Laureano José Rodríguez

futbolista galego

Laureano José Rodríguez, coñecido como Cachán, nado na Coruña c. 1906 e finado en Asturias o 15 de setembro de 1937,[1] foi un futbolista galego, que xogou no Deportivo da Coruña nas décadas de 1920 e 1930.

Cachán
Información persoal
Nome Laureano José Rodríguez
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 15 de setembro de 1937
Lugar de falecemento Asturias
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1924 Rápido FC
1925 Deportivo da Coruña
1925 Emden FC
1927 Fortuna
1927 Iberia
1928–1929 Deportivo da Coruña 34 (1)
1928 Cultural Leonesa
1930–1931 Deportivo da Coruña 5 (0)
1934–1935 Deportivo da Coruña 5 (1)
Selección nacional
1927 Cuba
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Orfo e analfabeto,[2] viviu na Casa da Misericordia da Coruña ata os 19 anos.[3] Tras xogar no Rápido FC,[4] no Deportivo da Coruña[5] e no Emden FC,[6] emigrou a Cuba en 1926. Na Habana incorporouse ao Fortuna,[7] vencedor o ano anterior do Campionato Nacional de Fútbol de Cuba e en 1927 pasou brevemente polo Iberia,[8] no que xogaban outros galegos como Pepe Torres ou os irmáns Gonzalo, Edelmiro e O'Donell Lorenzo. Ademais chegou a formar parte da selección cubana.[9]

Ese mesmo ano volveu a Galicia. Xogou varios partidos co Deportivo e en xullo de 1928, asinou pola Cultural Leonesa.[10] Estivo no club leonés até outubro de 1930, cando volveu ao Deportivo.[11] En 1933 marchou ao Racing de Ferrol[12][13] volvendo ao Dépor ao ano seguinte.

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 entrou nunha armería da rúa de San Andrés, que foi asaltada por sindicalistas que buscaban armas para facer fronte ao golpe.[2] Foi detido e interrogado e, grazas á mediación de Ramón de Llano, librouse do cárcere, pero foi forzado a combater na guerra civil, dentro das milicas de Renovación Española. Destinado á fronte de Asturias, morreu o 15 de setembro de 1937, e os seus restos foron recollidos polo doutor Cardama, tamén xogador do Deportivo da Coruña.[14][15]

Notas editar

  1. Corcuera, José Ignacio. "Futbolistas fallecidos en la Guerra Civil (1)". www.cihefe.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Pobés, José (1 de xullo de 2010). "Españoles en el fútbol cubano". Cuadernos de fútbol (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  3. "Boletín oficial de la provincia de La Coruña" (en castelán) (3). 5 de xaneiro de 1926. p. 4. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  4. "Un partido". El Ideal Gallego (en castelán). 28 de febreiro de 1924. p. 2. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  5. "En La Coruña". El Correo Gallego (en castelán). 12 de xuño de 1925. p. 1. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  6. "Un "match" de relleno". El Ideal Gallego (en castelán). 20 de outubro de 1925. p. 2. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  7. "El Match Final del Campeonato". Diario de la Marina (en castelán). 5 de novembro de 1927. p. 19. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  8. "Resumen anual de 1927". Diario de la Marina (en castelán). 1 de xaneiro de 1928. p. 21. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  9. "Selección Cubana que se enfrentará al equipo de Chile los días 11, 18 y 25". Diario de la Marina (en castelán). 4 de xaneiro de 1927. p. 18. Consultado o 20 de decembro de 2021. 
  10. "Deportes". El Progreso (en castelán). 27 de xullo de 1928. p. 1. 
  11. "Sabemos que...". El Orzán (en castelán). 28 de outubro de 1930. p. 4. 
  12. "Racing-Orense". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 1933. p. 7. 
  13. "El Nacional y el Racing de Ferrol empatan en El Parral" (PDF) (en castelán). 16 de xaneiro de 1934. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  14. "¡Pobre Cachán!". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de outubro de 1937. p. 4. 
  15. Corcuera, José Ignacio (1 de decembro de 2018). "Futbolistas nacionales fallecidos en la Guerra Civil (2)". Cuadernos de fútbol (en castelán) (104). ISSN 1989-6379. Consultado o 8 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar