Centre d'Esports Sabadell Futbol Club

(Redirección desde «Centre d'Esports Sabadell»)

O Centre d'Esports Sabadell Futbol Club é un club de fútbol español, da cidade de Sabadell, en Cataluña. Foi fundado en 1903 e actualmente xoga na Segunda División B.

Sabadell
NomeCentre d'Esports Sabadell Futbol Club, S.A.D.
Alcume(s)Arlequinados
Saballuts
Laneros
Fundación1903
EstadioNova Creu Alta,
Sabadell, España
Inauguración1967
Capacidade11.981
PresidenteEspaña Esteve Calzada
AdestradorEspaña Pedro Munitis
Liga2ª B – Grupo 3
2018–1912.º
Na rede
http://www.cesabadell.cat/
Titular
Alternativo

Entre os seus logros deportivos destacan o Campionato de España de segunda categoría en 1913, a Copa Federación en 2000 e un subcampionato da Copa de España en 1935. Militou 14 tempadas na Primeira División e participou nunha edición da Copa de Feiras.

Himno editar

O himno oficial do club é Honor al Sabadell, escrito por Lluís Papell con música de Adolf Cabané. Con todo, entre 1983 e 1991 o club utilizou como oficial o himno Sempre endavant Sabadell, composto por Ramon Montlleó.

Estadio editar

Nova Creu Alta; construído no ano 1967, cun aforamento de 20.000 espectadores. Foi inaugurado no mes de agosto dese mesmo ano. Situado nunha zona urbana da cidade, preto da nova arteria comercial e de oficinas; a avenida de Francesc Macià. A súa dirección é: Plaça Olímpia s/n, 08206 Sabadell, e as oficinas do club atópanse na zona de tribuna do propio estadio.

Datos do club editar

Tempada a tempada editar

Tempada Categoría Posto Copa do Rei
2009/10 2ª B 10.º 2ª rolda
2010/11 2ª B 1.º
2011/12 19.º 2ª rolda
2012/13 16.º 3ª rolda
2013/14 10.º 2ª rolda
2014/15 21.º 1/32 de final
2015/16 2ª B 7.º 1ª rolda
2016/17 2ª B 15.º
2017/18 2ª B 12.º
2018/19 2ª B 12.º
2019/20 2ª B

Xogadores editar

Categoría principal: Xogadores do CE Sabadell.

Cadro 2009/10 editar

Posto País Xogador
POR   Xavi Ginard
POR   David De Navas
POR   Adrià Mir
DEF   David Bermudo
DEF   Xavier Pelegrí
DEF   Jaume Berlanga
DEF   Pep Pagès
DEF   Chapi
DEF   Agustín Fernández
DEF   Àlex Ruiz
Posto País Xogador
MED   Juvenal
MED   Albert Puigdollers
MED   Jose Francisco Castell
MED   Julian Robles
DEL   Fran Arévalo
DEL   Joel Álvarez
DEL   Axel Bizuete
DEL   Roberto Morales
DEL   Blas Vilchez
DEL   Arnal Llibert Conde

Xogadores con máis partidos en Primeira editar

Máximos goleadores en Primeira editar

Palmarés editar

Torneos rexionais editar

Torneos nacionais editar

Torneos amigábeis editar

Presidentes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar