Concurso España
O Concurso España[1][2][3][4][5][6][7] foi un torneo futbolístico por eliminación directa organizado pola Federación Española de Clubs de Foot-ball (FECF), antecesora da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Foi creado como unha nova competición na que se permitía a participación de xogadores estranxeiros, os cales foran previamente excluídos do Campionato de España a causa de disputas xurdidas entre os clubs durante o torneo de 1911. Só se disputou unha edición en 1912 e o gañador foi o Deportivo da Coruña. O 25 de marzo de 2023 a xunta directiva da Real Federación Española de Fútbol recoñeceu a oficialidade do torneo.[5][6]
Concurso España | |
---|---|
Fundación | 1912 |
Desaparición | 1913 |
Rexión | ![]() |
Equipos | Variable |
Máis laureado | Deportivo da Coruña (1 título) |
En 1913, a Real Unión Española de Clubs de Foot-ball (RUECF), unha escisión da FECF, organizou un torneo análogo denominado Copa España,[8][9][10][11] do que non se chegaría a disputar a fase final.
Historia editar
Prohibición de estranxeiros tralo Campionato de España de 1911 editar
Durante o transcurso da Copa do Rei de 1911 estalou unha gran polémica no tocante á aliñación de xogadores estranxeiros. O Deportivo da Coruña e a Academia de Enxeñeiros retiráronse xa antes do comezo do torneo, pero o punto álxido chegou tralo encontro Fortuna de Vigo-Athletic Club que gañou o equipo vasco con tres ingleses na aliñación. A Real Sociedad denunciou a aliñación indebida de dous dos xogadores ingleses do Athletic, Sloop e Martin, alegando que non levaban residindo en España o tempo mínimo establecido para poderen participar segundo as normas federativas. A Federación Española de Clubs de Football (FECF) rexeitou a denuncia e a Real Sociedad retirouse do campionato en sinal de protesta. A disputa do torneo continuou convulsamente, co Athletic deixando de aliñar os dous devanditos xogadores pero negándose a repetir o partido fronte ao Fortuna, e con varios equipos como o FC Barcelona, a Gimnástica Española e a Academia de Cabalería retirándose do torneo por diversas razóns en medio do malestar xeral. O preito aínda continuaría nos despachos, coa Federación anulando o torneo para logo desfacer esta decisión e proclamar campión o Athletic. A partir deste evento o Athletic Club comezaría a súa política de fichar só xogadores vascos ou formados nos equipos vascos.[12][13]
Para a Copa do Rei de 1912 a FECF decidiu non permitir a aliñación de xogadores estranxeiros. Concretamente no seu punto 7º das bases do torneo estableceu que: “os xogadores que formen os equipos para este campionato e os seus suplentes deberán ser españois, considerando como tales a quen o son segundo a Constitución do Estado español”.[14][15] Esta decisión foi tomada na asemblea da FECF que tivo lugar en decembro de 1911.[16][17][18]
Durante a citada asemblea tamén foi acordada a creación dunha nova competición na que se permitirían xogadores estranxeiros, en compensación pola súa exclusión do Campionato de España.[19][20][21] En abril de 1912 corría o rumor de que a FECF planeaba celebrar este torneo na Coruña en verán.[22]
Concurso España da Federación Española de Clubs de Foot-ball (1912-13) editar
Na asemblea da FECF de maio de 1912, oficializouse a creación dun novo torneo no que si estaba autorizada a participación de xogadores estranxeiros, outorgando como premio un trofeo doado pola propia Federación.[23] Inicialmente este torneo íase disputar en Madrid, pero finalmente foi trasladado á Coruña.[24] A competición, que se proxectaba disputar anualmente, foi denominada Concurso España. O premio para o gañador sería un trofeo de prata que era chamado Copa España, no cal se atopaba gravada a denominación Concurso España, nome oficial da competición.[7] O devandito trofeo ficaría en propiedade do primeiro equipo que gañase o torneo dúas veces seguidas ou tres alternativas.[1][2][25][26][27]
A inscrición estaba aberta a calquera club español afiliado a RFECF,[2][26] pero finalmente non acudiron equipos de fóra de Galiza e soamente se inscribiron o Deportivo da Coruña, o Vigo e o Pontevedra Sporting,[28] este último retirandose antes da celebración do torneo,[28][29] deixando así a competición nun cara a cara entre o Deportivo e o Vigo. A final deu comezo o día 7 de setembro de 1912. Cando faltaban poucos minutos para o final, o encontro tivo que ser supendido, xa que anoitecera e non era posible continuar xogando pola falta de luz, polo que se acordou disputar o tempo restante o día seguinte. Naquela altura o resultado era de 4-3 a favor do Deportivo.[28][30][31] Entón, xogáronse os minutos restantes o día 8, finalizado o encontro sen modificacións no marcador, ficando así o Deportivo campión do torneo.[28][32][33] A continuación xogouse un partido amigable entre os mesmos equipos gañado polo Vigo por 3-2.[28][32][33]
El Eco de Galicia criticou a ausencia de equipos do resto do estado[29] e o xornal donostiarra Vida Sportiva falou de “fracaso” da federación.[28]
O 25 de marzo de 2023 a xunta directiva da Real Federación Española de Fútbol recoñeceu a oficialidade do torneo.[5][6]
Final 7 e 8 de setembro de 1912 | Deportivo da Coruña | 4 – 3 | Vigo F.C. | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Riazor | |||||
Amigable 8 de setembro de 1912 | Deportivo da Coruña | 2 – 3 | Vigo F.C. | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Riazor | |||||
Na asemblea da FECF de maio de 1912 (a mesma na que foi instaurado o torneo) produciuse un cisma federativo e varios clubs, entre eles a Real Sociedad e o F.C. Barcelona, decidiron abandonar a organización tras diversos desacordos,[34][35][36] fundando a finais de ese mesmo ano a súa propia federación en Donostia, a Real Unión Española de Clubs de Foot-ball (RUECF).[35][36][37] A FECF chegou a publicar as bases para a disputa da segunda edición do Concurso España,[3][38] cuxas finais darían comezo o 6 de setembro de 1913,[38] pero non se chegaría a disputar porque nesa altura xa se estaría a levar a cabo o proceso polo cal as dúas citadas federacións se disolveron e formaron a nova Real Federación Española de Fútbol (RFEF).[35][36]
Copa España da Real Unión Española de Clubs de Foot-ball (1913) editar
A recentemente constituída RUECF axiña comezou a organizar os seus propios torneos en paralelo, primeiro coa disputa do seu propio Campionato de España en 1913,[35] e despois poñendo en marcha o seu torneo chamado Copa España aberto á participación de xogadores estranxeiros.[8][9][10][11] A Coruña foi escollida como sede das finais por ser un equipo coruñés o gañador do ano anterior.[8][9] O trofeo en disputa sería doado pola raíña Vitoria.[39]
Os clubs inscritos foron o FC Barcelona, o Català Sport Club, o Pontevedra Auténtico, o Real Club Coruña, o Sporting de Irún, o Club Deportivo Bilbao e a Real Sociedad.[40] Antes dos partidos finais, terían lugar partidos eliminatorios a nivel local. A eliminatoria galega gañouna o Pontevedra Auténtico[41] e a catalá o Barcelona,[42][39] que terían que xogar a fase final xunto coa Real Sociedad,[43][44] vencedora da súa zona,[45] na que estaban agrupados os equipos guipuscoanos e biscaíños.[40] Cando se aproximaba a data sinalada para a fase final —25, 26 e 27 de xullo—, a RUECF adiou a celebración desta para finais de agosto,[43][44][46] pero para entón a RUECF e a FECF xa estarían inmersas no proceso para a súa disolución e a formación da nova RFEF.[35][36]
Grupo catalán editar
Elim. catalá 1 de xuño de 1913 | F.C. Barcelona | 5 - 1 | Catalá S.C. | Barcelona | ||
Informe | Estadio: Indústria | |||||
Elim. catalá 15 de xuño de 1913 | Catalá S.C. | 1 - 11 | F.C. Barcelona | Barcelona | ||
Informe | Estadio: Catala | |||||
Grupo galego editar
Elim. galega 5 de xullo de 1913 | Real Club Coruña | 2 - 3 | Pontevedra Auténtico | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Monelos | |||||
Elim. galega 6 de xullo de 1913 | Real Club Coruña | 1 - 1 | Pontevedra Auténtico | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Monelos | |||||
Grupo norte editar
Elim. norte 27 de abril de 1913 | Deportivo Bilbao | 1 - 1 | Real Sociedad | Bilbao | ||
Informe | Estadio: Alameda de Recalde | |||||
Elim. norte 1 de maio de 1913 | Sporting de Irún | 1 - 1 | Real Sociedad | Hondarribia | ||
Informe | Estadio: Amute | |||||
Elim. norte 4 de maio de 1913 | Real Sociedad | 1 - 2 | Sporting de Irún | Donostia | ||
Informe | Estadio: Ondarreta | |||||
Elim. norte 18 de maio de 1913 | Real Sociedad | 5 - 1 | Deportivo Bilbao | Donostia | ||
Informe | Estadio: Ondarreta | |||||
Elim. norte 22 de maio de 1913 | Sporting de Irún | 2 - 1 | Deportivo Bilbao | Hondarribia | ||
Informe | Estadio: Amute | |||||
Elim. norte 8 de xuño de 1913 | Deportivo Bilbao | 3 - 2 | Sporting de Irún | Bilbao | ||
Informe | Estadio: Alameda de Recalde | |||||
Elim. norte 15 de xuño de 1913 | Deportivo Bilbao | 0 - 0 | Real Sociedad | Bilbao | ||
Informe | Estadio: Alameda de Recalde | |||||
Elim. norte 22 de xuño de 1913 | Real Sociedad | 1 - 0 | Sporting de Irún | Donostia | ||
Informe | Estadio: Ondarreta | |||||
Elim. norte 24 de xuño de 1913 | Sporting de Irún | 0 - 1 | Real Sociedad | Hondarribia | ||
Informe | Estadio: Amute | |||||
Elim. norte 13 de xullo de 1913 | Real Sociedad | 2 - 0 | Deportivo Bilbao | Donostia | ||
Informe | Estadio: Ondarreta | |||||
Historial editar
Ano | Campión | Subcampión | Final | Estadio |
---|---|---|---|---|
Concurso España (organizado pola F.E.C.F) | ||||
1912 | Deportivo da Coruña | Vigo F.C. | 4–3 | Riazor |
1913 | Non se disputou | |||
Copa España (organizada pola R.U.E.C.F) | ||||
1913 | Non se xogou a fase final |
Torneos homónimos editar
Cómpre non confundir este torneo con outros que se chaman ou son coñecidos con nomes semellantes:
- O FC Espanya de Barcelona organizou en 1909 un torneo amigable que levou por nome Concurso España. O campión foi o FC Barcelona, sendo moi soado o partido entre os dous devanditos equipos, que foi suspendido no minuto 84 debido a incidentes e non foi retomado ata un ano e nove días despois.[47]
- En 1928, a asemblea ordinaria da Real Federación Española de Fútbol acordou crear un torneo chamado Copa de España que sería xogado en paralelo ao Campionato de España, pero a idea foi desbotada e noutra asemblea extraordinaria celebrada o 22 de novembro dese mesmo ano acordouse crear a liga coas categorías de Primeira e Segunda división.[48]
- Durante a Segunda República os xornais da época chamaban Copa de España ao Campionato de España.[49] Este termo segue sendo utilizado para se referir con carácter xeral ao Campionato de España, xa que o título da competición ten mudado ao longo dos anos en función do Xefe de Estado español, que é quen outorga o trofeo.[50]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 "Deportes y turismo. Foot-ball. La Junta directiva de la Federación Española de Clubs de Foot-ball ha tenido la atención de remitirnos las bases por las que se ha de regir el “Concurso España”..." (PDF). La Vanguardia nº 14.251. 7 de agosto de 1912. p. 3.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Foot-Ball. Concurso España" (PDF). Mundo Deportivo nº 344. 15 de agosto de 1912. p. 3.
- ↑ 3,0 3,1 "Fútbol. Real Federación española de Clubs de foot-ball. —Concurso España.— Segundo año". Heraldo de Madrid nº 8.268. 21 de xullo de 1913. p. 4.
- ↑
- "Página futbolística". El Noroeste nº extraordinario. 1 de xaneiro de 1920. p. 25.
Los trofeos alcanzados hasta la fecha son los siguientes: [...] Copa “Concurso España”
- "Historia del Real Club Deportivo (1904-1923). Trofeos propiedad del Real Club Deportivo". El Ideal Gallego nº 1.864. 19 de agosto de 1923. p. 13.
Copa ‘Concurso España’ de la Federación Española de Clubs de Foot-ball
- "Así empezó el fútbol en La Coruña". Suplemento deportivo de La Noche nº 14.081. 26 de decembro de 1966. p. 3.
[...] venció al Real Vigo en la final del Concurso España, organizado por la Federación Nacional.
- Pedro de Llano López (Bocelo); Eladio Muíños Díaz (1988). 82 años de historia: Real Club Deportivo de La Coruña. p. 61. ISBN 84-404-1433-1.
En cuanto a actividades deportivas, el Deportivo ganó por fin el Concurso España, organizado por la Federación Española para clubes gallegos, y en el que a última hora compitió tan sólo el Vigo Sporting
- "Página futbolística". El Noroeste nº extraordinario. 1 de xaneiro de 1920. p. 25.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "La RFEF reconoce al Levante como campeón de la Copa de la República de 1937 y al Deportivo del Concurso de España 1912 | www.rfef.es". Web oficial da Real Federación Española de Fútbol. (en castelán). Consultado o 2023-03-25.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Luis Rubiales entregará este viernes la Copa de la República de 1937 al Levante | www.rfef.es". Web oficial da Real Federación Española de Fútbol. (en castelán). Consultado o 2023-03-31.
Del mismo modo, la junta directiva de la RFEF, en la misma cita del pasado sábado, también reconoció la oficialidad de la competición Concurso España y le concedió al Real Club Deportivo de La Coruña el título de campeón del año de 1912.
- ↑ 7,0 7,1 "Imaxe do trofeo a alta resolución". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2023. Consultado o 11 de abril de 2023.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "La Unión Española de Clubs de Foot-ball" (PDF). Mundo Deportivo nº 363. 26 de decembro de 1912. p. 2.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "La Unión Española de Clubs de Foot-ball. Reglamento" (PDF). Mundo Deportivo nº 364. 2 de xaneiro de 1913. p. 3.
- ↑ 10,0 10,1 "Vida deportiva. Copa España". Euzkadi nº 67. 10 de abril de 1913. p. 4.
- ↑ 11,0 11,1 "De Sport. Dos importantes decisiones". Progreso: diario independiente nº 966. 29 de marzo de 1913. p. 1.
- ↑ "Athletic de Bilbao, cien años sin extranjeros". La Vanguardia. 18 de decembro de 2012.
- ↑ Copa del Rey Alfonso XIII 1911 linguasport.com
- ↑ "Campeonato de España de Foot-ball Association. Bases especiales para 1912". Heraldo de Madrid nº 7.731. 29 de xaneiro de 1912. p. 4.
- ↑ "Bases para el Campeonato de España de Football Association - Año 1912" (PDF). Vida Sportiva nº 2. 1 de febreiro de 1912. p. 5.
- ↑ "Federación Española de Clubs de foot-ball. Acta de la sesión del 3 de Diciembre, a las tres y media de la tarde, en el local de la anterior. (Continuación)". Heraldo de Madrid nº 7.704. 2 de xaneiro de 1912. p. 4.
- ↑ "Asamblea de la F.E.C.F. Las actas oficiales. Segunda sesión" (PDF). Mundo Deportivo nº 310. 28 de decembro de 1911. p. 4.
- ↑ "Asamblea de la F.E.C.F. Las actas oficiales. Segunda sesión (Continuación)" (PDF). Mundo Deportivo nº 311. 4 de xaneiro de 1912. p. 3.
- ↑ "Federación Española de Clubs de foot-ball. (Contiunación). Acta de la sesión del 3 de Diciembre, a las diez de la noche, en el domicilio de la S.G.E.". Heraldo de Madrid nº 7.710. 8 de xaneiro de 1912. p. 5.
- ↑ "La junta general de la F.E.C.F." (PDF). Mundo Deportivo nº 307. 7 de decembro de 1911. p. 2.
- ↑ "Asamblea de la F.E.C.F. Las actas oficiales. Tercera sesión" (PDF). Mundo Deportivo nº 311. 4 de xaneiro de 1912. p. 4.
- ↑ "BLOCK-NOTAS". La Publicidad nº 11.870. 16 de abril de 1912. p. 3.
- ↑ "Última hora. La asamblea de la Federación Española de C.F." (PDF). Mundo Deportivo nº 330. 16 de maio de 1912. p. 5.
- ↑ "Federación Española de Clubs de Foot-ball. La asamblea general" (PDF). Mundo Deportivo nº 331. 23 de maio de 1912. p. 2.
- ↑ "Foot-Ball. Concurso España" (PDF). Mundo Deportivo nº 344. 15 de agosto de 1912. p. 4.
- ↑ 26,0 26,1 "Foot-Ball. La Copa España". La Publicidad nº 11.989. 14 de agosto de 1912. p. 2.
- ↑ "Foot-Ball. La Copa España". La Publicidad nº 11.990. 15 de agosto de 1912. p. 2.
- ↑ 28,0 28,1 28,2 28,3 28,4 28,5 "Copa "ESPAÑA" de la Federación Española de Clubs de football" (PDF). Vida Sportiva nº 17. Donostia. 15 de setembro de 1912. p. 5.
- ↑ 29,0 29,1 "Notas de Sport". El Eco de Galicia nº 1.857. 5 de setembro de 1912. p. 1.
- ↑ "Notas de Sport. Partidos de foot-ball. La "Copa España"". El Noroeste nº 6.221. 8 de setembro de 1912. p. 1.
- ↑ "Notas de Sport. La copa "España"". El Eco de Galicia nº 1.860. 8 de setembro de 1912. p. 1.
- ↑ 32,0 32,1 "Notas de Sport. Partido de "foot-ball". Vigo-Deportivo". El Noroeste nº 6.222. 9 de setembro de 1912. p. 1.
- ↑ 33,0 33,1 "Notas de Sport. Partido de foot-ball". El Eco de Galicia nº 1.861. 10 de setembro de 1912. p. 1.
- ↑ "La asamblea de la federación. Retirada de varios clubs". ABC nº 2.530. 17 de maio de 1912. p. 19.
- ↑ 35,0 35,1 35,2 35,3 35,4 Vicent Masià (Xuño de 2011). "La Federación Española de Fútbol (I)". La Futbolteca.
- ↑ 36,0 36,1 36,2 36,3 Félix Martialay. Real Federación Española de Fútbol, ed. ¡Amberes! Allí nació la furia española. pp. 75–84. ISBN 9788492109777.
- ↑ Vicente Martínez Calatrava (1 de Abril de 2010). "Una final de Copa de ida y vuelta". Cuadernos de Fútbol nº 9. ISSN 1989-6379.
- ↑ 38,0 38,1 "Futbolerías. (Continuación)". Heraldo de Madrid nº 8.275. 28 de xullo de 1913. p. 5.
- ↑ 39,0 39,1 "Foot-ball. Copa España" (PDF). Mundo Deportivo nº 388. 19 de xuño de 1913. p. 6.
- ↑ 40,0 40,1 "Real Unión Española de Clubs de Foot-ball" (PDF). Vida Sportiva nº 32. Donostia. 1 de maio de 1913. p. 3.
- ↑ "Foot-ball. Cuestión resuelta". El Noroeste nº 6.525. 12 de xullo de 1913. p. 1.
- ↑ "COPA ESPAÑA" (PDF). Mundo Deportivo nº 386. 5 de xuño de 1913. p. 5.
- ↑ 43,0 43,1 "Notas de Sport". El Eco de Galicia nº 2.140. 22 de xullo de 1913. p. 1.
- ↑ 44,0 44,1 "Notas de Sport". El Noroeste nº 6.535. 22 de xullo de 1913. p. 1.
- ↑ "En San Sebastián" (PDF). Vida Sportiva nº 37. Donostia. 25 de agosto de 1913. p. 17.
- ↑ "Crónica regional. Coruña". El Correo de Galicia nº 3.706. 23 de xullo de 1913. p. 1.
- ↑ Eugen Scheinherr, Fernando Arrechea (1 de febreiro de 2019). "El partido de fútbol que duró un año y nueve días: FC Barcelona-España FC.". Cuadernos de Fútbol nº 106. ISSN 1989-6379.
- ↑ Federación Española de Fútbol (1936). "Las competiciones oficiales". Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 119.
- ↑ LOS NOMBRES DEL TORNEO DEL KO[Ligazón morta] rfef.es Copia arquivada en Wayback Machine
- ↑ Final inédita, vidas centenarias Diario As. 5 de marzo de 2020.