Óscar Rodríguez López

futbolista español

Óscar Rodríguez López, nado en Avilés o 10 de xuño de 1904 e finado en Santander en 1976, foi un futbolista e adestrador español. Desenvolveu case toda a súa carreira no Racing de Santander, club do que é o máximo goleador histórico.

Óscar
Información persoal
Nome Óscar Rodríguez López
Nacemento 10 de xuño de 1903
Lugar de nacemento Avilés
Falecemento 22 de xuño de 1976
Posición Centrocampista, dianteiro centro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1920–1940 Racing de Santander 109 (68)
1940–1941 Salamanca 6 (3)
Adestrador
1938–1940 Racing de Santander
1940–1941 Salamanca
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Foi internacional coa selección española.[1]

Traxectoria editar

Fillo dun pescador vigués e dunha avilesina, instalouse aos 16 anos en Santander,[2] xogando no Racing de Santander dende 1920. Dianteiro centro rápido e con disparo potente, é o máximo goleador da historia do Racing, con 236 tantos.[3] Foi o dianteiro centro da primeira selección de fútbol de Cantabria en 1924, e o primeiro futbolista profesional inscrito en Cantabria tras a admisión do profesionalismo en 1926.

Na Copa do Rei de 1928 marcoulle un triplete ao Real Madrid e outro ao Atlético de Madrid, e con 15 goles foi o segundo máximo goleador da competición, a pesar de que o Racing quedou eliminado na fase de grupos. En 1929 os seus goles foron decisivos na fase de clasificación para decidir o décimo equipo que estrearía a Primeira División.[4] Na tempada 1930/31 acadou co Racing o subcampionato de liga, ao rematar só por detrás do Athletic Club. Nas súas últimas tempadas no Racing actuou como xogador-adestrador.

En 1940 fichou pola UD Salamanca, tamén como xogador-adestrador.

Selección española editar

Coa selección española actuou en dúas ocasións, a primeira delas nun partido contra Portugal en Lisboa en 1925 e a segunda contra Suíza en Santander en 1927.

Notas editar

  1. Gómez Samperio, Raúl (1999). Futbolistas internacionales cántabros del siglo XX. Santander: Caja Cantabria. ISBN B492005165. 
  2. Menéndez Llamazares, Javier (9 de xuño de 2012). "De la furia a la roja". El Diario Montañés (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2013. 
  3. Gómez Samperio, Raúl (19 de abril de 2013). "El gol de la novia". El Diario Montañés (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  4. López Carreño, José (1 de marzo de 2015). "1929: El Racing de Santander, verdugo del Sevilla, por dos veces.". Cuadernos de fútbol (en castelán) (63). ISSN 1989-6379. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar