado por este club madrileño, en 1902, con motivo dos festexos da maioría de idade do rei Afonso XIII.

O éxito alcanzado por este torneo fixo que en 1903 Carlos Padrós decidise instaurar un Campionato de España, con carácter anual, que reunise aos mellores equipos do país. Para iso limitou a participación a un representante por provincia e conseguiu que o Rei Afonso XIII doase unha copa para o campión. O trofeo, segundo as bases, pasaría a ser propiedade do club que se proclamase campión tres anos consecutivos ou cinco alternos. O Madrid FC encargouse inicialmente da organización e os partidos disputáronse, do mesmo xeito que no Concurso Madrid dun ano antes, no Hipódromo da Castellana. O torneo desenvolveuse como unha liguiña, na que tomaron parte tres clubs: Club Español de Barcelona, Madrid FC, Athletic Club de Bilbao, proclamándose este campión ao vencer no último e decisivo partido aos madrileños.

As dúas seguintes edicións foron organizadas pola Federación Madrileña -organismo que fora fundado por Carlos Padrós- aínda que a partir de 1906 o Madrid FC volveu tomar as rendas do torneo.

Logo de sete anos organizándose o torneo en Madrid, acordouse que a partir de 1909 -ano en que gañou o Club Ciclista- o equipo campión fose o organizador da seguinte edición. Ese mesmo 1909 creouse a Federación Española de Clubs de Foot-ball, a quen as bases do Campionato España ortorgaban o dereito a organizar o torneo unha vez constituída. A Real Sociedad -sucesora do Club Ciclista- que se consideraba lexitimada para organizar o campionato de 1910, non recoñeceu ao novo organismo federativo e, xunto con outros equipos disidentes, creou a Unión de Clubs de Football.

Este cisma propiciou que en 1910 disputásense dous torneos nacionais, o organizado polos equipos da Federación Española de Clubs e o da Unión de Clubs. Finalmente, en outubro dese ano ambas as faccións asinaron a paz: os clubs disidentes recoñeceron á Federación Española, que á súa vez daba oficialidade ao Campionato de España organizado pola Unión de Clubs.

No entanto, as discrepancias entre as sociedades futbolísticas da época continuaron e tres anos máis tarde, producíase un novo cisma, cando o FC Barcelona e a Real Sociedad, entre outros equipos, déronse de baixa da Federación para refundar a Unión de Clubs. Novamente, en 1913 disputáronse dous campionatos de Copa, antes do acordo que permitiu a reunificación definitiva do fútbol español, coa constitución da Real Federación Española.

O novo organismo aprobou novas bases para o Campionato de España, para pór fin ás disputas que marcaran as últimas edicións do torneo. Acordouse, entre outras medidas, institucionalizar os campionatos organizados polas distintas federacións rexionais como unha fase previa a Copa do Rei. Dividiuse o estado en dez rexións, aínda que inicialmente só en catro (Galicia, Norte, Cataluña e Centro) xa existían federacións con campionatos rexionais en marcha.

O torneo foi crecendo a medida que se puñan en marcha novos campionatos rexionais por toda a xeografía española. Así mesmo, a partir de 1927 ampliouse a participación no torneo aos subcampións rexionais.

Finais

editar

Copa do Rei (1977–)

editar
Tempada Campión Subcampión Resultado Estadio Incidencias[1]
2022-23 Real Madrid Osasuna 2-1 La Cartuja
2021–22 Betis Valencia 1-1 La Cartuja Penaltis (5-4)
2020–21 Barcelona Athletic Club 4-0 La Cartuja
2019–20 Real Sociedad Athletic Club 1-0 La Cartuja
2018–19 Valencia Barcelona 2-1 Benito Villamarín
2017–18 Barcelona Sevilla 5-0 Wanda Metropolitano
2016–17 Barcelona Alavés 3-1 Vicente Calderón
2015–16 Barcelona Sevilla 2-0 Vicente Calderón
2014–15 Barcelona Athletic Club 3-1 Camp Nou
2013–14 Real Madrid Barcelona 2-1 Mestalla
2012–13 Atlético de Madrid Real Madrid 2-1 Santiago Bernabéu
2011–12 Barcelona Athletic Club 3-0 Vicente Calderón
2010–11 Real Madrid Barcelona 1-0 Mestalla
2009–10 Sevilla Atlético de Madrid 2-0 Camp Nou
2008–09 Barcelona Athletic Club 4-1 Mestalla
2007–08 Valencia Getafe 3-1 Vicente Calderón
2006–07 Sevilla Getafe 1-0 Santiago Bernabéu
2005–06 Espanyol Zaragoza 4-1 Santiago Bernabéu
2004–05 Betis Osasuna 2-1 Vicente Calderón
2003–04 Zaragoza Real Madrid 3-2 Lluís Companys
2002–03 Mallorca Recreativo de Huelva 3-0 Martínez Valero
2001–02 Deportivo da Coruña Real Madrid 2-1 Santiago Bernabéu
2000–01 Zaragoza Celta de Vigo 3-1 La Cartuja
1999–00 Espanyol Atlético de Madrid 2-1 Mestalla
1998–99 Valencia Atlético de Madrid 3-0 La Cartuja
1997–98 Barcelona Mallorca 1-1 Mestalla Penaltis (5-4)
1996–97 Barcelona Betis 3-2 Santiago Bernabéu
1995–96 Atlético de Madrid Barcelona 1-0 La Romareda
1994–95 Deportivo da Coruña Valencia 2-1 Santiago Bernabéu
1993–94 Zaragoza Celta de Vigo 0-0 Vicente Calderón Penaltis (5-4)
1992–93 Real Madrid Zaragoza 2-0 Luis Casanova
1991–92 Atlético de Madrid Real Madrid 2-0 Santiago Bernabéu
1990–91 Atlético de Madrid Mallorca 1-0 Santiago Bernabéu
1989–90 Barcelona Real Madrid 2-0 Luis Casanova
1988–89 Real Madrid Valladolid 1-0 Vicente Calderón
1987–88 Barcelona Real Sociedad 1-0 Santiago Bernabéu
1986–87 Real Sociedad Atlético de Madrid 2-2 La Romareda Penaltis (4-2)
1985–86 Zaragoza Barcelona 1-0 Vicente Calderón
1984–85 Atlético de Madrid Athletic Club 2-1 Santiago Bernabéu
1983–84 Athletic Club Barcelona 1-0 Santiago Bernabéu
1982–83 Barcelona Real Madrid 2-1 La Romareda
1981–82 Real Madrid Sporting de Gijón 2-1 José Zorrilla
1980–81 Barcelona Sporting de Gijón 3-1 Vicente Calderón
1979–80 Real Madrid Castilla 6-1 Santiago Bernabéu
1978–79 Valencia Real Madrid 2-0 Vicente Calderón
1977–78 Barcelona Las Palmas 3-1 Santiago Bernabéu
1976–77 Betis Athletic Club 2-2 Vicente Calderón Penaltis (8-7)

Copa do Xeneralísimo

editar
Tempada Campión Subcampión Resultado Estadio Incidencias[1]
1975–76 Atlético de Madrid Zaragoza 1-0 Santiago Bernabéu
1974–75 Real Madrid Atlético de Madrid 0-0 Vicente Calderón Penaltis (4-3)
1973–74 Real Madrid Barcelona 4-0 Vicente Calderón
1972–73 Athletic Club Castellón 2-0 Vicente Calderón
1971–72 Atlético de Madrid Valencia 2-1 Santiago Bernabéu
1970–71 Barcelona Valencia 4-3 Santiago Bernabéu
1969–70 Real Madrid Valencia 3-1 Camp Nou
1968–69 Athletic Club Elche 1-0 Santiago Bernabéu
1967–68 Barcelona Real Madrid 1-0 Santiago Bernabéu
1966–67 Valencia Athletic Club 2-1 Santiago Bernabéu
1965–66 Zaragoza Athletic Club 2-0 Santiago Bernabéu
1964–65 Atlético de Madrid Zaragoza 1-0 Santiago Bernabéu
1963–64 Zaragoza Atlético de Madrid 2-1 Santiago Bernabéu
1962–63 Barcelona Zaragoza 3-1 Camp Nou
1961–62 Real Madrid Sevilla 2-1 Santiago Bernabéu
1960–61 Atlético de Madrid Real Madrid 3-2 Santiago Bernabéu
1959–60 Atlético de Madrid Real Madrid 3-1 Santiago Bernabéu
1958–59 Barcelona Granada 4-1 Santiago Bernabéu
1958 Athletic Club Real Madrid 2-0 Santiago Bernabéu
1957 Barcelona Espanyol 1-0 Montjuïc
1956 Athletic Club Atlético de Madrid 2-0 Santiago Bernabéu
1955 Athletic Club Sevilla 1-0 Santiago Bernabéu
1954 Valencia Barcelona 3-0 Nuevo Chamartín
1952–53 Barcelona Athletic Club 2-1 Nuevo Chamartín
1952 Barcelona Valencia 4-2 Nuevo Chamartín
1951 Barcelona Real Sociedad 3-0 Nuevo Chamartín
1949–50 Athletic Club Valladolid 4-1 Nuevo Chamartín
1948–49 Valencia Athletic Club 1-0 Nuevo Chamartín
1947–48 Sevilla Celta de Vigo 4-1 Nuevo Chamartín
1947 Real Madrid Espanyol 2-0 Riazor
1946 Real Madrid Valencia 3-1 Montjuïc
1944–45 Athletic Club Valencia 3-2 Montjuïc
1944 Athletic Club Valencia 2-0 Montjuïc
1943 Athletic Club Real Madrid 1-0 Metropolitano
1942 Barcelona Athletic Club 4-3 Chamartín
1941 Valencia Espanyol 3-1 Chamartín
1940 Espanyol Real Madrid 3-2 Vallecas
1939[2] Sevilla Racing de Ferrol 6-2 Montjuïc

Copa España Libre

editar

Esta edición, disputada durante a guerra civil española na zona republicana, non era recoñecida oficialmente. Unha iniciativa parlamentaria para o recoñecemento deste título[3] foi estudada pola Real Federación Española de Fútbol pero foi rexeitada en 2009 pola súa asemblea[4] tras un informe desfavorable do CIHEFE que concluíu se tratou dun torneo de carácter amigable organizado polo presidente do Valencia CF.[5] Finalmente en 2023, a RFEF acabou por recoñecer a oficialidade desta competición,[6] aínda que non como unha edición máis da Copa do Rei.[7]

Tempada Campión Subcampión Resultado Estadio Incidencias[1]
1937[8] Levante Valencia 1-0 Sarriá

Copa Presidente da República

editar
Tempada Campión Subcampión Resultado Estadio Incidencias[1]
1935-1936 Real Madrid Barcelona 2-1 Mestalla
1934-1935 Sevilla Sabadell 3-0 Chamartín
1933-1934 Real Madrid Valencia 2-1 Montjuïc
1932-1933 Athletic Club Real Madrid 2-1 Montjuïc
1931-1932 Athletic Club Barcelona 1-0 Chamartín

Copa do Rei (1903-1931)

editar
Tempada Campión Subcampión Resultado Estadio Incidencias[1]
1930-1931 Athletic Club Betis 3-1 Chamartín
1929-1930 Athletic Club Real Madrid 3-2 Montjuïc
1929 Espanyol Real Madrid 2-1 Mestalla
1928 Barcelona Real Sociedad 1-1 El Sardinero 1º partido de desempate (1-1)
2º partido de desempate (3-1)
1927 Real Unión Arenas de Getxo 1-0 Torrero
1926 Barcelona Atlético de Madrid 3-2 Mestalla
1925 Barcelona Arenas de Getxo 2-0 Reina Victoria
1924 Real Unión Real Madrid 1-0 Atocha
1923 Athletic Club Europa 1-0 Les Corts
1922 Barcelona Real Unión 5-1 Coia
1921 Athletic Club Atlético de Madrid 4-1 San Mamés
1920 Barcelona Athletic Club 2-0 El Molinón
1919 Arenas de Getxo Barcelona 5-2 Martínez Campos
1918 Real Unión Real Madrid 2-0 O'Donnell
1917 Real Madrid Arenas de Getxo 0-0 Muntaner 1º partido de desempate (2-1)
1916 Athletic Club Real Madrid 4-0 Muntaner
1915 Athletic Club Espanyol 5-0 Amute
1914 Athletic Club España 2-1 Costorbe
1913[9] Racing de Irún Athletic Club 2-2 O'Donnell 1º partido de desempate (1-0)
1913 Barcelona Real Sociedad 2-2 La Industria 1º partido de desempate (0-0)
2º partido de desempate (2-1)
1912 Barcelona Gimnástica de Madrid 2-0 La Industria
1911 Athletic Club Espanyol 3-1 Jolaseta
1910 Barcelona Español de Madrid 3-2 Tiro de Pichón
1910[9] Athletic Club Vasconia 1-0 Ondarreta
1909 Club Ciclista Español de Madrid 3-1 Narváez
1908 Real Madrid Vigo F.C. 2-1 Narváez
1907 Real Madrid Bizcaya 1-0 Hipódromo
1906 Real Madrid Athletic Club 4-1 Hipódromo
1905 Real Madrid Athletic Club 1-0 Retiro
1904 Athletic Club --- --- Retiro Non houbo final[10]
1903 Athletic Club Real Madrid 3-2 Hipódromo

Aínda que a Real Federación Española de Fútbol non recoñece a Copa da Coroación no palmarés da Copa do Rei, moitas veces é considerada a primeira edición do torneo e mesmo o Athletic Club considéraa o primeiro título de Copa da súa historia.

Tempada Campión Subcampión Resultado Estadio Incidencias[1]
1902 Bizcaya Barcelona 2-1 Hipódromo

Palmarés

editar

O FC Barcelona é o líder en canto a palmarés desta competición, aínda que é certo que o Athletic Club de Bilbao foi o que máis tempo encabezou esta clasificación.

Palmarés actualizado a 6 de maio de 2023 segundo os datos oficiais fornecidos pola Real Federación Española de Fútbol:[7]

Pos. Equipo Campión Subcampión Títulos (anos)
1 Barcelona 31 11 1910, 1912, 1913, 1920, 1922, 1925, 1926, 1928, 1942, 1951,
1952, 1953, 1957, 1959, 1963, 1968, 1971, 1978, 1981, 1983,
1988, 1990, 1997, 1998, 2009, 2012, 2015, 2016, 2017, 2018, 2021
2 Athletic Club 23 16 1903, 1904, 1910, 1911, 1914, 1915, 1916, 1921, 1923, 1930,
1931, 1932, 1933, 1943, 1944, 1945, 1950, 1955, 1956, 1958,
1969, 1973, 1984
3 Real Madrid 20 20 1905, 1906, 1907, 1908, 1917, 1934, 1936, 1946, 1947, 1962,
1970, 1974, 1975, 1980, 1982, 1989, 1993, 2011, 2014, 2023
4 Atlético de Madrid 10 9 1960, 1961, 1965, 1972, 1976, 1985, 1991, 1992, 1996, 2013
5 Valencia 8 9 1941, 1949, 1954, 1967, 1979, 1999, 2008, 2019
6 Zaragoza 6 5 1964, 1966, 1986, 1994, 2001, 2004
7 Sevilla 5 4 1935, 1939, 1948, 2007, 2010
8 Espanyol 4 5 1929, 1940, 2000, 2006
9 Real Unión 4 1 1913, 1918, 1924, 1927
10 Real Sociedad 3 4 1909, 1987, 2020
11 Betis 3 2 1977, 2005, 2022
12 Deportivo da Coruña 2 0 1995, 2002
13 Arenas de Getxo 1 3 1919
14 Mallorca 1 2 2003
15 Racing de Irún 1 0 1913
16 Club Ciclista 1 0 1909
Celta de Vigo 0 3
Español de Madrid 0 3
Valladolid 0 2
Sporting de Gijón 0 2
Getafe 0 2
Osasuna 0 2
Bizcaya 0 1
Vigo Sporting 0 1
Vasconia 0 1
Gimnástica de Madrid 0 1
España 0 1
Europa 0 1
Sabadell 0 1
Racing de Ferrol 0 1
Granada 0 1
Elche 0 1
Castellón 0 1
Las Palmas 0 1
Castilla 0 1
Recreativo de Huelva 0 1
Alavés 0 1
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Neste apartado indicanse os resultados dos partidos de desempate (cando se disputaban) ou das quendas de penaltis.
  2. A Copa tivo que interromperse durante os anos que durou a Guerra Civil española. Ao caer a república, a Copa cambiou o seu nome polo de "Copa do Xeneralísimo".
  3. Reconocen al Levante como campeón oficial de la Copa de 1937, en marca.com.
  4. "La RFEF no reconoce la Copa de la República". Superdeporte. 9 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 02 de outubro de 2020. 
  5. "Informe del CIHEFE sobre la Copa de la España Libre". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 02 de outubro de 2020. 
  6. "La RFEF reconoce al Levante como campeón de la Copa de la República de 1937 y al Deportivo del Concurso de España 1912". Web oficial da Real Federación Española de Fútbol. (en castelán). 25 de marzo de 2023. 
  7. 7,0 7,1 "PALMARÉS - Los blancos alcanzan su 20º entorchado copero". RFEF.es (Web oficial da RFEF) (en castelán). 6 de maio de 2023. Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2023. Consultado o 21 de maio de 2023. PALMARÉS DEL CAMPEONATO DE ESPAÑA - COPA DE SM EL REY 
  8. No ano 1937 os equipos da zona republicana disputaron a Liga Mediterránea, gañada polo Fútbol Club Barcelona e os mellores clasificados disputaron a Copa, chamada da España Libre.
  9. 9,0 9,1 Tanto a segunda competición de 1910 como a de 1913 foron competicións paralelas á oficial, é dicir, a organizada pola Real Federación Española de Fútbol. En ambos torneos participaron exclusivamente os equipos da Unión Española de Clubs.
  10. En 1904, o Athletic Club de Bilbao proclamouse campión debido, en primeiro lugar, a que o Espanyol de Barcelona non se presentou en semifinais, pasando directamente á final, e en segundo lugar, a que tras varios problemas entre o Real Madrid, o Español de Madrid e o Moncloa, o Athletic víuse sen rival na final.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar