Copa do Rei de fútbol 1908
A Copa do Rei de 1908 foi a sexta edición da competición. Disputouse en abril de 1908 en Madrid baixo a organización do Madrid Football Club, que se proclamou campión ao vencer ao Vigo FC, encadeando así o seu cuarto título consecutivo, marca que só foi igualada polo Athletic Club 25 anos despois, e polo FC Barcelona en 2018.
Tipo | Copa do Rei de fútbol ![]() |
---|---|
Número de participantes | 2 ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Intervalo de tempo | 12 de abril de 1908 – ![]() |
Número de edición | 6 (1908) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Real Madrid CF ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 1 ![]() |
Goles | 3 ![]() |

Equipos participantes
editarA edición da Copa de 1908 estivo marcada pola polémica da edición anterior. O Athletic Club bilbaíno, molesto pola actitude do público madrileño en determinados partidos do anterior torneo, negouse a participar no campionato de 1908, faltando así á cita copeira por primeira vez na súa historia. O resto de clubs de España tamén declinaron a invitación para acudir a Madrid, como o campión catalán, o X Sporting Club, argumentando sobre todo os custos económicos dos desprazamentos á capital. No momento da inscrición, só se apuntaran ao torneo dous equipos: o campión de Galicia, o Vigo Foot-Ball Club, e o campión da comarca Centro e organizador do torneo, o Madrid Foot-Ball Club. Así, a competición da Copa limitouse a un só enfrontamento entre os vigueses e os defensores do título, os madrileños.[1]
Final
editarO 12 de abril de 1908 disputouse o único partido da Copa de 1908 nun estadio de O'Donnell, onde o Madrid FC disputaba os seus partidos como local, totalmente enlamado. O Madrid xogou reforzado con dous futbolistas do Pontevedra Sporting Club, Edmundo Nóvoa e Cipriano Prada.[2] O resultado do encontro foi un triunfo por 2-1 do Madrid con goles de Neyra e Revuelto. O gol galego foi obra de Posada.[3]
Final 12 de abril de 1908 | Madrid FC | 2 – 1 | Vigo FC | Madrid | ||
16:00 CEST | Neyra 41' Revuelto 60?' |
Posada 81' | Estadio: O'Donnell Asistencia: 4.000 Árbitro: Ávalos | |||
Madrid FC
|
Vigo FC
|
|
|
Notas
editar- ↑ "1908: El Madrid cierra su primera gran era" (en castelán). 1 de abril de 2013. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ "El campeonato de España". La Correspondencia Gallega (en castelán) (5453). 14 de abril de 1908. p. 2. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ "La Futbolteca: Celta de Vigo" (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2021.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martínez Calatrava, Vicente (2001). Historia y estadística del fútbol español. ISBN 9788460757016.
- Arnáiz, Luis; Salazar, Bernardo; Martialay, Félix. 100 Finales de Copa "Historia del Campeonato de España". Interviú, RTVE e RFEF.