Abrir o menú principal

Juan Vázquez Tenreiro, nado o 14 de xullo de 1912 en Ferrol e finado o 14 de abril de 1957, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española. Foi coñecido futbolisticamente como a frecha ferrolá.

Juan Vázquez
Información persoal
Nome completo Juan Vázquez Tenreiro
Nacemento 14 de xullo de 1912
Lugar Ferrol, Galicia
Falecemento 14 de abril de 1957 (44 anos)
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Racing de Ferrol
Deportivo da Coruña
1939–1947 Atlético Aviación 142 (25)
1947–1951 Celta de Vigo 94 (29)
Selección nacional
1942 España 1 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.† Aparicións (Goles)

Índice

TraxectoriaEditar

Vázquez comezou xogando no Ferrol e pronto fichou polo Racing de Ferrol. Debido á grave situación financeira do club ferrolán fichou polo Deportivo da Coruña, co que gañou unha Copa Galicia.

Tras unha curta experiencia no Deportivo fichou polo equipo da Aviación Nacional, dada a súa condición de militar. Trala fusión deste co Atlético de Madrid permaneu no novo club, que nun principio se chamou Atlético Aviación, ata o ano 1947. Nestes anos gañou dúas ligas e debutou coa Selección española de fútbol.

No ano 1947 fichou polo Celta de Vigo, co que xogou catro tempadas disputando case un centenar de encontros en Primeira División e marcando 30 goles. En Vigo formou parte do equipo que na tempada 1947-48 rematou a Liga en cuarta posición e chegou á final da Copa do Xeneralísimo.

Tras deixa-lo Celta e colgar as botas aos 39 anos de idade, Juan Vázquez pasou a adestrar diversos clubs galegos. Desempeñando este labor no Racing de Ferrol, morreu dun infarto cando volvía dun partido que enfrontou o seu equipo co Burgos CF no ano 1966, con 54 anos.

PersoalEditar

Vázquez era o avó do presentador de televisión Jesús Vázquez.

Véxase taménEditar