Abrir o menú principal

Celso Pedro Blanco Álvarez

futbolista español

Celso Pedro Blanco Álvarez, nado o 7 de xullo de 1914 en Vigo foi un futbolista que xogaba na demarcación de centrocampista.

Celso Pedro Blanco Álvarez
Información persoal
Nacemento 7 de xullo de 1914
  Vigo
Nacionalidade España
Posición centrocampista

TraxectoriaEditar

Fichou polo Celta de Vigo na tempada 1935/36 da Segunda División Española ao igual que os defensas Varela e Ignacio co obxectivo de acadar o ascenso á máxima categoría. O equipo finalmente conseguiu o obxectivo o 19 de abril de 1936 nun encontro contra o Xerez CD que rematou con vitoria céltica por 5-0.

Blanco realizou unha moi boa tempada na que, coa confianza do adestrador Ricardo Comesaña, disputou 22 dos 24 encontros xogados polo equipo. Isto levouno a ser convocado pola Selección de fútbol de España xunto a José Vega para disputar dous encontros amigábeis, contra Checoslovaquia e contra Suíza, porén non chegaría a debutar.

Porén a súa carreira futbolística en ascenso viuse truncada co golpe de estado do exército e co comezo da Guerra Civil Española.

Unha vez finalizada a contenda foi fichado polo Atlético de Madrid (naquel momento Atlético Aviación), neste equipo proclamouse campión de Liga na tempada 1939/40. Finalmente unha grave lesión foino apartando dos terreos de xogo, disputando o último encontro en Primeira División o 14 de marzo de 1943.

Véxase taménEditar