Final da Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939

A final da Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939 foi a 37ª final da Copa do Rei. Disputouse no estadio de Montjuïc de Barcelona o 25 de xuño de 1939. O vencedor foi o Sevilla FC, que venceu por 6-2 Racing de Ferrol, facéndose co seu segundo título.[1][2]

Final da Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939
Data25 de xuño de 1939
EstadioMontjuïc, Barcelona
Asistencia60.000
ÁrbitroEspaña Arribas Seijas

Contexto editar

A de 1939 foi a primeira final de Copa dende o comezo da guerra civil, que rematara había menos de tres. Elixiuse como sede o estadio de Montjuïc por motivos políticos, como castigo para a cidade de Barcelona, que fora unha das últimas en ser conquistadas polas tropas franquistas.[3][4] A anterior final disputada fora a da Copa do Presidente da República de 1936, que enfrontara a Madrid CF e FC Barcelona no estadio de Mestalla en Valencia, con vitoria para o equipo madrileño.

Finalistas editar

Foi a segunda final de Copa que disputou o Sevilla, que anteriormente gañara a de 1935 contra o Sabadell en Chamartín, cun resultado de 3-0. Pola súa banda, para o Racing de Ferrol foi a primeira e única final da súa historia. O club galego nin sequera militaba nunha categoría nacional no momento do estalido da guerra, pois na tempada 1935/36 tivera que se conformar con disputar o Campionato de Galicia, despois de descender dende a Segunda División na 1934/35.[5]

Camiño á final editar

O Sevilla chegou á final despois de eliminar ao Ceuta Sport nos oitavos de final, ao Aviación Nacional nos cuartos e ao Alavés nas semifinais. Pola súa parte, o Racing de Ferrol pasou automaticamente nos oitavos de final, ao se retirar a selección de Asturias, mentres que a continuación derrotou dous clubs vascos, o Donostia e o Baracaldo Oriamendi, con resultados globais de 3-1 e 3-2 respectivamente.

Detalles editar

Sevilla 6 – 2 Racing de Ferrol 25 de xuño de 1939Montjuïc, Barcelona
Árbitro: Arribas Seijas
Raimundo   5'
Campanal I   20'   27'   62'
Pepillo I   38'   42'
Informe
Silvosa   53' (p.)   56'
Sevilla:
PO   Bueno
DF   Cayuso
DF   Villalonga
CC   Torrontegui
CC   Félix
CC   Leoncito
DI   Pepe López
DI   Pepillo
DI   Campanal I (c)
DI   Raimundo
DI   Berrocal
Adestrador:
  Pepe Brand
Racing de Ferrol:
PO   Alberty
DF   Caliche
DF   Moreno (c)
CC   Bertolí
CC   José Silvosa
CC   Pedro Basterrechea
DI   Lelé
DI   Gallart
DI   Paco Barón
DI   Edelmiro
DI   Portugués
Adestrador:
  José Planas

Notas editar

  1. "El Sevilla, campeón de España". El Pueblo Gallego (en castelán) (4919). 27 de xuño de 1939. p. 8. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  2. "El Sevilla F. C. conquistó la Copa del Generalísimo al vencer al Racing ferrolano, por seis tantos a dos". El Ideal Gallego (en castelán) (6131). 27 de xuño de 1939. p. 4. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  3. Lara, Miguel Ángel (15 de marzo de 2012). "1939, Barcelona 'castigada' con la final de la Copa del Generalísimo". Marca (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  4. "El Torneo Nacional de Fútbol" (en castelán). 24 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  5. Lozano, Carles (1 de abril de 2020). "1934-36: El último intento de conjugar la Liga española y los Campeonatos Regionales". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (119). ISSN 1989-6379.