Edelmiro Lorenzo

futbolista galego

Edelmiro Lorenzo Codesido, nado en Pontevedra o 20 de xullo de 1910 e finado o 22 de outubro de 1997, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego que xogaba na demarcación de dianteiro centro.

Edelmiro
Información persoal
Nome Edelmiro Lorenzo Codesido
Nacemento 20 de xullo de 1910
Lugar de nacemento Pontevedra
Falecemento 22 de outubro de 1997
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1923–1925 Eiriña
1925–1930 Iberia
1930–1936 Espanyol 102 (41)
1939 Racing de Ferrol
1943–1947 Pontevedra
Selección nacional
Cuba
1931 Cataluña
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Era irmán dos tamén futbolistas O'Donell, do que era xemelgo, e Gonzalo Lorenzo e tío de Telesforo Lorenzo Gama. Comezou a xogar cos seus irmáns no Eiriña CF e con eles tamén emigrou a Cuba para xogar no Iberia, equipo no que xogaban outros galegos como Cachán, Pepe Torres, Bergés ou Begoña,[1] e cos que gañou o Campionato Nacional de Cuba en 1926, 1928 e 1929. As súas boas actuacións levárono a xogar coa Selección de fútbol de Cuba.

Tras volver a Galiza en 1930 fichou polo RCD Espanyol, equipo que xa se interesara por el uns anos antes. No equipo catalán compartiu equipo durante dúas tempadas co seu irmán O'Donell. Nas seis tempadas que xogou en Barcelona disputou 133 encontros entre Liga e Copa e marcou 58 goles. Gañou o Campionato de Catalunya en 1933 e rematou o campionato ligueiro na terceira posición, a mellor posición histórica do club. Tamén foi internacional coa Selección de fútbol de Cataluña en 1931.

Durante a Guerra Civil xogou de novo no Eiriña, e en outubro de 1938 fichou polo Racing de Ferrol,[2] equipo co que disputou a Copa do Xeneralísimo 1939. No partido de volta das semifinais, marcou contra o Baracaldo Oriamendi o gol da vitoria que lle deu o pase aos ferroláns á primeira e única final de Copa da súa historia. Foi titular na final, celebrada en Montjuïc, e na que o vencedor foi o Sevilla FC, por 6-2.

En 1947, xa vivindo en Pontevedra comprometeuse coa reactivación do deporte na cidade, polo que ante a falta de xogadores fichou polo Pontevedra CF como xogador e adestrador. Nas tres tempadas que xogou no equipo clasificouse en varias ocasións para ascender a Segunda División.

Palmarés editar

Real Iberia

RCD Espanyol

Notas editar

  1. "Otras noticias". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de setembro de 1928. p. 5. 
  2. "Notas de Sport". Diario de Pontevedra (en castelán) (17773). 4 de outubro de 1938. p. 4. Consultado o 20 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar