Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939
A Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939 foi a 35ª edición do torneo. A competición empezou o 14 de maio e finalizou o 25 de xullo de 1939 coa final no estadio de Montjuïc en Barcelona. O campión foi o Sevilla FC, que derrotou na final ao Racing de Ferrol por 6-2. Foi a primeira competición futbolística de ámbito nacional disputada en España trala Guerra Civil.
Tipo | Copa do Rei de fútbol |
---|---|
Organizador | Real Federación Española de Fútbol |
Número de participantes | 10 |
Localización e Datas | |
País | España |
Intervalo de tempo | – 14 de maio de 1939 |
Número de edición | 35 (1939) |
Competición | |
Primeiro posto | Sevilla FC |
Datos estatísticos | |
Partidos | 23 |
Nada máis finalizar o conflito bélico, o 1 de abril de 1939, reorganizouse a Federación Española de Fútbol e esta organizou un torneo a nivel nacional cuxo vencedor recibiría unha copa doada polo "xeneralísimo" Francisco Franco, de aí que o torneo recibise ese nome.
Equipos participantes
editarPara dilucidar quen participaría no torneo optouse por incluír os equipos que gañaran os torneos rexionais que se viñeran disputando nos últimos meses da guerra na zona controlada polos sublevados. Isto foi causa de notables ausencias no torneo. Non puideron participar equipos de Cataluña, Madrid, Valencia, Castela-A Mancha ou Rexión de Murcia, xa que estas rexións permaneceron en zona republicana ata os últimos compases da guerra.[1] Cataluña non acabou de ser conquistada polas tropas franquistas ata febreiro de 1939 e a finais de marzo foron caendo Madrid, Valencia ou Alacant. Por isto non se puido disputar competición algunha nestas zonas, inmersas na guerra ata pouco antes de comezar a competición. Esta restrición deixou fóra da competición á metade dos equipos que xogaran en 1936 en Primeira división (Real Madrid, FC Barcelona, Atlético de Madrid, Espayol de Barcelona, Hércules CF e Valencia CF).[2]
Das restantes rexións españolas, algunhas como Asturias, Castela a Vella, León, Estremadura ou Canarias non disputaron torneos que puideran considerarse como cualificadores, polo que os seus equipos quedaron tamén fóra.
Un caso particular foi o de Asturias. A rexión quedara lonxe da fronte de guerra desde 1937, pero sufría unha durísima posguerra e non se chegou a organizar ningún torneo rexional. O Oviedo, que era un dos equipos máis potentes de España antes da guerra, quedara ademais sen campo nin equipo debido á guerra. Para representar o fútbol asturiano no torneo inscribiuse unha selección de Asturias, pero retirouse do torneo antes de disputar o seu partido de oitavos de final ante o Racing de Ferrol.
Pola contra, si que se puideron organizar minimamente torneos rexionais no País Vasco, Aragón, Galicia ou Andalucía, polo que foron equipos destas rexións os que disputaron a Copa do Xeneralísimo.
Os equipos que se clasificaron para a disputa da Copa del Copa do Xeneralísimo como campións ou subcampións dos seus respectivos campionatos rexionais foron os seguintes:
- Aragón: Aviación Nacional e Zaragoza FC.
- Illas Baleares: Constancia FC.
- Cantabria: Racing Club e Unión Montañesa.
- Galicia: Racing de Ferrol.
- Guipúscoa: Deportivo Alavés e Donostia FC.
- Navarra: Club Atlético Osasuna.
- Norte de África: Ceuta Sport.
- Sur: Sevilla FC e Betis Balompié.
- Biscaia: Bilbao Athletic e Baracaldo Oriamendi.
Só se encontraban clasificados para a competición 4 clubs dos que militaban en 1936 en Primeira División (Racing de Santander, Betis, Sevilla e Osasuna). A ausencia máis rechamante era a do Athletic Club, que era o vixente campión de Liga, así como o equipo que máis títulos de Copa levaba ata o momento. A razón é que o Athletic non se presentara aos torneos rexionais de Biscaia. Debilitado pola perda de xogadores na guerra (moitos exiliáranse), sen garantías de éxito e temendo perder o seu prestixio, a directiva do club presentou ao Campionato de Biscaia un equipo B, formado por xogadores mozos e que competía baixo outro nome, Bilbao Athletic, salvagardando deste xeito a honra do club en caso de que fracasasen no campionato rexional.[3] O Bilbao Athletic acabou gañando o campionato de Biscaia e clasificouse para a Copa do Xeneralísimo, aínda que despois tivo pouco éxito na competición. O Bilbao Athletic foi o embrión do actual filial do Athletic, o homónimo Bilbao Athletic. O outro representante de Biscaia, o subcampión do torneo, tamén era un equipo descoñecido, o Baracaldo Oriamendi, pero non era outro que o Barakaldo CF, pero cambiado de nome e de cores por orde das autoridades franquistas.
Oitavos de final
editarQuedaron exentos da primeira rolda o Donostia FC e o Racing de Santander. O Racing de Ferrol pasou automaticamente ao renunciar a selección de Asturias á competición. Esta eliminatoria disputouse os días 14 e 21 de maio.
Local ida | Global | Local volta | Ida | Volta |
---|---|---|---|---|
Betis Balompié | 1–5 | Aviación Nacional | 1–1 | 0–4 |
Ceuta Sport | 4–6 | Sevilla | 3–4 | 1–2 |
Osasuna | 1–4 | Zaragoza | 0–1 | 1–3 |
Bilbao Athletic | 3–8 | Alavés | 1–2 | 2–6 |
Unión Montañesa | 1–7 | Baracaldo Oriamendi | 0–2 | 1–5 |
Partidos de ida
editarBetis - Aviación Nacional
editarBetis Balompié | 1 – 1 | Aviación Nacional | 14 de maio de 1939 – Heliópolis, Sevilla |
Paquirri 46' | Informe |
Sañudo 75' | Árbitro: Hidalgo Medina |
Ceuta Sport - Sevilla
editarCeuta Sport | 3 – 4 | Sevilla | 14 de maio de 1939 – Municipal de Docker, Ceuta |
Acosta 17' Tatono 40' 45' |
Informe |
Campanal I 7' Raimundo 60' Torrontegui 75' Pombo 87' | Árbitro: Melcón |
Osasuna - Zaragoza
editarOsasuna | 0 – 1 | Zaragoza | 14 de maio de 1939 – San Juan, Pamplona |
Informe |
Municha 76' | Árbitro: Elizari Navarlaz | |
Bilbao Athletic - Alavés
editarBilbao Athletic | 1 – 2 | Alavés | 14 de maio de 1939 – San Mamés, Bilbao |
Macala 54' | Informe |
Gárate 36' Elices 86' | Árbitro: Iturralde Gorostiaga |
Unión Montañesa - Baracaldo Oriamendi
editarUnión Montañesa | 0 – 2 | Baracaldo Oriamendi | 14 de maio de 1939 – Miramar, Santander |
Informe |
Bata 19' Eguía 80' | Árbitro: Rodríguez Mato | |
Partidos de volta
editarAviación Nacional - Betis
editarAviación Nacional | 1 – 1 | Betis Balompié | 21 de maio de 1939 – Vallecas, Madrid |
Santi Zubieta 20?' Sañudo 40?' 60?' 80?' |
Informe |
Árbitro: Álvarez Corriols | |
Sevilla - Ceuta Sport
editarSevilla | 2 – 1 | Ceuta Sport | 21 de maio de 1939 – Nervión, Sevilla |
Campanal I 15' Tatono 43' |
Informe |
López 40' | Árbitro: Hidalgo Medina |
Zaragoza - Osasuna
editarZaragoza | 3 – 1 | Osasuna | 21 de maio de 1939 – Torrero, Zaragoza |
Ameztoy 31' Julio González 33' Municha 72' |
Informe |
Domenech 18' | Árbitro: Duce Baquero |
Alavés - Bilbao Athletic
editarAlavés | 6 – 2 | Bilbao Athletic | 21 de maio de 1939 – Mendizorrotza, Vitoria |
Gárate 26' Iriondo 32' 61' Elícegui 37' 80' Elices 89' |
Informe |
Gorostiza 56' Unamuno 73' | Árbitro: Steimborn Ludeuvik |
Baracaldo Oriamendi - Unión Montañesa
editarBaracaldo Oriamendi | 5 – 1 | Unión Montañesa | 21 de maio de 1939 – Lasesarre, Barakaldo |
Cachelo 4' Tomasín 6' 60?' Bata 30' Santos 80?' |
Informe |
Nazario 43' | Árbitro: González Díaz |
Cuartos de final
editarLocal ida | Global | Local volta | Ida | Volta |
---|---|---|---|---|
Racing de Ferrol | 3–1 | Donostia | 3–1 | 0–0 |
Baracaldo Oriamendi | 4–3 | Zaragoza | 2–1 | 2–2 |
Aviación Nacional | 3–4 | Sevilla | 2–0 | 1–4 |
Racing de Santander | 3–7 | Alavés | 2–5 | 1–2 |
Partidos de ida
editarRacing de Ferrol - Donostia
editarRacing de Ferrol | 3 – 1 | Donostia | 28 de maio de 1939 – Inferniño, Ferrol |
Gallart 30' 70' Lelé 82' |
Informe |
Zaldúa 60' | Árbitro: Villaverde Fernández |
Baracaldo Oriamendi - Zaragoza
editarBaracaldo Oriamendi | 3 – 1 | Zaragoza | 28 de maio de 1939 – Lasesarre, Barakaldo |
Santos 61' Bata 71' |
Informe |
Primo 33' | Árbitro: Crespo Orradre |
Aviación Nacional - Sevilla
editarAviación Nacional | 2 – 0 | Sevilla | 28 de maio de 1939 – Vallecas, Madrid |
Campos 60' Vázquez 70' |
Informe |
Árbitro: Torres Martín | |
Racing de Santander - Alavés
editarRacing de Santander | 2 – 5 | Alavés | 28 de maio de 1939 – El Sardinero, Santander |
Langarica 12' (ag.) Óscar 20?' (p.) |
Informe |
Iriondo 2' Elícegui 30?' Gárate 48' 79' 81' | Árbitro: Rodríguez Mato |
Partidos de volta
editarDonostia - Racing de Ferrol
editarDonostia | 0 – 0 | Racing de Ferrol | 4 de xuño de 1939 – Atotxa, Donostia |
Informe |
Árbitro: De Corpas Zanguitu | ||
Zaragoza - Baracaldo Oriamendi
editarZaragoza | 2 – 2 | Baracaldo Oriamendi | 4 de xuño de 1939 – Torrero, Zaragoza |
Pelayo 83' Ruiz 84' |
Informe |
Bata 63' Larrondo 105' | Árbitro: Melcón |
Xogouse unha prórroga. |
Sevilla - Aviación Nacional
editarSevilla | 4 – 1 | Aviación Nacional | 4 de xuño de 1939 – Nervión, Sevilla |
Berrocal 30?' 70?' Raimundo 85' 89' |
Informe |
Vázquez 25' | Árbitro: Steimborn Ludeuvik |
Alavés - Racing de Santander
editarRacing de Santander | 2 – 1 | Alavés | 4 de xuño de 1939 – Mendizorrotza, Vitoria |
Iriondo 28' 70' | Informe |
Carral 60' | Árbitro: Jáuregui Ansó |
Semifinais
editarLocal ida | Global | Local volta | Ida | Volta |
---|---|---|---|---|
Racing de Ferrol | 3–2 | Baracaldo Oriamendi | 1–1 | 2–1 |
Sevilla | 7–6 | Alavés | 6–5 | 1–1 |
Partidos de ida
editarRacing de Ferrol - Baracaldo Oriamendi
editarRacing de Ferrol | 1 – 1 | Baracaldo Oriamendi | 11 de xuño de 1939 – Inferniño, Ferrol |
Barrio 65' | Informe |
Bata 30' | Árbitro: Gayoso |
Sevilla - Alavés
editarSevilla | 6 – 5 | Alavés | 11 de xuño de 1939 – Nervión, Sevilla |
Pepillo 2' 25?' 40?' Berrocal 20' Campanal I 52' 70?' |
Informe |
Elícegui 10?' 75?' Elices 30?' Iriondo 50' 89?' | Árbitro: Melcón |
Partidos de volta
editarBaracaldo Oriamendi - Racing de Ferrol
editarBaracaldo Oriamendi | 1 – 2 | Racing de Ferrol | 18 de xuño de 1939 – Lasesarre, Barakaldo |
Arrieta 34' | Informe |
Barón 39' Edelmiro 42' | Árbitro: González Díaz |
Alavés - Sevilla
editarAlavés | 1 – 1 | Sevilla | 18 de xuño de 1939 – Mendizorrotza, Vitoria |
Iriondo 45' | Informe |
Raimundo 44' | Árbitro: Iturralde Gorostiaga |
Final
editar- Artigo principal: Final da Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939.
A final disputouse o 25 de xuño de 1939 no estadio de Montjuïc, sede elixida por motivos políticos, como castigo para a cidade de Barcelona, que fora conquistada polas tropas franquistas poucos meses antes.[4][5] O partido estivo presidido polo xeneral Moscardó. O campión foi o Sevilla, que goleou por 6-2 ao Racing de Ferrol, facéndose así co seu segundo título.
Sevilla | 6 – 2 | Racing de Ferrol | 25 de xuño de 1939 – Montjuïc, Barcelona |
Raimundo 5' Campanal I 20' 27' 62' Pepillo I 38' 42' |
Informe |
Silvosa 53' (p.) 56' | Árbitro: Arribas Seijas |
Campión |
Sevilla |
Segundo título |
Máximos goleadores
editarPos | Xogador | Equipo | Goles |
---|---|---|---|
1 | Iriondo | Alavés | 8 |
2 | Campanal I | Sevilla | 7 |
3 | Bata | Baracaldo Oriamendi | 5 |
Pepillo | Sevilla | 5 | |
Gárate | Alavés | 5 | |
Raimundo | Sevilla | 5 | |
Elícegui | Alavés | 5 | |
8 | Sañudo | Aviación Nacional | 4 |
Notas
editar- ↑ "La primera copa del franquismo". Real Federación Española de Fútbol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2022. Consultado o 13 de xaneiro de 2022.
- ↑ Masià, Vicent. "El Torneo Nacional de Fútbol de 1939". lafutbolteca.com (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2022.
- ↑ Aiestaran Álvarez, Carlos (15 de febreiro de 2020). "Actuación del Athletic Club en la temporada 1938-1939". Cuadernos de fútbol (en castelán) (118). ISSN 1989-6379.
- ↑ Lara, Miguel Ángel (15 de marzo de 2012). "1939, Barcelona 'castigada' con la final de la Copa del Generalísimo". Marca (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Torneo Nacional de Fútbol" (en castelán). 24 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de xaneiro de 2022.