Club de Remo Valle de Camargo

O Club de Remo Valle de Camargo é un club de remo da localidade de Camargo (Cantabria). Ao longo da súa traxectoria acadou éxitos importantes, disputando regatas en tódalas categorías e modalidades de banco fixo (bateis, traiñeiriñas e traiñeiras) e tamén en competicións de banco móbil por todo o estado español.

A traiñeira de Camargo durante a Bandeira Sotileza en 2008.

Historia editar

 
Regata eliminatoria Bandeira da Concha 2012.

O club foi fundado en 1979 por un grupo de amigos, entre eles o presidente Fernando López Lejardi. En 1981 organizouse o primeiro evento organizado polo club, o Trofeo Virgen del Carmen, e en 1983 debutou en traiñeiras, grazas a unha embarcación de segunda man mercada ao San Nikolas Arraun Taldea de Portugalete. En 1985, conseguiu o segundo posto no Gran Premio do Nervión e a Bandeira Petronor.

A partir de 1983 competiu nas principais probas do calendario de traiñeiras ata 1989, cando non puido sacar a traiñeira por problemas para completar a tripulación. Ao ano seguinte, en 1990, volve sacar a traiñeira, facéndoo ininterrompidamente aata o 2000, cando volve ter o mesmo problema. No 2003, logo de tres anos, volve competir. No 2004 continúa competindo, mais no 2005 volveron os problemas para completar.

No 2006 inscribiuse na Liga ARC e se clasificou na primeira división, aínda que os resultados non foron bos, a pesar de todo gañaron a regata de Hondarribia. No 2007 conseguiu o seu mellor resultado na liga, sendo cuartos, mais sen gañar ningunha regata. No 2008 finalizou terceiro a liga, sendo sexto no 2009. Na campaña de 2010 logrou o subcampionato e acadou o ascenso á Liga San Miguel logo de superar as regatas de promoción.

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar